"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Relativo ou pertencente a Honduras.
-
Natural ou habitante de Honduras.
-
Arte desenvolvida en Honduras. Do período precolombiano consérvanse obxectos de cerámica policromada de influencia maia e as ruínas da cidade de Copán. Da época colonial son as catedrais de Tegucigalpa e Comayagua (s XVIII). Do s XIX son a maioría dos edificos administrativos de Tegucigalpa. No eido da pintura destacaron Pablo Zelaya Sierra e Arturo López Rodezno; na escultura, Obed Valladares; e na cerámica, José Arturo Machado.
-
Literatura en lingua castelá desenvolvida en Honduras. As primeiras obras da literatura independizada son as do civilizador J. Cecilio de Valle (1780-1834). Na poesía do s XIX triunfou o romanticismo (J. A. Domínguez e F. Turcios). O vangardismo influíu sobre os poetas do s XX (J. Cárcamo, M. A. Ponce e A. Valladares). A narrativa decantouse polo realismo e a crítica social (A. Díaz Lozano, C. Izaguirre, M. Carías e V. Cáceres). Sobre a década de 1930, destacaron os poetas R. Sosa, P. del Valle, N. Mierren e R. Elvir, e os narradores M. Carías e E. Bahor (1940). Na década de 1970, na narrativa cómpre destacar a J. Escoto, V. Cáceres Lara, Ó. A. Flores, M. Carías Reyes e R. Castillo; e en poesía, C. Manuel Arita, D. Moya Posas, O. Acosta, Claudio Barrera (pseudónimo de Vicente Alemán) e Pompeyo del Valle, xornalista vinculado ás publicacións de oposición; e, entre os poetas recentes, a R. Sosa e Rigoberto Paredes. Entre finais de s XX e principios do XXI, na coñecida xeración de 1984 ou...
-
-
-
-
Que serve para honrar, aínda que non proporciona ningunha vantaxe material.
-
Que ten o título honorífico dun cargo ou función, aínda que non se exerza nin cobre a retribución correspondente.
-
-
Retribución que percibe alguén por un traballo, especialmente polos servicios do que exerce unha profesión liberal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para honrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato hidratado de cinc, de fórmula Zn3 (PO4)2 "Snell Roundhand" >⋅ 4H2O. Cristaliza no sistema rómbico. É incolora ou de cor verdosa ou amarela. Ten dureza 3,25 e peso específico 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes teleósteos que habitan en augas profundas (400-1800 m); é de alto interese comercial e está distribuído nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
-
-
-
Unidade de tempo que equivale a 1/24 da duración dun día. A división do día en 24 horas é unha práctica moi antiga. Tendo en conta que hai diversas maneiras de definir o día, as horas correspondentes teñen duracións diversas. Así, fálase de hora solar, hora sideral e hora solar media, entre outras.
-
Distancia que se pode percorrer nunha hora de tempo, especialmente a pé.
-
hora de auga AGR
Cantidade de auga de rego que pasa nunha hora por un conduto.
-
hora extra/extraordinaria
Hora que se traballa e contabiliza fóra do horario laboral normal ou legal. OBS: Normalmente úsase en plural.
-
-
-
corenta horas
Devoción dedicada ao sacramento da Eucaristía que dura corenta horas, en lembranza do tempo que Cristo estivo no santo sepulcro.
-
hora do cronómetro
Hora que marca o cronómetro, á que se lle poden aplicar dúas correccións, que son o estado absoluto e a parte proporcional ao movemento diario, para saber a hora civil do meridiano de Greenwich.
-
hora hache
Momento fixado para un ataque ou outra operación militar.
-
hora maior
Nome que reciben os matíns, laúdes e vésperas no oficio divino.
-
...
-
corenta horas
-
-
-
-
Unidade de tempo que equivale a 1/24 da duración dun día. A división do día en 24 horas é unha práctica moi antiga. Tendo en conta que hai diversas maneiras de definir o día, as horas correspondentes teñen duracións diversas. Así, fálase de hora solar, hora sideral e hora solar media, entre outras.
-
Distancia que se pode percorrer nunha hora de tempo, especialmente a pé.
-
hora de auga AGR
Cantidade de auga de rego que pasa nunha hora por un conduto.
-
hora extra/extraordinaria
Hora que se traballa e contabiliza fóra do horario laboral normal ou legal. OBS: Normalmente úsase en plural.
-
-
-
Tempo do día expresado en horas contadas desde a medianoite ou o mediodía e en fraccións de hora. Fálase de hora sideral, hora oficial e hora civil, como sinónimos respectivamente, de tempo sideral, tempo oficial e tempo civil
-
Momento determinado no tempo.
-
Momento para o que se cita a alguén.
-
Momento da morte de alguén. OBS: Úsase normalmente cos verbos chegar e tocar.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
olframato de manganeso, de fórmula MnWO4. Pertence á serie da volframita e cristaliza no sistema monoclínico. Ten cor amarela, vermella escura ou castaña escura, unha dureza 4-4,5 e un peso específico 7,12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus da guerra na mitoloxía azteca. O seu culto comportaba sacrificos humanos, sobre todo de prisioneiros de guerra. Divindade solar, o seu símbolo era o colibrí.
-
-
Carbón mineral, rocha sedimentaria de orixe orgánica que, tendo e conta a clasificación dos carbóns baseada no contido de carbono e de elementos volátiles, sitúase entre os carbóns subbituminosos e a antracita. Contén entre un 74% e un 94% de carbono. A cor é negra e ten o brillo do vidro. Utilízase en procesos metalúrxicos; constitúe un excelente combustible, de gran poder calorífico.
-
Nome que se dá á enerxía obtida a partir dos saltos de auga. As principais áreas de expansión de hulla branca son: América do Norte, cos sistemas de presas dos ríos Colorado e Columbia, as áreas do río San Lourenzo e dos Apalaches, cos saltos do límite do escudo canadense (Niágara) e o complexo do río Tennessee e tributarios. Europa, cos sistemas das terras altas escandinavas e os Alpes, os Pireneos e o Macizo Central francés, Rusia e Ucraína, cos sistemas dos ríos Volga, Don e Dniéper e os de Siberia, e o Extremo Oriente (Xapón). Tamén en Australia (sistemas do río Snowy e doutros), África (presas de Kariba, Volta, ‘Aswān) e América do Sur, particularmente en Brasil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de magnesio con ferro e fluor, de fórmula Mg(OH,F)2·3Mg2SiO4. Cristaliza no sistema rómbico. É de cor amarela ou laranxa. Ten unha dureza 6 e un peso específico 3,2-3,32.
-
-
-
Actitude de quen ve o lado cómico e irónico das cousas.
-
Estilo literario, gráfico ou artístico en xeral, que interpreta a realidade nos seus límites cómicos, absurdos ou incongruentes. Aínda que primitivamente buscaba a esaxeración dos defectos físicos e as situacións grotescas, despois analizou os costumes sociais. Foi moi empregado no periodismo como instrumento de penetración política. A súa manifestación plástica denomínase comunmente caricatura. No mundo cultural británico, Francia e Alemaña deu lugar, entre outros, a personaxes como Picwick, Tartuf e Falstaff.
-
-
Doutrina médica sen valor científico, segundo a que todas as enfermidades son o resultado das alteracións dos humores do organismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Hungría, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Hungría.
-
Lingua da familia finoúgria do phylum urálico. Fálana uns 16 millóns de persoas, deles uns 10 millóns viven en Hungría. Hai importantes minorías húngaras en Romanía, Eslovaquia, antiga Iugoslavia e na CEI. O primeiro texto húngaro é de finais do s XIII. O húngaro estándar consolidouse na primeira metade do s XIX, época en que se produciu a normativización ortográfica e gramatical. Conta cun gran número de préstamos léxicos procedentes das linguas turcas e eslavas, do alemán e do latín. OBS: Tamén se denomina maxiar.
-
Arte desenvolvida en Hungría. As primeiras manifestacións artísticas son semellantes á arte das estepas. Da arte romana da provincia de Panonia consérvanse vestixios da cidade de Aquincum (actual Budapest), dos ss III e IV. Cómpre destacar tamén o cemiterio paleocristián de Pécs, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2000). Do s X destaca a elaboración dos metais (tesouros de Nagyszentmiklós). Co cristianismo apareceron as primeiras obras baixo a influencia lombarda e francesa (catedral de Pécs, mosteiros de Zsámbék e Ják). Nos ss XII e XIII o taller real de Esztergom converteuse en centro artístico. Do s XIII destaca o mosteiro de Pannonhalma, Patrimonio da Humanidade dende 1987. Despois da incursión devastadora dos tártaros (1241), a sede real trasladouse a Buda, capital que viviu unha primeira época de prosperidade en tempos dos reis anxevinos Carlos Roberto e Luís I o Grande (1308-1382). A influencia italiana fortaleceuse e manifestouse, entre outras obras, en Képes...
-
Arte cinematográfica desenvolvida en Hungría. En 1912 comezou unha produción máis ou menos regular, coas realizacións de Mihály Kertèsz (máis tarde Michael Curtiz), Sándor Korda (Alexander Korda) e Pál Fejös (Paul Fejos). A rexencia do almirante Horthy fixo que as figuras principais abandonasen o país; Béla Blasko (Bela Lugosi), Lya de Putti, Paul Fejos, Alexander Korda e Michael Curtiz marcharon a Hollywood. Cara á década de 1940 o cine húngaro pasou por un momento brillante, con éxitos como Emberek a havason (1942), de István Szöts e Talpalatnnyi föld (1948), de Frigyes Bén. A partir de 1954 houbo unha certa apertura estatal; nomes novos introducíronse no panorama cinematográfico do país (Miklós Jancsó, György Révész), cun cine con personalidade propia. Tamén cómpre destacar a István Gaál, István Szabó, Márta Mészáros e Pál Gábor. Ata o afundimento do réxime comunista, o cine húngaro continuou producindo obras de interese. Cómpre mencionar o xa consagrado István Szabó...
-
Literatura escrita en húngaro. Os húngaros, no s IX, xa posuían unha poesía de transmisión oral, que se conservou malia a cristianización do país e a adopción do latín como lingua culta. O primeiro poema húngaro conservado é unha lamentación da Virxe, escrito ao redor de 1300, e o primeiro poeta húngaro con nome coñecido foi o humanista J. Pannonius (s XV), que escribiu en latín. A partir do s XV difundiuse a literatura en lingua vulgar; B. Balassi (1554-1594) inaugurou a tradición poética que canta a loita contra os turcos. Continuouna M. Zrínyi (1779-1805), e ao finalizar os ss XVII e XVIII floreceu a poesía manuscrita dos kuruc. Como personalidade illada destacou K. Mikes (1690-1761). A finais do s XVIII e nos comezos do XIX, os representantes máis destacados da Ilustración foron G. Bessenyei, J. Batsányi, F. Kazinczy, M. Csokonai Vitéz e D. Berzsenyi. J. Katona escribiu en 1821 o drama histórico Bánk bán. Na década de 1830 desenvolveuse un amplo movemento nacional, do que xurdiu...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de calcio e magnesio, de fórmula Mg3Ca(CO3)4. Cristaliza no sistema rómbico. É de cor branca e ten un peso específico 2,7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de manganeso, de fórmula Mn5(PO4(PO3OH))2. Cristaliza no sistema monoclínico. É incolora ou de cor avermellada, amarela ou castaña. Ten unha dureza 3,5 e un peso específico 3,2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudios científicos e tecnolóxicos aplicados na empresa para a mellora de procesos, produtos ou servicios, coa fin de ampliar o beneficio.
-
-
-
moeda ibera NUMIS
Moeda empregada entre os ss III a C e I a C polos poboadores da rexión que comprendía ao L e ao S da Península Ibérica, penetrando cara ao interior polo val do Ebro ata o territorio dos vascóns e ata o Alto Duero. Caracterizábase polo emprego dun alfabeto hemisilábico. As primeiras emisións, a mediados do s III a C, foron as denominadas dracmas ibéricas de imitación, que seguían o modelo grego pero con topónimos e xentilicios no seu alfabeto. Acadou o seu período de plenitude entre o s II a C e a primeira metade do s I a C, pero as emisións ibéricas foron substituídas pouco a pouco polas romanas de municipios e colonias, con algunhas emisións bilingües. A partir de mediados do s I a C, as cuñaxes realizáronse exclusivamente en alfabeto latino. Trala chegada ao poder de Octavio Augusto considérase que desapareceu a moeda iberorromana. A tipoloxía presentou poucas variacións: no anverso presentaba unha cabeza de home, identificada cun deus, posiblemente Hércules, Ares ou Apolo, mentres o...
-
Relativo ou pertencente ao pobo ibero, á súa cultura ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo ibero.
-
Conxunto de pobos que se estenderon entre Languedoc meridional e Andalucía, ocupando o litoral e boa parte de Aragón, Catalunya, Comunitat Valenciana, Murcia e Andalucía. Esta denominación, que apareceu nas fontes escritas gregas desde o s V a C, empregouse para designar a Península Ibérica. A súa unidade cultural e social, que se manifestou no carácter sincrético da relixión, nos rituais funerarios de incineración, na iconografía artística, na vocación guerreira e nos vínculos de relación clientelar, permite definir o territorio ibero. Malia todo, presenta diferencias rexionais nos sistemas de goberno, cun predominio dos gobernos monárquicos no S e aristocráticos no L, nas actividades económicas dominantes, e nas variedades e tipoloxías construtivas e decorativas. Cronoloxicamente o mundo ibero pode dividirse en catro etapas: período de formación (650 a C-550 a C), ibérico antigo (550 a C-450 a C), ibérico pleno (450 a C-200 a C) e ibérico tardío (200 a C-comezo do s I d C). A área ibera...
-
Lingua dos iberos que estaba estendida no levante da Península Ibérica, desde o N dos Pireneos ata o estreito de Xibraltar. As fontes do seu estudio, ademais dos nomes propios que aparecen nos textos ou nas inscricións latinas, son os textos epigráficos indíxenas, escritos en alfabeto grego, como os chumbos de Alcoi e de El Cigarralejo, ou na escritura ibera. O aspecto máis coñecido da lingua ibera é a onomástica persoal. OBS: Tamén se denomina ibérico.
-
arte ibera
Arte desenvolvida no territorio dos iberos durante o florecemento desta civilización, entre os ss V e I a C. Destaca o seu carácter meridional, pois céntrase en València, Murcia e Andalucía. A arquitectura era alintelada con arcos e bóvedas e empregaba o aparello ciclópeo. Nos poboados destacan as murallas (Puig de Alcoi) e as cámaras sepulcrais (Pozo Moro, Albacete). A escultura con representacións humanas, das que destacan a Dama de Elx e a Dama de Baza, e animais, é de pedra, mentres que as figuriñas doadas como exvotos son de bronce, como as atopadas nos santuarios de Despeñaperros e Castillar de Santiesteban de Sierra Morena, ou de terra cocida, como as do santuario da Serreta de Alcoi. A pintura coñécese mediante a cerámica. O estilo de orixe máis antiga é o da decoración xeométrica, con bandas horizontais, combinadas con círculos e, máis adiante, con elementos decorativos vexetais. Estendeuse por toda a área ibérica e mantívose desde o s VI ata a súa desaparición. Os dous estilos...
-
escritura ibera ESCR
Escritura propia dos pobos iberos, que a utilizaron durante cinco séculos (V-I a C). Ten 28 signos e é moi difícil de descifrar; en 1925 Manuel Gómez Moreno conseguiu descifrar o sistema gráfico ibérico, que é hemisilábico, isto é, que mantén un signo para cada vogal e cada consoante continua (l, m, n, r, rr, s, ss), mentres que as oclusivas dispoñen de cinco signos cada unha, porque sempre están vocalizadas (pa, ba, etc); ao principio marcábase a diferenza entre sonoras e xordas (pa, ba, etc). Este sistema estendeuse por toda a zona mediterránea da Península Ibérica, ata o SO, con diversas variedades caligráficas que permitiron establecer tres áreas: a catalana, a do SL e a do SO. A escritura ibera estendeuse, no s II, pola Celtiberia. Quedan inscricións sobre pedra, cerámica, láminas de chumbo e bronce e sobre vaixela de prata. Utilízase tamén nas moedas iberas do ss II e I a C, a pesar de que foron cuñadas polas autoridades romanas. Esta escritura puido nacer co amparo dos grandes santuarios...
-
moeda ibera NUMIS
-
-
Relativo ou pertencente á antiga rexión de Iberia, no Cáucaso.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á icnografía.
-
-
Representación pitórica, sobre madeira, de Xesús Cristo ou dalgún dos seus misterios, da Virxe ou dos santos. É un obxecto litúrxico visto pola teoloxía ortodoxa dentro da liña sacramental. Tivo un gran desenvolvemento despois do triunfo contra a iconoclastia. Adoitábase revestir a madeira cun fondo de pan de ouro ou metal; os debuxos eran xeométricos e estilizados. Destacan as escolas de Constantinopla, Creta, Venecia e a italobizantina, e en territorio eslavo, as escolas de Kiev e Novgorod, seguidas das de Suzdal, Pskov, Rostov e Moscova, impulsada por Teófanes o Grego e Andrej Rubl’ov.
-
-
Signo que ten unha relación de semellanza formal co obxecto que representa, como por exemplo, os sinais de tráfico que indican a existencia dunha curva.
-
Pequena imaxe coa que se identifica na pantalla un programa, arquivo ou función para facilitar a súa localización e acceder a el directamente situando o cursor sobre ela e facendo un clic co rato.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á iconografía.
-
Conxunto de temas vinculados entre si de forma narrativa ou que conteñen significados simbólicos relativos, en xeral, a dogmas ou conceptos doutrinais básicos.
-
Ideación previa e determinada dun conxunto de temas figurativos, seleccionados e ordenados segundo unha intención significativa concreta.
-