"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia liberal que apareceu o 22 de xuño de 1808 na Coruña e que cesou en 1815. Dirixido por Manuel Pardo de Andrade foi pioneiro no seu campo e precedente doutras posteriores. Na súa primeira época, dende a súa fundación ata xaneiro de 1809, empregouse como arma propagandística da Xunta da Coruña contra a invasión francesa. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Manuel Mª de Vila. Na segunda época, entre xaneiro ata agosto de 1809, o editor cedeu o diario a Ángel Antonio Henry, que o converteu en voceiro oficial da Xunta Soberana de Galicia e que o denominou Diario del Gobierno de La Coruña. Imprimiuse daquela nos obradoiros tipográficos de Francisco C. Pérez Prieto. Na terceira época, entre agosto de 1809 e setembro de 1814, recuperou o nome orixinal e pasou a imprimirse nos talleres de Manuel Mª de Vila. A partir de xuño de 1811 dividiu a información nas seccións “Noticias del Extranjero” e “Noticias de España”. Na súa cuarta etapa, a partir de setembro de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Madrid entre 1758 e 1918. Na súa primeira etapa, foi coñecido como Diario noticioso. En 1784 adquiriuno Santiago Thevin e iniciou unha segunda etapa na que modificou o seu nome polo de Diario curioso, erudito, económico y comercial. Entre 1825 e 1836 chamouse Diario de avisos de Madrid, e desde 1847 a 1918, Diario oficial de avisos de Madrid. Ata o ano 1788 incorporou noticias acompañadas de artigos críticos; dende ese data pasou a ser un periódico informativo, feito que facilitou a súa publicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado entre outubro de 1848 e xaneiro de 1849 en Santiago de Compostela. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, constaba de catro páxinas en tamaño folio. O seu director literario foi Antonio Neira de Mosquera. Incluíu novas locais, unha sección militar e información sobre bandos, ordes reais, citas, libros, estatísticas, actos académicos, festas relixiosas e sobre o Liceo de la Juventud e o Liceo Artístico y Literario. No eido literario apareceu un vilancico de Alberto Camino titulado “Agora si que é a certa”. Os domingos entregaba un prego amodo de suplemento co título de Revista Literaria, que servía para encadernar a publicación. Continuou a súa liña editorial en El Patriota compostelano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en abril de 1884 en Vigo e que se definiu como democrático. Cesou o 31 de agosto de 1885 (nº 400) e foi substituído por El Independiente. Fundado e dirixido por Federico Rodríguez Arosa e Emiliano Taboada Fernández, contou cun consello de redacción formado polos propios directores, xunto con Luís A. Mestre e Ángel Bernárdez. Aínda que a maior parte dos seus artigos ían asinados por un “corresponsal”, colaboraron nel Manuel Navarro Murillo, Daniel Balaciart e Héctor F. Varela. Imprimiuse todos os días, agás festivos, nos obradoiros tipográficos de Taboada e Rodríguez. A súa vinculación co republicanismo levoulle a diversos enfrontamentos co bispo de Tui, Fernando Hué, quen condenou a súa edición mediante un decreto de excomuñón asinado en decembro de 1884. Publicou o folletín por entregas La Rosa de Castro, de M. Pedro Napoleón Bonaparte, que se repartía conxuntamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de avisos e noticias editado en Santiago de Compostela en febreiro de 1865. Cesou o 15 de abril de 1866. Impreso por Félix Moreno Astray nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, contou coa colaboración de Ramón Segade Campoamor e do propio impresor. Tentou establecerse como publicación diaria pero non obtivo os recursos económicos necesarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo capaz de sintetizar compostos orgánicos nitroxenados a partir do nitróxeno atmosférico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dicionario lexicográfico e etimolóxico elaborado por Joan Coromines, en colaboración con José Antonio Pascual, publicado en seis volumes (1980-1991). Este dicionario revisa, amplía e actualiza o anterior dicionario publicado por J. Coromines (Dicionario crítico etimológico de la lengua castellana, 1954-1957). Nel resólvense problemas etimolóxicos e estúdiase o léxico do castelán e do resto das linguas (galego, portugués, éuscaro e catalán) e dialectos hispánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto do ilustrado Xosé Andrés Cornide Saavedra Folgueira do que se conservan preto dun milleiro de folios inéditos no Arquivo Histórico de Galicia, en Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de clasificación dos grupos sanguíneos baseado na presenza ou ausencia dun antíxeno detectado en eritrocitos humanos, do que se encontrou o seu anticorpo específico por primeira vez en Venezuela, e que se considerou o causante da eritroblastose fetal.
-
-
Signo diacrítico (¨) que indica unha pronuncia diferente da habitual do signo gráfico sobre o que se escribe.
-
Fenómeno métrico que consiste na separación de dúas vocais que normalmente forman ditongo, de xeito que se contan como dúas sílabas diferentes. Constitúe unha licenza poética que se emprega para obter nun verso o número de sílabas necesario para axustalo ao metro prefixado e, en ocasións, para crear efectos estilísticos de alongamento das palabras. Indicado, ás veces, cun signo gráfico (¨), é un procedemento oposto á sinérese ou á ditongación. Na métrica clásica designa a confluencia do final dun pé métrico co final dunha palabra nunha pausa do verso.
-
Procedemento cirúrxico usado para dividir os tecidos.
-
-
-
Acción e efecto de difundir ou de difundirse.
-
Calidade de difuso.
-
Proceso de cambio cultural mediante o que diferentes elementos dunha cultura pasan a outra. É difícil de determinar a diferenza entre difusión e aculturación. Con todo, a primeira caracterízase por un contacto cultural feble e unilateral, e por unha comunicación unicamente de características, máis do que complexos, culturais. Os primeiros estudios sobre a difusión foron os de A. Humboldt, que intentou probar a orixe asiática do calendario mesoamericano. Algúns antropólogos consideraron que se podía explicar a xénese das culturas só con este proceso. O xeógrafo Ratzel propuxo o concepto da difusión no eido da xeografía cultural.
-
Transporte de materia producido polo movemento molecular ao azar (difusión molecular). Dáse en todos os estados da materia, aínda que o proceso é moito máis lento en sólidos ca en líquidos ou gases (difusión gaseosa). O resultado final é sempre o transporte de materia dun lugar onde a concentración é máis elevada a outro onde non o é tanto, ata chegar a unha igualdade de concentracións. Entre as clases de difusión non molecular está a difusión turbulenta, que se dá nun fluído onde hai mestura por convección térmica; a difusión térmica, producida cando unha fase sen gradiente de concentración se somete a un gradiente de temperatura; a difusión de neutróns, consistente no paso de neutróns a través da materia, e a autodifusión, difusión que se dá como resultado do movemento ao azar nunha única substancia pura.
-
-
Alteración da distribución especial dunha radiación que se propaga en múltiples direccións, despois de ser reflectida nunha superficie ou de atravesar un medio determinado.
-
difusión da radiación electromagnética
Proceso no que a radiación electromagnética se desvía polas partículas que constitúen a materia que atravesa dita radiación.
-
-
Na extracción do azucre, etapa na que se deixa a remolacha en contacto con auga quente a fin de disolver a sacarosa. Lévase a cabo nuns depósitos chamados difusores, e o xarope obtido ten unha concentración aproximada dun 12%.
-
Número total de exemplares do mesmo número distribuídos por calquera publicación impresa, ben sexa xornal ou revista. A difusión pode ser pagada -que se refire á cifra total de exemplares vendidos, incluíndo esta as subscricións, as vendas ao número e as vendas en bloque- ou gratuíta -cifra total de exemplares enviados gratuitamente polo editor a un destinatario identificado-.
-
Na fabricación de dispositivos electrónicos, proceso consistente na deposición dun determinado número de átomos de impurezas na superficie da oblea, seguida dun quentamento do material a fin de que os átomos se difundan no substrato semicondutor.
-
...
-
-
-
Calidade de digno.
-
-
Cargo honorífico e de autoridade.
-
Persoa que posúe cargo honorífico e de autoridade.
-
Cada unha das coenxías máis elevadas, como a de deán, a de arcipreste ou a de arcediago, que existen nos cabidos catedralicios e nas colexiatas.
-
-
Armas propias dun cargo ou dignidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar dignidade a alguén ou a algunha cousa.
-
-
-
Rama da mecánica que estudia o movemento dos corpos en relación coas forzas que o producen. Malia que a miúdo se diferenza entre dinámica e estática, a separación entre estas dúas ramas da mecánica non é estrita. As formulacións da dinámica débense a Galileo, Huygens e Newton. As tres leis de Newton, que serven de base á dinámica clásica son: a lei da inercia, a lei fundamental do movemento e a lei da acción e da reacción. En 1743 D’Alembert enunciou por primeira vez o principio dos traballos virtuais, base sobre a que se tentou unificar a estática e a dinámica. Lagrange elaborou unhas ecuacións xerais do movemento. Hamilton fixo o estudo xeral dos sistemas dinámicos mediante as ecuacións canónicas ou de Hamilton. Outro punto de partida na formulación clásica da dinámica é o principio da mínima acción. A finais do s XIX as ideas clásicas entraron en crise e apareceron as teorías da relatividade e da mecánica cuántica.
-
método de dinámica molecular
Método de simulación que consiste nunha solución numérica das ecuacións de movemento por un sistema de N partículas interactuantes. Os primeiros estudios de dinámica molecular realizáronos B. J. Alder e T. E. Wainwright en 1957. En 1964 A. Rahman e en 1967 L. Verlet estenderon este estudio a sistemas con potenciais de interacción continuos.
-
-
Relación entre os niveis máximo e mínimo dunha magnitude electroacústica, xeralmente, o nivel de son dun fragmento musical ou dun conxunto de sons, palabras, etc. Habitualmente mídese en dB.
-
-
Maneira en que se desenvolve unha actividade tendo en conta as forzas que a determinan.
-
Conxunto de forzas que interactúan e producen cambios dentro dunha estrutura en desenvolvemento.
-
-
Conxunto de todos os mecanismos dinámicos que dunha maneira ou doutra dirixen a circulación xeral atmosférica e participan nela. Na Antigüidade críase que os factores térmicos gozaban dun predominio exclusivo; esta teoría foi desbotada por outra que considera xustamente os factores de tipo dinámico como os que teñen un papel primordial á hora de rexer a circulación, e que o reparto horizontal das temperaturas en gran parte da atmosfera é a consecuencia, e non a causa, desta circulación xeral. Segundo a teoría de C. G. Rossby, a enerxía inicial para a circulación dentro da atmosfera prodúcese polos mecanismos que determinan as diferentes situacións da fronte polar e das correntes en chorro. O continuo mantemento destas correntes, non explicable por razóns térmicas, pode deberse ás rexións transparentes da atmosfera, onde a absorción de enerxía da radiación solar é practicamente nula. Constitúe un proceso dinámico completo e inacabable. Dentro deste proceso, a curvatura da Terra e o seu movemento...
-
Rama da psicoloxía social que trata sobre ao estudio teórico e experimental da formación e evolución dos grupos pequenos, coa finalidade de modificar o seu funcionamento como conxunto, e a personalidade dos membros. Aplícase á dinámica de grupo en psicosocioloxía e en pedagoxía, a miúdo na forma dos chamados training groups. Unha personalidade destacada dentro deste campo é Kurt Lewin, que en 1945 creou o Research Center for Group Dinamics.
-
Estudio do conxunto de procesos que determinan a variación temporal do número de individuos e a composición nas poboacións de plantas e animais nunha comunidade natural, así como os factores que controlan esas variacións. Os factores que afectan a unha poboación poden ser dependentes da densidade da poboación, como a cantidade de alimento dispoñible, ou independentes, como os factores climáticos ou os edáficos.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada para o goberno da provincia de Villafranca del Bierzo (que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras), proclamada polas Cortes españolas o 15 de outubro de 1821. Estableceu a súa sede no antigo convento da Compañía de Xesús (expulsada de España en 1767 e 1820), en Villafranca del Bierzo. Incluía representantes dos catro partidos nos que se dividiu a provincia (O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo). A entrada no Bierzo do exército expedicionario enviado pola Santa Alianza (Os Cen Mil Fillos de San Luís), significou a súa disolución na práctica en xullo de 1823, que se consumou legalmente coa derrogación da Constitución por decreto do Rei Fernando VII en novembro dese ano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade constituída na xuntanza convocada pola Sociedade de Agricultores de Teis e celebrada en Vigo o 15 de decembro de 1907, coa finalidade de coordinar a loita pola redención foral. Na xuntanza participaron as asociacións agrarias e obreiras do Partido Xudicial de Vigo e adheríronse máis de corenta sociedades do resto da provincia. Iniciaron a campaña antiforal co mitin celebrado en Vigo o 26 de xaneiro de 1908. Entre os seus obxectivos cómpre salientar: a redención forzosa, a simplificación dos trámites legais, o establecemento por parte do goberno de bancos agrícolas que financiasen as redencións e a continuación da campaña a través de mitins nas capitais provinciais. Entre os seus oradores destacaron Xacinto Crespo, Carmen Álvarez e os seus teóricos Prudencio Landín e Emilio Rodal. Este último realizou unha viaxe a Cuba en setembro de 1909 na procura de apoios entre os emigrantes galegos, da que resultou a creación do Comité Antiforal de La Habana. En 1910 estivo presente nas reunións...
-
-
-
Obediencia dunha persoa ou colectividade a unhas determinadas normas de conduta.
-
Conxunto de regras ou normas que rexen a conduta dunha persoa ou colectividade.
-
Instrución física, mental ou moral á que se somete unha persoa para conseguir algo.
-
consello de disciplina
Consello encargado de que se cumpran as regras e normas que marca a disciplina e de sancionar as faltas que se poidan cometer.
-
-
-
Rama do coñecemento.
-
Cada unha das partes separadas dos programas escolares, é dicir, cada unha das materias que se ensinan nun centro educativo conformando un plan académico de estudios. O principio que mellor define tanto a necesidade como a natureza da disciplina, está na unidade do coñecemento. Esta é a razón pola que moitos temas e problemas escolares se tratan simultaneamente dende distintos puntos de vista e non unicamente como partes independentes que se recollen nas distintas materias. As disciplinas escolares pódense clasificar dependendo da natureza ou do interese dos coñecementos, e aínda do carácter e sentido que cada sistema escolar lles queira dar. Existen disciplinas que se consideran independentes aínda que a súa realidade disciplinar non o sexa, este é o caso, entre outras, da xeometría, tradicionalmente vinculada ás matemáticas. Pero tamén hai disciplinas independentes que se integran nun programa escolar e conforman unha única materia, por exemplo, a xeoloxía, a astronomía e a meteoroloxía...
-
-
Utensilio feito de cadeas ou cordeis que utilizan os penitentes para flaxelarse. OBS: Emprégase normalmente en plural.
-
-
-
Ciencia encargada de ordenar e clasificar os discos fonográficos e demais rexistros sonoros en musicais ou literarios.
-
Conxunto dos rexistros sonoros musicais ou literarios relacionados cunha época, materia, autor ou cun grupo determinado.
-
-
-
Relativo ou pertencente á discografía.
-
selo discográfico.
-