"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Programa de cartografía xeolóxica de España a escala 1:50.000, creado polo Instituto Tecnológico Geominero de España en 1972 e rematado en 2003. Neste traballo diferéncianse os distintos tipos de litoloxías, os accidentes tectónicos e os procesos xeodinámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores e da verba dos daordes ou telleiros que corresponde ás voces ‘tabaco’ e ‘fume’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marantáceas.

    2. Planta da familia das marantáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas perennes, da orde das zinxiberais, que presenta follas grandes, pecioladas e dísticas, flores hermafroditas, trímeras, asimétricas e heteroclamídeas e froito en cápsulas loculicidas ou baciformes. Son especies tropicais, a maioría americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marattiáceas.

    2. Fento da familia das marattiáceas

    3. Familia de fentos, única representante da orde das marattiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • marchantiáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Centurión romano. Casou con santa Nunia e tiveron unha ducia de fillos, todos eles mártires e santos. A súa festividade celébrase o 30 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marcgraviáceas.

    2. Planta da familia das marcgraviáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos, a miúdo epífitas ou plantas gabeadoras, da antiga orde das parietais, que presenta follas sen estípulas, flores actinomorfas e hermafroditas agrupadas en inflorescencias en umbela ou acio e froito en cápsula. Comprende unhas 100 especies de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. En 1947 afiliouse ao Parti Communiste Français (PCF), do que foi secretario xeral entre 1972 e 1994 e apoiou o eurocomunismo. Membro do Parlamento Europeo desde 1979, coa vitoria da esquerda nas eleccións xerais francesas de 1981 iniciou un período de colaboración co goberno que se prolongou ata 1984. Foi reelixido deputado da Assemblée Nationale en 1988 e 1993, e en 1994 dimitiu como secretario xeral do PCF. En 1996 foi acusado de financiamento ilegal e de tráfico de influencias xunto con outros membros do PCF.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás marchantiáceas.

    2. Hepática da familia das marchantiáceas.

    3. Familia de hepáticas, da orde das marchantais, que presentan cámaras aéreas delimitadas por tabiques e con filamentos asimiladores no seu interior. É a familia principal da orde das marchantais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, fillo do centurión san Marcelo. Foi martirizado xunto cos seus irmáns Fausto e Xauriano. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe bíblico. Tío e titor de Ester, colaborou con ela na liberación dos xudeus baixo o dominio babilónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro do movemento ultraísta e ocupou diversos cargos gobernamentais co presidente Perón. A súa poesía evolucionou desde o ultramodernismo de fondo romántico de Los aguiluchos (1922) e Días como flechas (1926), ata o ton depurado e persoal de Laberinto de amor (1936), Cinco poemas australes (1937), Sonetos a Sofía y otros poemas (1940) e El viaje de la primavera (1945). Dos seus libros de ensaio destaca Cuadernos de navegación (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de marear ou marearse.

    2. Malestar xeral indeterminado, acompañado a miúdo de náuseas, palidez e sudación fría, ou mesmo vómitos, dor de cabeza, vertixe e ansiedade que é consecuencia dunha superestimulación do aparato vestibular do oído interno.

    3. Cansazo mental que se produce polo exceso de ruído ou traballo, ou polas dificultades para resolver un asunto.

    4. Embriaguez lixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que rexistra as variacións do nivel do mar nas distintas horas do día, especialmente as que se deben ás mareas. Está formado por un flotador acoplado á pluma dun rexistrador que debuxa sobre un gráfico as variacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica da elevación e do descenso do nivel do mar que provoca as mareas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que mide a altura do nivel das mareas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á enerxía mareomotriz.

    2. Tipo de enerxía renovable que se basea na oscilación do nivel do mar en forma aproximadamente sinusoidal a causa das mareas. Aprovéitase a diferenza de niveis que ocasiona a marea para facer pasar auga de encoramento ao mar a través das canles de alimentación do grupo de turbinas da central mareomotriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1689-1700). Foi a segunda muller de Carlos II, sobre o que exerceu unha forte influencia. Cando foi evidente que o rei morrería sen sucesión, decantouse alternativamente en favor de Filipe de Anjou ou de Carlos de Austria, ata que finalmente se decantou por este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luca Marineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Coñecido como Lucio Marineo Siculo, foi o historiador oficial de Fernando II de Aragón (1500). Escribiu De laudibus Hispaniae (1495) e De genealogia regum Aragonum (1509), obras que incluíu en De rebus Hispanae memorabilibus opus (1530), onde representa unha síntese da interpretación humanística e providencial do reinado dos Reis Católicos. Tamén publicou un Epistolarum familiarum libri XVII (1514).

    VER O DETALLE DO TERMO