"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Bendía (Castro de Rei). Trátase dun edificio de planta rectangular, formado por dous corpos de diferente altura, e con dous andares. Os muros son de cachotaría e a cuberta de lousas. En 1981 restaurouse e modificouse o interior.
-
GALICIA
Médico. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, médico no Hospital Provincial da Coruña e do Hospital Clínico Universitario de Santiago, e xefe clínico de cirurxía xeral do Hospital Xeral de Galicia. Escribiu El bocio en Galicia (1983). Recibiu o Premio Extraordinario da Academia de Medicina de Galicia (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Porto (Salvaterra de Miño). Ten planta en forma de L e foi realizada en cachotaría e cantaría, con dous pisos e unha escaleira de dobre acceso. Destaca a fachada na que está un escudo e a data de 1587. O muro é de cachotaría e ten unha porta de entrada arquitrabada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Areas (Ponteareas). Ten planta en forma de U e foi realizada en cantaría. Na fachada principal conta cunha escaleira que dá acceso ao patín dianteiro onde se atopa a porta principal cun escudo enriba. Ten varias edificacións anexas e unha capela, que conserva pinturas no seu interior que datan posiblemente do s XVII.
-
PUNTA
Punta da ribeira dereita da ría de Arousa, situada entre as puntas do Cuartel e Piqueta, na parroquia de Castro (Boiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pousada (Boqueixón). Ten planta cuadrangular e a edificación orixinal do s XVI sufriu numerosas reformas. Vinculado aos Castro, conserva a porta adornada con puntas de diamante en xambas e lintel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Chantada. Ten forma horizontal e conta cun patio con galería nos tres corpos de estrutura irregular. No interior destaca a cociña-lareira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Oleiros. Ten planta rectangular e un primeiro corpo de tres andares e o resto da edificación de dous. Conta cun balcón de madeira sobre ménsulas de pedra substituíndo a primitiva galería. Na fachada leste presenta un escudo no centro. Destaca a porta de entrada con escudo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Reboreda (Redondela). Ten planta en forma de L, cunha torre nun dos extremos, á que se accede por medio dunha escaleira semicuberta. Está rodeada por unha terraza sobre piares con balaustrada de pedra. Sobre o balcón da fachada principal ten un escudo. O recinto tamén alberga unha capela e unha fonte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 23 de agosto de 1866, que puxo fin á Guerra Austro-prusiana, iniciada aquel mesmo ano. Austria aceptou pagar unha indemnización de guerra e permitir a formación dunha Confederación de Alemaña do Norte e a incorporación dos ducados de Slesvig e Holstein a Prusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Praza situada ante a porta sur da catedral de Santiago de Compostela. De estilo barroco, divídese en dúas alturas unidas por unhas escaleiras realizadas polo arquitecto Simón Rodríguez (s XVIII) e conta no seu centro coa fonte dos Cabalos. Débelle o seu nome aos obradoiros de prata que se situaban nela xa desde a época medieval. Está pechada polo norte pola fachada de Praterías da catedral, polo sur pola Casa do Cabido, polo leste polo edificio do Banco de España e polo oeste pola fachada do Tesouro da catedral. Polo leste asómase un lateral da casa da Conga e nas súas proximidades atópase a Casa do Deán.
-
PERSOEIRO
Cirurxián. Fundou o Institut Orthopédique de Lyon e en 1853 inventou a xiringa que leva o seu nome, para inxeccións hipodérmicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Lugar amplo e espazoso, no interior dunha poboación, onde adoitan confluír diversas rúas. Na Antigüidade foi o centro da vida política e comercial, a ágora en Grecia e o foro en Roma. Na Idade Media apareceron as prazas cadradas e porticadas, delimitadas pola casa do concello, a igrexa e o mercado, e durante o Renacemento a praza monumental aberta. Co neoclasicismo volveron as prazas cercadas e porticadas e no s XX son espazos diversos, con áreas para actividades relacionadas co ocio e algunhas con zonas verdes.
-
praza maior
Praza que constitúe o núcleo principal da vida urbana en moitas vilas e cidades.
-
-
-
Lugar que se asigna a unha persoa ou cousa para que o ocupe.
-
Lugar que se ocupa nun centro de traballo desempeñando unha función determinada.
-
-
-
Lugar fortificado.
-
praza alta
Fortificación superior a un terraplén que se coloca paralela ao flanco.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Fotógrafo polaco. Formado en Brno (1972-1974), comezou coa fotografía documental para evolucionar na década de 1980 cara á fotografía subxectiva en branco e negro cun gusto polos difuminados. Participou en mostras individuais e colectivas en Budapest, Belgrado, EE UU (FOTOFEST, Houston 1992), Xapón e na VII Fotobienal de Vigo. Destacou polas series A Family Album (1992), L’Ange Brise (1994), que logo publicou como libro, e White and Red and Black (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tempo limitado que se dá para que se realice algo.
-
-
Período de tempo establecido para o estudo do comportamento dinámico de determinadas magnitudes económicas. Distínguese o curto (nun prazo inferior a un ano), o medio (prazo comprendido entre un e tres anos) e o longo prazo (prazo superior a tres anos).
-
Pagamento parcial, nunha venda que se paga en varias entregas, que se fai no tempo establecido ata completar unha suma determinada. OBS: Xeralmente, emprégase a expresión a prazos.
-
a prazo fixo
Xeito de depositar os cartos nunha entidade financeira, os cales non poden ser retirados ata que se cumpra o prazo estipulado.
-
-
-
Elemento accidental dos negocios xurídicos que ten como efecto o aprazamento da súa execución ou prazo de suspensión; a fixación da data ou as condicións en que se extingue ou prazo resolutorio ou ben a prórroga concedida polo acredor ao debedor ou prazo de graza.
-
Momento en que cómpre realizar un acto procesual que establece o xuíz de acordo coa lei.
-
prazo xudicial
Espazo de tempo determinado legalmente, en beneficio dos litigantes, dentro do que teñen lugar determinados feitos ou dilixencias procesuais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado de quinazolina que se presenta en forma de pos de cor branca, moi pouco solubles en auga e alcol. Actúa bloqueando selectivamente os receptores adrenérxicos. Emprégase como antihipertensivo.
-
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. A súa obra enmárcase no informalismo abstracto. Empregou preferentemente cores escuras e combinou diferentes materiais, técnicas e soportes para insinuar formas e paisaxes. Destacan Les soirs, quand neme (1989), Idus de marzo (1991), Monumento (1994) e Siena (2001). Participou, entre outras, na Mostra Unión Fenosa e ARCO.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Aguións (A Estrada). Ten planta en forma de L, con planta baixa e piso. Destaca a cheminea e a decoración da fachada, cun pórtico formado por tres arcos rebaixados e porta arquitrabada á que se accede por unha escaleira. Ten capela anexa, hórreo e pombal. O recinto está amurallado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
preñez.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Académie Julien de París e residiu posteriormente en Venecia. De volta a EE UU, viviu en Boston e en Nova York e participou no grupo The Eight. Influído polo impresionismo traballou directamente as cores puras sobre a tea mediante a espátula. Destaca Central Park (1901).
VER O DETALLE DO TERMO