"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción de elevar ou de elevarse.

    2. Parte máis alta dunha cousa con respecto ao que a circunda.

    3. Calidade de elevado, especialmente en sentido espiritual.

    4. Técnica coreográfica introducida no ballet no s XVIII que consiste na creación dun efecto de ingravidez por medio de saltos e doutros movementos complementarios.

    5. Parte da acción do salto de altura que se inicia cando o atleta perde o contacto co chan. Tamén se lle chama voo.

    6. En ximnasia, movemento lento dos membros superiores ou inferiores que se separan do eixe principal para poder colocarse de fronte ou de costado sobre o nivel da articulación correspondente.

    7. Proxección ortogonal dunha figura ou dun corpo sobre o plano vertical dun sistema de dous planos, onde o outro é horizontal.

      1. Xesto que consiste en presentar unha ofrenda á divindade. Descubriuse nas ánforas orientais e no canon romano.

      2. Xesto que na misa romana consiste en amosar a hostia e o cáliz para a veneración dos asistentes. Introduciuse no s XIII.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de eliminar.

    2. Método de resolución de sistemas de ecuacións que se basea en illar unha incógnita eliminando as outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maneira, oral ou escrita, de empregar as palabras para se expresar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distancia angular dun astro con respecto ao Sol, ou dun satélite con respecto ao seu planeta, medida por un observador que está situado na Terra. A elongación mídese en graos, a partir do Sol e na dirección L ou O (elongación oriental ou occidental, respectivamente). Unha elongación de 0° corresponde a unha conxunción, unha de 90° a unha cuadratura e unha de 180° a unha oposición. No caso dos planetas inferiores, non é posible alcanzar a cuadratura, senón que a elongación presenta uns máximos.

    2. Distancia que separa unha partícula oscilante da posición de equilibrio en cada momento. A elongación máxima é a amplitude da oscilación.

    3. Extensión, tracción ou estiramento dun tecido, especialmente do muscular.

    4. Subluxación ou luxación imperfecta dunha articulación.

    5. Movemento de células que ten lugar no proceso de gastrulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de elucidar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso inverso ao de adsorción que consiste na separación, mediante un fluído, dunha substancia retida nunha fase estacionaria. Esta técnica utilízase na cromatografía de columna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de elucubrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de separación dos materiais pulverizados segundo o seu volume e a súa densidade por suspensión e arrastre nun fluído. Esta técnica utilízase no caso da separación de partículas dunha medida inferior á do baruto máis fino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caída vertical de substancias disoltas ou partículas en suspensión pola auga de infiltración dos solos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfraquecemento extremo debido a unha enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emanar.

    2. Cousa que emana de algo.

    3. Proceso polo que un ser produce outro ser inferior como froito da propia abundancia e sen perder nada da súa perfección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emancipar ou emanciparse.

    2. Estado civil dunha persoa, intermedia entre a minoría e a maioría de idade, caracterizada pola extinción da patria potestade e que lle outorga ao menor de idade a capacidade de obrar semellante á que posúe o maior de idade. No dereito español, o menor de idade pode adquirir o estado civil de emancipación por matrimonio, maioría de idade, concesión dos que exercen a patria potestade (para o que se require ter cumpridos os dezaseis anos e o consentimento paterno) e decisión xudicial. A emancipación habilita o menor para rexer a súa persoa e os seus bens coma se fose maior de idade, con certas excepcións, como tomar diñeiro a préstamo, gravar ou allear bens inmobles, establecementos mercantís ou industriais ou obxectos dun extraordinario valor, sen consentimento do seu pai ou titor.

    3. Proceso histórico-político de toma de conciencia dunha colonia que tende a reclamar a a súa independencia. Este concepto utilizouse a miúdo para designar o proceso de independencia das colonias americanas que xurdiu no s XVIII polo dobre xogo das forzas locais e o influxo da ideoloxía ilustrada europea e norteamericana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico quincenal, voceiro da Federación Local de Trabajadores y Sociedades Agrícolas de Pontevedra e a súa bisbarra, de influencia socialista. Imprentouse na capital pontevedresa entre setembro de 1902 e, cando menos, febreiro do ano seguinte. Nas súas páxinas recolle o devir daquela pioneira experiencia de actuación unitaria do obreirismo da cidade pontevedresa e o agrarismo da bisbarra circundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia carlista aparecida en Santiago de Compostela en 1872. Dirixiuna Antonio López Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anarquista de carácter internacionalista que apareceu en 1880 na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia anarquista que apareceu en Vigo en 1888.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na cidade de Pontevedra en 1895. Reapareceu nunha segunda época, o 18 de decembro de 1898, baixo o rótulo de “Semanario socialista” e “Semanario socialista obrero”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de X. A. Antúnez, nos de Cerdeira e Fariña, e na prensa de Valentín Peña. Voceiro da Federación Local de Trabajadores de Pontevedra, contou coa colaboración de Emiliano Iglesias. Na práctica, sen embargo, tan só se editaron dous números e, tras unha suspensión gobernativa, un suplemento datado o 8 de febreiro de 1899.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oceiro da coruñesa Sociedad de Carpinteros La Emancipación, de carácter libertario, imprentado na capital herculina entre o 1 de maio de 1900 e finais de maio de 1901. Foi suspendido por mor da represión gobernamental posterior aos sucesos acaecidos co gallo da folga dos empregados de consumo. Reapareceu o 7 de setembro do ano seguinte como voceiro do conxunto das sociedades de resistencia da cidade. De carácter mensual na súa primeira etapa, converteuse en semanario na etapa posterior que se prolongou, cando menos, ata abril de 1903.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na vila de Noia en 1903 co subtítulo “Se publica una vez por semana”. A partir de 1905 a súa cabeceira ía acompañada da lenda “Se publica dos veces al mes” e incluía o nome do seu director, Francisco Vázquez Enríquez. Amais dos contidos de carácter local, inseriu algunhas colaboracións literarias de Victoriano García Martí e Heraclio Pérez Placer, como o poema en galego “Parrafeo”, asinado por este último.

    VER O DETALLE DO TERMO