"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (308-309). Foi vicario de África (303-306). Probablemente foi proclamado emperador polas súas tropas na primavera ou no outono do 308, malia a súa avanzada idade. O prefecto do pretorio, Rufo Volusiano, sufocou a revolta do exército no 309 e, seguindo as ordes de Maxencio, fixo executalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de dominar, ou de exercer un poder sobre algo ou alguén.
-
Unha das xerarquías anxélicas segundo a tradición bíblica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural protexido que ocupa unha superficie de 50.720 ha -das que 10.000 son de propiedade pública- no golfo de Cádiz, na marxe dereita e na desembocadura do río Guadalquivir, dividido entre as provincias de Huelva, Cádiz e Sevilla. Propiedade entre 1309 e 1897 da Casa de Medina-Sidonia, que a obtivo logo da conquista aos árabes, empregouse fundamentalmente como couto de caza e débelle o nome a doña Ana de Silva y Pantoja, que viviu nun pazo no interior do coto a finais do s XVI. Foi declarado parque nacional en 1969. Alberga fundamentalmente tres ecosistemas relacionados: os complexos litorais de praia e dunas, as matogueiras ou cotos, e as marismas. Limita ao N co parque natural de Doñana (54.250 ha), declarado en 1989 e xestionado polo Goberno de Andalucía; nel pódense encontrar matogueiras mediterráneas, áreas húmidas estacionais e arrozais. A marisma forma unha gran planicie semiacuática e lamacenta de 22.000 ha atravesada por correntes de auga -denominadas caños-,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival cinematográfico anual que se celebra na cidade de Donostia desde 1953. A súa organización está a cargo dunha sociedade integrada a partes iguais polo Eusko Jaurlaritza (Gobierno Vasco) a Gipuzkoako Foru Aldundia (Diputación Foral de Guipúzcoa), o Donostiako Udala (Ayuntamiento de San Sebastián), e o Ministerio de Educación e Cultura, e preside esta sociedade o alcalde de Donostia-San Sebastián. Ata mediados da década dos 50 non se consolidou como festival de categoría internacional. Moitas son as categorías que se premian, aínda que destacan os premios da Concha de Oro, Concha de Plata, Premio Donostia e Premio de la Crítica Internacional. Ao longo dos anos premiáronse coa Concha de Oro e coa Concha de Plata distintas producións, entre as que cómpre salientar Vertigo (1958), de Alfred Hitchcock; One-Eyed Jacks (1961), de Marlon Brando; America, America (1964), de Elia Kazan; The Rain People (1969), de Francis Ford Coppola; Paper Moon...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido galego Dopazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dormitio Mariae.
-
VER O DETALLE DO TERMO
dosaxe.
-
-
Acción de dotar.
-
-
Aquilo co que está dotado algo ou a alguén.
-
Cantidade de cartos que se lle asigna a algunha persoa, fundación ou institución.
-
Conxunto de persoas co que está dotada unha institución ou empresa.
-
Conxunto de persoas ao servizo dun buque, dunha unidade policial ou militar.
-
-
Conxunto de cromosomas presentes en todas as células dun organismo. A dotación cromosómica normal é constante en cada especie e varía dunha a outra. Así, nos individuos que se reproducen sexualmente, a dotación cromosómica das células sexuais está por debaixo da metade do normal. Deste xeito, o ser humano ten unha dotación de 46 cromosomas distribuídos en 23 parellas nas células somáticas (células diploides, 2n), mentres que as células sexuais só teñen 23 cromosomas (células haploides, n).
-
-
PERSOEIRO
Poeta latino e xurista. De familia nobre e cristiá, a súa obra poética inscribiuse dentro da tradición pagán-cristiá africana. Escribiu De laudibus dei, Romulea, unha recompilación de poemas, e Satisfactio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española de construción fundada en Madrid no ano 1941 por Joaquín Reig Rodríguez e José Junquera. Pertence ao grupo bancario Santander Central Hispano. En principio constituíuse para construír portos e outras obras civís (estradas, presas, aeroportos), e no 1946 entrou no sector da edificación, sobre todo de vivendas e hospitais. Unha parte importante da súa obra realizouse no estranxeiro, especialmente en América Latina, Portugal e Oriente Medio. Formou parte do Grupo Dragados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación xenérica pola que un texto narrativo se transforma nun texto dramático. O proceso remóntase ás primeiras manifestacións teatrais: a traxedia clásica grega parte dos temas da tradición mítico-épica. Desde entón, a narrativa converteuse en fonte habitual de argumentos, de xeito que son frecuentes as adaptacións teatrais de novelas de éxito. A principal dificultade está no axuste temporal do relato ás convencións escénicas. O teatro clásico desenvolve as súas accións nun presente atemporal e, polo tanto, non admite as anacronías, nin os xogos temporais de duración e frecuencia característicos do modo narrativo. Igualmente, carece de recursos para impoñer o punto de vista dun personaxe sobre os demais. Todo o texto debe pasarse ao estilo directo e facer avanzar a trama a través dos diálogos dos personaxes. No teatro contemporáneo, dramaturgos como Bertolt Brecht, Arthur Miller ou Thornton Wilder subverteron as regras clásicas do teatro e incorporaron elementos propios da novela,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adición a algunha droga. Esta relación establécese polo uso repetido que o suxeito fai da droga, e pode darse tanto con substancias que gozan dun mercado legal como con outras en que o comercio e a circulación son ilegais. Este consumo abusivo provoca unha serie de cambios no metabolismo e na actividade do cerebro do suxeito, que sente o impulso irresistible de seguir consumindo droga. A dependencia pode ser física, relacionada cos efectos fisiolóxicos da droga; psíquica, relacionada coa actividade de procura da substancia en cuestión para producir pracer; física e psíquica á vez. Adoita ir asociada ao fenómeno da tolerancia, que é a necesidade de consumir cantidades cada vez maiores de droga para obter o mesmo efecto. A falta de administración da droga produce a denominada síndrome de abstinencia. A drogadición, referida sobre todo a drogas ilegais de administración endovenosa, como a heroína, comezou a ser un problema no mundo occidental a finais dos anos cincuenta e comezos...
-
PERSOEIRO
Bailarín e coreógrafo. Coñecido como Nacho Duato, comezou a súa formación na Rambert School de Londres, posteriormente na Mudra School de M. Béjart de Bruxelas e logo en The Alvin Ailey American Dance Centre de Nova York. No ano 1980 asinou o seu primeiro contrato co Culberg Ballet e en 1981 ingresou na compañía Nederlands Dans Theater, da que foi nomeado en 1988 o seu coreógrafo estable xunto con Hans van Manen e Jirí Kylián. Coa súa primeira coreografía, Jardí Tancat (1983), que musicou Mª del Mar Bonet, acadou o primeiro premio no Internationaler Choreographischer Wettbewerb de Colonia. En 1990 nomeárono director artístico da Compañía Nacional de Danza. As súas coreografías integran o repertorio de numerosas compañías internacionais (Compañía Nacional de Danza, Ballet Gulbenkian, Autralian Ballet, Stuttgart Ballet, Nederlands Dans Theater, etc). Foi galardoado co VSCD Gouden Dansprijs (1987), coa Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes (1998) e co Premio Benois de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome étnico procedente do xentilicio de Dubris, cidade de Inglaterra. Celébrase o 14 de novembro.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Membro máis destacado da escola de Siena, formouse baixo a influencia bizantina, aínda que iniciou o estilo italogótico ao suavizar a liña e os canons bizantinos e ao potenciar o colorido. Das súas primeiras obras só se conserva a Madonna di Crevale, datada antes de 1285. Realizou para Santa Maria Novella (Florencia) a Madonna Rucellai (1285), na que introduciu, entre outros aspectos góticos, a orla dourada nos mantos. Entre 1308 e 1311 realizou para a catedral de Siena un retablo de dúas caras: na frontal represéntase a Maestà, rodeada de anxos e santos; e na cara posterior, escenas da Paixón. Na súa orixe estaba composto por unha predela, na que narrou escenas da infancia e da vida pública de Cristo, e unha crestería na que representou feitos da vida da Virxe e de Cristo resucitado. Entre outras obras, realizou os debuxos para as vidreiras da catedral de Siena (1288).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agostino di Ducio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que relaciona a presión de vapor parcial P e a fracción molar n dos elementos constituíntes dunha mestura líquida binaria, a unha presión e temperatura determinadas. Ten a expresión n1d(lnP1)/dn1=n2d(lnP2)/dn2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de dulcificar ou dulcificarse.
-
-
Acción de duplicar ou duplicarse.
-
Aberración cromosómica, que consiste na repetición dun segmento cromosómico unha vez ou máis, que se produce como resultado dun entrecruzamento desigual durante a meiose. É un fenómeno corrente e ten un papel importante como mecanismo evolutivo. Nalgúns casos, os xenes duplicados codifican proteínas que conservan funcións similares, mentres que noutros evolucionan en distintas direccións funcionais.
-
Figura estilística que consiste na reiteración de morfemas ou frases mediante xustaposición. Por exemplo, a repetición dun imperativo reafirma a firmeza dunha decisión e a duplicación dun adxectivo implica valor de superlativo. Na narrativa, refírese á repetición de accións.
-
Número total de persoas que forman parte da audiencia dos medios ou soportes de comunicación ao mesmo tempo. Avalía a porcentaxe de individuos que están expostos a varias mensaxes publicitarias.
-
Problema proposto polos matemáticos gregos do s VI a C que consistía en construír, con regra e compás, o lado dun cubo C a partir do lado dun cubo dado C’, de tal xeito que o volume de C fose o dobre do de C’. En 1837 Pierre Laurent Wantzel demostrou que este problema non ten solución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural sen ánimo de lucro, con sede en Soria, creada en 1989 pola iniciativa e baixo a presidencia de honra da infanta Margarida de Borbón e de Carlos Zurita, duques de Soria. O seu obxectivo principal é a colaboración co mundo hispánico internacional e coa universidade no estudo e na difusión da cultura española, con especial referencia á lingua, mediante a organización de actividades académicas complementarias das programadas polas universidades. Apoia as institucions, como a Real Academia Española, o Instituto Cervantes ou a Asociación Internacional de Hispanistas. Na Comunidade Autónoma de Castela e León colaborou coas principais institucións de Soria, Salamanca e Valladolid.