"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Capa externa da codia terrestre que se orixina pola alteración das rochas baixo a influencia dos axentes atmosféricos e dos seres vivos. É un corpo dinámico no tempo e no espazo, que xorde da interacción da biosfera, a atmosfera e a hidrosfera coa litosfera. Aínda que non é un ente vivo, fórmase grazas á vida e ao mesmo tempo é o seu soporte. O solo divídese en horizontes desde a superficie (horizonte A), ata a parte superior da rocha nai a partir da que se desenvolveu o solo (horizonte C). Considérase horizonte R a rocha inalterada. Polo que atinxe á súa constitución, un solo equilibrado contén un 50% en volume de materia sólida (45% de materia mineral e 5% de materia orgánica), un 25% de auga e un 25% de aire. Estes dous fluídos ocupan dunha maneira aproximada a porosidade fina e grosa, respectivamente, e varían segundo o estado de secura. Os aspectos que destacan dos compoñentes sólidos son as dimensións, a natureza e a organización. A natureza de calquera partícula pode ser mineral,...

    2. Terreo edificable.

    3. Extensión territorial que comprende unha xurisdición.

    4. Conxunto de pedras que forman o piso do forno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da solubilidade dunha substancia, a causa da presenza doutra substancia denominada solubilizante ou axente solubilizante. Desde un punto de vista físico, a solubilización ocorre mediante a diminución do coeficiente de actividade da substancia que se quere disolver pola acción do axente solubilizante. Pode ocorrer por varios tipos de interacción entre o axente solubilizante e a substancia que se quere disolver, como a coordinación, o enlace por puntos de hidróxeno, a interacción de dipolos e a formación de complexos. Aplícase na preparación de fármacos co fin de que sexan solubles na auga e de colorantes para conseguir tonalidades máis uniformes, na eliminación dos haloxenuros de prata do papel fotográfico ou na preparación de aceites lubrificantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Pontevedra a partir de 1944. Cesou en 1949 (nº12). Subtitulouse “Publicación Céltiga” e “Revista de Galicia. Exponente literario y artístico de la región”. Dirixida por Ramón Peña, quen tamén era o seu propietario, contou coa colaboración de Celso Emilio Ferreiro no apartado de creación literaria. Foi a primeira gran revista literaria e cultural da posguerra. Incluíu composicións literarias, fotografías e ilustracións, ademais de gravados, linóleos e debuxos, e completou os seus contidos con artigos de temática galega e local, homenaxes e retratos biográficos, xunto con críticas literarias e recensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. escandallo.

      2. Aparato mecánico ou radioeléctrico que se emprega para medir a profundidade do mar ou dun río, nun punto determinado. As sondas radioeléctricas baséanse na reflexión das ondas sonoras ou ultrasónicas emitidas por un emisor e captadas por un receptor. O tempo transcorrido entre a emisión e a recepción das ondas permite determinar a distancia á que se sitúa o obxecto.

      3. sonda espacial

        Enxeño espacial non tripulado destinado á exploración automática doutros astros (sondas planetarias e sondas lunares) ou do medio interplanetario (sonda interplanetaria) ou interestelar. A súa traxectoria pode ser aberta, cun fito concreto, ou pechada, de tipo orbital, xa sexa heliocéntrica ou xeocéntrica, cun apoxeo moi afastado. Das sondas lunares destacan as Luna, Lunar Orbiter, Rangers, Surveyor e algunhas Zond. Despois da Luna 24, a primeira sonda lunar foi a Muses, lanzada en 1990. Foron enviadas sondas espaciais á maioría dos planetas do sistema solar e a algúns dos seus satélites, das que destacan a Pioneer e as Voyager, por ser as primeiras e explorar Urano; as sondas Phobos e a Mars Global Surveyor, por ser enviadas a Marte; e a Galileo e a Magalhães a Venus. En 2003 enviouse a primeira sonda espacial europea a explorar Marte, Mars Express, que en xaneiro...

      1. Fragmento do ácido nucleico marcado radioactivamente que se utiliza en técnicas de hibridación molecular para detectar secuencias complementarias entre unha gran cantidade de ADN non complementario.

      2. sonda de ADN /

        Técnica que permite a identificación de xenes específicos mediante o uso dun sector de ADN, obtido por clonación e que é capaz de hibridarse co anaco complementario da cadea de ADN dun individuo. Permite a detección de enfermidades xenéticas, mesmo en fetos.

    1. Instrumento cilíndrico de metal, goma ou plástico, ríxido ou flexible, oco ou macizo, que pode presentar un conduto central, destinado a explorar os condutos ou cavidades naturais ou accidentais ou ben a practicar o cateterismo.

    2. globo sonda.

    3. Instrumento de perforación que se emprega para abrir furados moi profundos no solo co fin de recoñecer o terreo, para extraer minerais en estado líquido ou gasoso ou para inxectar cemento ou salmoira para consolidalo ou conxelalo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro escrito en 1955 por Celso Emilio Ferreiro, que revisou e modificou nunha segunda edición titulada O soño sulagado (1975). Está composto por 31 poemas, parte deles escritos inmediatamente despois da Guerra Civil Española, e con trazos autobiográficos, en que o poeta reflicte a súa angustia existencial e os seus conflitos persoais ao redor da noción do paraíso perdido (a infancia) e da evocación dun pasado que se lembra a través dunha visión metafísica da paisaxe e da saudade tinguida de desacougo e desilusión, xunto con outros temas como o medo, o amor, o inconformismo, a guerra, a soidade, a perda da inocencia, a ironía e a crítica, que se desenvolven a través de poemas influídos polo existencialismo de Sartre ou Camus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sonorizar.

    2. Técnica que incorpora o son (diálogos, música ou efectos especiais) a un filme cinematográfico.

    3. Técnica que consiste en amplificar os sons que proceden dun foco emisor determinado, co fin de permitir a difusión dentro dunha sala ou local, mediante o uso dun conxunto de altofalantes convenientemente distribuídos.

    4. Fenómeno polo que unha emisión fonemática xorda se converte en sonora. É moi típica das linguas románicas occidentais a sonorización de oclusivas xordas intervocálicas latinas: RIPA > riba, FATA > fada.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parte líquida do sangue ou da linfa que se obtén despois da coagulación dos mesmos.

      2. Solución de electrólitos que se emprega en terapéutica para restablecer o equilibrio hidroelectrolítico.

      3. soro do leite

        Fracción líquida do leite que queda tras quitarlle a graxa e as proteínas. Contén principalmente lactosa, sales minerais, unha pequena fracción de peptonas solubles e compoñentes minoritarios como a riboflavina.

    1. Solución que contén anticorpos protectores específicos obtidos a partir do home ou dun animal que adquiriu inmunidade espontaneamente por infeccións clínicas ou subclínicas, ou artificialmente por inmunización (vacinación), que ao inxectalos producen unha inmunidade adquirida pasiva. OBS: Tamén se denomina soro fisiolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción máxica de carácter maléfico, propio de bruxas e meigas.

    2. Influencia moi forte que se exerce sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura do latín species, que se engade ao nome científico dun xénero cando non é necesario indicar a especie, ou cando non é posible facelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura do latín species plures, que se engade ao nome científico dun xénero, e indica o conxunto do xénero coa totalidade das especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atlas lingüístico dirixido polos profesores suízos J. Jud e K. Jabert (1928-1940), e no que colaboraron lingüistas especializados como Scheuer-Meier, G. Rohlfs, M. L. Wagner. A selección de localidades baséase en criterios históricos e xeográficos, as palabras están agrupadas por conceptos e a cultura material incorpórase á cartografía lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de intensificación da produtividade do traballo, baseado na análise de cada proceso concreto de produción, para aplicar cada traballo específico na forma e no momento adecuado e reducir daquela, ata onde sexa posible, os tempos mortos. Orixinouse nas prácticas de traballo en equipo, que se aplicaron nunha fábrica de carbón da URSS da década de 1930, por iniciativa dos obreiros, en especial de A. G. Stakhanov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cordilleiras de Siberia Oriental, que van desde o curso medio do río Ol’okma ata o nacemento do Učur. Teñen unha lonxitude de 700 km, unha anchura duns 100 a 180 km e unha altitude que oscila entre os 1.500 e os 2.000 m. Fan de división entre os ríos do Océano Ártico e do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guión gráfico que contén deseños en secuencia cronolóxica mostrando as escenas e accións máis importantes no desenvolvemento dun filme de animación e que pode ir acompañado dun pequeno texto explicativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • iolín fabricado por Antonio Stradivari que se caracterizou pola calidade da madeira, a perfección das proporcións entre os distintos elementos da caixa e o verniz, composto por el mesmo segundo unha fórmula desaparecida. Así mesmo modificou a liña do violín tradicional ata convertelo nun instrumento longo, plano e de potente sonoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos territorios de Europa Occidental que presentan un carácter atlántico atenuado.

    2. Aplícase ás plantas que, debido a un óptimo grao de crecemento no interior da provincia atlántica, saen fóra dos límites xeográficos desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de serras do S da Península Ibérica que forman o arco exterior das cordilleiras Béticas, cunha extensión de máis de 500 km, desde Xibraltar ata Alacant. Están formadas polas serras de Parapanda, Mágina, Harana, Cazorla, Segura, Sagra e as serras alacantinas. O grupo de Cazorla, Segura e Sagra constitúe un importante nó hidrográfico, onde nacen o Guadalquivir, o Segura e o Guadalentín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se clasificou en segundo lugar ao rematar un campionato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto demográfico e xeográfico polo que se considera pouco poboado o territorio onde falta a forza de traballo para aproveitar os recursos potenciais e para permitir unha vida social plena.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fenda que se abre na terra co arado.

      2. sorrello.

      1. Sinal que fai unha cousa ao pasar sobre outra.

      2. Depresión ou canle lineal superficial.

      3. Cavidade superficial, estreita e alongada.

      4. Trazo acanalado e en espiral dun disco fonográfico que constitúe o soporte da información sonora gravada.

      5. Sinal ou rastro efímero que deixa, na superficie da auga, o paso dunha embarcación.

    VER O DETALLE DO TERMO