"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Empresa editorial fundada en 1991 na Coruña. Dirixida por Miguel Anxo Fernán-Vello, ten editados máis de douscentos libros en lingua galega e portuguesa, dos que destacan un cento deles dedicados a poesía. A súa liña de edición aposta pola creación literaria en todos os seus xéneros; malia que inicialmente se especializou nas publicacións poéticas, posúe amplas coleccións de narrativa e ensaio, ademais de novas liñas dedicadas ao teatro, ás ciencias sociais, á historia e ás artes plásticas. Divide a súa produción nas coleccións “Poesía”, “Narrativa”, “Ensaio”, “A illa Verde”, “Didáctica”, “Imaxes no tempo” e “Historia e Documentos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial creada na Estrada en 1999. Fundada e dirixida por Manuel Núñez, editor do xornal Dezactualidade dende o ano 1992, encárgase da edición da colección de textos teatrais A Pinguela, uns cadernos dirixidos a escolares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galinova Editorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada o 17 de outubro de 1989 en Santiago de Compostela. Especializada en publicacións en lingua galega e portuguesa, conta con máis de cen títulos editados. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, atende fundamentalmente os apartados de humanidades, literatura, ciencias sociais, tecnoloxía e libros de peto. Divide as súas obras nas coleccións “Xeral”, “Vento do Sul”, “Breviarios” e “Fóra de serie”. Ademais de publicar libros de numerosos autores galegos, traduce obras pertencentes a autores estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida en 1990 en Santiago de Compostela. Fundada e dirixida por Xoán C. Rodríguez Sánchez e coordinada por José Bello Iglesias, conta con máis de douscentos títulos publicados. Dedícase fundamentalmente á edición de libros de ensino, comunicación, investigación, tecnoloxía, natureza e deportes. Divide a súa produción nas coleccións “Comunicación”, “Textos Media”, “Sociedade”, “Mar”, “Viaxes”, “Biblioteca Básica do Deporte”, “Psicopedagoxía”, “Historia e Tradición”, “Supernova”, “Narrativa”, “Cadernos Mediáticos”, “Cadernos Didácticos”, “Saúde”, “LEGAM” e “Documentos xornalísticos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida en Vigo en 1950 a partir da librería do mesmo nome. Fundada por Luis Viñas Cortegoso e Xosé Mª Álvarez Blázquez, caracterizábase pola produción de libros de bibliófilo en castelán ou galego, con tiraxes moi limitadas e presentación moi coidada. O primeiro libro que tiraron do prelo foi Roseira do teu mencer (1950), con poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Dividiu as súas obras en tres coleccións “Beatus Iacobus”, con textos raros, xeralmente apoloxéticos, “Leixado do vento”, con textos poéticos e dramáticos en galego, e “Frol e froito”, con prosa orixinal en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A sociedade cultural Edicións O Paporroibo creouse o 17 de xuño de 1992 co obxectivo de promocionar escritores, creadores de arte e investigadores vinculados ás terras do Ortegal. Presidida por Manuel López Foxo, conta coa coordinación de Obdulia Dopico Cachán. Edita fundamentalmente libros de contos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en 1974, pertencente ao grupo Santillana. Dirixida por Carme Vázquez Rodríguez, con máis de trescentos libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de libros de texto, literatura infantil e xuvenil, cartografía e dicionarios. Divide a súa produción editorial nas coleccións “Obradoiro-Alfaguara Infantil” e “Obradoiro-Alfaguara Xuvenil”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Santiago de Compostela en 1990. Dirixida por Francisco Macías, conta con máis de cincuenta libros editados. Dedícase fundamentalmente á publicación de ensaios, libros de peto, literatura e revistas en lingua galega e portuguesa. Ademais das coleccións “Diversos”, “Narrativas”, “Plural” e “Popular”, tira do prelo a revista Animal+.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela. Dirixida por Amador Rodríguez Arce e Manuel Casal Salgado, conta con máis de douscentos títulos publicados. A súa liña editorial enmárcase dentro da difusión de obras cartográficas, literatura infantil e xuvenil, narrativa e pedagoxía en lingua galega ou castelá. Divide a súa produción nas coleccións “Animais fantásticos”, “Aprender xogando”, “Biblioteca de autores galegos”, “Cartografía”, “Contos clásicos favoritos”, “Ecoloxía”, “Mapas murais/Esfera”, “O meu libro-xogo”, “Os libros do tren”, “Pouquiño a pouco” e “Xeografía e historia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez en Vigo no mes de outubro de 1979. Dedicada á edición de libros en lingua galega, pertence ao Grupo Anaya. Naceu coa vontade de abranguer todos os campos da comunicación impresa e para contribuír á normalización da lingua en Galicia. En 1980 creáronse as tres primeiras coleccións “Montes e Fontes”, “Ventobranco” e “Fonteliña”. A partir de 1981 comezou a edición de libros de texto para EXB. Nese mesmo ano incorporouse Luís Mariño Pampín á dirección editorial. O lanzamento dos libros de Bacharelato produciuse en 1982, coincidindo coa presentación de dúas novas coleccións “Extramuros”, para a edición de libros en castelán e “Arroás”, na que se incluíron libros ilustrados. Ao ano seguinte creáronse tres novas coleccións “Xabarín”, para a publicación de literatura xuvenil en galego, “Narrativa” e “Xerais Universitaria”. En 1984 convocouse a primeira edición do Premio Xerais de Novela, e resultou gañador Carlos G. Reigosa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial que comezou a súa actividade en 1963 en Sada, coa publicación de dous orixinais titulados El toro Júbilo e O Meco (1963), da autoría de Luís Seoane, un dos seus fundadores. A editorial non xurdiu como unha empresa illada, pois forma parte do grupo Sargadelos, un conxunto de empresas nacidas ao abeiro dunha institución que se forxou no exilio americano: o Laboratorio de Formas, ideado por Isaac Díaz Pardo. Tiña como tarefa principal restaurar a memoria histórica de Galicia apoiando a investigación en todos os campos do saber e o coñecemento científico das bases económicas. Ao longo dos anos foron máis de 700 autores e 1.200 títulos recollidos nas coleccións “Documentos”, “Ensaio”, “Historia”, “Creación Literaria”, “Arte e Arquitectura”, “Cadernos do Seminario de Sargadelos” e “Publicacións do Seminario de Estudos Galegos”. Editou tamén as revistas Gallaecia, Larouco, Minius, Luzes de Galiza e Unión Libre, ademais de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de edificar.

    2. Obra normalmente de albanelería destinada a albergar persoas, cousas ou animais.

    3. Conxunto de edificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera construción destinada a vivenda ou a outros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao emprego de edil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimestral aparecida en xaneiro de 1975 na Coruña. Dirixida por José L. Vázquez Dequit, tentaba consolidarse como un instrumento máis ao servizo da educación, ofrecendo información e colaboracións de diversos países. Incluíu numerosas reportaxes e artigos relacionados coa educación comparada, os recursos didácticos, a psicoloxía e a socioloxía da educación, a formación do profesorado, a educación especial, as técnicas de traballo nas aulas e a organización escolar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en 1843 por Jean-Baptiste Muard e Pierre Boyer en Pontigny (Francia), co fin de remediar a situación de abandono e destrución que vivía a Igrexa gala tralo estoupido da Revolución Francesa e formar un grupo de misioneiros que suplise as necesidades das parroquias da diocese. Desde a expulsión das ordes relixiosas o superior comezou a residir en Hitchin, Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en Madrid o 16 de marzo de 1997 baixo a presidencia de honra de Dorinda Ramos Ramos e presidida por María Luz Barreiros, filla de Eduardo Barreiros. Entre os seus obxectivos destacan a promoción do coñecemento e a divulgación da historia do deseño industrial, como parte do patrimonio cultural dos pobos, a promoción e a investigación no campo da tecnoloxía da automoción e dos motores para todo tipo de vehículos, o fomento da investigación, o estudo e a experimentación de novos métodos e técnicas relacionadas cos anteriores, e a institución e dotación do Premio Eduardo Barreiros, que recoñece publicamente os méritos daqueles traballos de investigación no campo que constitúe o obxecto da fundación. Para o cumprimento destes obxectivos desenvolvéronse diferentes actividades, entre as que sobresaen o sostemento do Museo Eduardo Barreiros, que acolle a colección Barreiros; a realización de seminarios, coloquios e conferencias; a edición de publicacións;...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adecuación do comportamento dunha persoa ás normas de trato social. OBS: Xeralmente, vai modificado con adxectivos como boa ou mala, e de non ir modificado, ten o significado de ‘boa educación’.

    2. Desenvolvemento ou perfeccionamento dunha facultade, función ou capacidade.

      1. ciencias da educación

        ciencias da educación.

      2. educación ambiental

        Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza, e encamiñar a sociedade cara a unha conduta consciente dos problemas ambientais. En Galicia existen numerosas experiencias pedagóxicas encadradas neste tipo de tentativas, que deron lugar á realización de encontros e de distintas publicacións. Estas iniciativas promovéronse desde o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, as plataformas de preocupación educativa e ambientalista ou desde o propio sector editorial.

      3. educación antiautoritaria

        Concepción non autoritaria da educación, que se dirixiu a partir dos anos sesenta do s XX contra o tradicionalismo e o autoritarismo educativo, baixo a influencia da escola de Frankfurt e da psicoloxía profunda (E. Fromm, W. Reich e A. S. Neill).

      4. educación compensatoria

        Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos, a maioría das veces condicionadas socioculturalmente.

      5. educación de adultos

        Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar. Consiste xeralmente na alfabetización e no ensino de rudimentos técnicos. Tamén se denominan así os estudios e as actividades voluntarias feitas polos adultos co fin de desenvolver as súas capacidades e poder asumir responsabilidades individuais e sociais; igualmente, o traballo de formación permanente, a extensión cultural e a reciclaxe. Pouco antes da Segunda Guerra Mundial, puxéronse en práctica todas as técnicas existentes para que este tipo de educación chegase á xente: teatro, radio, stages, sesións de estudio, etc; editáronse obras especializadas e, en 1949, a UNESCO organizou a Conferencia Internacional de Educación de Adultos en Elsinor (Dinamarca) e, en 1960, a Conferencia da Educación de Adultos en Montréal (Québec, Canadá). En España, a LOXSE (9/1990 do 24 de xullo) sinala, no seu título terceiro (artigos 51-54), os seus principais obxectivos, actividades...

      6. educación especial

        Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais. Os seus obxectivos son: a supresión das deficiencias e as súas consecuencias; a adquisición de coñecementos e hábitos que favorezan a total autonomía da persoa con deficiencias; a promoción de todas as capacidades para o desenvolvemento harmónico da súa personalidade; e a incorporación á vida social e a un sistema de traballo que permita que estas persoas se realicen. Esta educación poderá darse en centros específicos de educación especial e en todos os centros educativos de ensino non universitario que están obrigados, pola LOXSE, a ter aulas de educación especial. Existe en Galicia unha rede de asociacións, que abrangue familias, docentes e investigadores, que centra os seus esforzos na educación especial. Estas asociacións promoveron, sobre todo a partir dos anos oitenta do s XX, actividades de encontro, de estudo e de difusión das novas perspectivas da educación...

      7. educación física/ deportiva

        Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo, formando e conservando o seu corpo san, vigoroso, harmónico e útil, ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental. É unha materia obrigatoria nos niveis do ensino primario e secundario. O profesorado que os imparte debe posuír a especialización correspondente nunha Escola Universitaria de Formación do Profesorado ou ben ter feitos os seus estudios no Instituto Nacional de Educación Física (INEF).

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en outubro de 1988 e subtitulada “Revista mensual e de expresión monolingüe galega”. Cesou a súa edición en marzo de 1990. Tiña unha tiraxe media de vinte mil exemplares e foi dirixida por Antón López Galocha. Malia que a maior parte dos seus contidos estaban orientados ao sector educativo galego, incluíu tamén información relacionada coa historia, a psicoloxía, a pegadoxía e a arte, xunto con artigos sobre lingua e literatura galegas. Outro dos apartados da revista inseriu recensións sobre libros en galego ou escritos noutras linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO