"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral do grupo da melilita, de fórmula Ca2MgSi2O7. Cristaliza no sistema tetragonal e os cristais son pequenos, de exfoliación clara e cor grisallo-verdosa ou acastañada e estan dispostos en cavidades de drusas. Ten dureza 5-6 e peso específico 2,9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de manganeso, MnS. Cristaliza no sistema cúbico, e os seus cristais adoptan unha estrutura maclada como a blenda; de cor negra-ferrosa ou acastañada e brillo semimetálico. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 4,05. Chámase tamén blenda manganesífera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aves mariñas peláxicas dos xéneros Diomedea e Phoebetria que pertencen á familia dos diomedeidos. Caracterízanse por seren as maiores aves acuáticas e desprazarse enormes distancias cun voo planado de escaso consumo enerxético grazas ás súas ás estreitas e moi grandes, cunha envergadura que supera en todas as especies os 2 m e que no caso de D. exulans acada os 3,25 m. Aliméntanse de eufausiáceos, luras e peixes, que capturan na superficie do mar. Existen 13 especies, 9 nos oceános austrais, 3 no pacífico norte e unha tropical. En Galicia tense observado de forma accidental D. melanophris.
-
-
Edificio, establecemento, onde unha persoa atopa aloxamento, tanto se se trata dunha dependencia dun establecemento comercial, que cobra polo servicio, como se é gratuíto. Desígnanse tamén como albergues os refuxios ou cabanas, aínda que non estean habitadas normalmente. Ocasionalmente poden ser establecementos públicos.
-
Establecemento dedicado a hospedar viaxeiros e visitantes turísticos, que depende do estado.
-
Establecemento benéfico, xeralmente municipal, dedicado a acoller durante a noite a aqueles que o soliciten.
-
Cova, caverna ou lugar onde se busca o abrigo e a protección.
-
albergues xuvenís Establecemento destinado a dar aloxamento, por prezos módicos, aos mozos de diferentes países. O primeiro establecemento deste tipo abriuse en 1909 en Westfalia. Non poden repartir beneficios e axúdanse para financiarse das doazóns particulares e das achegas estatais. En canto aos alberguistas, teñen que participar nos traballos de conservación do albergue e cumprir as indicacións dos responsables. Desde 1945 hai unha asociación internacional, IYHF (International Youth Hostel Federation), con secretaría en Copenhaguen, á cal deben pertencer os usuarios dos albergues.
-
-
-
Que está afectado polo albinismo.
-
Termo tipográfico que indica a impresión dun selo sen tinta, en estampación en seco. Permanece sobre o papel a presión, e é visible á luz rasante, pero sen ningunha pegada de cor.
-
-
-
Mestura explosiva de baixa temperatura de explosión, a base de nitrato amónico (61%), nitrato de guanidinio (24%) e nitroguanidina (15%). Actualmente case non se utiliza.
-
Silicato de aluminio e sodio, NaAlSi 3 O 8 , do grupo dos feldespatos. Cristaliza no sistema triclínico, e presenta maclas polisintéticas repetidas e moi características; de exfolación perfecta, incolora, transparente e inatacable polos ácidos. Ten unha dureza 6-6,5 e peso específico 2,63. É un mineral esencial nos granitos e sienitas xa que é o compoñente máis ácido da serie isomorfa das plaxióclasas. Ten unha forma polimórfica chamada periclina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de libros monográficos de fotografía editados polo Centro de Estudos Fotográficos de Vigo, baixo a dirección e deseño de Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal. Todos os libros da colección presentan o mesmo formato amodo de pequenos álbums de 16x22 cm. Están constituídos na súa maior parte por fotografías, acompañadas dunha introdución textual, en galego e inglés, nas primeiras páxinas do libro sobre cada fotógrafo e o traballo presentados. O propósito da colección é a divulgación da fotografía galega, tanto actual como histórica, priorizando nos últimos tempos a segunda sobre a primeira. Os títulos dos álbums que presentan os traballos dos fotógrafos máis actuais son: Vari Caramés (antoloxía, 1989); Manuel Sendón. Paisaxes (1991), Xosé Luis Suárez Canal. O mundo invisíbel (1993). Os libros dedicados á divulgación de fotografía histórica son: Pacheco (1ª ed 1990, 2ª ed 1993); Luís Rueda (antoloxía, 1991); Ksado (antoloxía,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal bilingüe aparecida o 5 de febreiro de 1888 en Ourense. Subtitulábase “Revista semanal de Literatura, Ciencias y Artes”. Remata a súa publicación en abril de 1893. O seu director e fundador foi Luciano Cid Hermida. Colaboraron nela Manuel Amor Meilán, Heraclio Pérez Placer, Galo Salinas, Martínez Salazar, e Benito Fernández Alonso, entre outros. Os contidos variaban entre a literatura, a política e a cultura popular, xunto con biografías, crítica literaria, estudios lingüísticos, artigos de historia local, monográficos a persoeiros ilustres e ensaios históricos. Tamén destacaban os poemas de Curros Enríquez, García Acuña, Alberto García Ferreiro, Filomena Dato Muruais, Xerardo Álvarez Limeses e algúns outros. Constaba das seguintes seccións: “Crónica Orensana”, para a cultura, “Libros y publicaciones recibidas” e “En serio y en broma”, para o humor. Informaba ademais sobre as actividades da Asociación Regionalista Gallega.
-
-
Mancha transversal abrancazada das unllas, ocasionada por un trastorno trófico.
-
Opacidade abrancazada da córnea do ollo, causada pola acumulación de pingas de graxa.
-
Praga das plantas provocada por fungos parasitos do xénero Albugo, que se caracteriza pola emisión de pústulas abrancazadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado por Antonio Fernández Tafall e publicado no ano 1892 en Santiago. Subtitulábase “Diario católico, independiente, telegráfico. Defensor de los intereses morales y económicos de Galicia”. No seu suplemento dos xoves, introducía artigos vencellados a diversos campos da cultura e colaboracións poéticas, da autoría de Barcia Caballero e Lisardo R. Barreiro. Xunto a estes, versións de textos de autores estranxeiros como Víctor Hugo, Leconte de Liste ou La Bruyère, e algúns poetas españois. No número extraordinario do 1 de xuño de 1893 publicouse un monográfico sobre Alfredo Brañas, con artigos de Murguía e Salvador Cabeza, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado no 1578 entre as tropas do Rei Sebastián de Portugal, que auxiliaba o Rei destronado de Marrocos, e os insurrectos marroquís. Foi unha desfeita para Portugal: alí morreron o Rei e un gran número de nobres portugueses. Significou o fracaso do afianzamento en Marrocos do imperio africano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Bos Aires en xuño de 1961 pola Asociación Argentina de Hijos de Gallegos, que cesou en novembro de 1963, no seu cuarto número. Dirixida por Antonio Pérez Prado, colaboraron nela Perfecto López Romero, R. Palmás Casal, Basilio Losada, Ramón Piñeiro e García-Sabell. Contaba, ademais dun noticiario de actividades culturais, coas seccións: “Fenestra de Alén-Mar”, onde incluía informacións sobre diversos cursos e “Mirador Bibliográfico Gallego”, no que se trataban biografías de escritores galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca fundada en Alexandría por Demetrio de Faleron en tempos de Ptolomeo Soter (ss IV-III a C). Mestres importantes como Euclides, Erasístrato e Herófilo redactaron para ela as súas obras. Reuniu os sabios máis importantes da Antigüidade, sendo dirixida entre outros por Aristófanes de Bizancio; Eratóstenes ensinou alí xeografía e matemáticas. Destacan os poetas como Calímaco, Teócrito, Apolonio de Rodas e Licofron. No 48 a C foi incendiada durante o sitio da cidade por Xulio César. Posteriormente Marco Antonio reedificouna e dooulle 200.000 volumes que fixo traer dende a biblioteca de Pérgamo. Foi arruinada no 389 por Teodosio I, aínda que tradicionalmente veuse dicindo que fora acto do Califa ‘Omar.
-
-
Conxunto de letras empregadas na escritura dunha lingua. É unha palabra composta coas dúas primeiras letras do alfabeto grego, αλ ϕ α (alfa) e βετα (beta). Tamén se utiliza o termo abecedario. É o tipo de escritura máis común no mundo de hoxe e oponse á escritura ideográfica e á silábica. O alfabeto é un sistema de escritura baseado no principio da correspondencia dun signo para cada son ou fonema. O descubrimento do alfabeto correspóndelles principalmente aos fenicios.
