"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de ferro e manganeso, de fórmula (Fe,Mn)2(PO4)F, que cristaliza no sistema monoclínico en forma de masas irregulares. É marrón, vermello ou negro e ten unha dureza de 5 e un peso específico de 3,5 a 3,9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soporte de tres pés, xeralmente articulados e normalmente pregables ou telescópicos, enriba dos que se montan diversos aparatos e instrumentos portátiles, xeodésicos ou fotográficos.
-
-
Relativo ou pertencente aos trobadores.
-
Música de tipo monódico creada polos trobadores para acompañar as súas poesías. Cultivada desde finais do s XI ata finais do s XIII, constitúe un conxunto de 256 pezas que se conservan en manuscritos. Son melodías modais, frecuentemente inspiradas na música gregoriana. Os xéneros en que se clasifica estas pezas corresponden case sempre ao texto poético.
-
Poesía escrita polos trobadores en lingua vulgar occitana entre os ss XII e XIV. A poesía trobadoresca caracterízase por estar escrita en lingua vulgar, ser lírica e estar escrita por individuos de identidade coñecida. Está integrada por un corpus de máis de 2.500 composicións escritas entre os ss XII e XIV por poetas nados en Gascoña, Languedoc, Provenza, Auvernia e Lemosín, aos que moi axiña se engadiron poetas do N de Italia, Catalunya, Galicia e Portugal. Moitas destas composicións foron recollidas en cancioneiros, na súa maior parte realizados en Italia durante o Renacemento. A lingua en que están escritas estas poesías, o occitano -ou provenzal-, e no caso de Galicia e Portugal, en galego-portugués, presenta unha uniformidade moi notable e relativamente poucos trazos dialectais, malia a diversa procedencia dos poetas. Trátase, xa que logo, dunha poesía escrita nunha lingua supradialectal, unha especie de koiné. As poesías dos trobadores eran un todo inseparable das melodías que as...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquipélago do Océano Pacífico que pertencen ao estado de Papua Nova Guinea (440 km2). Están situadas no mar das illas Salomón, ao SL da illa de Nova Guinea. A cidade principal é Losuia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á nutrición.
-
-
Relativo ou pertencente ao tropismo.
-
Aplícase ás hormonas que dirixen ou regulan a produción doutras hormonas.
-
Relativo ou pertencente ao tropo.
-
-
Cada un dos dous paralelos xeográficos da esfera terrestre situados a unha distancia do Ecuador de 23° 27’. O trópico de Cáncer está situado no hemisferio boreal, e o trópico de Capricornio no hemisferio austral. O día 21 de xuño o Sol atópase no cénit ao mediodía para todos os puntos xeográficos situados exactamente sobre o trópico de Cáncer, e o 22 de decembro obsérvase este mesmo feito nos puntos situados sobre o trópico de Capricornio. Estes son os dous únicos días do ano en que o Sol pasa polo cénit nos trópicos.
-
Rexión ou zona comprendida entre os trópicos. OBS: Nesta acepción emprégase xeralmente en plural.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo de mar que separa as illas de Hokkaidō e de Honshū e que comunica o mar de Xapón co Océano Pacífico. Na súa beira están os portos de Hakodate (Hokkaidō) e Aomori (Honshū).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Onda de gran potencia destrutiva, propia sobre todo do Océano Pacífico, que é producida por un gran movemento sísmico submarino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Arxentina, situada na rexión Norte (22.524 km2; 1.331.923 h [2001]). A súa capital é San Miguel de Tucumán. Atópase ao L da cordilleira de Aconquija, da que xorden diversas ramificacións en dirección L formadas por materiais metamórficos e cristalinos. A zona central é unha chaira percorrida polo río Sali. Ten clima e vexetación tropicais, o que a converte nunha zona produtora de cana de azucre, arroz, liño, tabaco, froitas e produtos da horta. Antes da chegada dos españois, o territorio estaba poboado por pequenos grupos tribais. No s XVI producíronse as incursións dos pobos de Charcas e de Chile e quedou vinculado a Charcas cun intenso comercio de mulas e coiros. En 1813 foi incorporada ás provincias de Río de la Plata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de tungsteno hidratado, de fórmula WO3 "Snell Roundhand" >⋅ H2O, que cristaliza no sistema rómbico, de peso específico 5,5 e dureza 1-2,5. É de cor amarela, fórmase por alteración das scheelita e da volframita, e en Galicia é moi escasa.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo tunguso.
-
Individuo do pobo tunguso.
-
Pobo de raza mongoloide diseminado por un amplo territorio comprendido entre os Urais, o Océano Pacífico, o Océano Ártico e a fronteira de China. Esencialmente cazadores, dedícanse á cría de renos. Algúns pasaron ao sedentarismo agrícola. A súa sociedade, rixidamente patriarcal, divídese en clans exogámicos. O cristianismo ortodoxo, aceptado oficialmente, non borrou as súas crenzas e prácticas antigas, sobre todo o xamanismo.
-
Familia lingüística do phylum altaico que se fala nos territorios de Iacutia e nos okrug onde habitan os evenki. Das linguas tungusas destacan o evenki, o even o manchú e o oroch, aínda que están en perigo de extinción. Utilizan o alfabeto cirílico.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Turquía, aos seus habitantes ou a súa lingua.
-
Natural ou habitante de Turquía.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos turcos.
-
Individuo do pobo turco.
-
Grupo de pobos asiáticos que falan algunhas das linguas turcas. Parece que o núcleo orixinario, procedente do Altai, se desprazou cara a occidente e formou un conglomerado de tribos, a miúdo enfrontadas entre elas mesmas. Os principais grupos tribais constituídos no conxunto turco foron os uzbekos, os kazakhos, os turcománs e oghuz, os kirguizos, os uigures, os baxhires, os tártaros, os karakalpak, os iacutos, os chuvaxos e os balkares. Os pobos turcos tiveron os primeiros contactos co Islam no s VIII aínda que inicialmente estiveron moi relacionados co Imperio Chinés ou incluso dependían del. Cara ao s VIII xa había grandes sectores da poboación turca que o adoptaran e que formaban os núcleos de futuros estados musulmáns, como o imperio de Maḥmūd de Ghaznī, o dos qarakhánidas ou o dos selxúcidas. Ao comezo do XIII, produciuse a entronización do poder mongol nos seus territorios, obra de Xenguis Khan. Nos últimos momentos do Imperio Mongol, o poder real foi pasando a mans...
-
-
-
Lingua turca suroccidental do phylum altaico que se fala en gran parte de Turquía e por minorías importantes en Chipre (onde é lingua oficial), nos Balcáns (especialmente Grecia e Bulgaria), en Siria e en Iraq. No pasado distinguíanse dous niveis de lingua en Turquía: a da corte, a administración e os reducidos núcleos de intelectuais, chamada fasih türkçe ou turco puro, incomprensible para a gran maioría da poboación, e o chamado kaba türkçe, turco vulgar, menos influído polo árabe e polo persa. Despois da revolución de 1923, Atatürk lanzou a consigna de que para ser turco cumpría turquizar a lingua e emprendeu a gran reforma lingüística de 1932. O turco coloquial (variante de Istambul) pasou a ser tamén a lingua da administración e da alta cultura. O alfabeto árabe foi substituído polo alfabeto latino. Na fonética do turco, a metafonía ten un papel moi importante. Non hai artigo nin marca de xénero. A morfoloxía é moi regular. O substantivo coñece seis casos:...
-
linguas turcas
Grupo de linguas do phylum altaico que se falan nunha extensa zona de Asia, que vai desde Turquía ata Siberia pasando polas estepas de Asia central (Irán, Afganistán, Rusia e China). As linguas turcas antigas xunto co uigur antigo corresponden ás inscricións rúnicas de Orkhon (s VIII) e de Ienisei (ss VII e VIII). As denominadas linguas turcas medias agrupan o conxunto de linguas faladas polos qarakhánidas, os cumanos, os kipchak e o pobo de Corasmia, xunto co chagatai literario. As linguas turcas modernas divídense en dous grandes grupos: o chamado s (linguas en que o son [j] das linguas turcas antigas se representa por s) e o chamado j (linguas que conservan o fonema [j] antigo). Dentro do grupo s está o búlgaro do Volga (falado antigamente polos búlgaros, antes da súa eslavización no s VII e actualmente extinguido); o chuvaxo, falado na República dos Chuvaxos e nas rexións de Kazan’ e Saratov (Rusia), que dispón dunha notable literatura desde o s XVII...
-
-
...
-
-
-
Feito de viaxar por pracer. O termo tourist (turista) xurdiu en 1800 para designar os británicos de clase alta que realizaban o Grand Tour ou viaxe de fin de estudos, cara aos centros da cultura europea clásica (París, Roma ou Florencia), durante un ou dous anos. O conxunto de actividades que realizaban podía definirse como tourism (turismo). Algúns especialistas remontan a súa orixe á Antigüidade, -proclamando como viaxes turísticas algunhas campañas da cultura helenística- ou á Idade Media, época das grandes peregrinacións, das cruzadas e da proliferación de novas rutas comerciais. Este modelo de viaxe exploratoria afianzouse co nacemento dos primeiros estados modernos que, logo da consolidación das misións diplomáticas, xustificou a viaxe de centos de persoas dun lugar a outro do planeta. Outra tradición relacionada co turismo foi a dos exploradores. Os cambios fundamentais na maneira de coñecer o turismo producíronse a partir da segunda metade do s XX, cando pasou...
-
Conxunto de actividades relacionadas coas viaxes deste tipo.
-
Conxunto de turistas.
-
Nome dado ao automóbil con capacidade para nove persoas ou menos, incluído o condutor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de composición variable que cristaliza no sistema trigonal. Presenta gran variedade de cores, segundo os elementos que entren a formar parte da súa composición (cuarzo, apatita, mica ou pirita), ten unha dureza de 7-7,5 e peso específico 2,9-3,5. É común nas rochas metamórficas e eruptivas. En Galicia é abondoso, e pode atoparse formando parte doutras rochas (granitos ou pegmatitas) en zonas como o monte Galiñeiro, Tomiño, A Ramallosa, Monteferro ou Goián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe da Chanson de Roland, morto na Batalla de Roncesvalles (778). Tradicionalmente identificouse co monxe de Saint-Denis, Tilpin, que foi arcebispo de Reims, a quen se lle atribuíu a Historia Karoli Magni et Rotholandi, máis coñecida por Pseudo-Turpin, onde se narran as xestas marabillosas e lendarias dos paladíns de Carlomagno. En realidade, trátase unha escolma de dous textos, o primeiro (cinco primeiros capítulos) escrito por un monxe de Santiago de Compostela (950) e o outro (capítulos restantes), obra dun monxe de Santo André de Viena do Delfinado (1109-1119).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora cinematográfica estadounidense fundada en 1935 tras a fusión da Fox Film Corporation (1914) e da Twentieth Century Pictures (1933). Con sede en Los Angeles (California), posúe algúns dos estudios cinematográficos máis importantes do mundo. Pertence ao grupo News Corporation, controlado por Rupert Murdoch.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe teleósteo, da familia dos elópidos, que habita en augas tropicais nas costas do Atlántico e do Pacífico. Pode medir ata 1 m de lonxitude e presenta o corpo fusiforme, as escamas finas, a cabeza pequena e bicuda e a aleta caudal moi bifurcada. Ten o dorso gris azulado, o ventre e os costados prateados, e as aletas inferiores de cor amarela. Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos.
-
-
Relativo ou pertencente á antiga Ugarit, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Ugarit.
-
Antiga lingua semítica noroccidental do phylum afroasiático que se falaba en Ugarit. As características principais son a existencia dunha forma dobre do pronome independente de primeira persoa, como en hebreo e en fenicio (ank an), o uso dun pronome dual de primeira e terceira persoa no caso dos pronomes posesivos e da primeira persoa no dos acusativos, a ampla utilización do dual nos substantivos (de todas as linguas semíticas o ugarítico é o que máis emprega este número), e a existencia de nove conxugacións, a máis característica delas é a causativa con pre-formativa š. O desciframento da escritura ugarítica permitiu interpretar unha serie de escritos administrativos, epistolográficos, relixiosos, hipolóxicos, misceláneos e, sobre todo, literarios, como O ciclo de Baal e Anat, O nacemento dos deuses e O matrimonio da Lúa e de Nikkal, que botan luz sobre o AntigoTestamento.
-
Escritura propia da lingua ugarítica. Hai que cualificala de cuneiforme, en tanto que emprega o gravado sobre a arxila como método gráfico. É alfabética, e componse de trinta signos, entre os que hai tres alef, que reproducen os sons vocálicos a, i e u. A pesar diso, o ugarítico non anota as vogais, pero, a diferenza de moitas das escrituras semíticas, escríbese case sempre de esquerda a dereita. Foi descifrado por H. Bauer, E. Dhorme e Ch. Virolledaud.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo concepto utilizado a partir de 1979 polos científicos xaponeses para expresar un quinto sabor, que está provocado principalmente pola acción do glutamato monosódico, e representa un gusto que non se pode describir por combinación dos catro primitivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución especializada da ONU, creada en 1945, con sede en París. Os seus obxectivos son os de contribuír á paz e á seguridade mundial promovendo o entendemento e a cooperación entre os estados mediante o fomento da educación libre, obrigatoria e universal, a promoción do intercambio cultural, o uso pacífico da ciencia, e a colaboración dos medios de comunicación na defensa da verdade, a liberdade e a paz, así como na difusión das culturas do mundo. Ademais da conferencia xeral, o consello executivo e o secretariado, dispón de varios organismos e comisións de traballo e consulta. Finánciase con doazóns, coas contribucións dos estados membros e cos fondos da ONU. Entrega os Premios UNESCO e potencia diversas actividades, conferencias, seminarios e publicacións como O Correo da Unesco.