"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Ordenador que, polo pouco espazo que ocupa e polo seu baixo prezo, permite realizar e resolver aplicacións que antes precisaban dun ordenador de medida estándar ou un terminal conectado a un ordenador máis potente. Adoitan ter unha maquinaria compacta, usar linguaxes interactivas e ir acompañados de programas específicos con aplicacións, polo xeral subministradas por empresas especializadas. Normalmente están formados por unha unidade central, a memoria principal e a memoria auxiliar. Tamén posúen un sistema para rexistrar datos e programas (unidades de disco). Aínda que os primeiros modelos apareceron a principios da década de 1970, o primeiro que se considera como tal foi o PC de IBM, que apareceu en 1981. O PC evolucionou co modelo XT, que incluíu o disco duro. En 1984 apareceu o modelo AT, que incorporaba o microprocesador 80 286, con notables avances. Todos estes aparatos funcionaban co sistema operativo MS-DOS, desenvolvido por Microsoft, que é o sistema universal dos microordenadores....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suco, de menos de 1 mm de ancho, que levan os discos fonográficos (de 33 e 45 rpm), e que permite conseguir unha duración do programa rexistrado maior ca nos discos primitivos (de 78 rpm).

    2. Disco provisto de microsucos que foron ideados en 1948 e que xiran a unha velocidade de 33 1/3 ou de 45 rpm. Debido á pequena anchura do suco, caben unhas 100 espiras por cm de raio, conseguíndose unha audición de aproximadamente 30 minutos por cara nos discos de 30 cm de diámetro e 33 1/3 rpm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que tivo lugar durante a Segunda Guerra Mundial nos arredores do arquipélago de Midway entre Xapón e EE UU. O plan xaponés pretendía atacar por sorpresa o arquipélago de Midway, despois de facer unha acción de engano nas illas Aleutianas, que comezou o 3 de xuño de 1942. O contraataque estadounidense impediu a toma do arquipélago e mostrou a superioridade naval estadounidense e a importancia dos portaavións na guerra naval. Foi a derrota máis dura de Xapón e supuxo o final do seu avance polo Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ioduro de prata, de fórmula (Cu,Ag)I, que cristaliza no sistema cúbico e é de cor amarela. Ten dureza 2,5 e peso específico 5,64-5,68.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto petrográfico que, a escala de afloramento e non de mostra illada, é unha barreira de rochas de tipo granítico e gneis. Conforma o límite entre as rochas metamórficas e as rochas magmáticas, e a súa xénese está ligada a unha fusión parcial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolma de contos escritos en árabe, datada entre os ss IX e XV, que circularon oralmente entre os ss IX e X. Desenvólvese a partir da historia dun rei que mata doncelas por consideralas aburridas, ata que unha delas, Sherezade, consegue manter a atención do monarca contándolle unha historia diferente cada noite. Seguindo o estilo das antigas coleccións orientais, incluíu narracións propias da contística india (O mercador e o xenio), iraniana (Qamar al-Zamān e a princesa Budūr), do antigo Exipto, grega e hebrea (conto de Šamasp e Šansah). O reducido marco xeográfico en que se desenvolve a acción contrasta co gran número de personaxes e acontecementos que teñen lugar. Os xéneros literarios empregados son numerosos e variados, como as historias de tipo fantástico, lendas, novelas, contos didácticos, humorísticos ou fábulas. De todas elas, as de máis transcendencia foron Sindbad o mariño, de influencia persa, Aladino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe na advocación da Virxe (Nosa Señora dos Milagres). O substantivo ‘milagre’ procede do latín miraculu ‘prodixio, portento, marabilla’. Tense dito que no latín medieval tamén significou “lugar alto, posto de vixía” e que de tal polisemia puido nacer a vinculación relixiosa a tales lugares. Presenta o hipocorístico Mila. A Virxe dos Milagres recibe culto popular en moitos lugares de Galicia; destaca pola súa popularidade a do santuario de Amil (celebrada o primeiro domingo despois do 8 de setembro),   en Moraña, os Milagres de Saavedra (o 24 de maio), en Begonte, e os do Monte Medo (o 7 e 8 de setembro), en Baños de Molgas. A Virxe dos Milagres é patroa do concello de Taboada e de Valga, onde se celebra o 10 e o 28 de agosto, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado do N de Italia formado arredor de Milán, que foi a capital. Pouco despois de constituírse o goberno comunal na primeira metade do s XII, Milán esforzouse por impor a súa tutela sobre as outras cidades lombardas. A transformación da comunidade en señorío non significou a fin da súa expansión, senón todo o contrario, xa que os Torriani (s XIII) e os Visconti (s XIV) impulsaron a expansión e someteron Bérgamo, Brescia, Novara, Boloña, Perugia, Pisa e Siena, e obtiveron o recoñecemento imperial de Venceslau I, que lle concedeu os títulos de duque de Milán (1395) e duque de Lombardia (1397) a Giovanni Galeazzo (1447). Morto o duque de Milán, Filippo Maria Visconti, sen sucesión masculina, o ducado de Milán pasou a Afonso V de Aragón. Este renunciou e axudou a Francesco Sforza, xenro do duque, a tomar posesión do ducado e defender os milaneses dos ataques venecianos e florentinos. En 1499 o ducado pasou aos franceses cando Luís XII de Francia llo arrebatou a Luís I de Milán. Os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica presocrática fundada en Mileto. Os seus membros esforzáronse en probar o principio único de onde proveñen todas as cousas substituíndo os mitos sobre a orixe do Universo por unha explicación física e material. Tales considerou que este principio primeiro era a auga que, mediante un proceso de condensación, se convertía en terra, aire e lume. Anaximandro indentificou o elemento primitivo co ilimitado (‘ά), entendido como a materia infinita susceptible de producir sempre seres novos, e Anaxímenes considerou o aire como o principio de todas as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cnidarios coloniais urticantes, da familia dos millepóridos, da clase dos hidrozoos que presentan exoesqueleto calcario con perforacións polas que se asoman os individuos da colonia. Presentan propiedades urticantes e son parte das formacións coraliformes. Habitan nas augas tropicais costeiras do Atlántico e do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso metamórfico debido a forzas tectónicas, que provoca a trituración das rochas e a súa cementación por recristalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Roma. Construíuse no s II a C e modificouse no s XV. Por medio dela pasaba a vía Flaminia que atravesaba o Tíber. No 312 tivo lugar nas súas inmediacións a Batalla da Ponte Milvio, en que Constantino I o Grande venceu a Maxencio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema filosófico ortodoxo do brahmanismo. Afirma a realidade do mundo fenoménico e o carácter sobrehumano dos Vedas e comprende unha filosofía do coñecemento e da linguaxe e unha ética ritualista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloroarseniato de chumbo, de fórmula Pb5(AsO4,PO4)3 Cl. Cristaliza no sistema hexagonal. A súa cor vai do amarelo claro ao pardo amarelado ou ao amarelo alaranxado. Ten unha dureza de 3,5-4 e un peso específico de 7,24.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa romana da sabedoría, da intelixencia, das artes, das ciencias e dos dons da civilización en xeral. A súa figura entrou probablemente a través dos etruscos e identificouse coa grega Atenea. Forma parte da tríade capitolina xunto a Xúpiter e Xuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Minerva.

    2. Certame literario promovido pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1536, como homenaxe ao seu fundador, Alonso de Fonseca. Convertéronse nunha referencia literaria e lingüística moi importante pois, malia que a maior parte dos autores que participaron nos certames enviaron as súas composicións en castelán e latín, houbo algúns que excepcionalmente compuxeron as súas obras en lingua galega. Dos certames anuais apenas quedan máis noticias ca as correspondentes á súa convocatoria. A única excepción constitúena as celebradas en 1697, ás que se presentaron máis de 100 autores, e das que se conserva unha recompilación incluída nun volume titulado Fiestas Minervales y Aclamación perpetua de las Musas à la inmortal memoria de el Ilustrissimo y Excelentissimo Señor D. Alonso de Fonseca, que se converteu na mellor representación da poesía barroca en Galicia. Coñécense ata un total de nove romances en lingua galega de especial interese lexicográfico para o estudo da lingua da época e cunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto ou cousa que presenta un tamaño moi reducido.

      1. Pintura de tamaño moi pequeno. Orixinariamente, o termo facía alusión ás iluminacións que, realizadas con minio, se empregaban para realzar as letras maiúsculas nos códices; desde o s XVII vinculouse coa palabra ‘diminuto’, relacionado con todo tipo de iluminación de manuscritos, e posteriormente identificouse coa pintura de pequeno tamaño, especialmente co retrato destinado a medallóns e cos debuxos de obxectos. Estilisticamente está desvinculada da miniatura propia dos manuscritos e presenta, pola contra, estreitas relacións coa pintura. Moitos pintores realizaron miniaturas, entre os máis detacados están os británicos I. Oliver, S. Cooper e R. Cosway (s XVIII), o francés J. Petitot, o italiano R. Carriera e F. de Liaño e F. A. Meléndez na Península Ibérica. A súa decadencia comenzou coa aparición da fotografía (s XIX).

      2. Pintura de figuras pequenas ou ornamentos feita sobre pergamiño ou papiro empregada na ilustración de importantes obras relixiosas ou profanas. Está técnica desenvolveuse en Bizancio, no Occidente cristián, na India budista e na Persia islámica. Un dos primeiros exemplos que se conserva data de 1900 a C: o Libro dos Mortos. A Ilíada pita (s V) é un dos manuscritos gregos máis antigos, con traballos que seguían a tradición romana. A pintura bizantina tivo un período de produción brillante entre os ss X e XIII, entre os seus códices destaca a Xénese de Viena (s VI). En Irlanda do Norte e Inglaterra as miniaturas foron importantes, nelas as tradicións célticas dominaron sobre as achegas clásicas mediterráneas e deixaron pezas como o Libro de Durrow (s VII) ou o Libro de Kells (s VIII). Na Europa de culto latino foron escasas durante a Alta Idade Media; as dúas pezas máis importantes da época foron o Salterio Ashburnham e a Biblia Amiatina. Aproximadamente por estas datas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia en po, que ten un peso específico de 9 e unha cor que vai desde o laranxa ao vermello segundo as dimensións das partículas. Na industria obtense a partir do chumbo. É insoluble en auga e moi resistente aos ácidos minerais. O minio empregouse nun principio como colorante, pasando despois a empregarse na fabricación de vidro de chumbo ou na preparación de esmaltes e vernices, entre outros.

    2. Óxido de aluminio, cun contido de óxido de ferro que pode variar entre o 25 e o 30%, que se emprega como pigmento.

    3. Óxido de ferro cunha certa cantidade de sílice e silicatos, que se emprega na preparación de vernices protectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Ourense a partir de 1992. Subtitulada “Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía de Ourense”, o primeiro número editouno o departamento, pero a partir do segundo correu a cargo de Edicións do Castro, ata 1999, data en que se fixo cargo o servizo de publicacións da Universidade de Vigo. Dirixida por Mª Victoria Carballo-Calero Ramos e coordinada por Ladislao Castro, saíu cada ano. Tivo carácter científico, e incluíu traballos de investigación sobre arqueoloxía, historia (medieval, moderna e contemporánea) ou arte, así como outros temas en que colaboraron profesores dese e doutros centros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Creta antiga, á súa civilización ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante da Creta antiga.

    3. Civilización prehelénica de Creta (2700-1100 a C). Recibiu esta denominación en memoria do lexendario rei Minos e o seu coñecemento centrouse no estudo dos palacios como o de Cnossos, Faistos, Hagia Tríada e Malia. Foi estudada por A. J. Evans a principios do s XX. O proceso histórico dividiuse en tres fases: minoico antigo (2700?-2000 a C), minoico medio (2000?-1550 a C) e minoico recente (1550?-1100 a C), e cada unha foi dividida, á súa vez, en tres etapas. O momento de máximo esplendor produciuse entre 2000 e 1600 a C, cando Creta foi conquistada polos micénicos. Os palacios indican que a illa estaba dividida en diversos reinos, dedicados á agricultura, ao comercio marítimo e aos oficios. Tivo un sistema propio de escritura xeroglífica, que derivou despois no lineal A e finalmente no lineal B e unha arte notable, preludio da arte grega clásica.

    4. Lingua que atesouran os documentos en escritura lineal A cretense encontrados en Creta e noutras illas do mar Exeo. A súa lectura foi posible grazas á adaptación que se fixo deste sistema gráfico para anotar a lingua grega na época micénica. Parece que non facía distincións entre fonemas xordos, sonoros e aspirados, nin tampouco entre l e r e posuía, en contra, unha serie de fonemas labializados e palatalizados. Observouse tamén unha tendencia moi marcada ás sílabas abertas e unha preferencia estatística polas vogais a, i e u, feito que fai supoñer que o seu triángulo vocálico só tiña as tres posicións extremas.

    5. Arte desenvolvida na illa de Creta entre 2600 a C e 1400 a C. A cultura minoica dividiuse en tres fases, en función da realización da súa principal construción, o palacio: prepalaciana (2600-1900 a C), protopalaciana (1900-1700 a C) e neopalaciana (1700-1400 a C). Os palacios estrutúranse ao redor dun patio central. ;Son arquitrabados con columnas de fuste liso, máis ancho  na parte superior ca na base. En pintura destacaron os frescos que decoraban os palacios e en escultura as pequenas figuras. A cerámica pintouse primeiro con motivos xeométricos e despois con vexetais e animais.

    VER O DETALLE DO TERMO