"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Recoñecido tradutor, en 1928 publicou o seu primeiro libro, Una tragèdia a Lil·liput, sátira da burguesía local. Coa Guerra Civil Española a súa obra fíxose máis realista, como en Cataclisme (1935), Oda a Barcelona (1936) e La fam (1938, Premio do Teatre Català de la Comèdia). Tamén é autor de Vacances pagades (1960, Premio Lletra d’Or 1961) e Quatre mil mots (1977). Recibiu o Premio Ausiàs Marc (1959), o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1970) e o Premio Ciutat de Barcelona polo conxunto da súa obra (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Das súas obras destacan Los canes andan sueltos (1952), Días turbulentos (1955), coa que foi finalista do Premio Nadal; El androide y los feminismos (1979) e Las ánimas del curuto (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasada rápida da vista que se fai sen poñer demasiada atención.

    2. Maneira de mirar ou expresión dos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orificio de remo polo que se introduce o tolete ou parte do remo que vai apoiada nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pequena abertura que se fai nun tecido para abrochar os botóns que están cosidos na outra banda.

      2. Abertura de forma alongada.

    1. Burato que atravesa unha cousa dun lado a outro.

    2. Furado na parte central da roda do carro por onde encaixa a cabeza do eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade fortificada inca, situada no val do río Urubamba (Perú). Construída para defender os camiños que levaban a Cuzco, capital do imperio, corresponde ao derradeiro período da arquitectura incaica (1460-1540) e é a única cidade inca aínda habitada. Segundo a lenda, o guerreiro Ollantay, heroe dunha peza literaria en lingua quechua, refuxiouse nesta cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Observar algo con atención.

    2. Dirixir a vista cara algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maneira de mirar ou expresión dos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate armado acontecido en Olmedo o 19 de maio de 1445, entre as forzas de Álvaro de Luna e o Rei Xoán II de Castela, e as da liga de nobres e os seus aliados, os infantes de Aragón Enrique e Xoán, futuro Xoán II Aragón. O enfrontamento xurdiu a partir dunha escaramuza e significou a vitoria de Álvaro de Luna. O infante Enrique de Aragón, ferido de morte, e o seu irmán Xoán tiveron que fuxir a Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Pico, foi presidente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Galicia. Traballou en obras de numerosas compañías, como DITEA, O Moucho Clerc ou o Centro Dramático Galego, de onde destacan A noite vai coma un río (1986), O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991), Hostia (1995), Si o vello Simbad volvese as illas (1999) ou O ano do cometa (2004). Participou en diversas producións cinematográficas, como Esperanza (1986), Divinas palabras (1987), Sempre Xonxa (1989), A lingua das bolboretas (1999), Unha luz encendida (2000) e A vida que che espera (2004), e en series de televisión como Pratos combinados, O veciño do xoves, Os outros feirantes e Mareas Vivas. Recibiu o Premio María Casares ao mellor actor secundario (2000) e ao mellor actor protagonista (1999 e 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefectura de República Centroafricana (31.835 km2; 150.558 h [estim 1989]). A capital é Boali (23.879 [estim 1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa que xunto coa de Onza constitúe as illas Ons. Está situada ao N e trátase dunha pequena illa granítica cunha morfoloxía alongada e cun litoral rectilíneo no sector oriental e curvilíneo no occidental. Está separada da illa de Onza polo canal de Freu da Porta, de 600 m de ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago formado por dúas illas principais, a de Ons e a de Onza, que pecha a ría de Pontevedra. O extremo occidental do arquipélago é o illote de Centolo Grande, a 42° 23’ de latitude N, mentres que o confín meridional, puntal da Onza, está situado a 42° 20’ de latitude N. De L a O esténdese entre os 8° 55’ e os 8° 57’. As dúas illas presentan unha orientación N-S, separadas polo canal de Freu da Porta, e están dominadas por materiais graníticos que lle confiren un relevo en cantís cara ao océano e areais cara a ría de Pontevedra. Administrativamente, constitúe unha parroquia do concello de Bueu, A Illa de Ons. Foi declarado Parque Nacional das Illas Atlánticas en xullo de 2002 xunto cos arquipélagos de Cíes, Cortegada e Sálvora. O medio terrestre presenta un clima mediterráneo húmido e oceánico, con temperaturas que oscilan entre os 12-16°C e cunhas precipitacións de 900 a 1.600 mm, e está enclavado dentro do sector galaico-portugués. O medio forestal presenta un alto grao de transformación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Ou Onceta Unha das dúas illas principais que constitúen as illas Ons. Está situada ao S e é unha pequena illa granítica que abrangue unha superficie de menos de 1 km, moi escarpada e de difícil acceso. Está separada da illa de Ons polo canal de Freu da Porta, de 600 m de ancho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización paramilitar creada en 1926 polo réxime fascista italiano que se encargou da formación da xuventude. A sección masculina comprendía os Balilla (de 6 a 13 anos) e os Avanguardisti (de 14 a 18 anos), e a feminina as Picole Italiane (de 6 a 12 anos) e as Giovane Italiane (de 13 a 18 anos). O nome provén do alcume que se deu ao adolescente que provocou o alzamento xenovés contra os austríacos en 1746.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia miúda e pouco persistente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Chover suavemente.

    2. Formarse o orballo da noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar o 5 de outubro de 456 sobre o río Órbigo, entre as tropas suevas e visigodas. Os antecedentes atópanse na ocupación da Cartaginense, territorio do Imperio visigodo, por parte de Requiario, rei dos suevos. Teodorico II, ante esta invasión, enviou unha embaixada que non foi recibida por Requiario quen, reaccionou coa invasión da Tarraconense. Foi entón cando Teodorico II penetrou na Península Ibérica e se enfrontou a el sobre a liña do Órbigo, saíndo vencedor. Deseguido, encamiñouse cara a Braga na persecución de Requiario, a través da vía romana que partía de Astorga e continuou ata Porto onde o rei suevo foi decapitado en decembro de 456. Esta batalla supuxo a entrada sueva na órbita dos visigodos e polo tanto uns cambios políticos e sociais, que culminaron coa desaparición do reino suevo un século despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago situado ao N de Escocia, Reino Unido, que constitúe unha rexión administrativa (975 km2; 19.245 h [2001]). A súa capital é Kirkwall (7.615 h [2001]). Está situado ante as costas de Caithness, das que o separa o Pentland Firth. Presenta un relevo case plano, sobre todo na illa Mainland e está constituído basicamente por gres avermellado e por materiais semellantes aos do N de Escocia. O principal recurso económico é a gandaría bovina.

    VER O DETALLE DO TERMO