"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PERSOEIRO
Matemático. Efectuou achegas fundamentais a diversos campos da matemática, primeiro na análise funcional (teoría dos espacios nucleares), e despois na súa obra monumental e inacabada, escrita en colaboración con J. Dieudonné, Éléments de géometrie algébrique.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Terreo pantanoso.
-
Lugar do que sae ou mana auga.
-
-
PERSOEIRO
Director teatral polaco. Reelaborou as ideas de Stanislavski e con Ludwik Flaszen fundou en 1959 o Teatro-Laboratorio na cidade de Opole, no antigo teatro 13 Rzedów. Estreou Les chaises, de Ionesco; Caien, de Byron; Dziady, de Mickiewicz; Hamlet, de Shakespeare; Doctor Faustus, de Marlowe; El príncipe constante, de Calderón e Apocalypsis com figuris, sobre textos evanxélicos. A súa concepción e práctica teatrais quedaron definidas en Towards a Poor Theatre (1968). En 1967 abandonou a realización teatral e comezou unha nova etapa centrada no estudo das manifestacións parateatrais, desenvolvendo proxectos en diversos países do mundo, especialmente en EE UU, México ou Italia, onde creou un Centro de Investigacións. Elaborou un proxecto chamado O teatro das orixes, que estudia as técnicas corporais e a interdependencia entre a enerxía do home e a percepción do mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Macho da grúa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grolo pequeno, especialmente de viño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de auga que sae dun recipiente ou lugar de onde está contida cando este se rompe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo teatral creado en 1931 por Harold Clurman, Lee Strasberg e Cheryl Crawford, ao que se uniu pouco despois Stella Adler. Seguindo a tradición dos pequenos teatros experimentais de principios de século, a súa finalidade era establecer novas maneiras de realización teatral e repertorios renovados, centrados na obra de autores novos. O grupo separouse en 1941 pero a súa influencia foi decisiva na introdución en EE UU das ideas de Konstantin Stanislavski, das que deriva o coñecido como método.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de manganeso hidratado, de fórmula MnO(OH). Cristaliza no sistema rómbico, e os cristais aparecen en grupos comprimidos de cor negra. Ten dureza 4 e peso específico 4,14.
-
PERSOEIRO
Pintor belga. Discípulo de Návez, formouse na pintura de inspiración romántica. Formou parte, xunto con Meunier, do grupo realista de Bruxelas. Das súas obras destaca La Bénédicité e Pèlerinage à Anderlecht. O seu fillo Henri-Jules Charles de Groux (Bruxelas 1867-Marsella 1930) cultivou a pintura simbolista. Instalouse en París en 1892 onde presentou o Cristo das ultraxes que o consagrou. Moitas das súas obras tratan temas wagnerianos cunha técnica descoidada e bruta. Destaca tamén polos seus escritos sobre o simbolismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título señorial concedido por Afonso XIII o 12 de maio de 1802 a Juan Loriga y Herrera Dávila, xeneral de artillería. Entre os seus sucesores destacou o aviador Xoaquín Loriga Taboada, terceiro conde do Grove e comandante de artillería. Ten por armas as dos Loriga: en azul dous leóns de ouro enfrontados, no xefe unha flor de lis de prata entre dúas estrelas e, na punta, outras dúas estrelas, tamén de prata.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo advocación de san Martiño que dá nome ao concello do Grove.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Salnés, situado na provincia de Pontevedra no O da Comunidade Autónoma de Galicia, que ocupa a totalidade da península homónima. Limita ao N e ao O co Océano Atlántico, ao L coa ría de Arousa, ao S co concello de Sanxenxo. Abrangue unha superficie de 21,9 km 2 cunha poboación de 11.226 h (2007), distribuída entre as parroquias do Grove e San Vicente do Grove. A capital municipal é a vila do Grove, situada a 42° 29’ de latitude N e 8° 51’ lonxitude O, 78 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Cambados e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O Grove atópase baixo o dominio climático oceánico húmido, con tendencia á aridez estival. As temperaturas son suaves ao longo do todo o ano: agás xaneiro e febreiro, todos os meses superan a media dos 10°C. A temperatura media anual é de 14,6°C. O mes máis frío é xaneiro con 8,5°C de media, mentres que o máis cálido é xullo con 21°C. A oscilación térmica... -
PERSOEIRO
Físico. Foi profesor de dereito en Londres e avogado. Fixo a primeira demostración da disociación da auga e en 1839 inventou unha pila de gas con electrodos de carbón vexetal, da que deriva a pila de Bunsen.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Grove ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do Grove.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos grovios.
-
Individuo do pobo dos grovios.
-
Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do convento xurídico Bracarense, que habitaban as terras entre as divisorias Limia-Cábado e val do Miño-ría de Vigo.
-
-
CAPITAIS
Capital de Chechenia, Rusia (364.000 h [1993]). É o maior centro industrial do Precáucaso oriental. Ten tres refinerías importantes e cos seus residuos as industrias químicas producen parafina, alcol, fenol, lubricantes e plásticos. Fundada como fortaleza á beira do río Sunža en 1818, foi ocupada polas tropas rusas en 1995 tralo inicio da Guerra de Chechenia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ave zancuda, da familia dos grúidos, de gran tamaño, pescozo e patas longos, cabeza pequena e peteiro recto e agudo. Presentan unha plumaxe de color gris, marrón ou branca combinada con negra. Viven en espacios descubertos en grandes grupos. Existen unha ducia de especies extendidas por todo o mundo.
-
grúa común
[Gru
-
grúa damisela
[
-
grúa real negra
[Balearica pavonina, Fam dos grúidos] Grúa que se caracteriza polo penacho que presenta enriba da cabeza. A súa plumaxe é de cor negra, excepto nas ás, que son de cor amarela, e ten patas e pescozo longos. Aliméntase de insectos e outros invertebrados. Vive nas marxes de ríos e lagos no norte de África. OBS: Tamén recibe o nome de grúa coroada negra.
-
-
guindastre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
grixar.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo da Baixa Saxonia. Centrábase no burgo do mesmo nome, que foi a residencia dos príncipes de Brunswick-Grubenhagen, liña da liñaxe dos güelfos que se extinguiu en 1596. Pasou despois, sucesivamente, ás liñas de WolfenBüttel, de Celle (1617) e de Hannover (1665).
VER O DETALLE DO TERMO