"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Relativo ou pertencente ao reino bioxeográfico australo-papú.
-
Reino bioxeográfico que engloba Australia, Nova Guinea, as Célebes, as Molucas e Nova Celandia. O máis característico do reino australo-papú é a fauna de vertebrados: os monotremas, os marsupiais, o emú, o casuario, o kiwi, as aves do paraíso, os paxaros xardineiros, a ave lira, a barramunda e o tatuara. Da flora, o máis característico é o xénero Eucaliptus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anticorpo que está activo fronte a un autoantíxeno que previamente determinou a súa formación. Os anticorpos antinucleares diríxense contra as proteínas do núcleo celular; os anticorpos antidesoxirribonucleicos contra o ácido desoxirribonucleico; os anticorpos antirribonucleicos contra o ácido ribonucleico; os anticorpos anticitoplasmáticos contra estruturas do citoplasma. Os autoanticorpos específicos de órganos só se dirixen contra un órgano concreto e os específicos de células, contra determinadas células. Todos estes anticorpos son de grande importancia na patoxenia e na diagnose das enfermidades autoinmunes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á autobiografía.
-
-
Elaboración de material impreso para a súa publicación mediante a aplicación de recursos informáticos. No ámbito publicitario, é preciso empregar programas específicos como QuarkXpress, Corel ou PageMaker, e un hardware suficientemente sofisticado que incluiría un potente ordenador, unha impresora profesional e un escáner.
-
Sistema de edición que permite compaxinar toda clase de documentos onde pode haber texto, ilustracións, gráficos, táboas, etc. Pódese elaborar así unha páxina na que se combinen todo tipo de informacións, con moita máis eficacia que con calquera outro procedemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á autografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia e técnica dos sistemas automáticos. Este termo foi utilizado por primeira vez por Torres Quevedo, quen clasificou os elementos que compuñan os sistemas automáticos en órganos de acción, de medida, de goberno e de transmisión. A automática teórica, estudo do comportamento dos sistemas automáticos, ten relación coas matemáticas, coa teoría da información, a informática e a enxeñería. A automática práctica ocúpase dos diferentes tipos de sistemas automáticos. Os máis simples son os sistemas con programa cronométrico (por exemplo, o torno automático dirixido por levas). Cando o ciclo comeza, non é posible modificalo; ademais carece da posibilidade de autocorrección. O segundo tipo en canto a complexidade está formado polos sistemas de conmutación por secuencias (por exemplo, os ascensores con memoria, pero sen programa); posúen funcionamento automático, pero non autocorrección. O deseño destes sistemas utiliza a álxebra de Boole ou álxebra lóxica. Un terceiro tipo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballo ou obra artística que ten un fin en si mesma. Como termo específico apareceu co New Criticism para defender a idea de que a obra debe estudiarse como estrutura organizada, da que hai que desterrar a crítica extrínseca. O concepto axudou a promover a teoría da arte pola arte e influíu nas vangardas, sobre todo no Creacionismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á autotrofia ou aos organismos autótrofos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uranofosfato de calcio hidratado, de fórmula Ca(UO2)2(PO4)2·10-12H2O. Cristaliza no sistema tetragonal, pero opticamente ten propiedades rómbicas. Preséntase en cristais tabulares illados ou en escamas. É dunha cor amarela verdosa e translúcida. Ten exfoliación perfecta, dureza 2-2,5 e peso específico 3,2. Presenta unha fluorescencia verde moi intensa baixo luz ultravioleta e é moi radioactiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato hidratado de aluminio, de fórmula Al2(PO4)(OH)3. Cristaliza no sistema monoclínico, de cristais brancos, amarelados ou rosados. Ten dureza 4,5-5 e peso específico 2,69.
-
-
Axuda prestada a alguén que se atopa nunha situación perigosa ou difícil.
-
Deber que, por razóns de humanidade, de parentesco, de interese público, etc, se impón pola lei obrigando a certas persoas ou entidades a axudar, asistir ou socorrer a outras, especialmente en situacións excepcionais. Deste xeito, non cumprir co deber de socorrer a toda persoa desamparada e en perigo manifesto ocasiona o delito de omisión de socorro; acontece co deber de cubrir as necesidades mínimas dos parentes pobres ou deber de alimentos e tamén co deber de prestarse auxilio mutuamente os órganos xudiciais (auxilio xudicial) ou outras autoridades non xudiciais. A omisión do deber de auxilio entre autoridades comporta o delito específico de omisión de auxilio.
-
Función identificada por Vladimir Propp (Morfoloxía do conto, 1928) na súa análise formal dos contos marabillosos, que designa as axudas que recibe o heroe para superar as probas que se lle presentan e conseguir o seu propósito.
-
Sacramentos e sacramentais administrados ao cristián en perigo de morte (confesión, comuñón e extremaunción): a unción dos enfermos, o viático, a absolución sub conditione, a indulxencia in articulo mortis, a axuda “a ben morrer”, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á auxotrofia ou aos auxótrofos.
-
-
-
Técnica e práctica que permite o voo dos aparellos máis pesados ca o aire (aeronaves). Atópanse referencias moi antigas ao home voador. Neste senso son notables os estudios de Leonardo da Vinci de finais do s XV, os de Francesco de Lana, os de Giovanni Alfonso Borelli e os de Isaac Newton no s XVII. O libro De motu animalium, escrito por Borelli no 1680, establece a analoxía do home voador cos paxaros; por vez primeira foi esbozada a diferenza entre a Aerostática, na que a forza de sustentación se obtén mediante enxeños máis lixeiros ca o aire, e a Aviación, onde esta forza se consegue con aparellos máis pesados ca o aire, coa axuda de motores. A Aviación non comezou a ser posible ata que, entre o 1799 e o 1853, o inglés George Cayley definiu os fundamentos da aerodinámica. Cara ao 1810 construíu un planador co cal foi quen de facer algúns voos. Inspirándose nas ideas de Cayley, no 1843 William Samuel Henson publicou un deseño de máquina voadora provista de motor de vapor. Alphonse...
-
aviación comercial /
Industria de transporte aéreo encargada de cubrir as liñas de pasaxeiros e mercadorías. Este sector está formado por un número indeterminado de compañías e as máis importantes están rexistradas na Asociación do Transporte Aéreo Internacional (IATA). Cara á fin da década de 1950 produciuse unha carreira de beneficios crecente ata o 1970, pero no 1973 entrouse nunha situación de crise por mor do encarecemento dos combustibles (crise do petróleo). A partir do 1980 as compañías asociadas á IATA coñeceron graves perdas económicas. Esta situación produciu multitude de “guerras de tarifas”. Por riba, o incremento dos voos fretados (charter), que cobren o 50% do tráfico interior, obrigou ás compañías regulares a crear unhas tarifas especiais para nenos, xubilados, vacacións, etc, o que non fixo máis que agravar a crise económica. Cómpre remarcar, sen embargo, a diferenza entre as compañías americanas, que son propiedade de grupos privados, e as europeas, a maioría delas son dos diferentes...
-
aviación militar /
Tecnoloxías e innovacións da Areonáutica aplicadas aos conflitos bélicos. As primeiras aplicacións militares da aviación tiveron lugar no N de África durante a guerra de Italia contra Turquía polo control de Libia (1911-1912). No 1913 empregouse na campaña de España en Marrocos. A Primeira Guerra Mundial deu un forte impulso á aviación militar. Poucos días despois de comezar a guerra, un avión francés Voisin fixo o primeiro bombardeo. A finais do 1914, en Francia e en Rusia organizouse a aviación de bombardeo. A partir do 1915 Gran Bretaña fabricou avións de gran calidade para as forzas aéreas. O motor lineal de cilindros en V, desenvolvido paralelamente en Alemaña e na Gran Bretaña pouco antes da Segunda Guerra Mundial, deu lugar aos mellores aparellos de caza da época: o Messerschmitt Me-109, o Spitfire e o Hurricane. Nos EE UU xurdiu o bombardeiro cuadrimotor de gran radio de acción, rápido pero con pouca carga de bombas. Os alemáns fabricaron avións...
-
-
Dotación de avións e instalacións complementarias, dun estado, dunha compañía, etc. Pódese diferenciar a aviación civil, dedicada principalmente ao transporte de persoas e mercadorías e que adoita estar en mans de compañías privadas, da aviación militar, dedicada a misións de carácter bélico e controlada polos gobernos.
-
-
-
Acción e efecto de avisar.
-
Palabras, escritos ou recados para avisar dalgunha cousa.
-
Técnica publicitaria empregada na radio e na televisión que consiste en emitir unha mensaxe comercial como se se tratase dunha advertencia propia da programación.
-
Navío de guerra pequeno, pouco armado, e de características pouco precisas, que serve para algúns dos diferentes usos que teñen os barcos das flotas. Actualmente, os avisos fan as funcións de buques gardapesca, patrulleiros, barcos hidrográficos, etc.
-
Escrito asinado onde se declara que se recibiu unha carta, un envío, cartos ou cousas semellantes.
-
-
-
Empresa dedicada a xestionar asuntos alleos ou prestar servicios como intermediaria.
-
Lugar onde está establecida unha empresa dedicada a xestionar asuntos ou prestar servicios.
-
Oficio ou encargo de axente.
-
Establecemento secundario dunha empresa.
-
Contrato polo que unha parte asume de forma estable e permanente o encargo de levar adiante, en nome e por conta doutro e a cambio dunha retribución, a conclusión en exclusiva de contratos nunha zona determinada.
-
Persoa física ou xurídica que de xeito habitual e retribuído, e en posesión do título correspondente presta servicios de orientación, información e asistencia turística. Atende a viaxeiros e turistas tanto en materia monumental, artística, histórica ou ofrece datos sobre comunicación e aloxamento e, en xeral, de canto poida ser de interese para o coñecemento do patrimonio turístico e a utilización dos medios existentes ao servizo do público. En Galicia correspóndelles este labor aos chamados Centros de Iniciativas Turística (CIT), xeralmente promovidos polos concellos ou por mancomunidades.
-
Empresa de servicios que dispón de persoas cualificadas no eido da comunicación e que desenvolven, mediante contrato, tarefas especializadas para outras institucións. Entre os profesionais que ofrece este tipo de empresa, ademais de modelos e actores para anuncios publicitarios ou organización de actos públicos, poden dispor de fotógrafos, directores de cine ou calquera outro artista ou profesional relacionado co mundo publicitario e das relacións públicas.
-
Establecemento ou empresa que ofrece información de carácter xeral ou sobre un tema específico a través dunha rede de telecomunicacións como a Internet.
-
Organización que centraliza as informacións periodísticas recollidas polos seus correspondentes nos lugares onde se producen os acontecementos, clasificándoas e transmitíndoas ás empresas subscritas (xornais, centros de televisión, emisoras de radio, etc).
-
Empresa comercial dedicada a crear, planificar e difundir campañas publicitarias previamente contratadas por un anunciante. As súas actividades concéntranse na producion de anuncios, planificación de medios e deseño de plans de comunicación. A estrutura dunha axencia está en estreita dependencia co alcance dos servicios que ofrece, coa dimensión da axencia e coa carteira de clientes cos que traballa. Tomando como modelo unha axencia grande, os diferentes departamentos que a forman son: departamento de contas, órgano que une a axencia co cliente a través do executivo de contas, que ten a función de saber qué tipo de actividade ten que desenvolver a axencia para o seu cliente, así como asesoralo ao longo da campaña; departamento de investigación e márketing, que obtén información sobre o consumo do produto ou o servizo co que está a traballar a axencia, datos sobre o produto e investigacións sobre a competencia; departamento creativo, que ten a misión de elaborar...
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu en 1972 a Axencia Europea de Enerxía Nuclear, institución con sede en París, fundada en 1958 pola Organización Europea de Cooperación Económica (OECE) e dependente da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE, substituta da anterior) dende 1961. Ten por finalidade promover e coordinar proxectos conxuntos de desenvolvemento da enerxía nuclear para usos pacíficos. Pertencen a ela todos os estados membros da OCDE agás Nova Celandia.
-
-
Que desenvolve unha acción.
-
Poder ou causa activa que produce un efecto ou un fenómeno determinado.
-
Persoa que ten a misión de obrar en representación de alguén.
-
Aquel que executa actos que poden producir ou producen efectos xurídicos.
-
Autor dunha acción cualificada legalmente como delito ou como falta.
-
-
Parte do sistema que facilita o intercambio de información nos modelos de rede cliente-servidor.
-
axente de busca
Aplicación informática que localiza datos nunha rede tras recibir instrucións delimitando o tipo de información que debe encontrar, e organizando a continuación os resultados seguindo unhas categorías preestablecidas.
-
-
-
Aquel ou aquilo que realiza a acción expresada polo verbo, a diferenza do paciente, que sofre a acción en vez de realizala.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Borosilicato de aluminio e calcio con cantidades variables de ferro, magnesio e manganeso, de fórmula (Ca,Mn,Fe)3Al2BO3Si4O12(OH). Cristaliza no sistema triclínico e os cristais son tabulares. É piroeléctrico, de cor marrón, gris ou violáceo, transparente e de brillo vítreo. Ten exfoliación clara, dureza 6,5-7 e peso específico 3,26-3,36. A súa orixe é pneumatolítica, nas áreas de contacto de rochas ígneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prolongación citoplasmática da neurona, xeralmente única e de lonxitude variable, que conduce o impulso nervioso en forma de potencial de acción. Os axóns rematan nunha arborización, simple ou moi ramificada. A maioría fan sinapses con outras neuronas ou con receptores específicos como as placas motrices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suplemento educativo semanal en galego editado o 13 de xullo de 1974 e incluído dentro do xornal ourensán La Región. Subtitulado “Semanario do neno galego”, deixou de publicarse o 18 de xaneiro de 1975, no número 28. Ideado por Paco Martín e polos debuxantes Ulises L. Sarry e Xan Balboa, contou coas colaboracións de Xesús Alonso Montero coa sección pedagóxica “Escola de lingua galega” e Xosé Neira Vilas cos poemas de “Cantarola dos nenos”. Contiña tamén as seccións “Cartafol”, “Lamote” -viñeta de banda deseñada de Balboa-, “Xentes e cousas”, “Fraga viva” con informacións da fauna galega, “Comandante Iago” -cómic de Sarry-, “Verbas encrucilladas”, xeroglíficos e “As miñas argalladas”, na que se falaba de xogos e inventos para nenos. No 25 cabodano de Castelao editouse un número especial.