"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filóloga italiana. Catedrática de Lingua e Literatura Portuguesa na Università di Roma Tre, no eido da literatura galego-portuguesa medieval publicou edicións críticas dos trobadores Fernan Velho e Airas Veaz, analizou as características da tenzón e da sátira e editou algúns textos de finais do s XIII presentes nos cancioneiros medievais. Tamén estudiou a literatura portuguesa dos ss XVI e XVII e a obra de poetas e narradores contemporáneos e traballou tamén na investigación da literatura portuguesa de viaxes e na elaboración metodolóxica dos problemas relativos á tradución literaria. Publicou varias traducións de escritores portugueses, brasileiros, galegos e cataláns e promoveu a difusión en Italia, a través do Premio Tivoli-Europa, dalgúns dos novos poetas galegos. Dirixiu o Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa (1993, en colaboración con G. Tavani), a Grammatica portoghese (1993) e As cantigas de escarnio (1995). A Universidade Nova de Lisboa outorgoulle o título de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘nugalla’.
-
-
Relativo ou pertencente a Languedoc, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Languedoc.
-
ariedade do occitano meridional. Partindo del, como forma equidistante das diversas falas occitanas, Loïs Alibèrt tentou fixar o occitano moderno. Comprende diversos dialectos, o meridional (central, tolosano, foixenco, donesanenco, narbonés), o setentrional (roergat, gavaldanés, orlhargués), o occidental (axenés, carcinol, albixés) e o oriental (besierenco, montpelierino, cevenol). Os trazos máis característicos son o mantemento dos grupos latinos ca e ga (cantar, gaug, gal), dos ditongos e tritongos (paire, buou), do -l- intervocálico, tanto se procede de -l- como de -ll- latinos (pala, salar, galina) e do morfema de plural -s (pòrtas, flors).
-
-
-
Relativo ou pertencente ás teorías de P. S. Laplace.
-
Operador diferencial representado polos símbolos K, 62 que, ao ser aplicado sobre unha función real de varias variables reais, f (x1....xn), dá lugar á función
FORMULA
OBS: Tamén se coñece como operador de Laplace.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘nugalla’.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Corrientes a partir do 1 de decembro de 1926. Subtitulada “Folla Galeguista”, estivo promovida pola sociedade do mesmo nome e dirixida por Valvanera I. de Malvárez. De periodicidade quincenal, quixo aglutinar aos galegos da provincia de Corrientes e dos territorios do norte arxentino. Incluíu información sobre a asociación e os seus propósitos, animando a integrarse nela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abrandamento da carcasa cartilaxinosa e ligamentosa da larinxe.
-
PERSOEIRO
Pianista. Discípula de Frank Marshall, a partir de 1940 iniciou unha brillante carreira como concertista internacional. En 1956 fundou un dúo co violoncelista Gaspar Cassadó, e dirixiu a Academia Marshall desde 1959. Recibiu numerosas distincións, das que destacan os Premios Nacionais de Música da Generalitat (1985 e 1991), o premio Grammy para o rexistro dos Cuadernos de Iberia de Albéniz (1989) e o Premio Príncipe de Asturias das Bellas Artes (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de latente.
-
Período de incubación dunha enfermidade.
-
Período de adormecemento das pulsións sexuais que, segundo S. Freud e a psicanálise, comprende aproximadamente dos seis aos dez ou once anos da vida do neno.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto dálmata. Nacionalizado italiano, en 1460 traballou na corte de Mantua e, en 1466, no Palazzo Ducale de Urbino. L. Venturi atribúelle a construción do arco da fortaleza de Pesaro. Considéraselle creador e precursor do Alto Renacemento arquitectónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas rodofíceas da familia das rodomeláceas. Na costa galega atópase a especie L. pinnatifida, alga de consistencia carnosa, de pequeno tamaño, talos de cor vermella escura que se fixan por medio de rizoides ás rochas, e que aparece no litoral medio ou inferior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñación por medio do son que fan pedras preciosas ou outros obxectos ao caeren dentro dunha bacía de metal.
-
-
Sensación ou estado de ánimo de agrado e felicidade producida por algún acontecemento favorable.
-
Aquilo que provoca este sentimento ou estado de ánimo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome latino Laetitia (‘ledicia’). Presenta a variante Leticia. Era un nome augural romano, tomado da deusa da fertilidade e da abundancia, Laetitia. Houbo tamén unha santa e virxe Leticia. A súa festividade celébrase o 13 marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que ten a súa orixe no nome grego Leontios, derivado do adxectivo leontios ‘semellante a un león’, ‘leonino’. Teñen este nome san Leoncio (s IV), bispo e mártir de Cesarea (Capadocia), celebrado o 13 de xaneiro; e san Leoncio de Saintes (s VII), celebrado o 19 de marzo.
-
-
Relativo ou pertencente aos leponcios.
-
Individuo do pobo leponcio.
-
Pobo galo que habitaba na rexión situada nos Alpes entre as fontes do Ródano ao lago Como.
-
-
-
Sensación de temor ou medo que ten alguén que ve ou intúe un perigo real ou imaxinario.
-
Temor a que pase algo que non se quere.
-
-
PERSOEIRO
Político. Formou parte da candidatura republicana de Barcelona nas eleccións para deputados de 1901. Reelixido en 1903, despois de participar na reorganización da Unión Republicana, aglutinou á maior parte dos grupos republicanos barceloneses (1903-1905). Novamente reelixido en 1905, opúxose ao movemento de Solidaritat Catalana, pero foi derrotado nas eleccións de 1907 e expulsado da asemblea de Unión Republicana. En 1908 creou o Partido Republicano Radical. Elixido deputado por Barcelona, tivo que exiliarse de novo en 1917 polas súas vinculacións co movemento folguista. Durante a Segunda República española foi ministro de Estado, entre abril e decembro de 1931, pero o seu enfrontamento cos socialistas levouno ao abandono da coalición gobernamental. Foi presidente da República entre setembro de 1933 e setembro de 1935, e ao incorporarse a CEDA ao poder tivo que facer fronte á insurrección de outubro de 1934. Ministro de Estado no goberno de Chapaprieta, entre setembro e outubro de 1935,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Ledicia.