"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Conxunto de características que fan que unha persoa ou unha cousa sexa útil para unha función.

    2. Disposición ou capacidade natural ou adquirida para facer algunha cousa. As aptitudes, innatas ou adquiridas, e perceptibles coa educación, son un dos alicerces da diferenciación dos individuos.

    3. Estado fisiolóxico específico das bacterias lisóxenas durante o que se producen bacteriófagos infecciosos pola acción de certos axentes indutores.

      1. Capacidade relativa dun organismo para sobrevivir e transmitir os seus xenes ao pool xénico da poboación na seguinte xeración.

      2. aptitude global [ingl: inclusive fitness]

        Suma da aptitude dun individuo e de toda a súa influencia na aptitude dos seus parentes que non sexan descendentes directos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arabia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Na-tural ou habitante de Arabia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo árabe.

      2. Pobo orixinario da Península Arábiga. Na época preislámica o pobo árabe, nómada (beduíno) ou sedentario, organizábase en clans e tribos de familia patriarcal; era politeísta, cría nos espíritos (ginn) e desenvolvía o seu culto en santuarios locais ou tribais, entre os que salienta a Ka’ba, na Meca. Semella, sen embargo, que antes do monoteísmo islámico tiñan a crenza nun deus superior común a todas as tribos. A predicación de Mahoma conseguiu reunir a todas as tribos árabes baixo un estado teocrático, que espallou a súa lingua e relixión polos territorios conquistados debido á expansión do Islam dende o s VII, configurándose como o grupo étnico dominante en numerosos territorios do norte de África e Asia. Aínda que esta expansión case sempre supuxo a aculturización dos pobos conquistados (asimilación da lingua, a cultura e a relixión árabes), en ocasións mantiveron a súa propia lingua (bérberes) ou relixión (coptos), noutras só adoptaron a relixión (turcos, persas ou hindús), polo...

    3. Lingua da familia afro-asiática do grupo meridional das linguas semíticas. Enténdese por lingua árabe a falada no centro de Arabia no s VII, chamada árabe literario ou clásico, lingua do Alcorán. A expansión do Islam, que impón unha ortodoxia que non permite a tradución do libro sagrado, converteuna rapidamente en lingua administrativa, comercial e literaria dos países islamizados. A combinación de -xeralmente- tres das vinte e oito consoantes de que consta o alifato dá lugar a unha chamada raíz, que expresa unha idea. Coa adición doutras consoantes, vocais ou signos ortográficos ás letras radicais concrétase o significado abstracto daquela, formando os diferentes termos verbais e nominais. O verbo ten unha soa conxugación, unha forma simple e varias derivadas, e dous tempos verbais: pretérito e futuro. O futuro ten catro modos: indicativo, subxuntivo, condicional e imperativo. O nome e o adxectivo son afectados por catro accidentes: xénero e número como...

      1. alfabeto árabe

        Alfabeto chamado alifato, derivado do nabateo (ss II e III?) e influenciado tamén polo siríaco, que tomou a forma actual no s VIII. Comprende vinte e oito caracteres consonánticos, algúns deles diferéncianse por puntos diacríticos, existindo tamén outros signos ortográficos auxiliares. A expansión do Islam motivou que o alifato siga a utilizarse tamén noutras linguas, polo feito de que o Alcorán, palabra de Deus -Alá- revelada ao seu profeta Mahoma en lingua árabe, non se pode traducir nin transcribir.

      2. escritura árabe

        Escritura propia da lingua árabe. O árabe, coma outras linguas semíticas, escríbese de dereita a esquerda. A escritura caracterízase pola abundancia de enlaces. Só se indican as consoantes e as vocais longas, se ben no caso de determinados textos (o Alcorán, edicións científicas, infantís e outros), nos que é necesaria unha lectura correcta, tamén se indican as tres vocais (a, i, u), a ausencia de vocal (sukūn), as consoantes e as vocais dobres (tašdīd e tanwin) e outros signos ortográficos.

    4. Arte islámica.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Arabia ou aos árabes.

    2. Que vén de Arabia.

    3. Lingua que falan os árabes.

    4. Exsudación gomosa producida polo tronco e as pólas de diversas especies africanas do xénero Acacia, secada. É case completamente soluble en auga. Está composta por arabina con pequenas cantidades de impurezas, tales como taninos, e co 13,15% de humidade. A goma arábiga, chamada así polo uso que facían dela os médicos árabes, emprégase como adhesivo, espesante e emulsionante nas industrias téxtil, alimentaria, cosmética e outras. En farmacia utilízase como emoliente.

    5. Cada un dos signos gráficos do sistema de numeración decimal que se utilizan nos países de cultura europea. Semella que estes signos eran de orixe india e constituíron o modelo das cifras árabes occidentais. As figuracións máis antigas coñecidas entre os latinos son as dos códices Albeldense (947) e Emilianense (994), que só constan de nove cifras (falta o 0). Aparecen tamén nalgúns manuscritos do s XI sobre Aritmética da autoría de Boecio. Estas cifras, sen embargo, non comezaron a substituír en Europa as romanas de xeito pleno ata os ss XIV e XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mineral diforme da calcita. Cristaliza no sistema rómbico. Preséntase en formas pseudohexagonais, prismáticas ou tabulares por macla de repetición ou en maclas múltiples xustapostas ou entrecruzadas, de diversas formas. É incoloro, branco ou de cores morada ou castaña. Por riba dos 400° C transfórmase en calcita. Opticamente é biaxial negativo e de forte birrefrixencia. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 2,94-2,95. É un dos elementos constitutivos das estruturas estalagmíticas e estalactíticas. Aparece tamén en cavidades basálticas, en xesos e arxilas, nas perlas e nas capas nacaradas de cunchas de moluscos. Recibe o nome da localidade de Molina de Aragón, onde é abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. exetal leñoso que presenta un tronco único ao ramificarse a certa distancia do chan. As partes esenciais de calquera árbore son as raíces, o tronco e a copa. As funcións principais do sistema radical son a fixación da árbore ao chan e a absorción da auga e nutrientes do solo, pero ademais as raíces teñen outros cometidos como o almacenamento de substancias de reserva, a síntese de compostos orgánicos, a secreción de substancias químicas, a xeración de talos, ou a localización de microorganismos fixadores de nitróxeno. A forma e a extensión do sistema radical das árbores están controladas xeneticamente e varían segundo a especie, a idade e as circunstancias ecolóxicas. A maior parte das raíces finas, que son as que se encargan da absorción da auga e dos nutrientes, localízanse xeralmente nos estratos máis superficiais do chan, pero o sistema radical das especies arbóreas acada con facilidade, en solos profundos, unha profundidade que oscila entre os 3 e os 5 m; danse casos singularmente...

      2. árbore aciculifolia

        Árbore de follas aciculares, estreitas e longas, como agullas.

      3. árbore afogadora

        exetal hemiepífito que xermina enriba dunha árbore, crea raíces que baixan ata a terra e, unha vez arraigada, transfórmase nunha árbore que mata a hóspede sobre a que tiña medrado.

      4. árbore caducifolia

        Árbore na que as follas se manteñen activas durante un só período vexetativo. Unha vez transcorrido este período as follas, polo xeral, secan e caen (follas caducas, como o carballo común); pero nalgunhas especies as follas secas aínda persisten longo tempo nas pólas (follas marcescentes, como o carballo cerquiño).

      5. árbore de ribeira

        Árbore que vive en solos húmidos, habitualmente formando bandas paralelas á ribeira dos ríos, estanques e lagoas, como o amieiro, o salgueiro ou o bidueiro.

      6. árbore esclerófila

        Árbore de folla persistente, dura, coriácea e pequena, como a da sobreira e da oliveira. Corresponde a medios climáticos bastante secos, e é o tipo de árbore característica da rexión mediterránea e das zonas de clima semellante onde as chuvias estivais son escasas.

      7. árbore laurifolia

        Árbore de folla plana e dura, como a do loureiro. Diferénciase da árbore esclerófila porque ten as follas máis grandes. É característica, principalmente, de climas tropicais e subtropicais húmidos.

      8. árbore perennifolia

        Árbore na que as follas manteñen a súa actividade durante diversos períodos vexetativos (follas persistentes) e que se renovan de tal maneira que a copa se conserva verde todo o ano, como ocorre coa aciñeira e o abeto.

