"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Taxa normal de glicosa no líquido cefalorraquídeo, que é aproximadamente a metade da glicemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tricoma con púas que se dirixen cara abaixo.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Coñeceu o uso do ambrotipo e do daguerrotipo da man dos fotógrafos retratistas madrileños. En 1859 viaxou a Sevilla, onde se dedicou a facer retratos. A mediados da década de 1860 marchou a París. Regresou a Sevilla e en 1872 abriu un estudo de retratos que acadou un notable prestixio entre a burguesía e a nobreza da cidade. Os seus retratos da familia real e de certos personaxes do teatro e da cultura figuran entre as mellores coleccións de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e crítico literario. Utilizou o pseudónimo de Andrenio e colaborou en diversas publicacións como La Época, El Imparcial, El Sol, La Vanguardia, España Moderna, Ilustración Española y Americana ou Caras y Caretas. Da súa produción destacan Letras e ideas (1905), El Renacimiento de la novela en el siglo XIX (1924) e De Gallardo a Unamuno (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario, mestre e político. Mestre en Castrelo de Miño, foi nomeado concelleiro (1954) e alcalde. Impulsor do cooperativismo agrario ourensán, en 1945 foi xerente da Unión Territorial de Cooperativas Orensanas (UTECO), desde a que creou as Cooperativas Orensanas (COREN). Como apoio financeiro, fundou a Caja Rural (1961). Foi procurador pola representación familiar de Ourense durante a IX e X lexislaturas (1967-1977) e deputado por Ourense no Congreso nas lexislaturas constituíntes, I e II (1977-1986), pola UCD. En 1983 colaborou no nacemento de Coalición Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro. Alcalde de Lugo durante a Ditadura de Primo de Rivera, foi elixido deputado por Lugo pola Derecha Liberal Republicana (1931) e polo Partido Republicano Conservador (1933 e 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Dirixiu varios diarios conservadores en Ferrol e Lugo. Posteriormente, dirixiu El Compilador de Puerto Rico (1873) e El Progreso de Galicia (1881), da Coruña. Publicou as obras La escritura y la imprenta desde sus primeros tiempos (1867) e Justicia para Galicia y Asturias en la cuestión del ferrocarril del Noroeste y de Orense a Vigo (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro industrial. Ingresou en AP (1986) e foi concelleiro da Coruña (1987-1999). No Congreso formou parte do Grupo Popular durante a IV e V lexislaturas (1989-1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador e arqueólogo. Centrou os seus estudios no Paleolítico Superior e estudiou as sepulturas auriñacenses da cova de Morín e o santuario madalenense da cova de El Juyo. Foi director do Instituto para Investigaciones Prehistóricas Santander-Chicago e das súas obras destacan Pinturas y grabados de la cueva de Las Chimeneas (1974) e Altamira y sus pinturas rupestres (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Dereito pola Universidad de Sevilla, iniciou a súa actividade política coa afiliación ás Juventudes Socialistas en 1962 e posteriormente, en 1964, ao PSOE. Comezou a súa actividade profesional como avogado laboralista e como docente na facultade de Dereito da universidade sevillana. Entrou a formar parte da comisión executiva do partido en 1970 e, catro anos máis tarde, foi elixido secretario xeral no Congreso de Suresnes (outubro de 1974). Trala morte de Franco liderou a Plataforma de Convergencia Democrática e formulou a conversión do PSOE nun partido interclasista, dentro da corrente da socialdemocracia europea, que o nomeou vicepresidente da Internacional Socialista (IS) en 1978. A súa proposta foi desbotada no XXVIII Congreso do partido (maio de 1979), polo que dimitiu como secretario xeral, aínda que, meses máis tarde, un novo congreso extraordinario elixiuno novamente. Deputado ao Congreso por Madrid desde 1977, foi presidente do goberno tralas vitorias do...