"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Técnica que permite rexistrar unha imaxe electrónica sobre unha película fotográfica. Realízase mediante unha cámara electronográfica que contén unha emulsión que é directamente sensible aos electróns.

    2. Imaxe electrónica obtida sobre papel fotográfico mediante unha cámara electronográfica. Tamén se denomina fotografía electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electronografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da técnica que trata da aplicación práctica dos fenómenos eléctricos e magnéticos e das relacións entre eles. Como toda ciencia de aplicación, naceu coa era do maquinismo e da renovación técnica. En primeiro lugar hai que mencionar os fenómenos electrostáticos, que transforman a enerxía propia das cargas eléctricas en repouso en esforzos mecánicos de atracción (se son de signo diferente) e de repulsión (se son do mesmo signo). Estes fenómenos presentan diversas aplicacións prácticas, como a desviación dos raios catódicos nun tubo de baleiro, que entran de cheo no campo da electrónica. Outra aplicación importante dos fenómenos electrostáticos é a fabricación de condensadores. No eido da electricidade en movemento, existen moitos obxectos que utilizan a corrente eléctrica, que produce efectos de diversos tipos, xa sexan químicos, caloríficos ou magnéticos. Os primeiros aprovéitanse para a fabricación de pilas e acumuladores; tamén teñen aplicación en electrólise. Os fenómenos caloríficos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das cousas que forman ou integran un todo.

      2. Compoñente dunha agrupación ou colectivo.

      3. Cada unha das circunstancias ou partes dun conxunto que inflúe nunha situación ou resultado final.

      1. Cada un dos obxectos, materiais ou ideais, que se poden considerar pertencentes a un conxunto.

      2. elemento absorbente

        Elemento z pertencente a un conxunto E, de xeito que para todo x se cumpre que zTx=xTz=z, onde T é unha determinada lei de composición. Un elemento absorbente recibe tamén o nome de cero respecto T.

      3. elemento neutro/idéntico

        Elemento e pertencente a un conxunto E dotado dunha operación interna ou dunha lei de composición T, de xeito que para todo xE se cumpre que eTx=xTe=x. Se este elemento e existe, é único.

      4. elemento simétrico

        Elemento x’ que cumpre que xTx’=xTx=e. Se esta propiedade existe, dise que x’ é o elemento simétrico (ou inverso) de x, xE, onde E é un conxunto dotado dunha lei interna T e dun elemento neutro e, e x, simetrizable. Se T é unha adición o elemento simétrico chámase oposto e se é unha multiplicación, inverso.

      5. método dos elementos finitos

        Método numérico que serve para resolver problemas de ecuacións diferenciais en derivadas parciais. Matematicamente, consiste nunha extensión da técnica de Rayleigh-Ritz-Galerkin. Este método apareceu nos anos sesenta arredor da aplicación dos ordenadores aos cálculos elásticos de estruturas, superando axiña os métodos de diferencias finitas, e amosouse moi potente, especialmente cando a xeometría do dominio ten unha incidencia importante sobre a solución.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade situada no SL da Península Ibérica. Malia que non se coñece a súa situación exacta, identificouse con Elx. Amílcar Barca morreu no seu asedio (228 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica inmunoenzimática moi sensible, empregada para detectar e determinar a cantidade de proteínas ou outros antíxenos nunha mostra problema, mediante un anticorpo unido a un enzima que determina un cambio de cor que pode ser medido fotometricamente. Consiste en adherir o anticorpo do antíxeno que se quere detectar sobre un substrato sólido, aplicarlle a solución que se quere estudiar, facer reaccionar o complexo antíxeno-anticorpo, formado cun segundo anticorpo específico para a proteína que leva unido un enzima, eliminar o exceso de anticorpo con enzima unido mediante lavado, e valorar o complexo anticorpo-proteína-anticorpo-enzima mediante o cambio detectable producido no medio polo enzima. Esta técnica é moi empregada tanto no laboratorio como en aplicacións clínicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elaborar unha obra de carácter intelectual ou científico a forza de moito traballo e de moito tempo.

    2. Cavilar nun asunto ou imaxinar cousas sen ningún fundamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo que amosa unha emoción ou un estado de ánimo. Fórmase mediante a unión de varios signos ortográficos. Emprégase nas mensaxes de texto telefónicas e nos correos electrónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Converter en emulsión. Empréganse dous métodos, un consiste en axitar enerxicamente as fases cuns aparellos chamados emulsores, e o outro en facer pasar por un exector os líquidos que se queren emulsionar.

    2. Cubrir un soporte fotográfico cunha emulsión sensible á luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de palabras, moitas veces de carácter formulístico, con que se comezan as cartas, os testamentos, as vendas, os libros ou calquera outro tipo de escrito.

    2. Elemento que se destaca na cabeceira dunha ficha ou rexistro bibliográfico, que permite ordenalo dentro dun ficheiro ou dun catálogo e facilitar a súa recuperación.

    3. Sistema utilizado pola facenda pública para a recadación de impostos e contribucións. Consistía en outorgarlles aos concellos ou aos gremios a facultade de recadar por si mesmos os impostos e contribucións correspondentes ao distrito ou ao gremio mediante o pagamento dun cupo fixo sinalado polo órgano fiscal. Introducido pola dinastía dos Austrias, xeneralizouse na Coroa de Castela a mediados da década de 1530 e uns anos máis tarde en Galicia. Con este sistema, a monarquía aseguraba a recepción dunhas rendas fixas anuais. Aplicábase ás principais cargas fiscais rexias da época, alcabalas e servicios, e a finais do s XVI ao novo imposto dos millóns. O campesiñado foi o principal afectado pois, aínda que a presión fiscal non aumentou en exceso, as crises agrarias incidiron sobre a súa debilitada economía e creáronlle graves dificultades para soportar esta fiscalidade; ademais, o feito de que a fidalguía estivese frecuentemente exenta destas cargas, fixo que a súa cota tivese que ser sufragada...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encadear ou encadearse.

    2. Aplícase á estrofa que co seu primeiro verso retoma total ou parcialmente o último verso da estrofa precedente, ou ao verso que comeza coa última palabra do que o precede.

    3. Conxunto de cadeas que serven para axudar a suxeitar o piso do carro.

    4. Efecto cinematográfico que consiste en superpoñer unha imaxe á anterior, que vai esvaecendo.

    5. Conxunto de madeiras ensambladas sobre o que se constrúe unha obra de fábrica.

    6. Machón de formigón ou de cantería que serve para reforzar un muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de encadear ou encadearse.

    2. Recurso cinematográfico que consiste na desaparición gradual dunha imaxe e na aparición, tamén de xeito gradual, doutra imaxe diferente a continuación desa primeira. Durante algúns minutos prodúcese unha sobreimpresión.

      1. Método polo que o procesamento dun elemento prepara o procesamento do elemento seguinte.

      2. Enlace que conecta ficheiros.

      1. Unión directa de dous ou máis acordes. Segundo a harmonía clásica, había que elixir cada acorde en función do precedente e do sucesivo.

      2. Unión entre dous movementos dunha composición que habitualmente irían separados.

    3. Conxunto de pasos que constitúen unha fase dunha coreografía.

    4. Proceso de cambio semántico que Arsène Darmesteter define como aquela palabra que esquece o seu sentido primitivo para pasar a un segundo obxecto; despois o nome pasa do segundo obxecto a un terceiro, coa axuda dun carácter novo que tamén se esquece, e así sucesivamente.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de encartar no xogo de baralla.

    2. Inserción publicitaria realizada en medios gráficos -xeralmente revistas- que con anterioridade foi impresa noutro papel distinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de estudo do encéfalo que deixa un documento gráfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Norma que establece unha obriga ou preferencia segundo a cal os individuos só se emparellan dentro dun grupo específico, que pode estar limitado polo parentesco, polo grupo social ou por calquera outra categoría definida (clase social, localidade ou relixión). Localízase nas sociedades cunha marcada estratificación social e practicouse sobre todo entre os grupos dominantes (sobre todo na aristocracia), co obxectivo de manter os seus privilexios. Tamén aparece nas minorías étnicas cun forte sentimento de identidade sociocultural.

    2. Fusión de gametos que proveñen dun tronco común, de individuos emparentados ou dun mesmo individuo.

    3. Cruzamento entre individuos emparentados. Ten como consecuencia o aumento da frecuencia de homocigotos recesivos dentro da poboación e, nas máis das especies, unha redución do crecemento e da fertilidade, e, en xeral, unha perda de viabilidade da poboación.

    4. Comportamento social que consiste en rexeitar a incorporación a unha institución, ou outro colectivo, de membros que non pertencen a ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de micorriza na que as hifas do fungo, da orde das glomais, penetran ata as células da codia da raíz a través de haustorios de forma ramificada ou de vesículas que non causan cambios na forma da raíz nin danan o tecido vascular das plantas. Os fungos que dan lugar ás endomicorrizas non son específicos de ningunha planta, polo que se asocian de xeito máis ou menos indistinto. Ademais das anxiospermas e ximnospermas, presentan endomicorrizas fentos e brións. O fungo recibe azucres da planta hospedeira e esta obtén unha mellora na absorción de fosfatos e nutrintes como nitróxeno, cobre e cinc. Máis do 97% das fanerógamas presentan endomicorrizas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Enobólico Deus prerromano dos bosques, protector da saúde. Recóllese en numerosas inscricións da Lusitania. No período romano identificouse con Esculapio. Acostuma aparecer representado por un porco bravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imprenta constituída en Lugo no ano 1867 por Balbino Enríquez e Antonio Villamarín Montenegro. A partir de 1872 pasou a ser propiedade de Antonio Villamarín. Nos seus obradoiros tipográficos imprimiuse El Progreso (1867-1868), El Eco de Galicia e numerosos folletos e libros, da autoría de Castro Bolaño, Aurelio X. Pereira, Villamil e Castro e Besteiro Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proba que se realiza para determinar as calidades ou características de algo, ou a que se fai antes dun acto ou actividade para verificar que todo sairá ben.

    2. Xénero literario en prosa, non narrativo, que trata dunha maneira libre os problemas máis diversos con vontade de creación, que inclúe obras con estas características. Adopta diferentes formas que van dende a pura divagación ata a disertación sistematizada, o diario íntimo, a epístola e o diálogo. Bautizado por Montaigne nos seus Essais (1580-1595), comezou a impoñerse durante o Renacemento e acadou coa Ilustración, momento de máximo esplendor con Voltaire, Diderot e os filósofos ingleses. Diversificouse e especializouse con obras que nalgúns casos foron punto de partida de novas ciencias: historia (Essai sur les moeurs, de Voltaire, 1756), ciencias sociais (De l’esprit des lois, de Montesquieu, 1748), políticas (Du contrat social, de Rousseau, 1762), economía (Wealth of Nations, de Adam Smith, 1766), psicoloxía (An Essay Towards a New Theory of Vision, de Berkeley, 1709) e ciencias físicas e naturais (Pensées philosophiques,...

    3. Análise cualitativa simple, feita por medio de reaccións e de técnicas simples e breves. Xeralmente, faise para ter un coñecemento previo da substancia a analizar, e o máis clásico é o do tipo pirognóstico.

      1. Experiencias ás que se somete un material, xeralmente nunha probeta, para valorar obxectivamente a idoneidade para as condicións de traballo que terá que soportar. Existen diversas formas de ensaios, como os ensaios de características, que son os que buscan determinar a composición química dun material mediante análises simplificadas de tipo cuantitativo, cualitativo ou ben da estrutura cristalina, micrográfica ou macrográfica dun metal ou dunha aliaxe. Nos ensaios mecánicos destrúese unha probeta do material para determinar as súas propiedades mecánicas, sexan de carácter estático ou dinámico. Nos ensaios químicos sométese unha probeta a algún axente químico para determinar efectos como a corrosión, o avellentamento ou o inchazo. Os ensaios de conformación permiten prever o comportamento dun material cando se somete a un proceso de transformación por dobramento, estampación, forxa, soldadura, etc. Os ensaios de defectos permiten determinar a...

      2. máquina de ensaio

        Máquina empregada para  efectuar un ensaio, con aplicación mecánica ou hidráulica da carga, como é a máquina de ensaio de tracción, a de flexión, a de torsión ou a de dureza. Na máquina universal de ensaio, utilizada para efectuar diversos ensaios de materiais metálicos, pódese cambiar a disposición da probeta e colocar para cada caso o dispositivo axeitado.

    4. Fase central no proceso de realización dun espectáculo teatral en que o director de escena traballa co elenco de actores e con outros creadores como iluminadores, escenógrafos, coreógrafos, maquilladores, xastres ou caracterizadores. Este proceso adoita comezar despois da repartición de papeis e unha vez que o elenco xa ten memorizado o texto. Dependendo da orientación do traballo que haxa que realizar e da fase en que se atope a elaboración do espectáculo, adóitanse distinguir diferentes tipos de ensaio: ensaio por escenas, ensaio completo, ensaio de caracterización, ensaio con escenografía, ensaio de iluminación, ensaio de luces, ensaio técnico, ensaio de orquestra, ensaio de sonorización, ensaio con público, ensaio fotográfico e, finalmente, ensaio xeral, momento en que se ensamblan todos os elementos do espectáculo.

    5. Acción que en rugby, fútbol americano e noutras especialidades similares, consiste en apoiar o balón no terreo de xogo trala liña que está situada á altura da portería do equipo contrario. Esta acción outorga a maior puntuación.

    6. Impresión que se fai para probar a calidade dun deseño antes da elección definitiva.

    7. bioensaio.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas verdes, da familia das ulváceas, de talo tubular formado por células que contan cun único cloroplasto con forma de copa. Presentan un ciclo diplobióntico isomórfico con gametos biflaxelados. Na costa galega está representado polas especies E. crinita, presente sobre pedras ou outras algas no mesolitoral, de talos tubulosos, moi ramalludos e estreitos con 1 mm de grosor, cubertos de pequenas proliferacións cónicas de tacto áspero que acadan os 30 cm de lonxitude; E. intestinalis, que medra en ambientes protexidos das pozas intermareais, con talo de cor verde amarelada de 35 cm de longo e 2 cm de ancho, e células de formas poligonais dispostas de xeito desordenado; E. prolifera, que forma cubertas sobre rochedos da zona intermareal, de talo verde estreito na base e ensanchado no extremo, moi ramificada e células de forma rectangular que aparecen ordenadas. A presenza de E. intestinalis vese favorecida nun medio con alta densidade de materia...

    VER O DETALLE DO TERMO