"Beda" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, na comarca da Campiña (1.540 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de buxaina, sen punta de metal, que se fai bailar golpeándoa cun látego pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino que procede probablemente da forma xermánica badu ‘loita’. San Beda o Venerable (673-735) naceu cabo do mosteiro de Wearmouth, no que ingresou e se ordenou sacerdote, e chegou a ser un importante teólogo, historiador e comentarista bíblico e patrístico. A súa festividade celébrase o 25 de maio.
-
PERSOEIRO
Monxe beneditino e erudito. As súas numerosas obras latinas danlle un lugar moi importante na primeira Idade Media, que a través da Escola de York e Alcuíno converxen no denominado renacemento carolinxio. Entre as súas obras teolóxicas cómpre salientar as esexéticas, de tendencia alegórica e espiritual, pero temén de alto contido literario e de crítica textual. Cómpre destacar as Homilías. Introduciu na literatura histórica o sistema de datar os feitos a partir do nacemento de Cristo. Destaca a Historia eclesiastica gentis anglorum (Historia eclesiástica do pobo inglés), unha historia de Inglaterra dende a ocupación romana ata o 731. Tamén escribiu obras de gramática e científicas e no eido literario unha serie de obras poéticas, moitas delas perdidas. Foi canonizado en 1899. Festa: 27 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en 1893 por John Haden Badley en Sussex (Inglaterra). Foi a primeira que iniciou a coeducación en todos os graos da escola e en todos os campos da actividade da infancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferramenta de aceiro usada para facer cortes chafranados e encaixes na madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Vigo. As súas armas levan, en campo de goles, un bedano.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Comezou como obreiro e, observando o seu propio labor, concibiu unha forma de medir e estimular o traballo manual. Co seu sistema, o punto minuto ou punto Bedaux, define a cantidade de traballo que pode ser realizado por un obreiro medio nun minuto, a un ritmo tal que sostido durante unha xeira de oito horas, non chegue a esgotalo; todo o traballo que excedese de sesenta puntos por hora recompesaríase cunha prima. Durante a Segunda Guerra Mundial colaborou cos nazis e co goberno de Vichy e, ao rematar esta, foi extraditado aos EE UU. Xulgado e condenado por traizón, suicidouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
Obriga que ten unha persoa ou un organismo que debe devolver ou pagar algo, especialmente unha cantidade de cartos.
-
Obriga moral que se ten con algo ou con alguén.
-
débeda amortizable
Cantidade que debe devolverse nunha determinada data de vencemento. En particular, é un tipo de débeda pública na que o Estado emisor da mesma se compromete a devolver o capital prestado polo subscritor de cada título da devandita débeda. Pode ser fixa, por anualidades, ou perpetua.
-
débeda consolidada
Débeda amortizable que, a través da consolidación, se converte en perpetua. Está formalizada e recoñecida nunha emisión especial de títulos, con servicios de xuros e amortizacións que o Estado garante por lei.
-
débeda do Estado
Débeda pública emitida polo Goberno, previa autorización dunha lei, que ten por obxecto o financiamento do gasto público. O prazo de reembolso da débeda do Estado debe ser superior aos dezaoito meses.
-
débeda do histórica
Teoría política que formula a orixe dos desequilibrios económicos interrexionais no interior dun estado en función de agravios comparativos, mantidos secularmente, na redistribución da renda a través do investimento público e que, seguindo ese principio, reclama por parte da Administración do Estado o recoñecemento do agravio e a súa satisfacción mediante a implementación de políticas activas en beneficio dos territorios prexudicados. Esta teoría foi un elemento crucial nos debates sostidos no desenvolvemento do proceso autonómico español, de modo que incluso os Estatutos de Autonomía de Andalucía e Extremadura recollen no seu texto unha reivindicación que tamén enunciaron, en distintos termos e momentos, os gobernos de Castela e León, La Región de Murcia, Galicia e Catalunya, aínda que tan só Andalucía e Extremadura recibiron compesacións económicas por este concepto.
-
débeda do Tesouro
Débeda pública emitida polo Goberno no mercado interior que ten por finalidade cubrir as necesidades financeiras do Tesouro Público derivadas das diferencias entre os pagos e ingresos. O prazo de reembolso da débeda do Tesouro debe ser inferior aos dezaoito meses. A débeda do Tesouro materialízase mediante obrigas de pagamento ou bonos do Tesouro.
-
débeda exterior
Débeda pública emitida en moeda estranxeira con títulos representativos subscritos por cidadáns doutros estados.
-
débeda externa
Débeda contraída con persoas físicas ou xurídicas do exterior (estados, institucións, financeiras ou bancos) que se compón de capitais e xuros. Este mecanismo permitiu a espoliación da riqueza dos países en desenvolvemento, a imposición das políticas neoliberais de globalización económica nestes países e unha forma de socializar as perdas que xeran os intereses privados.
Causas da débeda
As principais causas poden clasificarse en tres grupos: os gastos improdutivos efectuados polos países, as causas externas ou non controlables polos países endebedados e as medidas de socialización das perdas. Nun primeiro grupo pódense incluír o consumo de produtos de luxo, xeralmente importados polas elites destes países, feito que provocou un desequilibrio nas súas balanzas comerciais, que se cobren con préstamos internacionais. Así mesmo, os investimentos improdutivos, como a compra de armamento, orixinaron unha situación similar á dos produtos de luxo. Entre as causas alleas...
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar a borracheira a alguén.
-
-
Pagar unha débeda.
-
Liberarse dunha débeda.
-
-
-
Facer que alguén se sinta perturbado ou perda momentaneamente as súas facultades a causa da inxesta excesiva de bebidas alcohólicas.
-
Producir unha bebida alcohólica, a alguén, a perda momentánea das facultades por exceso no seu consumo. Débese á acción do etanol que constitúe un depresor do sistema nervioso central e que ten como mecanismo de acción unha interferencia no transporte iónico de tipo sináptico, de xeito semellante aos anestésicos.
-
Quedar perturbado ou perder alguén momentaneamente as súas facultades a causa do consumo excesivo de bebidas alcohólicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de endebedar ou endebedarse.
-
-
Facer contraer débedas a alguén.
-
Contraer débedas cunha persoa física ou xurídica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar poboado de érbedos.
-
PERSOEIRO
Escultor. A súa obra evolucionou dende a figuración ata a abstracción. Creou unha linguaxe persoal e reiterada con pranchas metálicas furadas. Realizou obras de carácter monumental, entre outras, Homenaje a la Investigación Espacial, na Central Hidroeléctrica de Castrelo de Miño (1969), e Estela de Venus IV, no Museo de Escultura al Aire Libre do Paseo de La Castellana (Madrid, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea, recendente, que presenta talo ergueito e pubescente, follas ovais e obtusas e flores brancas ou púrpuras dispostas en acios colgantes. Espontánea en bosques pouco espesos e lugares incultos, é cultivada como ornamental e para medicina popular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pebida.
-
PERSOEIRO
Política. Ingresou en Alianza Popular en 1982, foi deputada no Congreso dos Deputados (1986-1996; 2000-2004) e nas Cortes de Aragón (1983-1986) e alcaldesa de Zaragoza (1995-2000). Foi a primeira muller que presidiu o Congreso de los Diputados (2000-2004). En 2004 foi elixida deputada europea.
VER O DETALLE DO TERMO