"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Acción de emascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción impermeable e resistente, dotada de medios para navegar con seguridade (cumprindo unha serie de condicións, como a flotabilidade, a estabilidade, a solidez, o goberno e a velocidade), que serve para transportar persoas ou cousas por mar, ríos, lagos ou calquera outro medio acuático. Na Lexislación Marítima española, acorde co Convenio Internacional sobre Arqueo de Buques (Londres, 23.6.1969), denomínanse así só os barcos de ata 24 m de eslora, fronte ao buque, que sería a embarcación cunha medida superior a esta. Non obstante , segundo o Regulamento Internacional para Previr as Abordaxes no Mar (1972) o termo “buque” designa toda embarcación que se pode utilizar como medio de transporte acuático, incluíndo as embarcacións sen desprazamento e os hidroavións, amais dos aeroescorregadores e hidroalas. Por outra parte, cómpre distinguir entre embarcacións de navegación marítima, de navegación fluvial e mixtas. En canto á súa clasificación, poden dividirse en función do servizo ao...

    2. Embarcación de menos de 20 t de desprazamento ou, na arquitectura naval, navío cunha eslora menor de 24 m.

    3. As embarcacións tradicionais galegas presentan unha gran variedade tipolóxica dependendo do seu uso e orixe xeográfica. Malia esta diversidade, todas comparten unha serie de trazos comúns: proa alta e pouco lanzada, construción a tope (agás a dorna e o barco do río Miño), boas cinguideiras na navegación a vela, sen necesidade de lastre, e uso xeneralizado da vela de relinga. De acordo co uso que se faga delas, estas embarcacións poden destinarse ao transporte e á pesca, tanto marítima como fluvial. En Galicia só se teñen empregado as embarcacións de vela destinadas á cabotaxe; entre elas, o patache, o galeón, o trincado ou o sancosmeiro. O patache é un barco de vela de tamaño medio e de tonelaxe inferior ás 200 t. Construído, sobre todo, nos estaleiros do Freixo, faenaba en toda a costa peninsular; coa incorporación do motor, aínda se construía na década de 1950. O galeón é un barco duns 13 m de eslora e dunhas 15-20 t, que se empregou especialmente nas Rías Baixas ata...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso para traballar metais que se basea na deformación plástica de follas ou pranchas por medio dunha matriz e dun punzón. Normalmente, realízase en prensas hidráulicas, aínda que tamén se pode producir a deformación mediante unha explosión, por presión pneumática ou por forzas electromagnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de persoas que emigraron.

    2. Situación de quen está emigrado.

    3. Mudanza que certos animais fan do seu hábitat, e que pode ser estacional ou permanente.

    4. Desprazamento dun individuo ou dun grupo de persoas dun lugar a outro, ben de forma temporal ou definitiva, dende o punto de vista do lugar de procedencia do desprazado. A causa principal, tanto da emigración como da inmigración, é económica; en xeral, búscase unha mellora na situación socioeconómica. Non obstante , existen outras causas que provocaron ao longo da historia un desprazamento poboacional, entre outras, a conquista militar (invasión árabe da Península Ibérica); as persecucións de carácter ideolóxico, que provocaron o exilio (republicanos españois ao termo da Guerra Civil); o traslado forzoso de man de obra que deu lugar ao escravismo (poboación africana nas Antillas durante a conquista e colonización); e a expulsión de poboación do seu país de orixe por causas diversas (musulmáns da India ao Paquistán).

      Tipos de emigración

      En función do tipo de desprazamento e da súa duración pódense establecer distintas modalidades, entre outras, a emigración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e cónsul romano, pai de Escipión Emiliano. Coñecido como o Macedonio, foi edil curul (192 a C). Pretor da Hispania Ulterior (191 a C), enfrontouse aos lusitanos (191-190 a C) e malia sufrir unha derrota en Lico, venceunos na Bética. Conseguiu un triunfo fronte aos ligures no seu primeiro consulado (182 a C). Nun segundo consulado conquistou Macedonia (168 a C) e conseguiu un abundante botín como procónsul de Macedonia (167 a C). Volveu exercer a censura no 164 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Enfrontouse á sublevación dos cántabros e dos astures como gobernador da Tarraconense (24 a C). Conseguiu dominalos temporalmente pero despois dun novo alzamento foi substiuído por Agripa (19 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso e estado afectivo de intensa alteración especialmente de alegría, pesar ou ansiedade. Revela tanto unha maneira subxectiva de afrontar a realidade coma un contido de consciencia determinada. O contido caracterízase por un estado de ánimo que oscila entre o pracer e a falta de pracer e por unha reacción relativa ao obxecto que a provoca, que pode oscilar entre a atracción e a fuxida. Esta reacción, por outra parte, pode ser súbita e breve, chamada choque emocional, ou ben progresiva e estable, denominada sentimento. Cando unha emoción brusca se prolonga máis do habitual pode ter repercusións permanentes no estado físico do individuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á emoción ou á emotividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que emociona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar emoción a alguén.

    2. Sentir unha emoción ou estar afectado por ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada polo antigo Instituto Nacional de Industria (INI), con factorías en Madrid, Barcelona e Valladolid, dedicada á fabricación de camións, autobuses, autocares, tractores, vehículos militares e maquinaria de obras públicas, coa denominación comercial de Pegaso. Xurdiu en 1946 da absorción da marca automobilística Hispano Suíza. En 1990 Pegaso foi absorbida por Iveco, empresa do grupo Fiat, dedicada exclusivamente ao vehículo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa constituída en 1973, con capital maioritario do antigo Instituto Nacional de Industria (INI). Fusionouse con Ercros en 1989, polo que se creou a filial Fesa-Enfersa, que en 1992 declarou suspensión de pagos por problemas de liquidez. En marzo de 1995 Villar Mir, a través de empresa inmobiliaria Espacio, comprou Fesa, co que naceu a continuación Fertiberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emular.

    2. Desexo que impulsa a emular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de limpar ou purificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa constituída en 1972 como subministradora de gas natural para o sistema enerxético español. En 1981 integrouse no Instituto Nacional de Hidrocarburos, que á súa vez lle vendeu a Gas Natural SDG o 91% das súas accións en xuño de 1994. Conta con tres plantas de regasificación de gas natural licuado en Barcelona, Huelva e Cartagena, que alimentan a rede básica de gasodutos co gas natural que chega a través de buques metaneiros. É titular de contratos de compra a longo prazo con Alxeria e Libia, e iniciou a construción do gasoduto Magreb-Europa. O seu domicilio social está en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de encadernar.

    2. Aquilo que cobre un libro para resgardar as súas follas.

    3. Taller ou lugar onde se encaderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de ensamblaxe das proteínas que forman a cápside dos virus de xeito que queda no interior o seu material xenético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de encapsular.

    2. Operación que consiste en revestir os circuítos integrados e as súas conexións externas para os protexer do exterior e previr que a temperatura interna do circuíto non alcance niveis que o farían inoperante. Hai tres tipos básicos de encapsulación: a metálica, a cerámica e a plástica. A primeira presenta unha mellor transferencia da calor, pero é máis cara. Para as aplicacións comerciais é corrente empregar a de plástico do tipo dual inline.

    3. Operación que consiste en poñer un medicamento dentro dunha cápsula dixerible para facilitar a súa administración.

    4. Proceso de formación dunha cápsula constituída por unha substancia non normal no lugar en que se constituíu.

    5. Técnica para illar unha masa de residuos e que implica o completo revestimento ou illamento dunha partícula tóxica ou dun aglomerado de residuos mediante o emprego dunha substancia distinta, que pode ser un aditivo para solidificar e estabilizar. Emprégase para tratar residuos perigosos de xeito que non afecten ao ambiente. Nalgúns casos os produtos obtidos utilízanse como materiais de construción, cando o grao de estabilidade é alto e o risco para a saúde humana e o medio é baixo. Fálase de microencapsulación cando se trata de partículas individuais e de macroencapsulación cando é un aglomerado de partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO