"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Entre os gregos, orixinariamente, ‘non grego’, é dicir, estranxeiro, aplicado indistintamente aos membros dunha civilización desenvolvida (persas, exipcios) e aos de pobos primitivos (sármatas, escitas, xermanos). Coa civilización helenística, basicamente cosmopolita, este termo tomou un simple significado de inxenuidade e simplicidade. Os romanos déronlle un sentido pexorativo: o bárbaro era aquel que ignoraba ou non gozaba das superiores calidades da civilización. O contacto entre o mundo grecorromano e o bárbaro deu ao termo un significado máis concreto: designaba ás poboacións que quedaban fóra do Imperio e ameazaban as súas fronteiras, mentres que, coas invasións e a destrución do Imperio Romano de Occidente, pasou a designar a un home salvaxe, feroz e ordinario. Os godos, no s Vl, identificaban como bárbaros a aqueles que non eran nin godos nin romanos. San Tomé substituíu este termo polo antigo termo cristián de xentil. Durante o Renacemento denominaba todo aquilo que non era clásico,...

    2. Quen utiliza a forza ou a ousadía e non a intelixencia. OBS: Esta acepción pode ser utilizada de xeito despectivo ou non. SIN: bruto.

    3. Que non garda o respecto debido ás outras persoas ou ás regras de comportamento cívico dominantes. SIN: bruto, descortés, groseiro, ordinario, rudo.

    4. Extremadamente cruel. SIN: atroz, brutal, fero, feroz, inhumano.

    5. Que é admirable pola súa calidade. SIN: estupendo, excelente, extraordinario, fabuloso, fantástico, formidable, magnífico, marabilloso, sensacional.

    6. Expresión empregada tradicionalmente para designar as sucesivas migracións de pobos non romanizados. Refírese sobre todo ás dos ss lV e V, que se introduciron no Imperio Romano e contribuíron á destrución da súa parte occidental. Con anterioridade xa houbera diversas incursións e migracións contidas de pobos espallados ao longo do limes imperial. Cara á metade do s III estes pobos foron substituídos polos francos, burgundios, alamanos, vándalos e godos, case todos procedentes das rexións bálticas. Entre eles destacaron dous grupos: os francos (dividido en francos ripuarios, establecidos na beira dereita do Rin, preto da actual Colonia, e francos marítimos, que ocupaban dende o val do Ijssel ata as costas de Holanda), e os godos, pobo xermánico procedente do baixo Vístula e instalado solidamente no s III na Ucraína (dividido á súa vez en ostrogodos ou godos do leste e visigodos ou godos do oeste). Francos e alamanos devastaron a Galia, a Hispania e mesmo o N de Italia (242 e 276)....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcacións de pequenas dimensións, calquera que sexa o seu medio de propulsión: vela, remo ou motor, empregadas para a pesca, o tráfico ou a navegación, tanto preto da costa como no interior dos ríos, ou ben como auxiliar doutras maiores. En Galicia, este nome xenérico é pouco usual, pois cada embarcación é denominada polo seu nome específico: dorna, gamela, chalana, etc.

    2. Tipo de balsa que serve para atravesar un río dunha beira a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio litoral da cidade de Barcelona. O aumento da poboación e o derrubamento (1715) da parte máis poboada de La Ribera para edificar a cidadela, presentaron a necesidade dun novo barrio. Proxectado polo enxeñeiro militar Próspero de Verboom no 1719, as obras principiaron en 1753 baixo a dirección de Juan Martín Cermeño. Abríronse quince rúas atravesadas por nove máis, paralelas á costa, con casas de planta baixa e cun só andar. O incremento demográfico do s XlX motivou a autorización para construír ata catro alturas. Co gallo dos Xogos Olímpicos do 1992 a fachada marítima transformouse, abríndose cara á Vila Olímpica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de madeira, ferro ou calquera outro material que, mediante unha estrutura axeitada, permite a súa flotabilidade. Impulsado e dirixido por uns aparatos específicos e axeitados (remos, vela ou motor), pode transportar pola auga a persoas, animais ou mercadorías. SIN: embarcación, nave.

    2. Cuncha interna da xiba.

    3. Embarcación empregada para transportar os traballadores á batea, e que tamén recolle a produción de mexillón. Levan a cuberta máis despexada (a ponte e a cámara van máis cara á proa), co obxecto de poder traballar enriba e ter a posibilidade de cargar máis. Estes barcos bateeiros funcionan como unha factoría no mar, equipados cun guindastre mecánico para levantar as cordas, con toldos para traballar a cuberto, con máquinas de palillar que introducen uns paos nas cordas para impedir que as crías do mexillón escorreguen, e levan instrumentos mecánicos para encordar, espiñar e realizar outras tarefas.

    4. A necesidade de cruzar os ríos traduciuse na construción de embarcacións adaptadas para navegar polas súas augas. A utilidade e fin destas embarcacións foi, fundamentalmente, a de transportar dunha beira a outra do río pasaxeiros, gando e mercadorías varias. Adaptados a estas características específicas, a gran maioría dos barcos de río son de fondo plano, poucas veces curvado, e de costados rectos. A proa e a popa teñen idénticas características se son empregadas para o transporte de carros ou gando, cunha forma achatada que facilita a entrada e saída da embarcación. Antigamente eran de tamaños variables, habéndoas de oito metros de longo por catro de ancho. No tramo intermedio do Miño existe un tipo singular de barco de río: a dorna ou barco. Estas embarcacións estaban formadas por dous flotadores chamados dornas, de aí o seu nome, construídos a partir dun tronco baleiro, coa parte de proa rematada en pico e a de popa con forma achatada. Os flotadores ían unidos por travesas, que á súa...

    5. Embarcacións feitas en madeira, con tracción a motor e cun peso que supera as 20 toneladas. Á parte dos elementos mecánicos comúns ao resto das embarcacións a motor, levan unha serie de útiles e complementos específicos para o traballo co aparello do cerco: cubertas de madeira ou caixonas, situadas na cuberta do barco e destinadas a gardar o peixe, o rancho ou dependencia destinada para que os mariñeiros durman a cuberto, uns muíños en posición vertical (carretel), que serven para recoller a xareta do aparello, o halador que permite recoller e largar o aparello, e a pasteca, que consiste nunha pequena polea para a xareta. No costado de estribor leva unha varanda, e no de babor vai libre para poder traballar co aparello. A maquiniña ou halador vai en posición vertical, a diferencia dos outros barcos, para así poder tirar dos cabos do aparello polo costado. Estas embarcacións van equipadas con radares para a localización do peixe, así como con equipos de radio que os comunican con terra.

    6. Embarcación que en tempos se empregou no tramo internacional do río Miño, e que aínda hoxe é frecuente na parte portuguesa, con algunhas modificacións na súa tipoloxía tradicional. Presenta unha proa e popa de características construtivas idénticas, mantendo a proa un pouco máis alta ca a parte traseira. A súa quilla ten forma de T, e un perfil redondeado. As súas dimensións son, de seis a sete metros de eslora e metro e medio de manga. É unha embarcación aberta, sen corredores laterais, cun pequeno banco na popa (tosta), outro no medio (bancada) e o derradeiro na proa. Aparellaba unha pequena vela sobre un sinxelo mastro, caído a popa. Dispuña dun temón de grandes dimensións (ata 80 centímetros de ancho), e que pasaba 40 centímetros por baixo da quilla. Estas embarcacións empregábanse para o transporte de persoas e mercadorías, usándose actualmente para a pesca da angula, da solla e da zamborca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de bario, de fórmula BaSO4. Tamén denominada espato pesado, cristaliza na singonia rómbica, e os cristais son tabulares. Presenta agregados típicos en forma de libro aberto. É de boa exfoliación, transparente, branca, incolora ou de cores diferentes, segundo as impurezas. Posúe un brillo vítreo ou nacarado, dureza 3,5 e peso específico 4,5. É abundante na natureza, en filóns, xunto con sulfuros metálicos, ou ben en depósitos sedimentarios nodulosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escala aerométrica empregada na industria da extracción do tanino. O cero da escala corresponde á auga, e cada grao representa unha variación de 0,001 no peso específico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barómetro, xeralmente aneroide, que leva encaixado un mecanismo de rexistro; este permítelle debuxar sobre un gráfico a curva de variación da presión atmosférica en función do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico obtido cun barógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que goberna unha barca.

    2. Persoa que conduce ou goberna unha barca pequena de transporte, destinada a traxectos curtos para o tráfico dos portos e outros lugares onde ancoran as embarcacións.

    3. Persoa que aluga barcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Está situada sobre o río Sor, na ría do Barqueiro, entre as parroquias de Mogor (Mañón) e Negradas (Vicedo). Trátase dunha ponte metálica con tres arcos de ferro forxado sobre piares de cantería. O proxecto orixinal redactouno no ano 1880 o enxeñeiro Adolfo Poqueño; sen embargo, paralizouse a súa construción por desentendemento entre a empresa e a administración pública contratante. No ano 1894 retomou o proxecto o enxeñeiro José Real, quen modificou o deseño orixinal. A súa construción comezou no ano 1895 e rematou no 1901. Forma parte da estrada N-649, no treito que enlaza Ortigueira con Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza composta dun material ríxido que presenta unha forma alongada e, en xeral, de pouco grosor.

    2. Panca ou vara que se usa para transportar algunha cousa pesada ou como panca para levantala.

      1. Peza alongada, xeralmente de metal, que soen ter os bares ou outros establecementos semellantes formando parte do mostrador.

      2. O mostrador no seu conxunto.

    3. Bloque de sección trapezoidal de ouro ou de prata en bruto.

      1. Peza de pan ou doutros comestibles que adoitan ter forma alongada e calibre uniforme.

      2. Forma de paralelepípedo alongado coa que se fabrican boa parte dos produtos derivados da chacina, para que se poida rebandar con maior facilidade.

    4. Nube longa que se pode observar despois da caída do sol.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector naval fundada en 1908 en Vigo, na zona do Areal, polos irmáns José, Federico, Julio e Fernando Barreras Massó, pertencentes a unha familia de industriais cataláns establecida en Vigo dende mediados do s XIX. Esta empresa viña a suceder á sociedade Vda e Hijos de J. Barreras, constituída en 1892 e establecida en 1918 no barrio de Coia. En 1918 a empresa construíra 376 embarcacións, a maioría pequenos pesqueiros con casco de madeira; aínda que desas datas son o cargueiro Mercurio e algúns vapores de gran tamaño. En 1927 construíu o primeiro pesqueiro de casco de aceiro da Ría de Vigo, os vapores Venus e Minerva e o veleiro Gelmírez. Entre 1932 e 1976 a empresa iniciou unha etapa de grande actividade (incentivada pola Lei de Renovación da Flota Pesqueira do 1961) e diversificación na súa produción: construción de motores diesel e outras pezas de motores para buques, caldeiras de vapor (unha das actividades tradicionais dende 1892), etc. En 1932 construíu o petroleiro Campalans,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método de codificación empregado no estándar de intercambio de textos por Internet MIME, alternativa moderna a outros sistemas como Uuencode. Nos Macintosh, a combinación de Base64 con BinHex permite codificar de forma efectiva as dúas partes de cada ficheiro (recursos e datos).

    2. Parte inferior dalgunha cousa onde esta descansa sobre o seu soporte, especialmente parte inferior dun muro, dun piar, dunha columna, dunha torre, dun cruceiro, dun hórreo, etc, diferente do resto da construción pola forma, a ornamentación, etc.

      1. Parte máis importante que constitúe ou intervén nunha determinada cousa.

      2. Cousa fundamental e imprescindible, necesaria para que se poida construír ou establecer algo. OBS: Cando vai posposto a un substantivo desempeña a función de adxectivo.

      1. Feito ou cousa que orixina algo ou que constitúe o seu principio.

      2. Fundamento no que se apoia aquilo que estamos a dicir.

    3. Conxunto de membros efectivos dunha organización formal que non ocupan cargos burocráticos nin directivos. OBS: Xeralmente se utiliza en plural.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior dalgunha cousa onde esta descansa sobre o seu soporte, especialmente parte inferior dun muro, dun piar, dunha columna, dunha torre, dun cruceiro, dun hórreo, etc, diferente do resto da construción pola forma, a ornamentación, etc.

      1. Parte máis importante que constitúe ou intervén nunha determinada cousa.

      2. Cousa fundamental e imprescindible, necesaria para que se poida construír ou establecer algo.OBS: Cando vai posposto a un substantivo desempeña a función de adxectivo.

      1. Feito ou cousa que orixina algo ou que constitúe o seu principio.

      2. Fundamento no que se apoia aquilo que estamos a dicir.

    2. Conxunto de membros efectivos dunha organización formal que non ocupan cargos burocráticos nin directivos.OBS: Xeralmente se utiliza en plural.

      1. Parte dun órgano que se une a outro máis céntrico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converterse en base.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción pública da época romana, composta por unha gran sala rectangular, dividida en naves por filas de columnas, que pode ter unha ábsida nun extremo ou nos dous. De orixe dubidosa, na época clásica servía como centro de reunión, tribunal, lonxa, etc. A máis antiga da que se conservan vestixios en Roma é a basílica Emilia, edificada no foro no 179 a C. Anos máis tarde, Sempronio Graco construíu a basílica Sempronia, tamén no foro, que foi substituída pola basílica Xulia, construída en tempos de Augusto sobre unha idea de César. Coa ampliación do foro na época imperial, Traxano edificou a basílica Ulpia, con dúas ábsidas. A de Maxencio foi acabada por Constantino. As cidades romanas das provincias un pouco importantes dispuñan de basílica, xeralmente no foro.

      1. Igrexa que, pola súa forma, lembra á basílica romana. Na época paleocristiá e a partir de Constantino os grandes edificios de culto continuaron, ao longo do Imperio, a tradición da basílica clásica coas adaptacións que demandaba a liturxia. A basílica cristiá é de planta rectangular e o seu interior presenta dúas ou catro filas de columnas que a dividen en tres ou cinco naves; a central é máis grande e máis elevada cás laterais, para resolver o problema da iluminación interna. As columnas soportan galerías mentres que sobre as novas se ergue o teito, que acostumaba ser de madeira. A ábsida, situada no extremo da nave central, contén o altar. O plan basilical consérvase máis ou menos recoñecible en épocas posteriores. Algunhas igrexas carolinxias, románicas, góticas e ata do Renacemento son, a miúdo, imitación das basílicas romanas e paleocristiás.

      2. Igrexa notable pola súa antigüidade e que goza de certos privilexios outorgados pola Santa Sé. O nome de basílica, con vacilacións, foi aplicado durante a Idade Media a moitos edificios de culto de planta ben diversa. Desde a Alta Idade Media foron consideradas basílicas “maiores” as catro principais de Roma: San Pedro do Vaticano, San Paulo Extramuros, Santa María a Maior e San Xoán do Letrán; as outras denomínanse “menores”. Por concesión papal obtiveron o título de basílicas menores diversas igrexas do mundo cristián importantes pola súa historia, polas súas proporcións e pola veneración que promoveron como santuarios.

    2. Gran vea do brazo, situada na cara interna do músculo bíceps, que se evidencia sobre todo enriba do cóbado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Epíteto específico que provén do nome orixinal co que foi descrita unha especie e que se mantén por dereito de prioridade nas transferencias e cambios de rango nomenclatural. Deste xeito, para a correola de praia (Calystegia soldanella) o epíteto específico soldanella, empregado na descrición orixinal da planta baixo o nome de Convolvulus soldanella, o basónimo que se conserva no nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción norteamericana realizada en 1943 e dirixida por Tay Garnett. Foi interpretada por Robert Taylor, George Muyphy, Thomas Mitchell e Lloyd Nolan. Filme baseado nos incidentes bélicos das illas do Pacífico en plena Segunda Guerra Mundial, con escenas realistas de gran calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á batigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun accidente xeográfico submarino como pode ser unha cordilleira, un foxo, un banco de area, unha depresión, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO