"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • Partido político xurdido a partir do Partido Carlista. Constituído na etapa final da ditadura franquista, defendía a doutrina política do socialismo autoxestionario. Formaron parte da Junta Democrática de España, pero finalmente integráronse na opción nacionalista do Consello de Forzas Políticas Galegas (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político que tivo a súa orixe nunha escisión dun grupo de militantes da Unión do Pobo Galego (UPG)-Liña Proletaria, en 1977, entre os que destacou X. L. Méndez Ferrín. O motivo desta ruptura foi a falta de acción nacionalista na UPG, partido ao que se acusaba de abandonar a causa revolucionaria por presentarse ás eleccións. Definiuse como marxista-leninista, nacionalista, independentista e partidario da loita armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1976 baixo a inspiración de X. L. Meilán Gil, como partido de ámbito galego de carácter moderado e progresista, que pretendía constituír unha resposta independente ás necesidades de Galicia. Tiña unha formulación política non-extremista e loitou contra os desequilibrios económicos e sociais galegos. Formou parte da coalición Unión de Centro Democrático (UCD) nas primeiras eleccións xerais (1977) e acadou unha importante representación parlamentaria nas provincias da Coruña e Pontevedra. Despois da conversión de UCD nun partido unitario non participou nas eleccións xerais de 1979 e 1982. Durante o proceso de disolución de UCD, refundouse (1982). En 1983 participou nas eleccións municipais en que acadou representación en diversos concellos da provincia da Coruña, e integrouse en Coalición Galega (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política fundada en 1974 co nome de Unión Social-Demócrata Galega. O seu fundador e primeiro presidente foi Alfonso Zulueta de Haz, aínda que tamén destacou J. L. Fontenla Rodrigues. Defendía a autodeterminación de Galicia, para integrarse nun estado federal, e a democracia, e definíase como socialista humanista, personalista, comunitario e demócrata. Propugnaba unha reforma socialdemócrata. En 1976 formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas e disolveuse despois do fracaso das eleccións de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado en Pontevedra, en decembro de 1931, na VII Asemblea das Irmandades da Fala. Entre os seus membros destacaron Vicente Martínez Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas Enríquez, Ramón Suárez Picallo e Afonso D. Rodríguez Castelao. Adoptou o sistema democrático e estruturábase en agrupacións de base territorial e comités directivos de forma piramidal. O seu órgano soberano era a asemblea xeral que se encargaba da adopción do programa, da liña política e das decisións importantes. Na súa primeira etapa configurouse como un partido de elite e vangardista. Defendía a autodeterminación política de Galicia e aspiraba a unha federación ibérica, europea e mundial de nacionalidades de base étnica, todo baixo unha pretensión pacifista e antiimperialista. Entre os seus obxectivos tamén se incluían a supresión das deputacións provinciais, o recoñecemento da parroquia como entidade político-administrativa, a igualdade de dereitos políticos para a muller, a reforma agraria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político xurdido en Santiago de Compostela en 1978. Legalizado en 1979, declarouse continuador da liña programática do Partido Galeguista dos anos trinta e por iso asumiu o seu nome. Elaborou o seu propio anteproxecto de Autonomía de Galicia, participou nas eleccións de 1979, dentro da coalición Unidade Galega, e na redacción do Estatuto dos 16. Durante esta nova etapa loitou pola consecución dun Estatuto de Autonomía semellante ao de Euskadi e Catalunya e asinou o Pacto do Hostal. En 1984 o PG decidiu disolverse e integrarse en Coalición Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en Pontevedra en 2004. Xurdiu no VIII Congreso de Refundación do PG. O seu secretario xeral é Manuel Soto Ferreiro e o presidente Xabier González. No eido político persegue unha reforma estrutural da situación política galega comezando cunha reforma do Estatuto de Autonomía e unha reformulación da Constitución, e propón a desaparición das deputacións provinciais en favor de poderes organizados comarcalmente. No eido económico cualifica a súa política de centro, coa prioridade de crear emprego, e no eido social unha política de progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política que xurdiu dunha escisión de Coalición Galega (CG), integrada polos sectores progresistas e nacionalistas do partido, en xaneiro de 1987, co nome de Partido Nacionalista Galego. Contou cunha militancia integrada de xeito maioritario por clases medias e algúns pequenos empresarios, aos que se engadiron elementos procedentes do Partido Galeguista Nacionalista (PG(N)). Desta fusión xurdiu o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG). Despois da moción de censura que derrocou a Gerardo Fernández Albor, constituíuse un goberno tripartito na Xunta de Galicia (1988-1989), en que o PNG-PG acadou a vicepresidencia e a Consellería de Pesca, entre outras. Despois do fracaso nas eleccións de 1989, integrouse no BNG en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado en 1977 en Praceres, na parroquia pontevedresa de Lourizán, por membros procedentes da Unión do Pobo Galego, da Asemblea Nacional--Popular Galega, da Asamblea Popular Galega, do Partido Comunista Galego, do Partido Socialista Galego e doutros partidos de esquerda radical. Defenderon o marxismo, a concepción de Galicia como un ente dependente no económico e político de Europa, e, como forma de goberno lexítima, a federación socialista das nacións ibéricas. Loitaron pola formación da autonomía como primeiro paso para acadar o autogoberno. En 1977 manifestouse, xunto ao Partido Socialista Galego, a prol da autonomía e, en 1978, xunto con outras formacións nacionalistas, contemplou a necesidade de configurar a preautonomía con partidos propiamente galegos. Desta inquietude xurdiu Unidade Galega (UG) como opción ás eleccións de 1979. A maior parte dos seus militantes integráronse en Esquerda Galega en 1980, e o POG desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en Santiago de Compostela o 16 de maio de 1976 pola confluencia de dous núcleos democratacristiáns xurdidos a finais de 1975 en Vigo, a Unión Democrática Galega e Esquerda Democrática Galega. Definiu na asemblea constitutiva a súa liña galeguista, federalista e de ideoloxía humanista e comunitaria. Desapareceu en 1977 cando se integrou no Equipo da Democracia Cristiana e Social Democracia Galega. O seu primeiro presidente e un dos membros fundadores foi Gerardo Fernández Albor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política fundada na Coruña o 23 de agosto de 1963 por Cesáreo Saco López, Mario Orjales Pita e Xosé Luís Rodríguez Pardo, mentres Ramón Piñeiro López só participou na reunión fundacional. O colectivo inicial de afiliados estaba integrado por membros do vello Partido Galeguista e de Mocedades Galeguistas (FMG) como Francisco F. del Riego (o primeiro secretario xeral da organización) e L. Viñas Cortegoso, e unha nova xeración de mozos universitarios como Xosé Manuel H. Beiras Torrado, Ramón Lugrís Pérez e Fernando Pérez Barreiro. O seu ideario baseábase no marxismo, no federalismo, no socialismo e na democracia. Mantiveron un talante democrático e prestaron moita atención aos movementos homólogos que xurdían noutras nacionalidades. Estruturábase como un partido de cadros. A súa rede organizativa participou e dirixiu as campañas de axitación e propaganda contra a central de Castrelo de Miño, ao tempo que mantivo unha importante colaboración coa Unión do Pobo Galego (UPG). Despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que se creou en 1982 da unión dalgúns militantes do Partido Socialista Galego (PSG) e de Esquerda Galega (EG), e que se presentou ás eleccións como PSG-EG. Desde 1992, optou por confluír con sectores galeguistas de centro e independentes, procedentes tanto de Coalición Galega como do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. En 1993 aliouse con Esquerda Unida (EU) e pasou a denominarse Unidade Galega, organización que, en 1994, se integrou no Bloque Nacionalista Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante, ilustrador e escritor. Colaborador de Faro de Vigo, dirixiu a galería de arte Arcana de Vilagarcía de Arousa. Escribiu e ilustrou o libro de literatura infantil O paxariño traveso (1987) e libros de poemas como O cavalo económico, Os poemas da seita (1987) e Sombra fértil (1999). Tamén pintou as series Peonzas e Azulados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista e funcionario. De familia orixinariamente galega, educouse no Milanesado, onde coñeceu o primeiro borbón hispánico, Filipe V, que o levou á súa corte (1702). Membro do Consello de Órdenes, despois de ser superintendente de Extremadura en 1711, o ministro francés Orry destinouno en 1713 na fronte catalá, durante a Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Cando en setembro de 1714 se aniquilou a resistencia dos barceloneses, presidiu a nova Xunta de Goberno e Xustiza. Deste xeito procedeu ao reaxuste do aparato fiscal de Catalunya. Fíxose cargo das rendas do patrimonio real, aplicouse nos recursos confiscados e sobre todo, preparou, regulamentou e puxo en marcha todo o mecanismo tributario coñecido por catastro real. Os amplos proxectos militares e marítimos da coroa filipista levárono a Cádiz en 1717, pero os grandes armamentos preparados entre 1717 e 1720 co fin de reconquistar Sardeña e Sicilia foron desbaratados polos ingleses. En 1726 foi secretario de Estado para a mariña,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir de abril de 1941. Cesou en decembro de 1960. Subtitulouse “Órgao ofizial do Juntoiro do mesmo nome” e “Voceiro da Galiza liídima”. Fundado por Fuco G. Gómez, caracterizouse pola súa tendencia nacionalista e os seus intentos por fomentar a conciencia galeguista a través da cultura e a axuda aos emigrados. Informou sobre as actividades dos galegos na cidade, ademais da historia e a política galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Bos Aires a partir do 1 de abril de 1982. Dirixida por Manuel Pedreira, contou coa colaboración de Valentín Paz Andrade e Joám Couto. De carácter político e cunha orientación galeguista, informou sobre distintos aspectos de Galicia e da súa realidade política, cultural e social, con especial interese no tema lingüístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural creada en Montevideo o 8 de xuño de 1964, a iniciativa de Xosé Cancela Freixo. Tivo como finalidade o achegamento da colectividade galega ao pobo uruguaio e o espallamento da cultura galega en todas as súas expresións. Das súas iniciativas destacaron a creación da Escuela Galicia, a edición de libros e publicacións en galego -xunto a unha biblioteca con máis de 10.000 exemplares-, a creación do Día da Poesía Galega e o galardón Vieira de Prata, concedido cada ano a unha persoa ou institución que traballase a favor dos fins da agrupación. Tamén se fixeron cargo do programa radiofónico Sempre en Galicia e da publicación do boletín cultural Guieiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, político e escritor. Licenciado en Dereito (1921) pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas á influencia do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra. Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista participando na II Asemblea Nacionalista (1919) de Santiago de Compostela, e foi colaborador do xornal Gaceta de Galicia. Presidiu o Grupo Autonomista Gallego (1930) e foi militante do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario (1934). Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 e posteriormente en 1936, se ben non foi elixido. Ademais, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia (1936) e publicou diversos artigos políticos en El Pueblo Gallego. Co estalido da Guerra Civil Española axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condenas que lles eran impostas. Posteriormente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, guionista, narrador oral e director teatral. Comezou a súa actividade como actor en 1975, destacando na Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Membro fundador da compañía A Farándula (1975), traballou con compañías viguesas ata 1983, cando comezou a actuar con outras agrupacións galegas e co Centro Dramático Galego. Debutou como director con Tranvía Teatro en 1989 coa peza O merlo branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1991). Desde entón escribiu, dirixiu ou fixo adaptacións para varias compañías, especialmente para Ollomoltranvía. Desde finais da década de 1990 participou como guionista en series de ficción para a TVG, como O campo de atrás ou Mareas Vivas (1998). Das súas pezas, algunhas delas dirixidas por el, destacan Raíñas de pedra, A Mostra. Travesura 92 (1991), Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), que recibiu varios premios dentro e fóra de Galicia; O Rei Nu (1995), Nano (1997, Premio María...

    VER O DETALLE DO TERMO