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Investigador. Funcionario do concello de Tui, formou parte do equipo arqueolóxico do Baixo Miño, participou nas escavacións da vila romana e a necrópole de Currás, e foi un dos creadores do Museo e Arquivo Histórico Diocesano de Tui. Colaborador do Faro de Vigo e da Hoja del Lunes, das súas obras destacan Obispos de Tuy del siglo XVIII. Apuntes heráldicos (1975), Villa romana y necrópolis germánica de Currás (1980) e Los obispos de Tui y sus armas. Heráldica eclesiástica (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante. Xefe provincial de telecomunicacións do ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e presidente da Agrupación Cultural Auriense, foi o creador do personaxe de cómic O Carrabouxo, colaborou en diversas publicacións como La Región, Atlántico Diario e A Nosa Terra. Publicou Ano e pico de carrabouxos, 400 carrabouxos máis, Carrabouxos a esgalla I, Carrabouxos a esgalla II e A Sabeliña. Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo, o Premio José Aurelio Carracedo de xornalismo e o Populares de COPE en Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de artistas casteláns. Pablo González Velázquez (Andújar 1664-Madrid 1727), escultor, traballou para as igrexas madrileñas e fixo o retablo da igrexa das Calatravas. Dos seus fillos, Luis González Velázquez (Madrid 1715-1765), pintor, traballou nas Salesas e nas Descalzas Reales de Madrid; Alejandro González Velázquez (Madrid 1719-1772), pintor, escultor e arquitecto, fixo o altar maior de San Francisco de Borja e traballou nos palacios reais de Aranjuez, Madrid e La Granja de San Ildefonso; e Antonio González Velázquez (Madrid 1729-1793), pintor, decorou a cúpula da capela Angélica do Pilar de Zaragoza (1753) e en 1757 foi nomeado pintor de cámara. Os fillos deste último tamén foron artistas. Zacarías González Velázquez (Madrid 1763-1834), pintor de cámara (1801), traballou na Real Fábrica de Tapices e na decoración do Palacio Real e na Casita del Labrador de Aranjuez; esta...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político brasileiro. Dirixente do Partido Trabalhista, foi ministro de Traballo en 1953 e vicepresidente en 1956. Reelixido neste último cargo en 1960, durante a presidencia de J. Quadros, coa renuncia deste asumiu o seu cargo. Foi derrocado por un golpe militar en 1964 e exiliouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Filipe V, o 13 de setembro de 1729, a Pedro de Castro Salazar y Figueroa, señor de San Xían de Cela, primeiro duque da Conquista, cabaleiro da orde de Santiago e vicerrei de México (1740-1742). En 1803 pasou aos Villarroel e trala morte sen sucesión de María de la Natividad Quindós y Villarroel o marquesado foi rehabilitado no descendente dun irmán do primeiro marqués, Ignacio de Arenillas y López de Chaves. As súas armas son escudo terciado en pao: o primeiro, de prata, con seis roeles de azur; o segundo, de goles, con trece estrelas de ouro; e o terceiro, de ouro, con cinco follas de figueira de sinople.
-
ILLOTES
Illote da beira setentrional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Palmeira (Ribeira), situado fronte á punta de Grades e ao NO das Grades Grandes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Miguel de Oia (Vigo). Está moi remodelada. Conserva un muro de peche con ameas e capela unida polo interior que presenta escudos, entre eles un alusivo á Inquisición.
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Estudiou piano con F. Jurnet e J. B. Pujol, e composición con F. Pedrell (1883) e con Ch. de Bériot en París (1887-1889). En 1899 fundou a Sociedad de Conciertos Clásicos e en 1901 a Academia Granados, onde ensinou a súa técnica pianística. Colaborou e actuou, entre outros artistas, con P. Casals, C. Saint-Saëns e J. Thibaud. En 1911 estreou Goyescas, para piano, e escribiu a zarzuela María del Carmen (1898) e as obras líricas Picarol (1901), Gaziel (1906) e Liliana (1911). Da súa produción sinfónica destaca Tres danzas españolas (1892), o poema La Divina Comedia (1908) e diferentes suites. Para piano escribiu, entre outras pezas, Doce danzas españolas, Escenas románticas, Canciones amatorias e Colección de tonadillas en estilo antiguo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento do Seine-Maritime, en Normandie, Francia (26.983 h [1996]). Posúe industria metalúrxica, siderúrxica, refinerías de petróleo e de construción naval. Fundada no s X, pertenceu ata 1793 aos señores de Sazilly. Do seu patrimonio cultural destacan o celeiro de Grand Aulnay (s XIII), o castelo de Montmorency (s XVIII), os baños municipais (1937) e o mercado cuberto (1953).
VER O DETALLE DO TERMO