"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Xénero de peixes osteíctios, da familia dos notacántidos, que presentan o corpo angüiliforme, comprimido ou cilíndrico, a aleta caudal moi pequena e a aleta dorsal formada por espiñas duras e independentes. Teñen unha cola rematada en punta e a liña lateral pouco marcada. Viven en fondos profundos entre 2.000 e 2.500 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notacántidos.

    2. Peixe da familia dos notacántidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos notacantiformes, que presentan o corpo angüiliforme e a boca disposta en posición ínfera. Carecen de aleta dorsal ou é rudimentaria e no seu lugar presentan unha serie de espiñas. A esta familia pertencen os xéneros Notacanthus e Polyacanthonotus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notacantiformes.

    2. Peixe da orde dos notacantiformes.

    3. Orde de peixes actinopterixios, da superorde dos teleósteos, angüiliformes e coa cintura escapular conectada coas primeiras vértebras. Viven nas profundidades abisais de case todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben algúns peixes do xénero Notacanthus, da familia dos notacántidos.

    2. Peixe de corpo alongado, serpentiforme e coa boca en posición ínfera. É de cor cinsenta e ten a aleta dorsal transformada en espiñas fortes, entre cinco e nove. Vive desde os 700 ata os 2.000 m de profundidade, e aliméntase de invertebrados como os ofiuroideos, os briozoos, as anémonas, as esponxas ou as holoturias.

    3. Peixe teleósteo de ata 1,20 m. De corpo angüiliforme, presenta no lombo de oito a doce espiñas, modificación da aleta dorsal. Vive entre os 125 e 1.000 m, aínda que pode acadar os 2.500 m de profundidade, e aliméntase principalmetne de anémonas de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo escocés. En 1856 emigrou a Canadá e estableceu en Montréal un estudo fotográfico onde aplicou as técnicas fotográficas do daguerrotipo aprendidas na súa cidade natal. Documentou construcións da época, como a inauguración da ponte Vitoria (1860) por Eduardo VII, e especializouse en retratos de estudo das clases acomodadas. Abriu estudios en Otawa, Boston, Nova York ou Pennsylvania, contratou outros fotógrafos e experimentou con escenas montadas en interiores e exteriores. Consérvanse máis de 400.000 fotografías na denominada Notman Collection, no McCord Museum de Montréal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Colaborador habitual en revistas de crítica literaria como Nouvelles littéraires (1960-1970) ou Point (1972), é autor das novelas L’eau grise (1951), Un petit bourgeois (1964), L’empire des nuages (1981) e Prince des Berlingots (2003), e dos ensaios Lorca (1995) e Le musée de L’homme (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente literaria francesa, dentro do xénero novelístico, nacida arredor da década de 1960 e contraria ás formas tradicionais da novela. Caracterízase pola expresión detallada dos acontecementos narrados e pola esquematización dos personaxes, co obxectivo de reproducir a realidade sen xuízos apriorísticos do autor, co conseguinte abandono da análise psicolóxica das personaxes. Os membros desta corrente conciben o mundo como se o narrador fora un cineasta que se limitara a captar as imaxes que se lle presentan diante e onde as situacións surrealistas e inconsistentes nunca teñen explicación por parte do narrador. Tivo un soporte teórico en diversos artigos e en Pour un nouveau roman (1963) do principal impulsor desta corrente, Alain Robbe-Grillet. Outros expoñentes destacados foron Nathalie Sarraute, Marguerite Duras, Claude Simon ou Michael Butor. En Galicia, esta corrente literaria influíu decisivamente nos traballos desenvoltos polos escritores incluídos no movemento da Nova Narrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Cunha estética moi relacionada cos avances tecnolóxicos, realizou o centro cultural La Coupole de Combs-La-Ville (1987), o Institut du Monde Arabe de París (1987), o proxecto dun rañaceos cilíndrico en París de 340 m de altura (1989) e a remodelación da ópera de Lyon (1993). Nomeárono Chevalier de l’Ordre des Lettres et des Arts (1983) e foi membro honorífico do American Institute of Architects (1993) e do Royal Institute of British Architects (1995). Recibiu as medallas de ouro da Académie Française d’Architecture (1998) e do Royal Institute of British Architects (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Bismarck que pertence a Papua Nova Guinea (36.500 km2; 311.955 h [1990]). O relevo é montañoso e volcánico, cun clima ecuatorial. A cidade máis importante é Rabaul. Está habitada polos baining e outros melanesios. Desde 1884 ata o comezo da Primeira Guerra Mundial pertenceu a Alemaña e denominouse Nova Pomerania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento musical, inspirado na chanson francesa, que apareceu na metade da década de 1950 en Catalunya coa finalidade de crear unha música contemporánea en catalán. As primeiras manifestacións xurdiron ao redor do grupo Els Setze Jutges, aínda que o movemento se consolidou coa aparición de músicos como J. M. Serrat, Pau Riba e Raimon na década de 1960, e de Maria del Mar Bonet e Lluis Llach na de 1970. O marcado carácter reivindicativo das súas composicións fixo que todos eles fosen perseguidos polo Franquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago de Bismarck, que constitúe unha provincia de Papua Nova Guinea (9.600 km2; 118.350 h [2000]). A súa capital é Kavieng (6776 h [1990]). É unha illa montañosa, de orixe volcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Young Ireland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Oceanía, situado a uns 1.750 km ao SL de Australia (268.021 km2; 3.737.277 h [2001]). É un arquipélago formado por dúas illas principais, a illa do Norte e a illa do Sur, polas illas Stewart e Chatham e por diversos illotes. A capital é Wellington.
    Xeografía física
    O corazón da illa do Norte está formado por un altiplano volcánico. Álzanse diversos volcáns e hai fenómenos de vulcanismo secundario. O val do Waikato, o río principal, é unha das rexións máis fértiles. A illa do Sur está percorrida pola cordilleira dos Alpes Neozelandeses, que acada a súa maior altitude no monte Cook de 3.764 m. O descenso brusco da montaña, no O, orixina costas abruptas e recortadas. O clima é marítimo con temperaturas moderadas que varían de N a S (as medias de xullo son de 11,4°C en Auckland e 6,1°C en Dunedin, e en xaneiro de 18,7°C en Auckland e 14,5°C en Dunedin), unha humidade elevada e precipitacións abundantes (1.081 mm en Auckland)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente doutrinal que se orixinou no Cisma de Novaciano (s III). Baseou a súa doutrina no rigorismo das formas, e mesmo negou á Igrexa o poder de perdoar os pecados e de readmitir aos caídos nas persecucións. Sobreviviu en todo o Imperio Romano polo menos ata finais do s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e antipapa (251). Foi ordenado presbítero do Papa Fabián, contra a vontade do clero local, posto que estaba bautizado soamente de forma clínica. Deu orixe ao Cisma de Novaciano. Da súa produción destaca De Trinitate, primeiro tratado teolóxico sistemático latino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Novaciano ou ao novacianismo.

    2. Seguidor do novacianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre canteiro. Das súas obras destacan a igrexa de San Fins de Celeiros (Ponteareas), a capela do Santísimo da catedral de Tui (1788) e Santo Estevo de Beade (Vigo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Foi inspector de ensino primario e tamén se dedicou ao estudo da historia e da arte. Dirixiu o Boletín de Educación (1934-1936) e publicou Educación física. Que debe ser la educación gimnástica en la escuela primaria? Programa de ejercicios que deben practicar los niños (1909). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Galega da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre canteiro. O seu labor desenvolveuse na diocese de Tui onde solucionou o problema que se ocasionou na catedral desa cidade, despois de que un raio deteriorase en 1791 a cepa que sostiña o ciborio. Compuxo a bóveda do coro e os arcos da capela maior. O seu irmán, Manuel Francisco Novás Lemos (Pazos de Reis 13.2.1760-?), tamén interveu na catedral e na capela de San Telmo en Tui (1783).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Xinzo de Limia. É un templo de pequenas dimensións que se inclúe dentro do románico popular, aínda que as imaxes do interior son barrocas. Presenta unha planta cunha soa nave e ábsida rectangular e a portada ten un arco de medio punto e dobre arquivolta que descansa sobre ménsulas.

    VER O DETALLE DO TERMO