"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • GALICIA

    Relixioso mercedario. Doutor en Teoloxía e licenciado en Lingua e Literatura Francesa, foi director da revista Estudios e codirector do Instituto de Estudios Tirsianos (IET). Investigador e estudoso de Tirso de Molina e de Antonio Rey Soto, colaborou en Encrucillada, Grial, La Voz de Galicia e Ya. Publicou diversos ensaios, como Galegos en Europa (1973) e Homenaje a Tirso (1981), e poemarios, como Huellas (1964), Memorial de la vida (1976) e Mi soledad sonora (1992), algúns deles en galego, como No noso bosque convosco (2000) e O neno que fun (2001). É membro da Real Academia de Historia e da de Ciencias y Bellas Artes de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e médico. Coñecido como Luís Pimentel, destacou como poeta en galego dos grupos de vangarda. Licenciouse en Medicina (1922) pola Universidade de Santiago de Compostela e despois marchou a Madrid para realizar o doutoramento; alí puido coincidir con moitos intelectuais da época na Residencia de Estudiantes e coñecer a obra de J. R. Jiménez e dos membros da Xeración do 27. Paralelamente comezou a colaborar en publicacións periódicas. En 1924 apareceu na revista Ronsel, de Lugo, a súa primeira entrega literaria, o poema en castelán “Mi pequeño deseo” e, posteriormente, creou a súa propia sección, titulada “De mi Tagebuch”, onde incluíu algúns poemas e prosa en castelán. A través da revista entrou en contacto cos seus directores, Álvaro Cebreiro e Correa Calderón, xunto con outros destacados intelectuais galeguistas da época, especialmente aqueles que se relacionaron coa editorial Galaxia. Impulsor da revista Xistral (1949), colaborou con outras publicacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e funcionario da Consellería de Sanidade en excedencia. Coñecido polo alcume de Pachi Vázquez, licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa carreira política no Centro Democrático e Social, ingresando posteriormente no PSdG-PSOE. No ano 1993 foi elixido por primeira vez deputado do parlamento galego. Foi alcalde de Carballiño (1995-2005) ao tempo que deputado provincial, vocal da comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias e portavoz do grupo socialista na Deputación Provincial de Ourense. Volveu ao parlamento autonómico no ano 2005, data na que tamén se converteu en conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no goberno bipartito PSdG-PSOE-BNG. Despois da derrota electoral de 2009 e a dimisión de Pérez Touriño como secretario xeral do PSdG, foi elixido para substituílo no Congreso Extraordinario dese mesmo ano en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Adestrador de fútbol. Debutou en Primeira División coa S. D. Compostela na tempada 1995-1996. Posteriormente adestrou, tamén en Primeira División, os equipos Real Oviedo, R. C. D. Mallorca, U. D. Las Palmas, Rayo Vallecano, Real Valladolid e Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, foi o impulsor do Arquivo Sonoro de Galicia, onde coordinou edicións de arquivos sonoros de Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Celso E. Ferreiro ou Xoaquín Lorenzo, entre outros proxectos, e participou nas actividades do grupo Marcelo Macías do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e na Fundación Otero Pedrayo. Publicou diversos artigos sobre arqueoloxía, historia local e emigración en Boletín Auriense e Raigame, e traduciu ao galego O marabilloso mago de Oz (1994), de L. Frank Baum. É autor da biografía Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas” (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, profesor e director teatral. Formado no Institut del Teatre de Barcelona, participou nos espectáculos Romería ás Covas do Demo (1969) e Macbeth (1975), con Teatro Circo; e dirixiu A boda de Esganarello (1981) e Para que queredes un poeta vivo (1984), da Escola Dramática Galega, da que foi cofundador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, VIII condestable de Castela, II duque de Frías (1512), IV conde de Haro e cabaleiro do Toisón de Ouro. Durante o conflito das Comunidades de Castela, formou parte do Consello de Rexencia e levou á aristocracia a secundar a causa real. Venceu os comuneiros en Villalar e os franceses en Logroño e Hondarribia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e escritor. Doutor en Filosofía e Letras, publicou Los caminos de Martin Heidegger: filosofía del lenguaje en el siglo XX (1993), Platón suspende la selectividad (1994), Vislumbres de utopía (1995) e o libro de poemas De la memoria al sueño (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro escrito por Carlos Casares e editado en 1967 con ilustracións de Xulio Maside. Composto por doce relatos, algúns deles xa editados en Grial, móvese no ámbito da Nova Narrativa Galega. Ademais do clima de violencia e de animalización da natureza humana que subxace, e do tempo e do espazo coetáneos ao autor -que provocan certo carácter autobiográfico-, cómpre salientar algunhas características de estilo, como a introdución do monólogo interior e a corrente de conciencia, a obxectivación do punto de vista e a subxectivación da vivencia do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, predicador e escritor. Relixioso dominicano, en 1389 foi nomeado predicador xeral da orde. Defendeu a sé papal aviñonense fronte a Roma, chegando a ser confesor do antipapa Benedito XIII. Foi conselleiro do Rei Xoán I de Aragón e, en 1412, designárono compromisario polo Reino de València para dilucidar a sucesión de Martiño o Humano á Coroa de Aragón na vila de Caspe. A súa influencia foi notable para que se escollese a Fernando de Antequera, da dinastía Trastámara. Desde o ano 1400 dedicouse á predicación por diferentes territorios europeos. Das obras que deixou escritas destaca De moderno Ecclesiae schismate (1380), en defensa do antipapa Clemente VII. Coñeceuse tamén un tratado sobre o Cisma de Occidente (Roma, 1901), Contemplació moi devota qui comprèn tota la vida de Jesucrist, salvador nostre, ab les propietats de la misa (1518) e outro en latín, Tratactus de vita spirituali. Foi canonizado en 1455 polo Papa Calisto III. Iconograficamente representouse con túnica branca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oímbra baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de utilización das redes de ordenadores para permitirlles aos usuarios que se comuniquen en tempo real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunións celebradas en Viena entre 1819 e 1820 presididas polo príncipe Metternich-Winneburg e ás que asistiron membros da Confederación Xermánica. Tiña como obxectivo terminar coas revoltas liberais alemás. Baviera opúxose a esta represión e puido conservar os seus réximes constitucionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunións celebradas en Viena entre 1853 a 1855 durante a Guerra de Crimea que tiñan como obxectivo solucionar o problema ruso-turco. En abril de 1854, Austria, Francia, Reino Unido e Prusia decidiron manter os límites do Imperio Otomán e os dereitos dos habitantes cristiáns. En xuño dese mesmo ano, Prusia deixou a conferencia por non amolar a Rusia. A conferencia desapareceu cando non se conseguiu a paz en Crimea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Visantoña (Mesía). A planta achégase ao formato en forma de L e presenta na fachada unha torre ameada. Conserva unha solaina con balaústres barrocos. No interior da parte alta da muralla discorre un paseo con balcóns ao exterior. No muro ábrese un portón que conserva un escudo que alude aos Soutomaior e Pimentel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta e crítica literaria. Doutora en Filoloxía Galega e DEA pola École des Hautes Études en Sciences Sociales do CNRS (París), é profesora de literatura galega na Universidade de Santiago, especializada en narrativa e teatro galego contemporáneos. Colaboradora e membro do consello de redacción de Grial, desde 2003 dirixe o Anuario de estudos literarios galegos, que en 1992 contribuíra a poñer en marcha baixo a dirección de Xoán González-Millán. Colabora como crítica literaria en revistas especializadas, como Tempos novos, e semanalmente dirixe a páxina literaria do “Diario cultural” da Radio Galega. Como investigadora, coordinou o Dicionario da literatura galega (4 vol 1995-2003). Ademais de coeditar obras clásicas como Follas novas, Retrincos. Un ollo de vidro, A festa da malla, O castelo de Pambre ou o epistolario cunqueiriano Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a F. Fernández del Riego (2003), publicou A recepción inmanente de Neira Vilas (1990), Sobre narrativa galega contemporánea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Bola de Nieve, na década de 1930 trasladouse a México, onde comezou a súa carreira internacional que o levou a diversos países de América e Europa. Destacaron as súas intepretacións de temas coñecidos como “La vie en rose” ou “La flor de la canela”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Instalado en Bretoña (A Pastoriza), creou o Museo Pedagóxico-Etnográfico Villapol. Das súas obras destacan a Homenaxe a un bretón desaparecido (Bretoña) e Contemplade (A Fonsagrada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora, marquesa de Ayerbe, de Lierta e de Rubi, condesa de San Clemente. Dotada dunha gran cultura, participou en diversos parladoiros e encontros culturais da época. Amosou un grande interese pola obra de Cervantes, Musset, Quevedo e Schiller e publicou El Castillo del marqués de Mos en Sotomayor (1904), en que incluíu un estudo histórico da casa de Soutomaior. Defensora dos dereitos e liberdades da muller, presidiu o Centro de Cultura Feminino e publicou diversos artigos sobre esta materia na prensa da época.

    VER O DETALLE DO TERMO