"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Parte da Astronomía que se ocupa do estudo da posición dos astros e dos seus movementos. O seu obxecto é o de transportar, pola medida dos ángulos, as direccións dos astros a puntos de referencia coñecidos. Os seus complementos matemáticos son, dunha banda, a mecánica celeste -e, en xeral, toda a astronomía teórica- e, doutra, a astronomía esférica. A Astrometría non se ocupa da distancia á que se atopan os astros, senón da dirección na que son observados; utiliza a proxección da súa posición real nunha esfera ideal, a esfera celeste. Mediante a trigonometría esférica é posible pasar das coordenadas observadas do astro (altura e acimut) ás coordenadas xeográficas do observador. Deste problema concreto ocúpase a parte da Astrometría chamada astronomía de posición ou astronomía náutica. A maioría dos instrumentos astronómicos teñen a súa aplicación na astrometría, como é o caso do círculo meridiano e do lente cenital fotográfico. O lanzamento de satélites astrométricos axuda a confeccionar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión submarina do Océano Pacífico, paralela á costa occidental de América do Sur, entre os 17° e 27° de altitude S. Longa e estreita, ten unha profundidade que oscila entre os 6.000 e os 7.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oxicloruro de cobre hidratado, de fórmula Cu2 (OH)3 Cl. Cristaliza na singonia rómbica. Preséntase en agregados ou en grans nas areas. É de cor verde, translúcida, de resplandor vítreo e de boa exfoliación. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 3,74-3,78. Opticamente é biaxial negativo. Aparece comunmente asociada coa cuprita e a malaquita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de xacementos arqueolóxicos (Ibeas, Burgos) ben diferenciados onde se atopa a clave da evolución humana durante o Plistoceno medio en Europa. Do conxunto de depósitos espallados polas covas da serra, tres foron escavados durante os últimos vinte anos: Trinchera Galería (TG), Trinchera Dolina (TD) e a Sima de los Huesos (SH), proporcionando fósiles que permitiron reconstruír un dos conxuntos de homínidos máis completos coñecidos en Europa. Na Sima de los Huesos ata finais do século XX recuperáronse diversos fragmentos óseos e algúns cranios pertencentes a preto de trinta individuos asignados polos seus descubridores á especie Homo heidelbergensis, precursor do Neandertal, datados hai 250.000 anos. Non aparecen asociados a industrias líticas ou con pegadas de carnívoros, polo que as causas da súa acumulación poderían deberse a algún acontecemento catastrófico ou acción humana. En Trinchera Dolina apareceron máis de 80 fósiles humanos de todas as partes do esqueleto, dentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Asociación científica e literaria dedicada a elevar o nivel intelectual dos seus socios mediante discusións, conferencias, cursos e lecturas. O nome provén do templo dedicado a Atenea en Atenas e o Ateneo de Roma, e foi aplicado a diversas sociedades xurdidas en París na fin do s XVIII: Athénée de París (1785) e Athénée des Arts (1792). W. Scott e T. Moore fundaron en Londres a asociación The Atheneum (1824); A. Galiano e outros liberais fundaron en Madrid o Ateneo Científico e Literario (1820). En Galicia e América, fundáronse, entre outros, o Ateneo Ferrolán (1879), o Ateneo Científico, Literario y Artístico de La Coruña (1885), o Ateneo Cultural de Villalba (1934), o Ateneo de Galicia en México (1962) e o Ateneo de Pontevedra (1965).

      2. Calquera asociación de carácter cultural.

      3. Local onde ten a sede unha asociación cultural.

    1. A aparición dos Ateneos e Círculos de Recreo como espacios de sociabilidade no tempo libre prodúcese no Estado español na primeira metade do século XIX, alentados pola burguesía e as capas artesáns. Non obstante , a “apropiación” deste espazo por parte do proletariado organizado, para desenvolver fóra das horas de traballo un xeito de cultura propia da clase obreira, acontece na segunda metade da pasada centuria. En Galicia, estas experiencias chegarán con moito retraso, na alborada do século XX. E, aínda que todas as correntes ideolóxicas do obreirismo botaron man deste tipo de sociedades, cómprelles aos anarquistas un maior esforzo e dinamismo no seu devir. De feito, a intensa actividade sindical dos ácratas tivo como compañeiras unha non menos teimuda propaganda do ideario, xunto con numerosas tentativas de divulgación cultural entendidas como un fin en si mesmas. Neste contexto cómpre situar o fenómeno dos diversos Ateneos Libertarios e Centros de Estudios Sociales animados pola militancia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada na Coruña en 1885 para fomentar o estudo científico e literario. Nesta liña organizaba cursos académicos que duraban desde o 1 de outubro ata finais do mes de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creada en 1933, posteriormente incorporouse á FETE (Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza) cando xa o proceso republicano estaba moi avanzado. O seu crecemento foi moi rápido e en 1935 xa contaba con 250 afiliados presididos por Luís Soto Fernández. Algúns dos seus membros foron: Luís Soto, Baltasar Vázquez (director de Escuela del Trabajo, órgano de expresión da ATEO), Rafael Alonso, Fernández Mazas, Adolfo Ansias, Heriberto López Bello, Ignacio Herrero, Eligio Núñez, etc. Moitos deles colaboraron ademais noutros medios escritos, entre eles La República. Nun principio a ATEO caracterizouse pola mestura de correntes galeguistas e de esquerda republicana, pero despois definiuse pola súa pluralidade. Constituíuse como un dos foros onde se debatían novos modelos educativos procurando a renovación pedagóxica, entendida esta como coñecemento científico, obxectivo e neutral. Este movemento renovador serviu de plataforma a diferentes concepcións da sociedade e da...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das atiorodáceas.

    2. Familia de bacterias da orde das pseudomonadais integrada por pequenos cocos, bacilos ou espirilos móbiles, con flaxelos polares. Xeralmente son autotróficos e anaeróbicos. Viven nas augas cargadas de materia orgánica que empregan como fonte principal de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual aparecida entre 1915 e 1920 e editada para Portugal, Brasil e Francia. Contén información sobre arte, literatura e sociedade. Ademais de autores portugueses e brasileiros, colaboraron nela Ramón Cabanillas, Vicente Risco e Castelao, este último no aspecto gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada na Coruña en 1954 por un grupo de escritores (Mariano Tudela) e artistas plásticos (Urbano Lugrís e Xosé María de Labra). No ano 1956, como consecuencia dos incidentes internos que provocou a morte de Ortega y Gasset -a quen lle dedicaran unha homenaxe-, suspendeuse a publicación da revista, polo que o número 13 dedicado a Valle-Inclán non chegou a saír. A revista tentaba ofrecer unha información de vangarda afastada do endemismo que caracterizaba o panorama cultural galego do momento, pretendendo buscar novos camiños fóra da cultura oficialista imperante, desmarcándose do provincianismo folclorista e do costumismo realista na plástica, así como do garcilasismo na poesía, buscando unha nova sensibilidade máis ligada a fórmulas internacionalistas, sen perder non obstante a tradición galega. A revista estaba estruturada en seccións e en áreas de responsabilidade. Urbano Lugrís ilustraba as portadas e todos os números; Labra compartía con el as tarefas de dirección artística...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Colección sistemática de mapas ou esquemas cartográficos. Poden ser xerais ou universais, nacionais, rexionais, como tamén estritamente xeográficos, históricos, económicos, etc.

      2. atlas celeste BIBLIOT/

        Colección de mapas celestes que ordena desde os poucos centenares de estrelas máis brillantes, visibles a simple vista, ata os millóns de estrelas, conglomeradas e nebulosas, visibles só con grandes telescopios.

      3. atlas climatolóxico BIBLIOT/

        Recompilación de datos meteorolóxicos expostos sobre a base cartográfica dun territorio en concreto.

      4. atlas lingüístico

        Conxunto de mapas que reflicten a distribución espacial dos feitos lingüísticos. As linguas son realidades multiformes que presentan variacións en función do espacio, dos estratos sociais, da idade e doutros moitos factores, que quedan plasmados en maior ou menor medida nos mapas que integran un atlas lingüístico. Os mapas que forman un atlas lingüístico poden ser de diverso tipo: a) segundo o sentido polo que se percibe a información, poden ser sonoros, visuais ou mixtos; b) segundo o sistema de representación dos datos existen mapas en transcrición fonética, en transcrición ortográfica, mapas de símbolos ou mapas de isoglosas; c) segundo o grao de elaboración fálase de mapas puntuais e de mapas elaborados (e, dentro destes últimos, de mapas interpretados ou de mapas sintéticos); d) segundo o tipo de fenómeno estudiado os mapas poden ser: fonéticos, fonolóxicos, prosódicos, morfolóxicos, sintácticos, léxicos (nos que podemos atopar un tratamento onomasiolóxico, semasiolóxico ou motivacional),...

      5. atlas xeográfico BIBLIOT/

        Compilación de mapas. Recibiu este nome durante o Renacemento, pola figura mitolóxica de Atlas sostendo a bóveda celeste. O atlas máis antigo coñecido é do s II que acompaña a Xeografía de Ptolomeo. Non foi, sen embargo, ata o s XVI cando se iniciou a edición de atlas independentes. Os máis interesantes desta época son o atlas de Lafreri, Tavole moderne di geografie raccolte el messe secondo l’ordine di Tolomeo e o Theatrum orbis Terrarum, de Abraham Ortelius (1570); unha edición de Mercator dos mapas de Ptolomeo (1578) e unha colección de 106 mapas de Mercator, elaborados por el, que denominou Atlas sive cosmographicae meditationes de fabrica mundi (1595). O s XVII foi de verdadeira expansión cartográfica; entre os moitos atlas pódense destacar os dos neerlandeses Willem e Jan Blaeu, Geographia Blaviana ou Theatrum Orbis Terrarum sive Atlas Novus (1640); o atlas francés de Nicolas Sanson, Atlas Nouveau (1692), e os italianos...

    1. Colección sistemática de láminas, debuxos, cadros ou tablas destinadas a facilitar a comprensión dunha obra.

    2. Primeira vértebra dos tetrápodos, articulada co cranio, e moi modificada respecto á primeira vértebra dos peixes. Ten forma de arco, e o seu corpo, chamado apófose odontoide, está soldado á segunda vértebra ou axe. O atlas pode xirar arredor da apófose, cousa que fai posible a gran mobilidade da cabeza respecto á columna vertebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou maneira de ser considerada como propia de alguén ou dalgunha cousa.

    2. Obxecto característico que acompaña normalmente a descrición ou a representación de certos personaxes ou de certas ideas personificadas, ben porque mantén con estes unha certa relación ou ben porque representa a súa actividade ou as súas propiedades.

      1. Adxectivo atributivo.

      2. Adxectivo, substantivo ou calquera palabra con función nominal que se engade a outro substantivo ou oración substantivada cualificándoos ou determinándoos mediante un verbo copulativo. Son copulativos os verbos ser e estar, amais doutros moitos verbos que poden desempeñar unha función copulativa. Xa que logo, o atributo é o que se predica do suxeito e adoito forma parte do predicado nominal e se encontra nas proposicións atributivas ou copulativas. Así, por exemplo, na oración “A cadeira está rota” o atributo é o adxetivo “rota”; en “O río baixa revolto” éo “revolto”, e, en “A auga está morna”, o atributo é “morna”. Na terminoloxía francesa é, moitas veces, sinónimo de predicado nominal.

