"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

      1. Privilexio ou exención de carácter político, económico ou xurídico que tiñan os habitantes dun lugar, vila ou comarca durante a Idade Media concedida polo soberano ou señor xurisdicional.

      2. Territorio ou localidade que gozaba da condición de franquía.

      3. carta de franquía

        Documento medieval en que se recollía a concesión efectuada polo soberano ou señor xuridisccional aos habitantes dalgunha vila, lugar ou comarca e no que se recoñecía un determinado estatuto xurídico, unhas garantías de liberdade civil e política ou a exención de cargas e tributos. Apareceron por primeira vez a finais do s XI nos territorios do N de Europa e estendéronse cara ao S durante os ss XII e XIII.

      1. Exención do pagamento de certos dereitos ou servicios públicos.

      2. Nas aseguradoras, tanto por cento sobre o valor dos efectos asegurados ou cantidade fixa, a partir da que comeza a contar a responsabilidade do asegurador.

    1. Contrato establecido entre dúas empresas, polo que unha delas (franqueadora) concede a outra (franqueada) o dereito a fabricar ou utilizar unha marca comercial, a cambio dunha compensación económica.

    2. Situación na que está un barco cando ten paso franco para se facer ao mar ou coller un rumbo determinado.

    3. Situación en que se coloca un barco para saír dun porto ou lugar de ancoraxe. O barco colócase pola parte de fóra de todos os outros que están ancorados no mesmo lugar e nun punto onde poida xirar con facilidade e continuar o seu rumbo libre de obstáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino derivado do xentilicio xermánico Frank ‘franco’ e o sufixo afectivo -ila. San Fránquila (s X), frade galego e abade de Ribas de Sil. A súa festa celébrase o 31 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade galego e primeiro abade do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Creou con san Froitoso, san Manilán, san Valerio e san Xenadio unha cadea de mosteiros dende o Bierzo ao Atlántico, o que se chamaría a Tebaida galega ou a Ribeira Sagrada que algúns investigadores interpretaron como Roboria Sacrata (‘carballeira sagra’). Concentrou a case todos os cenobitas galegos no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, que restaurou; neste lugar fundou unha escola, de onde sairían os fundadores dos principais conventos do sur de Galicia e do norte de Portugal. Tamén colaborou na reconstrución dos mosteiros de Santa María de Loio e São Cristóvão de Lobrugia. Pervive como topónimo na Limia, Santa María de Donfranque. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Creou a Gastón Lagaffe e retomou as aventuras de Spirou e Fantasio. Os seus debuxos encaixan co estilo característico da escola belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político ditatorial implantado en España entre 1939 e 1975 como resultado da Guerra Civil e no que o xeneral Franco detentou o poder hexemónico. Inicialmente foi un sistema de poder de oligarquía agraria, financeira e industrial, emparentado co fascismo e coas raíces do tradicionalismo católico e conservador. Ideoloxicamente, non chegou a presentar unha forma clara e coherente, aínda que existía unha monopolización do poder político na persoa de Franco, quen unha vez rematada a guerra, lonxe de cesar a acumulación de cargos e funcións, reasegurou na súa persoa os resortes do mando. Non implantou un programa persoal concreto de goberno, xa que detrás del existían diversas “familias” (falanxistas, católicos, carlistas, monárquicos, clientelas persoais) ou grupos de poder entre os que había notorias discrepancias, e entre os que procurou manter un certo control e equilibrio. Os primeiros anos tentou crear un consenso en torno aos elementos ideolóxicos do fascismo, e posteriormente arredor...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao réxime de Franco.

    2. Que ou quen é partidario ou seguidor de Franco e do seu réxime.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Debilitarse algo ou alguén tanto física como moralmente.

      2. Mostrar alguén pouco valor, enerxía ou ánimo.

    1. Ser ou estar nalgunhas cousas máis desanimado ou menos eficaz e informado ca noutras ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debilidade ou fraqueza que sente alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de fraco.

      1. Debilidade ou falta de resistencia, forza ou vigor.

      2. Debilidade de ánimo ou carácter.

    2. Acción que se comete por debilidade.

    3. Inclinación que sente unha persoa por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa feita con diferentes compartimentos para gardar e transportar un certo número de frascos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘vertedoiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que designa a masa de xeso e aceite empregada por eles para pegar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘suxo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadro con bastidor de ferro e crucetas co que se suxeita o papel que se vai imprimir ao tímpano nas prensas de man, cubrindo as partes que deben quedar en branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico belga coñecido como Jacques Feyder. Foi un dos creadores do naturalismo poético cinematográfico. Foi premiado na Mostra de Venezia en 1936 por La kermasse héroïque. Outros filmes seus son Carmen (1926), Thérèse Raquin (1928) e Pension Mimosas (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Dedicado ao sector armador de buques pesqueiros, foi presidente e vicepresidente da Asociación de Armadores de Pesca da Coruña (ARPESCO). Ocupou ademais os cargos de presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (1984-2000) e vicepresidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de oposición á dominación portuguesa xurdido en Moçambique en 1962 da fusión de varias organizacións independentistas. Dirixiu as actividades nacionalistas e en 1964 lanzou a súa ofensiva guerrilleira. Dende o golpe de estado portugués de abril de 1974, iniciou negociacións co goberno portugués e en setembro de 1974 formou parte dun goberno de transición. Trala independencia (1975) constituíuse como partido único.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jacques Baulot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cheiro ou sabor da carne do animal sacrificado recentemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘barato’.

    VER O DETALLE DO TERMO