"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Institución neerlandesa, creada en 1970, que se dedica ao estudo da demografía. É innovadora na aplicación dos modelos de estudo da nupcialidade, na formación de novos fogares, na prospectiva e nas migracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Profesor de Beethoven en Bonn (1779) e kappelmeister, a súa obra tivo un carácter máis melódico ca contrapuntístico, e estivo influída pola música mozartiana e a italiana. Compuxo numerosas pezas de diferentes xéneros, como óperas, coros ou lieder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Dedicouse preferentemente á paisaxe e nos seus cadros recolleu os luares, as saídas e as postas de sol e os efectos da luz. Da súa obra destaca Río no vento (1645) e Paisaxe con muíño (1646).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Países Baixos e a Holanda (desde 1814), aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante dos Países Baixos ou de Holanda (desde 1814).

    3. Lingua xermánica do subgrupo occidental do phylum indoeuropeo que procede do baixo francés. Fálase nos Países Baixos na parte setentrional de Bélxica e no NO de Francia (Flandres francés). As diferenzas dialectais están máis acentuadas en Bélxica ca nos Países Baixos, onde a expansión do neerlandés cara ao L e cara ao N se sobrepuxo ao resto de dialectos saxóns e influíu no frisón. A parte setentrional de Bélxica mostra diferenzas máis marcadas entre os dialectos flamengos falados en Flandres Occidental, Limburgo e Brabante. Na República Sudafricana implantouse unha forma de neerlandés, procedente da colonización dos holandeses e dos bóers, o afrikaans.

    4. Arte que se desenvolveu no territorio dos Países Baixos. Os primeiros edificios de interese foron os construídos polos monxes beneditinos, como a abadía de Egmont (889). No románico, a arquitectura caracterizouse pola sobriedade e o emprego do ladrillo como material básico de construción, como nas igrexas de San Xervasio e Santa María de Maastricht. En pintura destacou o Evanxeliario de Egmont (s IX). Despois da etapa cisterciense, da que destacan as igrexas de Roermond e Rolduc, introduciuse o estilo gótico baixo a influencia francesa. A simplificación de estruturas e de elementos decorativos deu lugar ás igrexas de planta basilical con deambulatorio en Amsterdam, Delft, Deventer, Dordrecht, Hulst e Nimega. No s XV foi a miúdo substituído polo tipo de templo hallenkirche e edificáronse igrexas con cuberta de madeira e altas torres como a de Edam, Hoorn e Haarlem. En arquitectura civil construíronse palacios municipais en Gouda e Middelburg, así como recintos amurallados...

    5. Arte cinematográfica que se desenvolveu nos Países Baixos. A produción holandesa destacou principalmente no documental, co que G. Rutten foi premiado en Venecia con Dood water (1934) e Bert Haanstra destacou con Spiegel van Holland (1950). W. Staud adaptou unha obra holandesa en Ciske de rat (1955), filme premiado en Venecia. Destacaron os directores Jean Van de Velde, Bert Haanstra, Robert Jan Westdijk, Fons Rademakers, que recibiu en 1987 o Oscar á mellor película estranxeira por De aansiag, e Paul Verhoeven (Soldiers of Orange), a figura máis internacional, que en pouco tempo chegou a Hollywood. Os eventos cinematográficos que cobraron moita forza a finais do s XX foron o Rotterdam Film Festival, inaugurado en 1971, e que lanzou á fama a actores de renome como Jim Jarmusch, Wim Wenders e Hal Hartley; o Nederlands Film Festival, que se celebra en Utrecht, e que outorga o máximo galardón do cine neerlandés; e por último o Holland Festival, que...

    6. Gran parte da literatura neerlandesa medieval produciuse nas provincias flamengas e brabanzoas, polo que, despois da Guerra dos Países Baixos (1568-1648), as provincias holandesas herdaron o corpo económico e cultural brabanzón. Os poetas da xeración de 1650 escribiron unha poesía experimental revoltosa e provocadora, seguidora de P. van Ostayen e dos modelos flamengos de entreguerras (Lucebert, H. Andreus, S. Vinkenoog, R. Campert, G. Kouwenaar, P. Rodenko e S. Polet). Os prosistas, como W. F. Hermans, H. Mulisch, G. K. van het Reve e J. Wolkers, reflectiron os movementos libertarios nos Países Baixos mentres que o teatro non achegou grandes novidades, ata que experimentou no campo social con grupos colectivos, dos que destacaron Dimitri Frenkel Frank e L. de Bóer. Na poesía, a década de 1660 declararou unha tendencia máis realista e comprometida con H. Verhagen e Hvan de Waarsenburg, e despois de 1660 o clasicismo converteuse en academicismo formal, e o romanticismo penetrou no ambiente...

    7. Música que se desenvolveu en Holanda. O seu período de esplendor coincidiu coa unión política e cultural con Flandres, parte dos Países Baixos, xunto con Valonia e o N de Francia, que tivo un papel predominante na vida musical dos ss XV e XVI. Holanda tivo dúas grandes figuras musicais: Jacob Obrecht e Jan Pieter Sweelinck. Con motivo da independencia apareceu unha música nacional con Alphons Diepenbrock (1862-1921) e Johan Wagenaar (1862-1941). O músico máis importante do s XX foi Willem Pijper (1894-1947), aínda que tamén destacaron Kees van Baaren (1906-1970) e Lex van Delden (1919). Destacaron as orquestras do Concertgebouw de Amsterdam (1888) e da Residentie da Haia, os directores Edo de Warts e B. Haitink e a formación do Nederlandse Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que resulta execrable.

    2. Que non se pode ou costa traballo mencionar pola repugnancia que produce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nefropatía que se caracteriza pola presenza de alteracións arterioscleróticas nos vasos do ril, secundarias ou non a unha hipertensión arterial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Malaisia situado sobre o estreito de Malacca (6.644 km2; 859.924 h [2000]). A súa capital é Seremban. Produce arroz e caucho, e ten fundicións de estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen negocia.

    2. Que ou quen se dedica profesionalmente a unha actividade comercial.

    3. Que ou quen posúe habilidade e astucia para facer negocios e tirar o máximo beneficio posible. OBS: Nesta acepción pode utilízarse a forma flexionada negocianta para o feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda. Ten planta de cruz latina cunha nave cuberta con bóveda de cuarto de esfera e dúas ábsidas laterais. A fachada conta cunha torre campanario de dous corpos, con forma de capitel que remata nunha cúpula semiesférica e con balconadas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, conde de Campo Alange. Grande de España, durante o reinado de Carlos IV foi secretario da Guerra, conselleiro de Estado e embaixador en Viena (1796-1798 e 1800-1802) e en Lisboa (1802-1806). Ao servizo de Xosé I foi ministro de Estado e embaixador en París (1811-1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está ennegrecendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano italiana. Coñecida como Giuditta Pasta, cantou por toda Europa e retirouse cara a 1850. Debutou con Le tre Eleonore (1815), e logo Bellini confioulle a estrea de Norma (1831) e Donizetti as de Anna Bolena (1830) e L’elisir d’amore (1832).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e médico. Especializado en fisioloxía, en 1922 obtivo unha cátedra na Universidad de Madrid. Durante a Ditadura de Primo de Rivera, ingresou no PSOE, e en 1931 foi elixido deputado. Durante a Guerra Civil Española foi ministro de Facenda e Economía no goberno de Largo Caballero (1936-1939). Desde este cargo reorganizou a economía de guerra e ordenou o traslado a URSS dunha gran parte das reservas de ouro do Banco de España. Coa dimisión de F. Largo Caballero, foi nomeado primeiro ministro (1937-1939) e posteriormente ministro de Defensa Nacional (1938-1939). Condicionado pola evolución da guerra, en outubro de 1937, decidiu o traslado do goberno a Barcelona. En febreiro de 1939, coa caída de Catalunya, exiliouse. Foi presidente do goberno republicano no exilio ata 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Licenciado en Socioloxía e profesor no Instituto Teológico de Lugo, está adscrito á Universidad Pontificia de Salamanca e ao Instituto Internacional de Ciencias Religiosas San Agustín de Lugo. Foi responsable do Movimiento Cultural Cristiano. Da súa produción destacan Historia del primero de mayo (1984) e, en colaborción con Ana Rivas, Revolución Autogestionaria (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Sichuan, China, situado na conca do Iang-Tsé (256.012 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo escocés. Contrario ao sistema represivo das escolas tradicionais, en 1924 fundou Summerhill, onde suprimiu todo autoritarismo, xerarquía e disciplina. Das súas obras destacan The Free Child (1953), Summerhill. A Radical Approach to Child Rearing (1960) e Talking of Summerhill (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e xornalista. Fundou as revistas Galicia Literaria (1883) e Galicia en Caricatura (1889), e colaborou en Follas Novas, Galicia e Galicia Moderna. Da súa produción literaria destacan Ecos del campamento (1876), El ahorcado (1879), Preludios (1880), Caldo Gallego (1889), Programa de los ángeles (1890), Los juegos florales de Orense (1901) e Montaña de Orense (1905), con prólogo de E. Pardo Bazán. O seu texto “El Romancero” foi incluído por Ricardo G. Polín no libro Homes do país (1999). Foi membro correspondente da Real Academia de Historia (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Filoloxía Italiana e doutor en Ciencias da Información, foi director da revista Fadamorgana e da área infantil e xuvenil da editorial Galaxia, así como das súas coleccións Árbore e Costa Oeste. Foi tamén coordinador literario de Tambre-Edelvives e das súas coleccións Ala Delta e Catavento ata 2003, e vicepresidente de Gálix. Autor de novelas, contos, artigos e estudos, publicou Ao outro lado do sumidoiro (1989, Premio Merlín 1988), Melanio e os paxaros (1990), Valdemuller (1998, Premio O Barco de Vapor), Os ollos do tangaleirón (1999, Premio O Barco de Vapor), As cousas claras (2000, Premio Merlín), A caixa do tesouro (2001), O home máis rico do mundo (2002) e O armiño dorme (2003). Membro do International Board on Books for Young People (IBBY), é autor da serie de biografías de persoeiros galegos “Así viviu”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Láncara. De estilo románico, adáptase ao tipo de igrexa rural. A ábsida atópase á mesma altura ca a nave, cun tramo rectangular de bóveda de canón e a cabeceira semicircular en cuarto de laranxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta, foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. Da súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840?), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845) e Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO