"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Xurista e político. Lincenciado en Dereito. Membro do Corpo Xurídico Militar e coronel auditor, foi vogal e presidente do Comité de Dereitos e Garantías do PP de Galicia, vogal do Consejo General del Poder Judicial e deputado no Congreso de los Diputados desde 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Doutor en Literatura Inglesa pola University of Edimburg e en Literatura Española e Hispanoamericana pola Universidad de Salamanca, pertence ao grupo literario Crack, xunto a Jorge Volpi. Na súa obra pretende loitar contra a mala imitación do realismo máxico e a vulgarización da literatura hispanoamericana. É autor de Subterráneos (1990), La catedral de los ahogados (1994, Premio Juan Rulfo), Amphitryon (2000, Premio Primavera de Novela), Las tormentas del mar embotellado (2000, Premio Nacional de Literatura Infantil de México) e Las antípodas y el siglo (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Autor de zarzuelas, como La Mayorala e La Giralda, pasou a súa xuventude en Arxentina, onde compuxo tangos como “El taita del arrabal”. Logrou a fama coas cancións “Valencia”, “El relicario” e “La violetera”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre. Desconforme con Carlos I, uniuse ás Comunidades de Castela en 1519. Nomeado xefe das milicias de Toledo e capitán xeneral das tropas comuneiras (1520), ocupou Medina del Campo e Tordesillas. Cando xurdiron diferenzas entre os comuneiros, defendeu a continuacion da loita pero foi derrotado en Villalar e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre. Amante de Pedro I desde 1352, coa súa influencia na corte conseguiu cargos importantes para a súa familia. O rei xurou diante das cortes de Sevilla (1362) que casara en segredo con ela en 1352 e, polo tanto, os seus fillos convertéronse en herdeiros de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prato de arroz seco con carne, peixe, marisco, legumes, hortalizas e diversos condimentos, típico da Comunitat Valenciana.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, que está situado a 27 km ao S da capital (33.045 h [2001]). Destacan os cultivos de oliveiras, vide e cereais, a cría de cabalos e a olaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tecer encaixes cos palillos.
-
-
-
Cana do trigo, do orxo e doutras poáceas, seca e separada do gran.
-
Conxunto de talos de poáceas despois de mallalos.
-
palla centea
Palla de centeo.
-
palla colma
Palla de centeo ou de trigo.
-
palla milla
Palla de millo.
-
palla paínza
Palla de paínzo.
-
palla restreba
Palla que queda despois de segar o trigo e o centeo.
-
palla triga
Palla do trigo.
-
palla triga
Comida que se dá ás vacas que acaban de parir.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura da palla e barro que se emprega na construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que pasou a Portugal, onde se estableceu. Trae como armas, en escudo partido: primeira partición, en campo de goles, media lúa de prata coas puntas para abaixo, e segunda partición, en campo de ouro, unha cruz floreteada, de azul; medio cortado de azul, cunha banda de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexurdimento do estilo de A. Palladio que se produciu durante os ss XVII e XVIII en Italia, Francia e Inglaterra. O palladianismo inglés iniciouno a principios do s XVII I. Jones e continuárono, entre outros, W. Chambers e sobre todo Colin Campbell, quen publicou Vitruvius Britannicus (1715-1717) e construíu o Mereworth Castle de Kent (1723) e Richard Boyle, conde de Birlington, que axudou á publicación de diversas obras. En Italia desenvolveuse no Veneto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea di Pietro della Gondola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sitio cuberto onde se garda a herba seca ou a palla e os apeiros de labranza.
-
-
Terreo onde se acaba de segar o cereal e en que quedan restrollos deste.
-
pallal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘garda’.
-
-
Casa pequena cuberta de palla.
-
Terra en que se fixo a seitura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que comprende nove parroquias matrices e oito anexas, dos concellos de Guntín e Lugo.
-
GALICIA
Escritora e profesora. Formada na Universidade de Santiago de Compostela, completou os seus estudos en Lisboa. Colaborou nas publicacións Grial, Dorna, Nordés, Festa da palabra silenciada e A Nosa Terra, onde estudou a obra de R. Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e Luís Seoane, entre outros, e participou das características propias da poesía galega da década de 1980, que se concreta nunha obra profunda e intimista. Publicou os libros de poesía Entre lusco e fusco (1980), con composicións de tipo social en que canta o amor ausente; Sétima soidade (1984, Premio de Poesía Esquío), en que analiza a comunicación, os aconteceres da vida cotiá e novamente a soidade; Livro das devoracións (1996) e Poemas (2000). Tamén publicou o libro de ensaio Rosas na sombra. A poesía de Luís Pimentel (1991) e participou nos volumes colectivos Palabra de muller (1992), Daquelas que cantan...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico e escritor. Doutourado en Filosofía e Teoloxía, foi lector na catedral de Lugo desde 1638 e director da arquiconfraría da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes. Escribiu numerosas obras, das que destaca Argos Divina Sancta María de Lugo de los Ojos grandes. Fundación, y Grandezas de su Iglesia, Sanctos naturales, Reliquias, y Venerables Varones de su Ciudad, y Obispado, Obispos y Arçobispos que en todos Imperios la governaron (1700).
VER O DETALLE DO TERMO