"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • PUBLIC

    PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1909 na cidade de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato alumínico férrico, Fe3Al2Si3 O12, do grupo do granate. Cristaliza no sistema cúbico, preséntase habitualmente en forma de grans arredondados, de exfoliación moi imperfecta e cor vermella, terrosa e ás veces tamén negra. Ten dureza 6-7,5 e peso específico 4,318. Os cristais grandes empréganse en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta alomorfia.

    2. Que presenta as calidades de alomorfo.

    3. Dise dos minerais que presentan alomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de pel ou de cabelos nas rexións que normalmente os teñen. Pode ter a súa orixe en causas moi diversas: enfermidades infecciosas ou parasitarias, enfermidades do coiro cabeludo, efectos das radiacións, acción de diversas substancias medicamentosas de aplicación local ou non, traumas psíquicos, cicatrizacións dunha ferida, etc. A clase máis habitual de alopecia é a alopecia seborreica ou calvicie. Tamén é corrente a alopecia areata, ocasionada posiblemente por trastornos neurotróficos.

    2. Ausencia parcial ou total de pel, la ou plumas. Pode aparecer sen lesións manifestas da pel e constitúe a alopecia esencial, moi rara. A alopecia secundaria sobrevén, principalmente, como consecuencia dalgunhas enfermidades contaxiosas: pneumonía contaxiosa do cabalo, caquexia e distomatose do ovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Concello da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (3.093 h [1996]). Ten cerdeiras, oliveiras, amendoeiras e alfarrobeiras. Explota o xeso e está desenvolta a industria da madeira e do téxtil.

    2. Dimensión dunha cousa en sentido vertical.

    3. Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.

    4. Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.

    5. Nivel ou modo de comportamento.

    6. Nome simbólico co que designamos o ceo.

      1. Arco da vertical dun astro medido dende o horizonte ao astro; mídese de cero a 90°; é positiva se o astro está por riba do horizonte, é dicir, se é visible, e negativa se está por baixo do horizonte. No primeiro caso contarase cara ao cénit, e no outro cara ao nadir.

      2. altura antemeridiana

        Altura dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.

      3. altura aparente

        Altura obtida ao aplicar á altura observada a corrección causada pola depresión do horizonte.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión dunha cousa en sentido vertical.

    2. Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.

    3. Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.

    4. Nivel ou modo de comportamento.

    5. Nome simbólico co que designamos o ceo.

      1. Arco da vertical dun astro medido dende o horizonte ao astro; mídese de cero a 90°; é positiva se o astro está por riba do horizonte, é dicir, se é visible, e negativa se está por baixo do horizonte. No primeiro caso contarase cara ao cénit, e no outro cara ao nadir.

      2. altura antemeridiana

        Altura dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.

      3. altura aparente

        Altura obtida ao aplicar á altura observada a corrección causada pola depresión do horizonte.

      4. altura circunmeridiana

        Altura dun astro que se atopa preto do meridiano do lugar, tomada nun momento no que o ángulo ao polo é inferior aos 16 minutos. Aplicándolle unha corrección pódese transformar en altura meridiana.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico, pertencente ao grupo III da táboa periódica, de cor branca arxéntea, dúctil e moi maleable, de valencia 3. Friedrich Wöhler illouno por vez primeira no 1827. Constitúe o 8,13% da codia terrestre e resulta ser, por orde de abundancia, o terceiro dos elementos e o primeiro dos metais. Non existe en estado nativo, e atópase sobre todo en forma de silicatos (arxilas), de óxido e de fluoruro dobre de aluminio e de sodio. Extráese da bauxita, a partir da que se prepara o óxido anhidro puro ( alumina). O metal obtense por electrólise, ao redor dos 900-950°C da alumina disolta en criolita fundida, coa eventual adicción de fluoruro cálcico (procedemento de Hall-Héroult). O metal obtido é dunha pureza do 98-99,5%. Para obtelo máis puro débese someter a unha segunda hidrólese (procedemento de Hoopes), acadándose deste xeito purezas da orde do 99,995%. Quimicamente, o aluminio é un elemento moi reactivo. Non se altera no aire seco, pero en contacto coa auga oxídase axiña,...

    2. Composto empregado na fabricación de lacas, como mordente de tinturas e para a ignifugación e impermeabilización de tecidos.

    3. Adubo aplicado ás peles xunto con sales de aluminio. O adubo de aluminio permite obter peles brancas, de tacto fino e suave, pero ten unha desvantaxe importante, que é fortemente hidrolizable, moi pouco resistente á acción da auga. Un sal de aluminio natural, o alume de Rocca, é a substancia mineral que dende máis antigo foi utilizada para o adubo das peles. O adubo con alume foi empregado polos curtidores e peleteiros, e os seus ingredientes eran, ademais do alume, fariña, xema de ovo, sal e auga. Hoxe en día o adubo de aluminio, por causa da súa pouca resistencia á auga, substitúese na maioría dos casos polo adubo de cromo. Malia iso, aínda se emprega ás veces no ramo da peletería ou no adubo branco para a manufactura de luvas.

    4. Pasta formada por pos de aluminio e un disolvente, utilizada como pigmento na fabricación de pinturas. Dispérsase mellor que o aluminio en po; forma películas con máis facilidade, sendo de manexo máis sinxelo, reducindo ademais o risco de incendio.

    5. Pos de aluminio a miúdo de extrema finura, de cor gris brillante e de forma laminar. Forman mesturas inflamables e explosivas co aire. Obtéñense moendo follas moi finas do metal, coa adición dun lubrificante. Empréganse en aluminotermia, para os flashes fotográficos, na fabricación de aceiro, de formigón celular, de explosivos, para pomadas protectoras, como combustible para propulsores sólidos de foguetes espaciais e mísiles e, sobre todo, como pigmento para pinturas metálicas.

    6. Designación xenérica das aliaxes a base de cobre (85-86%) e aluminio (4-15%), que poden conter pequenas cantidades de níquel (0-6%), de estaño (0-0,5%) e de ferro. De cor parda, empréganse en fundición e en forma de pranchas e de perfís (industria química, revestimento de iates e outras industrias). De gran resistencia mecánica, soportan ben a acción da auga mariña e a de moitos produtos químicos.

    7. Sólido pardo verdoso formado pola reacción da alumina con carbono no forno eléctrico. Con auga rende metano.

    8. Cloruro anhidro AlCl 3 (ou máis exactamente Al 2 Cl 6 ) que se obtén facendo pasar cloro sobre unha mestura de carbono e bauxita a alta temperatura. É moi empregado como catalizador na industria do petróleo. En química orgánica é o catalizador máis importante da reacción de Friedel e Crafts.

    9. Composto empregado para espesar lubricantes na industria de pinturas e para a impermeabilización de tecidos. É soluble en solventes orgánicos. O oleato e o palmitato de aluminio teñen aplicacións semellantes.

    10. Sólido branco iónico, utilizado para a obtención de criolita sintética.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de aluminio hidratado, Al2(SO4)(OH)4·7H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, e preséntase en nódulos e en masas terrosas ou escamosas; de cor branca e translúcida. Ten dureza 1-2 e peso específico 1,66-1,82.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato básico de aluminio e potasio (K, Na)K2(SO4)2(OH)6. Cristaliza no sistema trigonal e os cristais son pequenos, atópanse en drusas ou en masas granuladas ou compactas; ten boa exfoliación e é de cor branca ou amarela. A súa dureza é de 3,5-4 e o peso específico de 2,6-2,9. Existen xacementos, entre outros lugares, preto de Roma, de onde se prepara o alume romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de aluminio hidratado, Al2(SO4)318H2O. Cristaliza no sistema triclínico, e forma masas fibrosas, incoloras, brancas ou amareladas. Ten unha dureza de 1,5-2 e peso específico de 1,77.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gráfico obtido cun alveógrafo. Da forma e dimensións do alveograma dedúcense as aptitudes e as aplicacións industriais das fariñas e, polo tanto, dos diferentes tipos de trigo das que se obtiveron: para facer pan, ensaimadas, pastas para sopa, biscoitos e outros alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de submarino norteamericano deseñado para efectuar traballos oceanográficos e militares a profundidades de ata 1.800 m. Leva unha tripulación de dúas ou tres persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Décimo noveno conde (1391-1416) e duque (1416-1440) de Savoia, fillo e sucesor de Amadeo VII. Sexismundo I outorgoulle o título ducal (1416). Coa extinción dos Savoia-Acaia (1418) conseguiu os territorios de Italia, con Turín como capital, onde creou a universidade. Estruturou os novos territorios cos Decreta seu Statuta (1430). En 1434 deixoulle parte do goberno a seu fillo, Luís I, e retirouse a Ripaille, onde fundou a Orde Militar dos Cabaleiros de San Mauricio (1434). Foi elixido Antipapa co título de Félix V no Concilio de Basilea (1439). En 1440 renunciou ao ducado e o 24 de xullo foi coroado Papa en Basilea, sen embargo, debido aos poucos príncipes que lle recoñeceron o título, renunciou ao Papado no Concilio de Lausana (1449). Foille recoñecida a dignidade cardenalicia e foi nomeado delegado apostólico en Savoia e en parte de Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado do Brasil (142.358 km2; 326.000 h [estim 1995]). A capital é Macapá. Atópase na rexión do N, entre a Güiana Francesa e o esteiro do Amazonas; é accidentado ao NO, pola serra de Tumucumaque, prolongación oriental do macizo das Güianas, constituíndo no resto unha gran chaira cunha elevación central, a serra do Navío, na que se descubriron en 1946 importantes xacementos de manganeso. O litoral, que se estende entre o río Oiapoque e o canal do Norte no esteiro do Amazonas, é moi pantanoso. O país está drenado polas concas do propio Oiapoque e do Jari, afluente do Amazonas, que marca a linde co estado de Pará. O clima é tipicamente ecuatorial (o ecuador atravesa a capital) e dá lugar a unha vexetación selvática, aproveitada para a extracción de madeiras nobres e caucho. A costa está poboada por vexetación de manglares. O territorio segregouse do estado de Pará no 1943 e estivo moito tempo en litixio entre Francia e o Brasil. Conseguiu o status de estado no 1990.

    2. Maña xeralmente non legal que se emprega para conseguir unha cousa, para gañar algo ou solucionalo.

    3. Acción e efecto de amañar ou reparar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maña xeralmente non legal que se emprega para conseguir unha cousa, para gañar algo ou solucionalo.

    2. Acción e efecto de amañar ou reparar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Magnífico exemplo da arquitectura prerrománica galega, situada en Baños de Molgas. Trátase dun edificio construído no século IX, salientable pola súa disposición de tres naves e tres capelas rectangulares por fóra e por dentro (seguindo o modelo prerrománico asturiano). No interior consérvanse elementos significativos como as celosías de pedra da ábsida, a ara romana que fai ás veces de altar ou a magnífica talla dun Cristo gótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo procedemento fotográfico utilizado no retrato. Consistía na obtención de negativos moi tenues sobre placas de colodio húmido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto utilizado como revelador fotográfico e para tinguir de negro o cabelo e as peles.

    VER O DETALLE DO TERMO