"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Acción de corrixir.

      1. Cambio resultante de corrixir un texto.

      2. Proposta dun especialista para mellorar un texto antigo corrompido.

      3. corrección de estilo

        Corrección feita sobre o orixinal dun texto para evitar repeticións innecesarias, darlle forma literaria, etc.

      4. corrección de probas

        Corrección feita xeralmente polo autor ou un corrector sobre probas de imprenta (galeradas e compaxinadas) mediante chamadas á marxe con signos convencionais.

      5. corrección tipográfica

        Corrección que consiste en substituír as letras (na composición á man ou no monotipo) ou as raias (no linotipo).

    2. Calidade de correcto.

    3. Cifra variable que, sumada alxebricamente á altura observada do Sol, á hora do cronómetro ou ao rumbo, serve para calcular exactamente a situación do barco.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal que apareceu na Coruña o 1 de xuño de 1867 baixo o subtítulo de “Diario de noticias, intereses materiales y anuncios”. Dirixiu a publicación Xosé María Montes e figuraba como redactor Froilán de Salazar. Impresa nos obradoiros tipográficos de Eusebio Cascante, incluíu artigos sobre historia, viaxes e literatura, á parte de información xeral sobre noticias nacionais e estranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cortar ou cortarse.

    2. Lado afiado dun instrumento que corta.

    3. Arte de cortar as pezas de vestir.

    4. Unión entre as táboas que conforman os costados do barco.

    5. Sección, real ou imaxinaria, dun edificio, que permite a análise das súas partes e dos seus elementos.

    6. Dirección dunha xunta da cabeza dunha doela que é oblicua respecto ao arco.

    7. Corte moi fino dun tecido (dun grosor da orde de 10 μm) que se obtén co micrótomo e que, unha vez tinguido, se observa co microscopio para estudar as células que o compoñen ou, coma no caso das biopsias, outras características.

    8. Representación esquemática da sección dunha zona da codia terrestre que permite ver o perfil topográfico e a estrutura xeolóxica. Realízase a partir dos datos que se obteñen da confección do mapa xeolóxico, interpretándoos conxuntamente cos datos de superficie, para averiguar a disposición estrutural en profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe creado por Hugo Pratt que comezou a publicarse a partir de 1967 no primeiro número da revista Sgt. Kirk. A partir de 1970, editou as súas aventuras na revista francesa Pif Gadget. Está considerado como un dos últimos aventureiros románticos do cómic. Trátase dun mariño orixinario de Malta que inicia a súa historia atado a unha cruz de madeira, abandonado nas augas do Pacífico Sur pola súa tripulación, como castigo por ser un pirata demasiado brando.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ave do xénero Corvus, da familia dos córvidos, de aspecto groso, peteiro forte e máis longo ca o resto da cabeza, e plumaxe negra con irisacións. Son animais intelixentes, nos que son comúns os xogos -con pedras ou paos que se pasan uns aos outros- e con gran capacidade para aprender e, polo tanto, para aproveitar recursos ou situacións ambientais novas. Aliméntanse tanto de pequenos animais que capturan eles mesmos coma de prea ou de sementes e froitos. Manipulan con facilidade o alimento, coas patas e o peteiro, e, ás veces, agachan parte del coa intención de recuperalo en épocas de escaseza. Emiten voces graves. Os dous sexos teñen un aspecto similar e forman parellas de por vida; estas defenden, na época de cría, un territorio no que se enfrontan a outros corvos ou a aves rapaces de moito maior tamaño ca eles.

      2. corvo común [port: gralha-preta; cast: corneja común; ingl: carrion crow] [Corvus corone, Fam dos córvidos]

        Corvo de 47 cm de lonxitude, de cola de bordo recto, amplamente distribuído pola rexión paleártica. Na Península Ibérica presenta unha distribución continua na metade norte, especialmente ligada a áreas de cultivo e só limitada pola necesidade da presenza de árbores altas onde fai o niño; é rara na metade sur, onde unicamente está presente entre os 500 e os 1.600 m de altitude. Existen tres subespecies: C. corone cornix, co dorso e o ventre de cor cinsenta e co resto do corpo negro, distribuída dende Alemaña e Italia ata Siberia central e Afganistán, ademais de Irlanda e o noroeste de Inglaterra; C. corone sardonius co dorso e co ventre de cor entre cinsenta e ocre, presente no sueste de Europa e C. corone corone, de plumaxe totalmente negra, que se rexistra en Europa occidental e central. En Galicia é común a subespecie C. corone corone, e tamén se observa a C. corone conix na costa durante o inverno. Desde antigo ténselle atribuído a esta ave...

      3. corvo grande [port: corvo; cast: cuervo; ingl: raven] [Corvus corax, Fam dos córvidos] Corvo

        de 63 cm de lonxitude, de plumaxe totalmente negra e coa cola en forma de cuña. Aniña en cantís ou árbores, especialmente en comarcas montañosas pouco poboadas polo home. Presenta unha distribución holártica. Existen 10 subespecies das que a subespecie C. corax hispanus está presente en toda a Península Ibérica.

      4. corvo norteamericano [cast: corneja americana] [Corvus brachyrhynchos, Fam dos córvidos]

        Corvo de 45 cm de lonxitude, de plumaxe negra e cola redondeada. Está presente en gran parte de Norteamérica.

      5. corvo sudafricano [Corvus albicollis, Fam dos córvidos]

        Corvo de ata 55 cm de lonxitude e peteiro especialmente groso, de plumaxe negra agás a caluga, cruzada por unha franxa branca. Está presente en medios agrestes e montañas do L e do S de África.

      1. corvo mariño [port: corvo-marinho; cast: cormorán; ingl: cormorant]

        Ave acuática da familia dos falacrocóridos, de ata 101 cm de lonxitude e 160 cm de envergadura, as máis das veces con plumaxe negra brillante, aínda que as partes espidas -arredor dos ollos e do peteiro- poden aparecer vivamente coloreadas. Teñen o pescozo longo, cunha pequena bolsa na gorxa moi vascularizada, que empregan para termorregularse, e as patas en posición moi atrasada e con membranas interdixitais. As súas plumas non son totalmente impermeables, especialmente as das ás que se enchoupan logo da pesca. O peso adicional das plumas molladas axúdaos a mergullarse. Voan co pescozo estendido e, moitas veces, en grupos aliñados en formación. A maioría das especies son sedentarias, viven en augas continentais ou no litoral mariño, son gregarias e aniñan formando colonias en cantís ou, no caso das poboacións continentais, en árbores mortas próximas á auga. A posta, composta ata de seis ovos, dá lugar ás crías; estas nacen espidas e cegas, e abandonan o niño ás 5 ou 8 semanas. En certos...

      2. corvo mariño chuíta [Phalacrocorax gaimardi, Fam dos falacrocóridos]

        Ave acuática de 75 cm de lonxitude, de plumaxe negra, con dúas manchas grandes de cor branca aos lados do pescozo e no dorso, e ás tamén salpicadas de branco. O peteiro é fino e de cor amarela, e as comisuras bucais e as patas de cor vermella viva. Está presente nas illas e nas costas sudamericanas do Pacífico e no extremo sur das costas atlánticas americanas.

      3. corvo mariño cristado [port: corvo-marinho-de-crista; cast: cormorán moñudo; ingl: shag] [Phalacrocorax aristotelis, Fam dos falacrocóridos]

        Ave acuática de 75 cm de lonxitude cunha pequena curupela. Distribúese dende o mar de Barents ata Marrocos. Na Península Ibérica habitan pequenas colonias ao longo da costa cantábrica, atlántica e mediterránea. Destacan os grandes núcleos reprodutores das Illas Cíes e das Ons, que albergan a metade das parellas peninsulares.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cosmografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isión e interpretación global do mundo e da existencia. Pódese entender como a elaboración dun sistema racional ou coma unha simple exposición dunha actitude valorativa persoal. Fálase, así mesmo, de equivalencia entre cosmovisión e sistema filosófico-metafísico, concepción antropolóxica ou, inclusive, ideoloxía relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade de cartos que lle toca pagar a cadaquén nun gasto común, no pagamento dun imposto ou como contribución a algún colectivo no que se participa para o seu mantemento.

      2. cota sindical

        Contribución económica dos traballadores afiliados a un sindicato, destinada a cubrir os gastos de organización e das actividades sindicais.

      3. cota tributaria

        Cantidade que debe ser aboada ao ente público en concepto de tributo, como resultado de aplicar o tipo impositivo á base. Non coincide necesariamente coa débeda tributaria, ao estar esta integrada, ademais da cota, polos recargos legalmente esixibles, os intereses de demora, as recargas por aprazamentos ou prórrogas, as recargas de prema e as sancións producidas.

    1. Cantidade máxima establecida de persoas ou cousas.

    2. Cantidade de bens ou servicios que se poden exportar ou importar no comercio internacional.

    3. Cantidade máxima que se pode producir ou capturar dun ben, determinada polas autoridades gobernamentais. O seu obxectivo é evitar a caída dos prezos por mor dunha superprodución, favorecer a entrada nos mercados dos produtos de determinadas áreas que, noutras circunstancias, quedarían relegados polos seu competidores ou, no caso de produtos que se cazan, pescan ou colleitan sen sementalos antes, protexer as poboacións e garantir unha serie de condicións precisas para a súa reprodución.

      1. Altura dun punto.

      2. Número que nos planos topográficos representa a altitude dun punto respecto a un nivel de base, xeralmente o nivel do mar, ou ben respecto dalgún outro plano convencional que se poida tomar eventualmente como orixe de altitudes.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da botánica que trata das criptógamas. Subdivídese en ficoloxía, brioloxía, micoloxía, liquenoloxía e pteridoloxía, disciplinas que estudian as algas, as briófitas, os fungos, os liques e os fentos, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á criptografía.

    2. Que resulta escuro ou enigmático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crisofíceas.

    2. Alga da clase das crisofíceas.

    3. Clase de algas da división das crisófitas, constituída por individuos unicelulares ou pluricelulares de células cun ou dous plastos parietais, dunha cor amarela dourada pola abundancia de xantofilas (sobre todo ficoxantina). Polo xeral son flaxeladas e a miúdo poden formar quistes de natureza silícica. A maioría viven en augas doces non contaminadas, pero algunhas son estritamente mariñas e forman parte do nanoplancto. Engloba unha ducia de ordes, entre as que destacan as das ditiotais, cromulinais, ocromonadais e faeotamnionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás crisófitas.

    2. Alga da división das crisófitas.

    3. División de algas unicelulares ou coloniais de cor dourada ou amarela apardazada que conteñen clorofila a e c, diadinoxantina e ficoxantina. Divídense en seis clases: crisofíceas, haptofíceas, xantofíceas, bacilariofíceas, eustigmatofíceas e cloromonadais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á crisografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria bilingüe aparecida en Pontevedra a partir de xullo de 1932 e que rematou de publicarse en xuño de 1933. Editouse nos obradoiros tipográficos de X. Antúnez. A dirección literaria correu a cargo de Xoán Vidal Martínez, Antonio Díaz Herrera e Xosé María Álvarez Blázquez, mentres que coordinaban os apartados literarios Turas e Alexandre de la Sota. Seguiu a liña vangardista cultural marcada polos membros da Xeración do 27 e contou coa colaboración de destacados intelectuais e escritores como Antonio Fraguas, Otero Pedrayo, Roberto Blanco Torres, Álvaro de Las Casas, Losada Diéguez, Afonso Castelao e Federico García Lorca, a quen lle dedicaron un número extraordinario na súa última visita a Galicia. Incluíu ilustracións de Carlos Maside, María Monteagudo, Pintos Fonseca e Fernando Alonso. Nesta publicación aparecen os primeiros artigos dun grupo de mozos que conformaron a chamada escola lírica pontevedresa, fundada por Xoán Bautista Andrade Tojedo; seguiron o camiño marcado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cristalografía.

    2. Relación constante entre os elementos reais do cristal de xeito que a posición dunha cara calquera está determinada polos ángulos que forma coas outras, que se toman como planos de referencia. Esta relación é posible grazas á simetría interna que presenta a materia cristalina. Dadas tres caras ou planos de referencia, intersécanse entre elas en tres arestas que conforman os eixes cristalográficos; estes forman tres ángulos (α, β e γ), que son as constantes angulares do cristal. Calquera cara fundamental que non sexa paralela aos tres planos de referencia, se se traslada paralelamente a ela mesma, corta os tres eixes cristalográficos a unhas distancias a, b, c fixas. A relación entre estes tres parámetros a:b:c recibe o nome de relación paramétrica e, xunto cos tres ángulos, constitúen as constantes cristalográficas do cristal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación de Xesús cravado na cruz. Constitúe a figura central do tema iconográfico da crucifixión e recibe este nome cando a imaxe ten máis interese ca a cruz. As primeiras representacións de Cristo crucificado datan do s V, como a da porta de Santa Sabina en Roma. Nos primeiros tempos, os cristiáns representaban a cruz soa, quizais porque podía ser obxecto de burla; de feito, no Palatino de Roma consérvase a imaxe dun crucificado con cabeza de burro e coa inscrición “Alexamenos adora o seu deus”. Por outra banda, o Concilio de Elvira (305) prohibiu as imaxes do Cristo crucificado. En Oriente e, pola súa influencia, tamén en Occidente, o Cristo en cruz tivo primeiro un carácter triunfal, manifestado na vestidura, nalgunhas insignias imperiais e na actitude hierática. A imaxe de Cristo en maxestade pertence a esta corrente. Entre as primeiras representacións realizadas na Península Ibérica están a do Cristo de marfil de Fernando e Sancha, doado polos monarcas á igrexa de San Isidoro...

    2. Elemento ximnástico que se executa no aparato dos aneis e que consiste en permanecer agarrado cos brazos abertos en cruz de xeito que formen un eixe paralelo ao chan, mentres as pernas, o tronco e a cabeza quedan estendidos en forma perpendicular.

    3. Tumulto de persoas ou conxunto de cousas desordenadas ou confusas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde relixiosa e militar fundada por don Denís en Portugal no 1319. Foi a herdeira da orde dos Templarios trala extinción ordenada por Clemente V en 1312. A súa residencia principal foi Castro Marim e, dende 1336, Tomar, onde Xoán III edificou un convento. En 1789 foi secularizada pola Raíña María I e adoptada polo Imperio do Brasil. Dende 1918 é unha orde honorífica que recoñece os servicios civís e militares. Os seus distintivos eran dúas cruces superpostas, vermella a primeira e branca a segunda. A banda é vermella. No Brasil as cruces non foron modificadas, pero presenta unha cinta azul bordada nunha banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ataque ou censura contra algo ou alguén.

      1. Actividade coa que se realiza un estudo ou un xuízo sobre unha obra.

      2. Conxunto de valoracións sobre unha obra artística ou literaria.

      3. Conxunto de persoas que se dedican a esta disciplina.

      4. Profesión dos que escriben críticas.

      5. crítica bíblica

        Aplicación dos métodos da crítica textual, literaria e histórica aos libros da Biblia. O seu iniciador foi Richard Simon (Diepe 1638-1712), considerado o precursor da ciencia bíblica polas súas obras sobre a materia (1678-1702), polas que foi expulsado da súa congregación e recibiu diversas sancións eclesiásticas. O pulo decisivo déronllo o anglicano John Mill (Shap, Westmoreland 1645 - Canterbury 1707) e o evanxélico Johan Albrecht Bengel (Winnenden, Baden-Wüttenberg 1687 - Stuttgart 1752) ao publicar a primeira edición crítica do Novo Testamento con todas as súas variantes. Posteriormente, sucedéronse as edicións críticas, tanto do Antigo Testamento (edición de Kittel) coma do Novo Testamento (Tischendorff, Westcott e Hort, Von Soden, etc). Dende mediados do s XIX descubríronse unha gran cantidade de papiros e textos da Antigüidade que permitiu perfeccionar o coñecemento das linguas bíblicas e establecer un método comparativo con vistas a precisar a...

      6. crítica cinematográfica

        Análise e valoración dun filme que se adoita realizar dende unha tribuna pública, especialmente dende unha publicación periódica. Considérase como o seu fundador o francés Louis Delluc. Leon Moussinac fundou a primeira sección de cine nunha revista literaria francesa (Mercure de France, 1921-1937). En España, o pioneiro foi Juan Piqueras. En Italia, Luigi Chiarini fundou a revista Bianco e Nero en 1937 e deu paso a esta corrente.

      7. crítica de arte

        Formulación de xuízos valorativos sobre as artes plásticas realizado coa finalidade de orientar o público. Inclúe unha descrición, interpretación e avaliación da obra de arte. Comezou a ter consistencia ao ser coñecida de xeito sistemático a través da prensa na Francia ilustrada, por mor da xeneralización das exposicións ou do Salon, entendido como unha manifestación pública da obra de arte. Pódese considerar a Denis Diderot (1713-1784), coas súas recensións sobre os prerrománticos Salons (1759-1781), como o primeiro crítico. Posteriormente, Gustave Planche (1808-1857) exaltou a Delacroix; as críticas de Baudelaire (1821-1867), realizadas entre 1845 e 1859, contribuíron a consagrar a este pintor e a Courbet. Théophile Thoré (1807-1869) e Champfleury (1821-1889) defenderon o realismo, mentres Théophile Gautier (1811-1872) atacou a arte utilitaria conservadora. O impresionismo recibiu o apoio de Émile Zola (1840-1902) e de Théodore Duret en Francia, mentres que o inglés Roger Fry (1866-1934)...

      8. crítica histórica

        Estudio e discernimento das fontes documentais que se efectúa sobre personaxes ou feitos históricos para establecer o seu grao de autenticidade e veracidade. Realízase a través das ciencias auxiliares da historia, entre outras a epigrafía, a numismática e a paleografía.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cromatografía.

    VER O DETALLE DO TERMO