"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo do río Limia, tamén coñecido como río do esquecemento na mitoloxía. Durante séculos identificouse o río Limia co que as tropas de Décimo Xuño Bruto se negaron a atravesar en 137 a C, por medo a perder a memoria. Segundo as teorías de Amílcar Guerra (1996), o río en cuestión é o Leça, localizado entre Santo Tirso e Leixões, en Portugal, que daquela podería chamarse Letia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que alegra.
-
-
Relativo ou pertencente a Letonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Letonia.
-
Lingua báltica, da familia baltoeslava do phylum indoeuropeo, que se fala en Letonia. Está dividida en tres variedades dialectais: a oriental (augszemnieku), a central (vidus), base da lingua literaria, e a occidental (tamnieku). O primeiro texto escrito en letón é unha tradución de 1585 do Catechismus Catholicorum, de san Pedro Canisio, e un catecismo luterano de 1586. En 1922 o sistema ortográfico, de orixe alemana, con caracteres góticos, foi substituído polos caracteres latinos, con algúns signos diacríticos.
-
Arte desenvolvida en Letonia. A arquitectura, de madeira entre os ss IX e XII, recibiu a influencia da escandinava e da alemá ao ser empregada a pedra desde o s XIII, pero as outras artes quedaron aferradas á tradición. Baixo o dominio ruso, sufriu a influencia dos artistas europeos (B. Rastrelli e G. Quarengui). No s XIX houbo un intento de pintura nacionalista, con K. Goun (1830-1877), I. Fedders (1838-1909) e A. Baumanis (1866-1904). Na época soviética a arte participou do realismo socialista.
-
Literatura desenvolvida en lingua letona. No s XVI foron publicados dous catecismos en letón (1585 e 1586). Co renacemento cultural e político de finais do s XIX apareceron as primeiras obras literarias desde o s XIII, cando se produciu a perda da independencia nacional. Destacan os poetas Auseklis, Krišjānīss Barons e Jēkabs Lautenbachs. O patriotismo antirruso tomou unha orientación social coa Nova Corrente, en que destacaron o poeta Rainis e a poetisa Aspazija. Os primeiros novelistas foron os irmáns Reinis e Matīss Kaudzīte, e despois Andrievs Niedra, Utipis e o dramaturgo Blaumandis. No período de entreguerras destacaron os novelistas A. Brigadere J. Janševskis e Svabe, poeta e director da Enciclopedia Letona (1955). A independencia letona provocou un florecemento da literatura nacional, representada polos novelistas K. Zarinš e J. Ezerinš, e polos poetas A. Čaks, Médeniss e A. Eglītis. En 1940, cando Letonia se converteu nunha república...
-
Arte musical cultivada en Letonia. A tradición popular céntrase en cancións ou dainas que se remontan á Idade Media. Instrumentos populares típicos son os kokles ou arpa, os bungas ou timbais ou diversos tipos de trompas. Máis tarde, a influencia xermánica e italiana dominou a vida musical, centrada sobre todo en Rīga, onde Wagner foi director de orquestra entre 1837 e 1839. A dominación rusa restrinxiu a vida cultural ata a independencia de 1918. Ao ano seguinte foi inaugurada a Ópera de Rīga. De seguido destacaron diversos autores, como A. Kalininš, autor de óperas como Banuta (1920) e Hamlet (1936), F. Medinš e A. Jurjanš, musicólogo e autor de música sinfónica. En 2002, a cantante Marija Naumova foi a gañadora do Festival de Eurovisión.
-
-
-
Que ten unha boa formación ou que está versado en letras.
-
-
Persoa licenciada en dereito que asesora os seus clientes sobre cuestións xurídicas e actúa en causas e xuízos diante dos tribunais.
-
letrado do Estado
Funcionario superior da administración do Estado español. Este cargo unificou os antigos corpos de avogados do Estado, técnicos letrados do ministerio de Xustiza, letrados da Dirección Xeral de Rexistros e Notariado e letrados do Consello de Estado.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo oitavo concilio ecúmenico, celebrado entre 1512 e 1517, convocado por Xulio II fronte a un sínodo cismático reunido en Pisa por Luís XII de Francia e continuado por León X. Ratificou o concordato con Francisco I de Francia, estableceu a superioridade do papa sobre o concilio e definiu a doutrina da inmortalidade da alma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista literaria e deportiva de periodicidade mensual, editada en Vigo a partir do 18 de xaneiro de 1909. Cesou a súa edición probablemente en 1910 (nº20). Dirixida por Miguel de Zárraga, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Faro de Vigo e está considerada como unha das primeiras publicacións deste xénero en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dun conxunto polimórfico de células que integran o sangue e que proceden, segundo o tipo da medula ósea, do tecido linfático ou do sistema retículo-endotelial. A súa misión é a loita contra os axentes nocivos. Clasifícanse en granulocitos (divididos en neutrófilos, basófilos e eosinófilos), linfocitos e monocitos. A proporción entre estes elementos constitúe a fórmula leucocitaria. OBS: Tamén se denominan glóbulos brancos.
-
-
Acción e efecto de levantar ou levantarse.
-
Rebelión ou alzamento armado que ten por finalidade derrocar o poder establecido ou tentar que este cambie de traxectoria política.
-
-
Conxunto de operacións xeométricas que son precisas para realizar un plano ou un mapa topográfico, sobre o terreo ou valéndose de fotografías aéreas.
-
Plano ou mapa trazado con esta técnica.
-
Trazado que se fai nun mapa topográfico para sinalar os contornos xeolóxicos segundo os afloramentos do terreo.
-
levantamento topográfico
Conxunto de accións técnicas que se levan a cabo para determinar a dimensión, a forma e a posición dos feitos físicos e humanos dun determinado espazo para logo poder representalos nun mapa.
-
-
Dilixencia que fai un xuíz, acompañado dun médico, pola que recoñece un cadáver e pola que dá orde do seu traslado ao lugar onde se realizará a autopsia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á lexicografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Que ou quen actúa con libertinaxe, entregado a costumes relaxados e a vicios.
-
-
Realtico ou pertencente aos libertinos.
-
Movemento filosófico que se estendeu por Europa Occidental desde finais do s XVI ata a Revolución Francesa. Caracterizouse por rexeitar todo autoritarismo, especialmente o relixioso. A figura filosófica máis destacada vencellada a esta tendencia foi P. Gassendi.
-
-
-
-
-
Que pode actuar e decidir con liberdade.
-
Que non está preso, suxeito nin encerrado.
-
Que non está baixo o dominio doutro.
-
Que se respectan os dereitos dos cidadáns.
-
Aplícase ás pezas florais que non están soldadas.
-
-
-
Que non está sometido a regras nin condicións.
-
Que se pode mover con liberdade.
-
Que non presenta obstáculos.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1875 que cesou o 20 de marzo de 1887. Fundado por A. Rey Varela e X. Mª Paredes, propietario dos obradoiros tipográficos onde se imprimiu na primeira etapa, o seu propietario e director pasou axiña a ser Antonio Toledo ata a súa morte, o 16 de marzo de 1885, a quen sucedeu Alfredo Brañas. Na derradeira época, o xornal estivo a cargo de Hermenexildo Calvelo. Baixo o subtítulo de “Periódico católico, político e literario”, foi un destacado defensor dos intereses da Igrexa á marxe da política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición vogal breve, típica dos países xermánicos, de texto xeralmente estrófico. De carácter relixioso ou profano, pode ter acompañamento musical. O lied monódico dos minnesänger converteuse en polifónico a partir do s XIV, ata o XVII. Desde 1750, algúns autores da chamada escola de Berlín cultivaban o lied a unha soa voz con acompañamento instrumental. Recuperaron a canción popular (Volkslied) e convertérona nunha composición culta (Kunstlied). Ludwig van Beethoven, Franz Schubert e os seus continuadores (R. Schumann, J. Brahms, R. Strauss, J. Wolf e G. Mahler) anovaron o xénero e musicaron as creacións líricas dos poetas máis importantes da época. O lied converteuse así nunha refinada conxunción de poesía e música que é unha das consecucións máximas do romanticismo e da creación artística. Por extensión, a partir do s XIX, déuselle o nome de lieder ás cancións cultas da maioría de países occidentais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación obreira secreta e internacional fundada en 1847 que tiña como obxectivos a dominación do proletariado e a supresión da sociedade burguesa. Presidida por Karl Schapper, F. Engels foi o seu secretario. O seu programa Principios do comunismo, redactado por Engels, transformouno, xunto con Marx, no Manifesto Comunista (1848), o que significou o abandono do socialismo utópico. Disolveuse pola represión exercida sobre o movemento obreiro despois do Proceso de Colonia de 1852.
-
-
Converter en madeira.
-
Volverse lignificado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema defensivo de fronteira ou raia fortificada en áreas periféricas do Imperio Romano. Inicialmente o termo designaba as fronteiras do imperio, limes imperii, e os dispositivos militares que se establecían nela. Posteriormente, cando as fronteiras acadaron unha certa estabilidade, constituíuse nunha liña continua fortificada paralela á fronteira ou baseada en enclaves estratexicamente dispostos. A construción deste tipo de elementos defensivos iniciouse no s I e acadou o seu maior desenvolvemento no s II co Emperador Adriano, que fortificou as fronteiras en Panonia, Illas Británicas e África, e durante a dinastía dos Severos. Integraba cidades amuralladas e campamentos xunto con pequenos recintos fortificados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia as augas continentais, lagos, ríos e encoros, en todos os aspectos, no xeográfico, xeolóxico, físico, químico e biótico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Conxunto de puntos do plano ou do espacio que son a imaxe, para unha aplicación continua, do conxunto dos números reais.
-
Trazo que representa unha liña.
-
Trazo dun grosor moi pequeno en relación coa súa lonxitude.
-
Trazo continuo que serve de orientación para indicar as diferentes alturas das notas nunha composición musical escrita. Chámanse liñas adicionais as que acompañan as notas que saen fóra do pentagrama ascendente ou descendentemente.
-
liña batimétrica
isóbata.
-
liña cotidal
Liña imaxinaria que une os puntos dunha costa na preamar ou na baixamar tendo lugar á mesma hora.
-
liña crebada
Liña formada por varios trazos rectos.
-
liña de acción
Lugar xeométrico dos puntos de contacto de dous perfís conxuntados dos dentes dunha engrenaxe durante o movemento.
-
liña de base
Cada unha das liñas que se utilizan para medir o ancho do mar territorial que está baixo a soberanía dun Estado. Segundo a Convención sobre o Dereito do Mar (1982), pode establecerse liña de base normal, liña da baixamar ao longo da costa recoñecida nas cartas de navegación oficiais como a costa dun Estado; e liña de base recta, liña empregada para medir o ancho cando hai accidentes costeiros, deltas, aberturas profundas, entrantes ou franxas de illas ao longo da costa.
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente á liña.
-
Que ten forma ou segue un desenvolvemento semellante á liña recta.
-
Que está formado por liñas.
-
Que ten unha única dimensión.
-
Aplícase á ecuación diferencial que é lineal respecto á función incógnita e ás súas derivadas.
-
Aplícase á función, á ecuación ou ao sistema de ecuacións nos que interveñen só polinomios de primeiro grao, denominados lineais.
-
Sistema gráfico de escritura que se empregou en Creta no segundo milenio a C e testemuñado en diversas inscricións. Ofrece dous tipos: lineal A e lineal B. A escritura lineal A, que se considera que foi introducida en Chipre procedente de Creta, parece ser que é anterior a 1200 a C. Os seus caracteres coñécense co nome de chiprio-minoicos porque da súa evolución nace a escritura silábica chipriota. A escritura lineal B, descifrada en 1952 por Michael Ventris, co asesoramento de J. Chadwick, a partir duns milleiros de táboas encontradas en Knossos (Creta), en Pilos (Messenia), en Mecenas e en Tebas, foi a escritura da Grecia micénica. Escríbese de esquerda a dereita e consta duns noventa signos (cada un deles corresponde a unha sílaba), dunha colección de ideogramas ou signos que representan obxectos, seres humanos e animais, e dun sistema numérico de base decimal. Para a súa interpretación, Ventris partiu do estudo das diversas construcións gramaticais e intentou ler o...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación das zonas de contacto articulatorio linguopalatal sobre a lingua. O método linguográfico, empregado sobre todo pola fonética experimental clásica, consiste no feito de pintar, xeralmente, un padal artificial, cunha emulsión que deixa trazos do contacto coa lingua despois dunha articulación simple.