      9. árbore planifolia

        Árbore de follas planas e de lámina ampla, como o pradairo, o a aciñeira e a abeleira.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de árbores vivas de numerosas especies, destinada a fins fundamentalmente científicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de potasio, de fórmula K2SO4. Cristaliza no sistema rómbico e os cristais son de cor branca. Ten peso específico 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título que no organigrama da administración eclesiástica se confire á persoa responsable do goberno dun arcebispado. En esencia, trátase dun bispo que engade á administración da súa propia diócese unha certa autoridade, en gran medida de carácter honorífico, sobre outras dióceses que, xunto coa súa propia, conforman o que se designa como provincia eclesiástica, denominándose sufragáneos os bispos que encabezan as dióceses dependentes dun arcebispo. Estes serían os arcebispos plenos ou ordinarios; sen embargo, na estrutura eclesiástica hai outros dous tipos de arcebispos: os arcebispos titulares, dignidades honoríficas ocupadas por membros dos tribunais do Vaticano ou bispos auxiliares, debido a que corresponden a dióceses desaparecidas trala dominación islámica en Asia e África, e os arcebispos residenciais, aqueles que non gobernan sobre ningún bispo sufragáneo. Historicamente, o título de arcebispo xorde no proceso de adaptación da...

    2. Axudante concedido polo Papa ao titular dun arcebispado, polo xeral con dereito a sucesión. As súas facultades quedan determinadas nas escrituras apostólicas de nomeamento.

    3. Nas igrexas orientais, título que teñen as cabezas de demarcacións territoriais situadas fóra dun patriarcado. Actualmente só teñen este título os arcebispos ortodoxos de Grecia e de Chipre.

    4. Metropolitano.

    5. Arcebispo que rexe unha arquidiócese sen mando sufragáneo.

    6. Arcebispo que porta tal dignidade de xeito só honorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xeral que corresponde a cada rexión plana ou do espacio. A teoría elemental das áreas dos polígonos toman como unidade de área o cadrado, que ten por costado a unidade de lonxitude. A área do rectángulo obtense facendo o produto das súas dúas dimensións. Obtense a área do paralelogramo facendo o produto da base pola altura. A área do triángulo = 1/2 (base x altura). Obtense a área dun polígono descompoñéndoo en triángulos e sumando as áreas. A área dunha rexión limitada por curvas calcúlase coa axuda do cálculo integral. A fórmula fundamental é:


      FORMULA


      A = { f(x)dx
      A área dun círculo ( cuadratura do círculo) de radio r, vale A=πr 2 . Para unha figura do espacio, se a figura consta de caras planas (como son os poliedros), a súa área obtense sumando as áreas das caras. Para as superficies curvas que poden ser aplicadas a un plano (cilindro, cono e outras figuras) a área calcúlase por medio desta aplicación...

    2. Unidade métrica de superficie equivalente a un decámetro cadrado.

    3. Porción dunha superficie, especialmente da superficie terrestre, caracterizado por desenvolverse nel algún tipo determinado de actividades, por darse certos fenómenos ou por estar ocupado por un certo tipo de persoas.

    4. Ámbito no que está comprendida unha actividade humana.

    5. Zona anatómica ou superficie corporal que está relacionada con outras zonas.

    6. En antropoloxía política, concepto metafórico que, xuntamente co de campo, delimita o ámbito onde determinados individuos ou faccións compiten entre si.

      1. Parte da superficie terrestre ocupada por un taxon (familia, xénero, especie, etc); dentro da área os individuos do taxon ocupan unicamente as residencias ecolóxicas que lle son favorables.

      2. área continua

        Área que non presenta interrupcións.

      3. área discontinua

        Área formada por diversas partes separadas entre elas por extensións considerables onde o taxon non existe.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño clupeiforme de ata 40 cm, de cor azul escura polo dorso, máis clara nos flancos e prateada no ventre; teñen unhas pregaduras adiposas características nos ollos. Viven na parte setentrional do Atlántico, tanto nas costas americanas como nas europeas onde chegan ata o golfo de Bizkaia. Agrúpanse en cardumes que no verán viven en augas profundas, ata os 200 m, e no inverno migran a augas litorais someras. Cada femia pon de 20.000 a 40.000 ovos, que quedan fixados cun moco no fondo da area ou da grava. O crecemento dos arenques é rápido, e aos tres anos, aproximadamente, alcanzan a madureza sexual. Son consumidos frescos, conxelados, en conserva, salgados e afumados. A súa carne é moi apreciada, tanto polo sabor como por ser rica en graxas.

    2. Arenque que se atopa nas costas norteamericanas e asiáticas do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual e gratuíta publicada en Santiago en maio de 1989, dirixida por Anxos Domenech Presa. Subtitulábase “Revista gallega del campo y el mar”. Contaba coas colaboracións de César Lumbreras, Pepe Casal e Xesús Ferreiro, xunto coas de Emilio Lavandeira no humor gráfico e Adela Cano no horóscopo. Incluía información sobre o campo e o mar, feiras e exposicións, aldeas e vilas de Galicia, entrevistas e unha axenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na tradición rabínica, un dos anxos da quinta categoría. De aquí pasa á cábala e á tradición popular como espírito, polo xeral maléfico, do aire e da auga. Deu lugar a personaxes literarios como o Ariel de A Tempestade de Shakespeare e o anxo rebelde do Paraíso Perdido de Milton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso franciscano nado en Arnoia (Ourense), e escritor e colaborador de El Eco Franciscano. Publicou, entre outras, obras de carácter eclesiástico, tales como: Compendiosa vida de San Benito de Palermo y Novena del milagroso Santo (1915 e 1925), La venerable Orden Tercera de Penitencia de nuestro seráfico Padre San Francisco, su naturaleza y acción (1923) e El Franciscanismo de la Segunda Orden. Recuerdo del séptimo centenario franciscano (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Armenia, aos seus habitantes, á súa lingua ou á Igrexa Armenia.

    2. Natural ou habitante de Armenia.

    3. Individuo pertencente a un pobo de lingua indoeuropea formado pola mestura da poboación orixinal do país de Urartu con elementos indoeuropeos de procedencia occidental (Frixia) establecidos naquel territorio durante o s VII a C. O pobo armenio, que se autonomeou haikh, chamou ao seu país Hajastan e formou diversas entidades políticas ( Armenia). As vicisitudes históricas provocaron unha importante diáspora da súa poboación por Cilicia, rexión de Sivas, Constantinopla e cidades do Oriente Próximo. A opresión e as matanzas turcas (1895-1918) provocaron o exterminio dunha gran parte da poboación armenia de Turquía, ademais dunha nova dispersión. Son preto de seis millóns de individuos, repartidos entre a República de Armenia (arredor de tres millóns), máis de un millón en Xeorxia e Acerbaixán, medio millón en Turquía e Oriente Próximo; o resto localízase en Occidente, especialmente en Francia, Canadá e nos EE UU.

    4. Membro da Igrexa Armenia.

    5. Lingua indoeuropea, localizada na rexión montañosa que se estende pola ribeira do mar Negro, ao sur do Cáucaso e ao norte de Mesopotamia. Está próxima ás linguas subcaucásicas, coas que comparte un antigo substrato común. Os primeiros estudios do armenio no século XIX clasificábana dentro da familia irania, pola importancia do compoñente persa no seu léxico. Actualmente fálase nas repúblicas independentes de Armenia, Xeorxia, nas rexións do Don e Acerbaixán, no noroeste de Irán e en colonias illadas de Asia Menor, Siria, Istambul, Bulgaria, Romanía, Francia, India, Exipto e os EE UU. A cifra total de falantes de armenio está próximo aos seis millóns. A presenza dos pobos armenios en Asia Menor dátase nunha época moi antiga, no segundo milenio a C, pero a primeira mención escrita non aparece ata o século V a C nunha inscrición persa. Trala introdución do cristianismo no século V, o relixioso san Mesrob creou un alfabeto propio, formado por 38 letras, para poder traducir o Evanxeo...

    6. Alfabeto da lingua armenia, creado no s V polo relixioso san Mesrob. Segue a orde do alfabeto grego, e está constituído con elementos gregos, siríacos e iranianos para adaptarse ás necesidades do sistema fonético armenio. Ten 36 caracteres, máis dous que se engaden para os nomes rusos.

    7. Arte desenvolvida en Armenia a partir da cristianización (s III-IV) ata as invasións mongólica e turca (s XIII-XV). Acada o seu esplendor entre os s IX e XI, coa dinastía Bagrátida. A arquitectura utiliza como material a pedra; as igrexas da primeira época seguen a tipoloxía basilical con volta de canón, pero nos ss VI-VII impúxose a planta central con cúpula poligonal, ás veces cónica, sobre tambor. Nos ss X e XI danse precedentes da bóveda sostida por arcos oxivais. A escultura altomedieval, supeditada á arquitectura, trata temas relixiosos e pode considerarse precedente da románica. Entre as artes menores, destacan os evanxeliarios miniados, realizados dende o s X.

    8. Literatura escrita en lingua armenia. A literatura armenia xurdiu a comezos do s V d C coa invención do alfabeto armenio atribuída a Mesrob. A antiga literatura armenia caracterizouse durante moito tempo polo predominio de obras relixiosas e históricas. Despois dunha época de esplendor inicial, principiouse, a partir do século VI, unha decadencia progresiva ata o s XIX, coa salvidade das crónicas de Sebeos (s VII) e de Ghevond Eredz (s VIII) e o breve rexurdimento da dinastía dos Bagrátidas (895-1100). No s XVIII Manuk Mekhitar estableceu en Venecia un centro cultural que facilitou o avivamento romántico. O século XIX significou unha ruptura radical: a literatura armenia europeizouse, abandonou o ton relixioso, o grabar foi desprazado polo aškharabar e espallouse a sectores máis amplos. Os novelistas máis notables foron Khačatur Abovian, Raffi, Arpian Arpiarian, Grigor Zohrab e Evand Odian. En poesía destacaron Mekertič Bešiktašlian, Bedros Turian, Daniel...

    9. Arte musical desenvolvida polo pobo armenio, en especial a partir da cristianización de Armenia (ss III-IV). As manifestacións máis antigas están constituídas por un repertorio musical litúrxico, formado principalmente por himnos, froito da forte influencia siríaca e bizantina. A notación armenia está formada por un conxunto de pneumas de épocas diferentes. A principios do s XIX, Hambartsum Limondžian reformou a notación para achegala á occidental en precisión rítmica. Á parte da música litúrxica, Armenia creou melodías cunha estrutura interesante con influencias orientais e occidentais. Algúns dos cantos constitúen mostras moi antigas da música europea e foron conservados polos poetas-músicos ambulantes do país. As melodías populares serviron de material para a música culta en obras de compositores como Aleksandr Spenjarov e Aram Khačaturian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria bilingüe nada en marzo de 1984 en Vilagarcía de Arousa, editada pola Asociación para o Estudio da Historia de Vilagarcía e da súa comarca. Incluía traballos, poemas en galego de Xulio Camba, Anxos Martínez Peón, Xaquina Trillo e outros autores, xunto cun monográfico de Fermín Bouza-Brey.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia da Arquitectura, conxunto das regras da Arquitectura.

      1. Segundo Aristóteles, ciencia principal con relación a outra que ten as finalidades subordinadas a esta.

      2. Se-gundo Kant, arte de construír un sistema, é dicir, a teoría do que hai de científico no coñecemento humano en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para arquivar.

    2. Moble ou caixa utilizada para gardar documentos, fichas ou outros papeis.

    3. Caixa ou elemento semellante onde se gardan fotografías, diapositivas e outros produtos fotográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo e biblioteca fundados en 1835 que dependen da Deputación provincial da Coruña. Dispón de lectura en sala e préstamo a domicilio, hemeroteca, fonoteca e videoteca. Conta con máis de cen mil títulos, case mil publicacións periódicas e unha importante colección de microfilmes, microfichas, planos, mapas e gráficos. Posúe un manual de 1520 e, entre os fondos especiais, ten as bibliotecas galegas de Blanco Maneiro, Xosé Mosquera Pérez o vello dos contos, Luís Seoane e as bibliotecas de Carlos Martínez Barbeito e de Puga Pequeño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Levar unha cousa ou unha persoa a rastro polo chan, tirando dela.

    2. Transportar algo impulsado polo propio movemento.

    3. Soportar algo con penalidade ou sufrimento.

    4. Inducir a alguén a un determinado comportamento ou vicio.

    5. Atraer a alguén para que adopte unha idea ou opinión.

    6. Tocar ou rozar o chan.

    7. En certos xogos de cartas, botar trunfos.

    8. Desprazarse rozando o chan.

    9. Comportarse de xeito humillante fronte a outra persoa, perdendo a dignidade.

    10. Operación que se pode realizar en contornos gráficos de usuario e que consiste en seleccionar co rato ou con outro dispositivo equivalente unha icona ou serie de iconas e movelas ata unha nova posición, onde se soltan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Llull, escrita entre 1305 e 1308, titulada Ars magna generalis ultima, na que enuncia de xeito definitivo cuestións que xa explicara noutras obras anteriores. A finalidade da arte consiste en propoñer un sistema de principios moi xerais, aplicables a todas as ciencias, que servise de axuda para encontrar a verdade e resolver así os diversos problemas científicos. A arte lluliana pode resumirse en seis elementos característicos, dentro dos cales os principios absolutos, os principios relativos, os suxeitos e as regras interrogativas son simbolizados por letras.

    VER O DETALLE DO TERMO