"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de Rock creado en Vigo en 1981. Composto inicialmente por Alberto Torrado, Julián Hernández e Miguel Costas, en 1988 converteuse nun quinteto coa inclusión de Segundo Grandío e Ángel González. En 1982 sacaron o seu primeiro disco Ayudando a los enfermos, e a finais de ese ano o primeiro disco de longa duración Cuando se come aquí?. Compartiron escenario, compoñentes e proxectos musicais con Golpes Bajos e Os Resentidos, entre outros. En 1991 crearon Loquilandia, unha produtora para xestionar os produtos do grupo. Da súa discografía destacan Menos mal que nos queda Portugal (1984), Bailare sobre tu tumba (1985), Me gusta como andas (1988), Made in Japan (1993), Sesión vermú (1997), La historia del Blues (2000), Qienes somos? De dónde venimos? Adónde vamos? (2002) e Popular, democrático e científico (2005). Tamén incluíron algún tema na banda sonora de filmes como El día de la bestia...
-
-
Que está situado no lado esquerdo.
-
Que provoca medo ou presaxia desgraza.
-
Aplícase ao flanco do escudo que está á dereita do observador.
-
-
Suceso catastrófico ou accidente que ocasiona morte ou destrución, polo xeral por causas naturais.
-
Dano sufrido por unha persoa ou ben asegurados.
-
-
-
-
Que manteñen entre si unha relación de sinonimia. Hai autores que distinguen sinónimos totais ou absolutos, que teñen o mesmo significado en todos os contextos lingüísticos; e sinónimos parciais, mesmo significado en moitos contextos lingüísticos pero non en todos. Outros autores, como Leonard Bloomfield, consideran que a sinonimia total non existe, pois cada forma lingüística ten un significado constante e específico. Se as formas son fonoloxicamente diferentes, suponse que os seus significados son tamén diferentes, polo que se pensa que non existen verdadeiros sinónimos.
-
Aplícase ao nome científico dun taxon que, de acordo coas normas de nomenclatura botánica, non é correcto.
-
-
-
-
Combinación dos elementos dun todo despois de separalos analiticamente.
-
Proceso da investigación ou do coñecemento, contraposto á análise, que consiste na unión de elementos que estaban separados e na súa integración nun todo ou unidade superior. Caracterizada polos cartesianos como o progresivo tránsito do simple ao complexo, en Kant foi a esencia mesma do coñecemento e, modernamente, foi interpretada en íntima relación coa idea de creación. Hegel considerouna o terceiro e supremo momento do proceso dialéctico, que recollía e realizaba toda a verdade e a riqueza contida nos momentos anteriores de tese e antítese.
-
-
Resumo breve dunha materia ou asunto.
-
Combinación dun radical e dos elementos flexionais nunha soa palabra variable.
-
-
Formación de certos compostos mediante a unión de outros máis simples ou dos seus elementos.
-
gas de síntese
Denominación xenérica de diversas mesturas gasosas formadas por monóxido de carbono e hidróxeno en proporcións relativas variables, xunto cun gas inerte, xeralmente nitróxeno. Aplícase na preparación do metanol, na síntese de gasolinas de Fischer-Tropsch ou na preparación do amoníaco.
-
síntese orgánica
Parte da química orgánica que trata sobre a preparación de moléculas complexas a partir de substratos máis simples. Historicamente e formalmente pode considerarse que parte da preparación da urea (F. Wöhler, 1828), e debe o seu desenvolvemento á necesidade de atopar fontes alternativas de produtos naturais para obtelos en maior escala e libres das restricións derivadas dos monopolios que diversos estados mantiñan sobre a súa produción. A primeira síntese dunha molécula natural complexa, a tropina, non se conseguiu ata comezos do s XX, grazas a R. Willstätter. A partir da década de 1960 o desenvolvemento alcanzado pola síntese orgánica foi extraordinario, debido, entre outras causas, ao progreso experimentado coa introdución e o perfeccionamento das técnicas espectroscópicas e de separación cromatográfica, como o progreso nos coñecementos sobre a estereoquímica, os mecanismos de reacción e os métodos sintéticos de transformación de grupos funcionais e a reacción de enlaces carbono-carbono....
-
síntese proteica
Síntese que ten lugar nos ribosomas, en catro etapas, en que son necesarios unha serie de compoñentes indispensables, enzimas específicos e cofactores. A primeira consiste na activación de aminoácidos; a segunda é a iniciación da cadea polipeptídica; a terceira consiste na prolongación da cadea mediante novas secuencias de aminoácidos, sendo cada un deles especificado por un codón terminal do ARNm; e a cuarta é o remate da cadea, cando se chega ao sinal de remate no ARNm.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico das ondas sísmicas que se obtén por medio do sismógrafo.
-
-
-
Conxunto de elementos materiais, relacionados entre eles ou interdependentes, que constitúen un todo orgánico, suxeito xeralmente a determinadas leis.
-
Conxunto de órganos, de orixe embrionario xeralmente común, especializados en levar a termo unha función determinada e constituído fundamentalmente por un só tecido. Entre os sistemas máis importantes cóntanse o sistema nervioso, o hematopoético, o retículo-endotelial e o linfático.
-
Conxunto de corpos celestes que pertencen a un único complexo orgánico constituído, como é o caso do sistema solar.
-
Estrutura celular que leva a cabo unha función determinada.
-
Parte do universo, delimitada por unhas paredes, reais ou imaxinarias, que gozan de certas propiedades, que se illa, artificialmente, para sometela a estudo.
-
sistema de Fórnax
Galaxia elíptica que pertence ao sistema local de galaxias e que se afasta da galaxia á que pertence o Sol a unha velocidade de 40 km/s. A súa magnitude aparente é de 9,1, mentres que a magnitude absoluta é de -11,9. Está rodeada por unha serie de cúmulos globulares.
-
sistema local
Grupo galáctico ao que pertencen a Vía Láctea, a nebulosa de Andrómeda, a do Triángulo e outras galaxias menores.
-
sistema termodinámico
Parte do universo illada mental ou fisicamente do resto, que se considera para estudar o intercambio de materia e enerxía entre ela e o resto do universo. Cando o estado do sistema non evoluciona no transcurso do tempo, dáse un estado de equilibrio termodinámico, caracterizado polos valores que toman as funcións de estado do sistema.
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia auxiliar da historia que estuda a morfoloxía e a clasificación dos selos que autentican os documentos públicos e privados a través das épocas. Os estudos sixilográficos no nivel científico naceron conxuntamente cos estudos diplomáticos na escola de Jean Mabillon e dos maurinos, e constitúen unha fonte de grande interese para os estudos heráldicos e iconográficos de persoas e de arte suntuaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte ou sistema dun xerador de vapor que, por intercambio calorífico, eleva a temperatura do vapor saturado procedente da caldeira sen aumentar a presión.
-
-
Conxunto de doutrinas que, en oposición ao individualismo, propugnan unha reforma radical da organización da sociedade para a supresión das clases sociais mediante a colectivización dos medios de produción, de cambio e de distribución. No s XIX, o socialismo utópico desenvolveuse en Francia e Reino Unido. Coa difusión das teorías de K. Marx e F. Engels apareceu o socialismo científico. Marx e Engels subliñaron a importancia capital do antagonismo entre burguesía e proletariado dentro da nova sociedade industrial contemporánea, e afirmaron que só o proletariado podía pór fin á anarquía da produción ao apoderarse do estado moderno, instrumento en mans da burguesía, e ao abolir o modo de produción capitalista e as relacións de propiedades burguesas. O socialismo marxista obtivo unha primeira plataforma organizadora en 1864 coa fundación da Asociación Internacional de Traballadores (AIT) ou Primeira Internacional. Ao comezo do s XX e, a medida que parecía afastarse da perspectiva dun inminente...
-
Fase transitoria do socialismo desenvolvida por K. Marx e F. Engels, unha vez superado o socialismo utópico que pretendía, partindo da análise dos mecanismos económicos que rexían as sociedades e dunha visión científica da historia, transformar a realidade e acelerar o triunfo inelutable do socialismo.
-
Fase inicial da evolución do pensamento e da acción socialistas, caracterizada pola crítica das estruturas e relacións sociais vixentes, e a descrición teórica dun futuro sistema social perfecto, harmónico e baseado na igualdade de todos os homes. Desenvolveuse ao longo do s XIX como reacción contra as consecuencias máis brutais para a clase obreira do individualismo político e do liberalismo económico. En Francia Saint-Simon, foi o apoloxista da nova sociedade industrial e o teórico da planificación económico-social; E. Cabet propugnou un comunismo pacifista, e L. Blanc, P. J. Proudhon, P. J. Buchez e L. A. Blanqui fixeron a crítica do industrialismo desde posicións reformistas ou revolucionarias. En Reino Unido o seu representante foi R. Owen.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación deportiva fundada en Pontevedra en 1945 que incluía as modalidades de ximnasia, atletismo, fútbol, baloncesto, balomnán, remo, natación, hockey, ciclismo, xadrez e tenis de mesa e que se ampliou a outros deportes. A sección de balomnán comezou a destacar na década de 1960. Participou en División de Honor da liga ASOBAL en numerosas ocasións desde que ascendeu por primeira vez na tempada 1972-1973. Finalista da Copa do Rei en 1993, na tempada 1994-1995 clasificouse para a City Cup.
-
-
-
Reunión permanente, baseada nunha relación estable, dos membros que integran o máis amplo grupo social. É recoñecida como anterior a cada un dos individuos e grupos que a integran e baséase na súa vontade implícita de vivir en común para posibilitar o cumprimento de diversos obxectivos fundamentais. Son todos os grupos que integran a sociedade global os que determinan a estrutura xeral, en virtude da que son asignados aos seus membros diversos lugares ou normas de actuación. A organización clave da sociedade é a política que ten como obxectivo a mesma vida en común.
-
sociedade conxugal
Relación estable, socialmente lexitimada como matrimonio ou simplemente recoñecida, entre dúas ou máis persoas.
-
sociedade postindustrial
Estadio do desenvolvemento económico en que os elementos produtivos derivados do saber, o sector cuaternario, e as grandes organizacións politicoeconómicas que marcan as orientacións globais e condicionan o crecemento.
-
sociedade sen clases
Estadio do desenvolvemento da sociedade en que desaparecen as diferenzas entre os homes debidas á estrutura socioeconómica capitalista. A idea da sociedade sen clases é tamén propia do capitalismo, aínda que este concibe as clases dunha maneira diferente.
-
sociedade de consumo
Estado e etapa do desenvolvemento capitalista da sociedade, baseado na creación de necesidades fiticias por superar a saturación da produción.
-
-
-
Conxunto de persoas reunidas de xeito oficial e estable para perseguir un fin común segundo certas condicións ou regras.
-
sociedade bíblica
Institución protestante fundada en 1804 en Londres, baixo a denominación de British and Foreing Bible Society. En 1946 constituíuse a federación de todas as sociedades bíblicas nacionais, baixo a denominación de United Bible Societies. O seu obxectivo é axudar a traducir os textos bíblicos, revisalos e facilitar a súa distribución.
-
sociedade de autores
Asociación de autores literarios, científicos, musicais ou doutro tipo, que ten por obxecto defender os seus dereitos. En España creouse en 1908 e forma parte da Confederación Internacional das Sociedades de Autores e Compositores, con sede en París.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1982 por licenciados en Xeografía que ten como finalidade o coñecemento dos aspectos xeográficos de Galicia, a organización de seminarios e congresos para difundir o interese pola Xeografía e a conservación e defensa da paisaxe.
-
-
Ciencia social que ten por obxecto o estudo racional e crítico da sociedade humana. Investiga a dimensión social do home, tanto no aspecto permanente (grupos, institucións e estruturas sociais) como no aspecto dinámico (tensións, conflitos, transformacións). Estuda, en calquera nivel da realidade social, conxuntos complexos de fenómenos sociais, interconectando zonas diferentes de causación (factores demográficos, económicos, políticos) para poder explicalos de forma científica. Coa Ilustración e co triunfo das revolucións burguesas elaboráronse os primeiros programas para estudar a sociedade. Os principios (A. Comte, H. Spencer) caracterizáronse pola construción de teorías moi xerais da sociedade, imbuídas de positivismo, evolucionismo e confianza no progreso. A tarefa consistiu na institucionalización da disciplina e na crítica da fase dogmática e idealista. Tönnies, Pareto, Durkheim, Weber e Simmel trataron de dilucidar a natureza da gran transformación do mundo producida polo capitalismo...
-
Disciplina que trata das determinacións sociais dos contidos da consciencia. Pode atoparse a súa orixe no mito da caverna de Platón como mostra da dificultade da interpretación do mundo. Francis Bacon dicía que a comprensión de acontecementos estaba condicionada por prexuízos. A Ilustración e os seus sucesores enfatizaron a influencia nociva da ideoloxía sobre o coñecemento. Marx e Engels introduciron a noción da distorsión que operan os intereses de clase sobre o saber e coñecemento. Durkheim viu na estrutura social os fundamentos dos conceptos elementais mediante os que o individuo elabora a súa interpretación da realidade. Na liña da teoría marxista, K. Mannheim e G. Lukács intentaron establecer as súa bases como disciplina autónoma.
-
-
-
Elemento químico, de número atómico 11 e peso atómico 22,9898, que pertence ao grupo IA da táboa periódica. É o máis abundante dos metais alcalinos e foi descuberto por H. Davy no ano 1807, ao estudar a electrólise do hidróxido sódico. É o sexto, por orde de abundancia, dos elementos presentes na codia terrestre, da que constitúe o 2,6% en peso. Abunda tamén no Sol e nas estrelas, onde foi detectado espectroscopicamente mediante a raia D do seu espectro. É un elemento monoisotópico, e coñécense tamén seis radioisótopos artificiais, con masas que van desde 20 ata 26, dos que o 24 Na, cunha vida media de 15 horas, ten aplicación como trazador. O sodio está moi difundido na natureza e o seu mineral máis importante é o cloruro sódico de orixe mariña ou o localizado en depósitos terrestres provenientes da desecación de antigas zonas acuáticas. A súa preparación en forma metálica realízase por electrólise do hidróxido sódico. O metal é moi brando e de cor branca de prata, pero altérase...
-
Sólido en forma de cristais incoloros, eflorescentes, solubles en auga, que se funden a 324°C. Emprégase como mordente, deshidratante, conservador para a carne e amortecedor do pH en alimentos.
-
Sólido en forma de pos cristalinos brancos de olor a amoníaco, que se funden a 210°C. Emprégase na síntese do cianuro de sodio e como base en síntese orgánica.
-
Sólido en forma de pos brancos, higroscópicos, solubles na auga, que se funden a 851°C. Obtense principalmente mediante o proceso Solvay. Atopa aplicación na industria do vidro, da cerámica e do papel, na refinación do petróleo e na preparación doutros sales sódicos. Forma un decahidrato, coñecido como sal sosa, ou sosa, que se emprega como deterxente.
-
Sólido en forma de cristais incoloros de gusto salino, solubles en auga e en alcohol, que se funden a 255°C. Ten carácter oxidante e atopa aplicación como branqueador na industria do papel, como herbicida e defoliante, na industria da pirotecnia e na dos explosivos.
-
Sólido en forma de cristais incoloros, lixeiramente higroscópicos, solubles en auga e pouco solubles en alcohol, que forman o sal común. Atopa numerosas aplicacións, entre as que cómpre salientar a obtención do carbonato sódico mediante o proceso Solvay, do ácido clorhídrico, do cloro e do sodio metálico na industria do vidro, en metalurxia, como axente de salgadura, como conservador e condimento alimentario, na preparación de mesturas frigoríficas e como axente rexenerador das resinas de intercambio iónico.
-
Sólido en forma de cristais vermellos moi solubles en auga, que se funden a 1.357°C. Emprégase como oxidante, inhibidor da corrosión, na preparación de pigmentos e como produto de partida para outros compostos do cromo.
-
Sólido en forma de pos brancos de gusto lixeiramente alcalino, solubles en auga (coa que dan solucións debilmente básicas), que se descompoñen a 270°C. Emprégase na preparación de sales e bebidas efervescentes, como fermento artificial, en medicina e como compoñente para extintores. OBS: Tamén se denomina bicarbonato sódico ou bicarbonato.
-
Sólido en forma de pos brancos, solubles en auga, higroscópicos, que se emprega como fertilizante, na industria téxtil, no tratamento da auga e na preparación de solucións amortecedoras.
-
Base forte, de grande importancia económica, que se presenta comercialmente en forma de pezas pequenas (escamas ou lentellas). É altamente higroscópico e carbonátase rapidamente no aire. Atopa moi diferentes aplicacións, entre as que cómpre mencionar a preparación doutras substancias en varios procesos de refinamento, na rexeneración de resinas intercambiadoras de ións e na metalurxia de aluminio. OBS: Tamén se denomina sosa cáustica.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer calzos a algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calzo que se pon a un moble ou a un vehículo para que non se movan.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Sol.
-
Que procede do Sol.
-
Que protexe do Sol.
-
enerxía solar /
Forma en que se manifesta a actividade do Sol, e que se debe á fusión de núcleos de hidróxeno, segundo o ciclo protón--protón. A enerxía solar, que representa un foco enerxético de 1,779 x 10 11 MW de potencia para a Terra, ademais da utilización que fan dela os vexetais, cáptase e convértese en enerxía eléctrica mediante pilas fotovoltaicas. Unha utilización directa da enerxía solar a baixas temperaturas (860°-120°C) faise cos captadores solares planos que se poden utilizar para a calefacción, en invernadoiros ou desalgado de auga de mar.
-
sistema solar
Conxunto do Sol e dos astros, especialmente os planetas que xiran arredor del e que están sometidos á súa atracción gravitatoria. Os primeiros sistemas astronómicos afirmaban que a Terra era o centro do Universo. No s VI Aristarco suxeriu que era a Terra a que xiraba arredor do Sol, ao igual que os outros astros. Copérnico, no s XVI, resucitou esta hipótese e elaborou o seu sistema en que o Sol era o centro e todos os planetas xiraban arredor del, a Lúa movíase arredor da Terra e que o desprazamento das estrelas era un reflexo do movemento da Terra arredor do seu eixe. Foron propostos varios modelos sobre a orixe do sistema solar: o máis antigo é o de Kant e Laplace (teoría de Kant-Laplace), denominada da nebulosa primitiva que supuña que o sistema solar se orixinara a partir dunha nube de materia interestelar que por algún motivo comezara a contraerse. Dominou durante todo o s XIX, ata que tivo que ser abandonado, xa que apareceron os modelos catastróficos, nos que se supuña a ocorrencia...
-
-
Aplícase ao plexo celíaco que está situado diante da aorta, arredor do tronco celíaco e da arteria mesentérica superior.
-
-
-
Facer pasar unha substancia líquida ou gasosa a sólido.
-
Converterse en sólido unha substancia líquida ou gasosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Magnífico (Istambul 1494 - Szigetvár 1566) Sultán otomán (1520-1566), fillo de Selim I. Coñecido entre os turcos como Kanuni (Lexislador) conquistou Belgrado (1521) e a illa de Rodas (1522). En 1526 derrotou a Luís II de Hungría na primeira Batalla de Mohács e saqueou Buda. Convencido de ser o único emperador da terra, tivo como principal inimigo ao Emperador Carlos V, con quen se enfrontou en varias ocasións. Despois de asinar a paz con Austria (1533), anexionou Tabriz e Bagdad en 1534, mentres que no Mediterráneo operaban eficazmente os seus corsarios Barbarrubia e Dragut. Ao finalizar o seu mandato, asinou unha tregua con Persia (1555) e a paz con Austria (1562). Amante das artes, mandou edificar numerosas mesquitas e dotou ao imperio dun código lexislativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Muxía? 1902 -?) Produtor cinematográfico. Instalado en Cuba, iniciou o seu labor profesional como distribuidor de cine español en Cuba. Director de Cifesa (1935) en La Habana, en 1937 trasladouse a Berlín para crear Hispano-Film-Produktion, unha empresa constituída por Cifesa e UFA. En colaboración co realizador alemán Johann W. Ther participou na produción de diversas longametraxes. Despois de colaborar nalgunha coprodución italo-española, produciu en España La Dolores (1939) e La gitanilla (1939). Ao seu regreso a La Habana sufriu as acusacións dos medios de comunicación cubanos pola súa relación con réximes fascistas e a expulsión do país (1942). Ao seu retorno a España fundou as produtoras Marta Films e Profilms 21.