O alfabeto fenicio
O interese polo alfabeto fenicio radica no feito de ser o único que sobreviviu e que deu orixe a todos os grandes sistemas de escritura (agás o de Extremo Oriente) adoptados logo en calquera parte do mundo. Nunha primeira fase o alfabeto fenicio era consonántico. As figuras desta fase atopáronse en Biblos, e o seu alfabeto denomínase fenicio arcaico. Consta de 22 letras, só consoantes, sen que se indique... -
Notación alfabética.
-
-
alfabeto fonético Sistematización gráfica convencional por medio da que se intentan transcribir os trazos fonéticos de todo tipo de locucións fónicas. A orixe dos alfabetos fonéticos vén ser simultánea ás primeiras especulacións fonético-ortográficas adecuadas. Realmente a necesidade de alfabetos fonéticos fíxose particularmente evidente cando se constataron tantas discrepancias entre a pronuncia das linguas medievais e os alfabetos de base latina e cirílica -sobre todo en Europa- que a cultura manuscrita impuxera. Axiña se descubriu que cada lingua presenta supostos estruturais propios de tipo fonético e que cumpría buscar as respectivas adecuacións á hora de transcribilos. Isto unido á formación científica diversa de moitos fonetistas, determina a creación dun gran número de alfabetos fonéticos en calquera parte dos países cultos. As relacións entre fonética e lingüística obrigaron a establecer diversos graos de transcrición a partir, sobre todo, da distinción entre transcrición fonolóxica...
-
alfabeto fonético internacional
-
-
alfabeto Morse
-
alfabeto telegráfico
-
Dise da persoa que sabe ler e escribir.
-
-
-
Especialidade médica que estudia e trata a dor en todas as súas manifestacións.
-
ficoloxía.
-
-
-
-
Oficial subalterno de xulgados, concellos e outras administracións.
-
Oficial encargado de facer cumprir a lei da administración de xustiza, no nome do rei ou da constitución.
-
Oficial inferior da xustiza que executa as ordes do tribunal ao que serve.
-
Funcionario municipal inferior executor dos mandatos do concello ou do alcalde.
-
-
-
Na Idade Media, Gobernador dunha poboación sarracena.
-
Cargo da Hispania cristiá aparecido no s XII para designar o xuíz ou Xustiza dunha cidade, aparecendo nalgúns documentos como sinónimo de Alcalde na forma romance galego-portuguesa e castelá aluazil contra o 1075, alguazil no 1115 e aguazil no Cantar de Mio Cid. A súa función vaise configurando como executiva da administración de xustiza. Os Reis Católicos reformulan a súa función definíndoa como auxiliar da do corrixidor, velador da seguridade social, garante da vixilancia e orde pública, prevención, descubrimento e castigo dos delitos e execución dos mandatos xudiciais. Cando Filipe II crea o servizo de millóns chámanse “alguacís maiores” encargados do funcionamento das delegacións fiscais; en Galicia haberaos en Santiago, Lugo, Ourense, Tui, A Coruña e Viveiro. Así mesmo, houbo alguacís maiores da Real Audiencia do Reino de Galicia, das Xuntas do Reino de Galicia, da Inquisición, da Santa Cruzada e do Arcebispado de Santiago de Compostela....
-
-
-
-
Base ou cimentos dunha construción sobre a que se asenta esta. OBS: Con esta acepción utilízase xeralmente en plural.
-
Base ou fundamento sobre a que se apoia unha idea ou principio tanto filosófico coma político e social.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constituínte inodoro do bulbo do allo, presente tamén noutras especies do xénero Allium. Pola acción dun enzima específico produce olor de allo e ten unha acción antibacteriana semellante á da alicina.
-
-
Solo moi evolucionado, que sufriu unha migración do sílice, co subseguinte enriquecemento en aluminio e ferro da fracción arxilosa.
-
Principal constituínte micrográfico dos clinkers de cemento portland artificial. Forma cristais de pouca birrefrinxencia, constituídos, esencialmente, por silicato tricálcico.
-