"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento herético cristián orixinario de Frixia dos ss II e III, fundado por Montano. Xurdiu como un movemento apocalíptico e pneumatómaco, que sostiña as aparicións do Espírito Santo a través de Montano e dos seus seguidores. Defendían a inminencia da segunda chegada de Xesús Cristo e a imposición dun rigoroso ascetismo. A rama africana do movemento foi coñecida sobre todo a través dun dos seus adeptos, Tertuliano. Condenado por algúns sínodos asiáticos no s II e por Ceferino no s III, iniciou a súa decadencia no s V. Conéctanse a este movemento os movementos de pneumatoloxía e os pentecostistas, do cristianismo moderno.
-
-
Relativo ou pertencente a Montano ou ao montanismo.
-
Seguidor do montanismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva escudo axadrezado de goles e ouro, de quince pezas, tres por cinco.
-
PERSOEIRO
Heresiarca. Fundador do montanismo, converteu a cidade de Pepuza, próxima a Filadelfia, no centro da súa actividade profética. Predicou a súa doutrina, de carácter apocalíptico e pneumatómaco, por toda Asia Menor, acompañado de dúas mulleres: Priscila e Maximila.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao monte.
-
Aplícase ao piso de vexetación comprendida entre o piso basal e o piso subalpino, e que se corresponde, en xeral, coa montaña media.
-
-
FAMILIAS
Familia de prateiros de orixe valisoletana establecida en Ourense e activa durante o s XVII. Marcelo de Montanos , proxenitor da familia, instalouse en Ourense en 1608. Do seu obradoiro saíu o cetro de prata para o mosteiro de San Xiao de Samos, a custodia e o relicario para a igrexa de Santa María de Escornabois (Trasmiras), así como traballos para as igrexas de Santiago de Gustei (Coles) ou San Bartolomeu de Berrande (Vilardevós). O seu fillo, Isidro de Montanos , realizou varias lámpadas de prata para o convento de San Rosendo de Celanova e cruces de prata para as igrexas de San Salvador de Sande (Cartelle) e Santa María de Vilar de Ordelles (Esgos), así como varios cetros de prata xunto con Bertomeu Serrano, e unha custodia para a catedral de Ourense. O fillo deste, Isidro de Montanos foi pincerna da catedral de Ourense desde 1675. Realizou unha cruz procesional para a igrexa de Santa Ouxea de...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á montaña.
-
Que é abundante en montañas.
-
-
-
-
Aplícase ao crecente coas puntas cara ao xefe do escudo.
-
Aplícase ás abellas e bolboretas que están en actitude de voar cara a arriba.
-
-
-
Cada unha das pezas verticais que forman os costados do bastidor dunha porta ou dunha fiestra.
-
Cada unha das pezas de madeira, pedra ou ferro pousadas verticalmente, sobre as que van montadas as outras pezas en certos aparellos ou construcións (prensas, teares, escaleiras).
-
montante de colgar
Montante dunha porta ou dunha fiestra, onde van colocados os gonzos.
-
montante de fechar
Montante dunha porta ou dunha fiestra, onde está a fechadura.
-
-
parteluz.
-
Espada grande que se debe esgrimir con dúas mans.
-
-
PERSOEIRO
Actor e director teatral. De 1981 a 1988 foi director do Institut del Teatre de Barcelona, para logo pasar ao proxecto Teatre Lliure. Como actor participou nas obras Primera història d’Esther (1962), El mercader de Venecia (1964) ou Tirant lo Blanc (1969). Como director traballou en Antígona (1978), Kean (1985) ou El manuscrit d’Ali Bei (1988, Premio da Asociación de Directores de Escena).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Tarn e Garona, na rexión de Midi-Pyrénées, Francia, situada na confluencia dos ríos Tarn e Gaillac (51.855 h [1999]). É o mercado dunha comarca agrícola e gandeira, que estende a súa influencia a todo o departamento, a pesar da proximidade de Toulouse, 50 km ao S. Conta con industrias de equipamento eléctrico e aeronáutico e produtos alimentarios. Do seu patrimonio cultural destacan a ponte de ladrillo sobre o río Tarn e a igrexa de Saint-Jacques, ambos do s XIV.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado na comarca da Conca de Barberà (6.064 h [2001]). A agricultura céntrase no cultivo de viña e cereais, oliveiras, amendoeiras, árbores froiteiras e produtos hortícolas, e entre as industrias máis importantes destaca unha empresa subsidiaria de automoción, centrada na fabricación de radiadores e calefactores, unha de pezas mecánicas sinterizadas, unha de embalaxes e outra de xoguetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de México, situada no estado de Oaxaca. Duns 40 km de extensión, aproximadamente, foi fundada polos zapotecas, a máis de 1.500 m sobre o nivel do mar, pero as súas ruínas demostran que foi ocupada sucesivamente polos mixtecas e os aztecas; obsérvanse ademais, pegadas dos conquistadores españois. Do conxunto, que debeu ser un gran centro relixioso, sobresae a praza central, cunha fileira de pequenos templos no medio e varias construcións menores nos laterais, así como os enterramentos que se atoparon, acompañados dos seus correspondentes enxovais. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras (Forcarei). O seu cumio acada os 890 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ āfa Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ẓ a de Líbano (1.950 km2; 1.145.000 h [estim 1996]). A capital é B’abdā (2.500 h [1970]).
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construíuse durante o s XVII, no lugar onde antigamente se atopaba un mosteiro de monxes bernaldos. Consta dunha única nave, con capela maior e cuberta con bóveda de madeira, o mesmo que a sancristía. No interior, destacan os retablos, que mesturan elementos barrocos da primeira metade do s XVIII e manieristas, de comenzos do s XVII, así como a imaxe de san Pedro portando as chaves, un libro e a cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Chantada. Realizada con cantaría e cachotaría de granito, trátase dun templo barroco que conserva do románico a nave e a portada do lado sur. O edificio ten planta rectangular e un presbiterio con tramo cadrado e remate semicircular, utilizado como sancristía. Ao presbiterio accédese a partir dun arco triunfal de medio punto, que o separa da nave. No interior, destacan os restos de pinturas murais do s XV, con escenas do Descendemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Erudito. Introdutor do esperanto en Galicia, foi secretario do Grupo esperantista coruñés e vogal do Comité da Hispana Societo por la Propagando de Esperanto. Publicou varios artigos e traballos na Revista Gallega (1905-1906), dos que destacan “El presente y el porvenir del esperanto” (primeiro premio no Certame Pedagóxico de Santiago, 1906) e “El esperanto y los ciegos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Arteixo. Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino homónimo, que dependía do priorado de Cambre. Presenta planta basilical de tres naves, rematadas en tres ábsidas semicirculares. Empregou para a separación das naves columnas anexadas a piares, na parte da entrada, e piares compostos na zona das ábsidas. A cuberta é a dúas augas. Sufríu algunhas reformas que afectaron especialmente á fachada, á que se lle engadiu unha espadana barroca como remate. No lateral dereito construíuse unha sancristía. Da fachada románica só se conserva a zona das ábsidas, decoradas con canzorros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira dereita da ría de Corme e Laxe, entre a illa da Estrela e a praia de Enmedio, na parroquia de Cospindo (Ponteceso).
VER O DETALLE DO TERMO