"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico obtido mediante o emprego dun amilógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atrofia muscular, caracterizada pola diminución do volume dos músculos coa conseguinte diminución da forza, ocasionada pola atrofia das fibras musculares. Esta afección pode ser consecuencia de lesións primitivas da fibra muscular de carácter conxénito (miopatías primitivas ou distrofias musculares), de doenzas sistémicas (polimiosite, dermatomiosite), de trastornos de estruturas próximas (miopatías reflexas), e de doenzas do sistema nervioso (miopatías neuroxénicas). As principais amiotrofias son: a esclerose lateral amiotrófica; a atrofia espiñal progresiva de Aran-Duchenne; a parálise bulbar progresiva de Duchenne; a atrofia espiñal infantil de Werdnig-Hoffmann; a atrofia espiñal xuvenil de Wohlfart-Kugelberg-Welander; a atrofia peroneal de Charcot-Marie-Tooth; e a neuropatía hipertrófica de Dejerine-Sottas. Non se coñece actualmente ningún tratamento específico para estas doenzas, non obstante os pacentes poden mellorar cunha fisioterapia adecuada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Símbolo gráfico inglés & que representa a conxunción ou unión dun substantivo ou dunha locución a outra.
-
-
Aumentar o valor dunha magnitude.
-
Agrandar (especialmente os microscopios, telescopios e outros aparellos) o volume aparente dos obxectos.
-
Desenvolver de xeito extenso unha idea, un asunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do océano Pacífico, próximo á costa da Antártida, entre os meridianos da illa Thurston e o cabo Dart. En 1929 foi explorado por Nils Larsen, quen lle puxo o nome.
-
-
Que pertence á tribo mixteca dos amusgos.
-
Individuo da tribo mixteca dos amusgos.
-
Tribo mixteca que ocupa unha franxa estreita en medio dos estados de Guerrero e Oaxaca de México ata a costa do Pacífico. Os amusgos son aproximadamente uns 13.000 individuos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sigla da Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios, Arqueólogos e Documentalistas fundada no ano 1949 baixo o nome de ANABA (Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos). Organiza congresos científicos e técnicos de carácter anual e conta cunha sección galega, ANABAD-Galicia, que organiza un seminario de actualización entre os seus membros. Localízase en Madrid. Publica bibliografía técnica e un boletín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arseniato de níquel hidratado, Ni3(AsO4)2+8H2O. Cristaliza no sistema monoclínico e os cristais son prismáticos aplanados; de exfoliación clara e cor branca, gris, verde clara ou mazá. Ten dureza 2,5 e peso específico 3,07.
-
-
Propio da glíptica.
-
Aplícase á superficie decorada con relevos brutos ou bastos.
-
-
-
Ornamento esculpido, trenchado ou tallado en baixorrelevo.
-
-
Traballo en glíptica. Obra tallada de relevo avultado.
-
Pedra labrada toscamente, disposta para a súa labra.
-
-
Sistema fotográfico no que as imaxes producen sensación de relevo. Este fenómeno débese á superposición de dúas imaxes estereoscópicas de cores complementarias -xeralmente azul, verde ou vermella- que se ven unidas, aínda que lixeiramente desprazadas sobre o seu soporte.
-
Forma poética de breve extensión e de carácter lúdico habitual nos círculos surrealistas españois, que xogaba coas posibilidades combinatorias dos mecanismos automáticos da escrita. Consistía na sucesión de catro versos, o primeiro e o segundo compostos por artigo e substantivo, o terceiro leva sempre “la gallina” e o cuarto, de novo, artigo e substantivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato aluminicosódico hidratado, NaAlSi2O6·H2O, tectosilicato do grupo das zeolitas. Cristaliza no sistema cúbico, e os cristais poden estar illados, reunidos en drusa ou en agregados compactos ou terrosos. É de exfoliación pouco clara e a súa cor é branca, rosa ou gris. Ten unha dureza de 5,5 e un peso específico de 2,24. Aparece nas cavidades dos basaltos como produto da transformación da nefelina e a leucita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.
-
-
Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.
-
Exame esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, unha teoría ou calquera outro complexo discursivo.
-
Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador de imaxe que, a través dunha exploración sucesiva e ordenada dos puntos constituíntes da imaxe, transforma a intensidade luminosa de cada un deles nun sinal de amplitude proporcional, chamado sinal de vídeo.
-
Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, sexa este composto un concepto, unha proposición, un razoamento ou un feito, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, e dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudio que se propón. Ao longo da historia da filosofía este concepto tivo diferentes acepcións. Aristóteles empregou a expresión “arte analítica” para referirse ao proceso de redución aos principios últimos. Descartes entendeu a análise como o proceso de redución das proposicións complexas e escuras ás máis sinxelas. Kant interpretou a lóxica xeral como unha análise que descompón os elementos formais do entendemento e da razón e a lóxica transcendental como a descomposición ou análise do coñecemento a priori nos seus elementos puros, achegados pola mesma estrutura do entendemento.
-
Estudio dun problema dende o punto de vista da información, descompoñéndoo en unidades máis pequenas, estudiando a estrutura, illando os tratamentos básicos da información e deseñando os algarismos que os realizan. Adóitase dividir en dúas fases consecutivas: funcional e orgánica. A fase da análise funcional é aquela na que se estudia a estrutura lóxica das informacións e dos procesos, sen importar o xeito de resolver o problema cun sistema informático concreto. A fase da análise orgánica consiste no deseño da estrutura de datos nas diferentes memorias dun ordenador e tamén dos algarismos xerais de tratamento, especialmente a niveis de cadea de tarefas.
-
Operación de comprobación realizada polo sistema operativo Windows para comprobar que o disco duro e os periféricos conectados a un ordenador funcionan correctamente.
-
Na tradición gramática escolar, a análise gramatical redúcese esencialmente a dúas operacións: a identificación dos membros dunha frase e da función sintáctica que exercen, e a asignación de cada palabra a unha clase determinada, de entre unhas cantas preestablecidas. Na lingüística moderna, especialmente no estruturalismo dos anos trinta e cincuenta do século XX, o termo designa practicamente calquera operación da lingüística descritiva.
-
Análise de selección de almacéns cando se ten en existencia produtos de diferente natureza. Baséase na importancia relativa do capital inmobilizado en cada unha das clases de artigos que se atopan almacenados.
-
Análise dun gas ou un líquido por medición das lonxitudes de onda de absorción electromagnética máxima, que son únicas para cada elemento.
-
Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais. Nesta análise os termos de magnitude significativa poden identificarse baixo determinadas condicións específicas; sen embargo, os termos de magnitudes insignificantes poden rexeitarse.
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente á anamorfose.
-
Que produce anamorfose: obxectivos anamórficos, espellos anamórficos.
-
-
-
Debuxo deformado dun obxecto que, visto dende un certo punto de vista ou por reflexión nun espello curvo, aparece regular, sen ningunha deformación.
-
Deformación teratolóxica que chega a facer practicamente irrecoñecible un vexetal.
-
-
Compresión dunha imaxe por medios mecánicos, gráficos ou ópticos (espellos curvados, obxectivos especiais, etc).
-
Técnica que aplicada en cinematografía consiste na compresión horizontal das imaxes dunha película obtida cun obxectivo anamórfico coa finalidade de que, ao seren proxectadas por outro obxectivo anamórfico, se reproduza a escena nas súas proporcións reais. É a base das impresións e proxeccións panorámicas e en cinemascope.
-
-
Procedemento aplicado na pintura, no gravado e na escultura para designar a representación dun referente cunha perspectiva deformada. En literatura configura tamén un proceso de deformación da realidade por parte do enunciador.
-
Tipo de crecemento que presentan as larvas dalgúns mandibulados cando no momento do nacemento non posúen aínda a segmentación completa nin o número definitivo de patas, que van adquirindo gradualmente despois de diversas mudas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura do sudoeste dos Estados Unidos que se desenvolveu dende o s I a C ata os nosos días. Cómpre salientar as seguintes fases na historia deste pobo: fase pueblo formativo (ss VII-XI) e fase pueblo clásico (ss XI-XIV), momento de apoxeo no que se edificou o complexo arquitectónico de Pueblo Bonito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de titanio, TiO2, chamado tamén octaedrita. Cristaliza no sistema tetragonal; os cristais, pequenos, poden ser bipiramidais ou arredondados e están implantados de xeito disperso; a súa exfoliación é perfecta, ten cor negra, marrón ou, raramente, incolora e brillo diamantino. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 3,9. O TiO2 é trimorfo: as outras dúas formas de mineralización son o rutilo e a brookita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de aluminio anhidro Al2SiO5. Cristaliza no sistema rómbico; os cristais son sinxelos, de forma prismática alongada, raramente transparentes, de cor rosada e de exfolicación clara. Ten dureza 6,5-7,5 e peso específico 3,1. É un mineral abondoso nas rochas metamórficas e é alóxeno nas rochas sedimentarias. O Al2SiO5 é trimórfico: as outras dúas formas de mineralización son a distena e a silimanita.
-
-
-
Natural de Al-Andalus.
-
Relativo ou pertencente a Al-Andalus ou aos seus habitantes.
-
-
Habitante de Al-Andalus.
-
Arte desenvolvida en Al-Andalus. Tivo unhas características propias dentro da arte do Islam, malia que seguiu as súas directrices fundamentais e mantivo estreitas relacións cos núcleos creadores orixinais en Siria. A finais do s VIII iniciouse a construción da mesquita de Córdoba, que se afasta das orientais e presenta novas solucións arquitectónicas. A amplicación desta mesquita no s IX, promovida por ‘Abd al-Rahmán II, e monumentos como a mesquita de Tudela (Navarra), amosan xa unha forte evolución estética. O s X representou a culminación artística da época chamada califal, seguida do período das Taifas (s XI), que mostra a diversidade da arte islámica peninsular, particularmente en Toledo (Mezquita do Cristo da Luz), Zaragoza (Palacio de la Aljafería), Málaga, Granada, Almería e Xátiva. Os almorábides (1090-1150?) achegaron diferentes novidades na estrutura das súas mesquitas e semellan ser desta época os restos dun pequeno Palacio en Monteagudo (Murcia). Son escasos os monumentos...
-
Literatura árabe de Al-Andalus. A partir do s XI conxugou diversos estilos individuais, que lle deron fisionomía propia no marco da literatura árabe. Na poesía atópanse dúas tendencias: a clásica e a popular. A poesía clásica tiña unha soa forma estrófica, a casida. Mal coñecida nos dous séculos iniciais de formación, aparece xa perfecta no s X, no que viviu ibn Darrāǧ al-Qastallī, un dos mellores poetas andalusís. O momento do máximo apoxeo sitúase no s XI coa academia literaria de Sevilla, encabezada polo rei-poeta Mu’tamid ibn ‘Abbā. A chegada dos almorábides significou o declive da poesía clásica, pero a escola levantina acadou un resplandor extraordinario cos paisaxistas ibn Hafāǧa de Alzira e o seu sobriño ibn al-Zaqqāq. No s XIII, a decadencia da poesía foi case total, agás casos illados como foron Ibrā-hīm ibn Sahl e ibn Marǧ al-Kuhl de Alzira. O último gran poeta foi al-Qaysī, prisioneiro dos Reis...
-
Música desenvolvida en Al-Andalus. Foron famosos os cantores e instrumentistas orientais que actuaban na Corte dos omeias, pero o pulo musical decisivo débese a Ziryab, poeta e filósofo de Bagdad, que chegou a Córdoba no 822. Foi o creador da escola andalusí, que deu algúns teóricos importantes, e dun repertorio con catro modos fundamentais e os seus derivados, que deron orixe ás 24 nuba andalusís, forma paralela das grandes suites vocais instrumentais. No s X, a Corte omeia resplandeceu cun gran luxo musical. Os instrumentos máis usados foron o laúde e a guitarra mourisca. Ao se descompoñer o Imperio, case todos os Reinos de Taifas tiveron conxuntos de músicos e cantantes. Durante os cinco séculos de permanencia na Península Ibérica, a evolución estrófica da música andalusí mostrou un retorno ás formas populares autóctonas, coñecidas como: a moaxakha (do s IX) e o zaxal (do s XII).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral mixto do grupo dos feldespatos; pertence á serie isomórfica das plaxioclasas, da que é o compoñente medio, cun 50% de albita e un 50% de anortita. Cristaliza no sistema triclínico e os cristais son de cor branca, gris ou verde. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 2,65.