      3. atributo do complemento/ predicado do complemento

        Nome ou adxetivo que funciona como predicado dun complemento verbal. Así, na oración “Nomearon a Adriano emperador”, o atributo sería “emperador”.

    3. Característica mínima de definición e clasificación artefacto. Non é susceptible de subdivisións, e inclúe cando menos dous estados (presente/ausente), actuando como variable independente no seo dun sistema de artefactos específicos. Os atributos adoito estudiados inclúen, polo xeral, aspectos relativos á materia prima da peza, morfoloxía, decoración e mesmo atribución a unha cultura, un estilo artístico, unha cronoloxía, etc.

      1. Calidade ou carácter da substancia na que, sen pertencer á esencia do suxeito, se fundamenta.

      2. O que se afirma ou nega dun suxeito; neste sentido, confúndese co predicado.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á atrofia, que a produce ou que a padece.

    2. Grupo de demencias caracterizadas pola aparición, na presenilidade, dun proceso atrófico do córtex cerebral con disolución progresiva das funcións instrumentais, da linguaxe, das praxes e das gnoses. Tamén se denominan demencias presenís e son exemplos a enfermidade de Pick e a enfermidade de Alzheimer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Denominación común que engloba unhas 48 especies de peixes de distribución practicamente mundial, que pertencen á familia dos escómbridos, que se subdivide á súa vez en 14 xéneros. Nas augas da Península Ibérica o número redúcese, de xeito que só se atopan 10. Os atúns habitan na maior parte dos océanos; aliméntanse e reprodúcense principalmente nas augas quentes e mornas, polo tanto, ausentes só das augas frías do Ártico e mais o Antártico, xa que moi poucas especies, entre as que se atopan as xardas, superan a latitude dos 50° (tanto setentrional como meridional). Caracterízanse por presentar corpo fusiforme e algo comprimido lateralmente, coroado por dúas aletas dorsais, a primeira de radios duros e espiñentos, bastante maior cá segunda que os presenta brandos. Ademais, entre esta última e a cola, aparecen unha serie de pínnulas (falsas aletiñas) que teñen tamén a súa correspondencia na parte inferior, entre a anal e a caudal. Trátase de especies peláxicas (que viven nas augas libres),...

    2. Atún pequeno que raramente supera os 1,20 m de longo e os 30 kg de peso. Presenta unha longa aleta pectoral, estreita e moura, que supera amplamente a vertical que pasa pola segunda dorsal. Captúranse unhas 200.000 Tm deste peixe todos os anos.

    3. Atún que mide como máximo 90 cm de longo e que presenta unha mancha escura na metade das aletas pectorais. Vive no Atlántico americano, dende Canadá ao Brasil. Péscanse unhas 1.000 Tm anuais a nivel mundial.

    4. Atún que acada un tamaño máximo de 2,30 m de longo e que presenta unha cor marela no bordo das quillas caudais, característica que os distingue doutras especies. Vive na parte baixa dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, e estivo moi relacionado co atún atlántico e mais co oriental. Captúranse unhas 45.000 Tm anuais, principalmente nos caladoiros surafricanos, no cono suramericano (ambas ribeiras) e arredor do continente australiano.

    5. Atún que presenta unha aleta pectoral moi longa, sobre todo nos exemplares novos, feito que pode confundilo co atún branco naqueles lugares nos que ambas especies están presentes. Aínda así esta aleta é algo máis ancha e nos exemplares máis vellos vese bastante máis curta. Propio das augas quentes e mornas dos océanos Atlántico, Pacífico e Índico, péscanse en augas abertas arredor dunhas 200.000 Tm anuais que se consomen preferentemente conxeladas, enlatadas ou secas e salgadas.

    6. Atún que se caracteriza polo tamaño desmesurado da segunda aleta dorsal, que supera en moito á primeira, e que ten a súa correlación coa pélvica, de xeito que parece que arrastra dous rabos. Acada un talle máximo de 1,90 m. Aparece nas augas tropicais e subtropicais de todos os océanos. As súas capturas superan o medio millón de toneladas anuais. Péscase en augas abertas de todos os océanos.

    7. Atún que presenta o pedúnculo caudal máis longo do que é habitual noutros atúns. É unha especie de tamaño medio, pois acada os 1,05 m. Vive no Indo-Pacífico, chegando cara a Occidente ata o Mar Vermello. Ás veces frecuenta zonas costeiras baixas en salinidade nas bocas dos ríos. Péscase sobre todo con palangre, aínda que as capturas mundiais non sobrepasan as 2.000 toneladas, e consómese fresco e salgado.

    8. Atún no que se distinguen dúas subespecies: unha propia do Atlántico e do Mediterráneo, T. thynnus thynnus, e outra distribuída polo Pacífico, T. thynnus orientalis. Á parte de vivir en océanos ben distintos, existen algunhas diferencias entre elas. Así, a do Atlántico é bastante máis grande cá que vive no Pacífico (4 m de longo contra 1,05 m) amosando, ademais, a vexiga natatoria de maior tamaño e diferentemente disposta. Tamén a relación osteolóxica entre as vértebras 9ª e 10ª é distinta. A aleta pectoral vese máis longa na especie atlántica ca na pacífica; e, por último, a do Atlántico ten algunhas branquispiñas máis no primeiro arco (34-43) ca a que vive na parte oriental (32-40). Trátase dunha especie peláxica, gregaria e migradora pero que presenta, pola contra, individuos solitarios, de andadura errática, que se afastan da comunidade e que poden acadar tamaños sorprendentes. Moi voraz, consome cantidades enormes de alimento, sobre todo peixes, como cabalas e sardiñas,...

    9. Peixe moi apreciado polos gregos, que lle reservaban o nome de Posidón e Arquestrato de Gela; no mundo antigo tamén se denominaba porco do mar, polas súas diferentes preparacións e sabores. En España é máis propio do sur da Península, aínda que as súas formas de preparación son semellantes ás do bonito do norte, e o seu sabor só é diferenciable por expertos. A súa carne, escura, graxenta e de intenso aroma pode consumirse fresca, afumada, en aceite, en escabeche ou desecada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico obtido co audiómetro, que indica o límite de audición dun individuo nunhas certas frecuencias. Permite medir o grao e a etioloxía da xordeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gravado químico de impresión calcográfica. Consiste en mergullar unha prancha metálica nunha solución ácida capaz de atacar o metal, despois de ter protexido as dúas caras cun verniz insoluble en auga e no ácido, pero con bastante mordente para que cando se debuxe na súa superficie cunha ferramenta dura, o metal quede ao descuberto nas áreas debuxadas. O ácido non ataca máis que as partes descubertas e produce uns sucos que darán os negros; as superficies non atacadas darán os brancos. A prancha así preparada utilízase para imprimir sobre papel. Variedades da augaforte son a augatinta, o gravado ao verniz brando e ao aceiro. A finais do s XV, os gravadores florentinos (Maso Finiguerra, entre outros) comezaron a utilizar os sales nítricos, técnica xa coñecida polos árabes. A primeira augaforte realizouna o suízo Urs Gräf no 1513, aínda que axiña se espallou por toda Europa: na Alemaña, da man de gravadores como Albrecht Dürer e Van Leyden; en Francia, debido aos gravados...

    2. Lámina ou estampa que foi impresa polo procedemento calcográfico.

    3. Nome tradicional do ácido utilizado no procedemento da augaforte; adoita ser o ácido nítrico HNO 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca longa e estreita limitada por fallas normais que se estenden pola codia continental. Conservan o rexistro estratigráfico dun proceso de rift na creación de océanos que actualmente desapareceron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato básico de cobre e zinc, de fórmula (Zn, Cu)5(OH)6(CO3)2. Cristaliza no sistema monoclínico, facendo agregados de cristais aciculares. É de cor verde ou azul claro, translúcido e de brillo nacarado. Ten exfoliación perfecta, dureza 2 e peso específico 4,2. Encóntrase en incrustacións sobre minerais de zinc e de cobre oxidados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén ou que é da cor do ouro.

    2. Que é capaz de converter substancias en ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Australia -considerada como continente ou como estado-, ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Australia.

      1. Relativo ou pertencente ao reino bioxeográfico australiano.

      2. reino australiano

        Segundo algúns botánicos, reino fitoxeográfico, rico en endemismos, que comprende basicamente o continente australiano e Tasmania. Considérase unha restrición do reino australo-papú.

      1. Relativo ou pertencente aos aborixes de Australia.

      2. Pobo establecido en Australia procedente da Asia meridional hai 40.000 anos. Estímase que no momento da chegada dos europeos o seu número oscilaba entre os 300.000 e o millón de individuos. Habitaban sobre todo no litoral e comprendían un gran número de grupos territoriais e lingüísticos, aínda que con límites pouco determinados entre eles. Non obstante , a presión dos colonos desprazounos cara ás zonas desérticas e máis inhóspitas do interior. No ano 1993 os aborixes australianos eran uns 260.000 individuos (1,5% da poboación australiana), número que incluía unha maioría de mestizos, feito que sinala unha certa recuperación da poboación aborixe (138.000 en 1980). Actualmente, só unha minoría mantén as formas de vida tradicional dun xeito máis ou menos intacto. O contacto coa cultura occidental modificou profundamente a forma de vida dos australianos, o que comportaba un grao considerable de degradación, tanto no plano individual como no colectivo: introdución de enfermidades, de bebidas...

      3. grupo humano australiano

        Grupo humano que se localiza na illa de Australia, afastada bioxeograficamente do continente asiático pola liña Wallace. A orixe deste grupo é incerta: unha teoría sostén que é o resultado dunha evolución autónoma de tipos humanos instalados dende os primeiros momentos da ocupación humana das illas do sueste asiático (‘home de Xava’); outra, sen embargo, mantén que chegaron hai 40.000 anos procedentes da última expansión da humanidade moderna polo mundo. Algúns autores defenden a existencia de tres tipos diferenciados no seo do grupo australiano: barriniano, murraiano e carpentariano, aos que relacionan cunha ocupación da illa por vagas sucesivas e con elementos humanos diferentes. Non obstante , considerados globalmente, os aborixes australianos son bastante homoxéneos pola súa estrutura corporal, con predominio dos tipos lonxíneos, malia a gran diversidade ambiental en que viven (dende os desertos centrais aos bosques tropicais do norte). O tronco é alongado, con ombreiros e cadeiras...

    3. Arte desenvolvida na moderna Australia. A pintura, fortemente nacionalista, centrouse na paisaxe. Os primeiros pintores eran topógrafos estranxeiros, especialmente ingleses. O primeiro grande artista foi Arthur Streeton (1867-1943), relacionado co Impresionismo. George Bell e a Herald Exhibition of Modern European Painting (1939) conseguiron poñer aos artistas locais en contacto coas novas correntes artísticas. Posteriormente triunfou o Expresionismo. Russell Drysdale nas súas creacións narra nostalxicamente a vida rural dos antigos colonos; Arthur Boyd e Sidney Nolan, pintor das montañas de Australia central, quen transmite a desolación próxima ao Surrealismo, cultivaron un espírito plein air. Fred Williams asimila influencias fauvistas e cubistas. En arquitectura, despois dun primeiro período colonial (obras de Francis H. Greenway), existiu un período contemporáneo no que se constrúen edificios culturais. Destacan tamén no apartado arquitectónico as obras de R. Grounds, F. Hassell...

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO