"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
-
Obra de fábrica, estrutura metálica, ou doutro material, capaz de soportar cargas dinámicas, sobre a que unha vía de comunicación, da que forma parte, pode salvar unha depresión ou obstáculo (como un río ou un barranco) ou crear outra vía de comunicación a escala inferior. As pontes provisionais empregadas en operacións militares adoitan consistir en estruturas metálicas montadas sobre camións especiais ou outros vehículos. As pontes permanentes son de obra de fábrica, metálicas ou dunha combinación de estrutura metálica e de obra de fábrica, e pódense diferenciar xeralmente os seguintes elementos: os estribos ou soportes extremos, os piares ou soportes intermedios, a armadura da superestrutura (de arco, de vigas) e a base (base do pavimento, da vía férrea, da canle ou doutra). A ponte que forma parte dunha estrada ou dunha liña de ferrocarril denomínase viaduto, e acueduto a que forma parte dunha canalización de auga....
-
ponte de campaña
Ponte sobre soportes fixos ou flotantes construída polas tropas de enxeñeiros co fin de facilitar o paso de unidades.
-
ponte internacional
Ponte que serve de comunicación entre dous estados nunha zona fronteiriza. Aínda que os límites adoitan coincidir na metade, a miúdo a ponte se considera zona neutra ou internacional.
-
ponte levadiza
Ponte utilizada nos castelos e nas fortalezas para atravesar o foxo e que se elevaba por medio de poleas, cordas ou cadeas.
-
-
-
Nome de diversos obxectos, pezas ou estruturas semellantes a unha ponte pola forma ou pola función.
-
Porción de tecido que une dúas partes dun órgano.
-
Prótese que se consolida dunha maneira permanente entre dous ou máis dentes.
-
Conxunto de elementos físicos (resistencias, impedancias ou capacidades), distribuídos en catro brazos que forman un circuíto pechado, alimentados electricamente entre os dous nós diagonalmente opostos e que teñen conectado un detector de corrente entre os outros dous. As pontes utilízanse para determinar o valor dun dos elementos cando se coñecen os dos outros que o constitúen.
-
...
-
-
-
-
Actuar como pontífice.
-
Falar ou obrar con grande autoridade ou solemnidade.
-
-
-
Membros dun colexio xurídico-sacerdotal da antiga Roma presidido por un pontifex maximus. Eran os encargados de controlar o culto, as obrigas relixiosas e o calendario (antes da reforma de César). Con Augusto, o título de pontifex maximus asumírono os emperadores (12 dC), ata que foi abandonado por Graciano (382).
-
Bispo ou arcebispo dunha diocese, en particular, o bispo de Roma, chamado pontifex maximus por Tertuliano (s III). Desde o s V é o título honorífico e a designación oficial do papa, ao que se adoita engadir os adxectivos de sumo, soberano ou romano.
-
-
-
Aplícase a un fenómeno cultural que se introduciu na pintura, na música e noutras artes para designar aquilo que é popular, que se inspira en elementos da cultura urbana.
-
Aplícase á variedade musical que tivo unha ampla difusión internacional a partir da década de 1960. Naceu da fusión de diferentes estilos musicais, como o jazz, a música country ou o blues, que deu como resultado outro novo estilo coñecido como rock and roll. Da súa evolución xurdiu a música pop, que aglutina numerosas e moi diversas tendencias musicais. Como parte dun fenómeno sociolóxico de gran transcendencia, o impacto que tivo na sociedade nas últimas décadas do s XX foi extraordinario. Coa ‘crise’ temporal do rock and roll na década de 1960 en EE UU, Gran Bretaña tomou o relevo musical e apareceron en escena grupos como The Beatles que revolucionaron o panorama coñecido ata ese momento. Inspirados nos Everly Brothers e aproveitando as mellores calidades do rock e da música negra estadounidense, conseguiron facerse co mercado discográfico e pasaron a ser imitados en todo o mundo. Xunto aos Beatles, os seus máis directos...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
pornográfico.
-
-
Relativo ou pertencente á pornografía.
-
Que inclúe pornografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Bendía (Castro de Rei). Trátase dun edificio de planta rectangular, formado por dous corpos de diferente altura, e con dous andares. Os muros son de cachotaría e a cuberta de lousas. En 1981 restaurouse e modificouse o interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir do 1 de abril de 1858. Cesou o 20 de agosto dese mesmo ano. Subtitulouse “Revista de comercio, industria, ferrocarriles, telégrafos y literatura”. Dirixida por Francisco Tenreyro Montenegro, editouse nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel. Defendeu a unión de toda a Península Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expor un negativo fotográfico sobre unha emulsión fotosensible e revelalo despois para obter a proba positiva.
-
-
-
Capacidade, facultade ou forza para facer algunha cousa ou producir un efecto.
-
Poder ou capacidade que unha cousa ten para producir un cambio noutra ou para actuar sobre ela.
-
Capacidade que un ser ten para pasar dun estado a outro, para cambiar e converterse en algo novo. Contraponse ao acto. Partindo deste concepto, en Aristóteles, tentouse identificar a potencia coa materia e o acto coa forma; así, a materia primeira foi tamén denominada potencia pura. A escolástica distinguiu dous tipos: a potencia lóxica, ou potencia obxectiva, e a potencia real, potencia propiamente dita ou potencia subxectiva.
-
potencia sexual
Capacidade de efectuar o acto sexual.
-
-
-
Forza para impor a autoridade.
-
Capacidade global dun estado. En 1890 Alfred Thayer Mahan aplicou o concepto aos estados marítimos que cría destinados a imporse sobre os estados continentais (navalismo). A partir da Segunda Guerra Mundial, o termo utilizouse como sinónimo dos catro aliados, EE UU, a URSS, Reino Unido e Francia, aos que se engadiu China. Co tempo, este termo foi sinónimo de estado ou nación, en tanto que se considera en función do seu papel económico, político e militar respecto dos outros estados.
-
-
Enerxía emitida na unidade de tempo por un corpo ao facer vibrar as moléculas do medio material que o envolve.
-
Grosor que posúe un estrato. É a extensión dun corpo de rocha tabular, xeralmente dun estrato, medido en sentido normal nos planos de estratificación inferior e superior. Hai establecida unha serie de potencias, que ten como grao ínfimo 1 cm, por debaixo do que se fala de laminación.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrapartida do Puru ṣ a no sistema filosófico Sām. kya. É incausada, eterna e ilimitada. O Bhagavad-Gītā e o Vedānta iguálana á māyā do Puru ṣ a supremo, que é a que a través das súas tres guna (sattva, rajas, tamas) causa todas as cousas.
-
-
Prancha pequena de diferentes materiais.
-
Instrumento topográfico que serve para levantar planos sobre o terreo. É un instrumento pouco preciso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de anticorpos específicos que se localizan no sangue dun animal que estivo inxectado cun antíxeno e que ten a propiedade de facer precipitar este antíxeno do líquido onde está contido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eclesiástico que ten xurisdición ordinaria no foro externo ou que posúe este título honorífico. Distínguese entre prelados maiores (cardeais e bispos), e menores (abades, vicarios xenerais e capitulares). A prelatura honorífica establecida por Pío XI (1934) comprende os bispos asistentes ao solio, pronotarios e os prelados domésticos, que se outorgan a certos sacerdotes como recoñecemento papal. O prelado nullius está a cargo dun territorio non establecido como diocese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual de comunicación que concede a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, desde 1985, co fin de promocionar todo o que contribúa a profundar na realidade galega e recompensar o labor dos profesionais, institucións e empresas da comunicación que traballen neste sentido. Desde 1990 os premios divídense nos campos de comunicación en medios informativos, en medios impresos, en xornalismo gráfico, en medios radiofónicos, en televisión e á mellor empresa ou institución de comunicación, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa nunha prensa nas imprentas ou nos talleres tipográficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Categoría gramatical que morfoloxicamente é invariable e sintacticamente se caracteriza por ser dependente e por funcionar como relacionante entre unha unidade léxica e outra que subordina a primeira. Cando vai acompañada dun pronome tónico, esixe a presenza dunha forma oblicua (de min, para ti, por nós). É átona e, en consecuencia, forma unidade cos elementos que a seguen. Desde o punto de vista funcional, ten dúas funcións, non excluíntes mutuamente: a) Serve como marca de función sintáctica. Nalgúns casos só cumpre esta función pois non achega ningún significado específico. Así ocorre, por exemplo, coa preposición a que se pode usar, nalgúns casos, como marca obrigada de CD ou que é esixida no CI. b) Ademais a preposición achega un significado (foi a Caldelas, foi contra Caldelas, foi ata Caldelas, foi desde Caldelas). O valor léxico non é igual de relevante nin de visible en todas as preposicións. Fronte ás que, como desde ‘punto...
-
-
Coñecemento das cousas futuras.
-
Coñecemento que ten Deus por adiantado do que vai acontecer no futuro, incluído o sentido en que se determinaron as opcións libres do home. Esixida pola absoluta transcendencia e pola infinita sabedoría de Deus, suscitou grandes problemas filosóficos no concernente á liberdade humana.
-
-
-
Acción de prestar.
-
-
Cousa que se presta para ser devolta.
-
Contrato polo que unha persoa ou entidade recibe doutra unha cantidade determinada de cartos, para ser devoltos nuns termos e nunhas condicións preestablecidas, xunto cuns xuros determinados e garantías determinadas. As formas máis correntes para a devolución do nominal e o pagamento dos xuros por parte do prestameiro son dúas. Na primeira, o nominal devólvese todo dunha vez á fin do termo estipulado no contrato; os xuros poden pagarse ao final ou ben en diversas veces ao longo da duración do termo, e os xuros poden ser simples ou máis correntemente compostos (capitalizados). Na segunda, o nominal devólvese por fraccións que se pagan en intervalos determinados de tempo; xunto cos xuros acreditados entre un vencemento e o outro. A modalidade máis estendida é a da cota constante, en que as fraccións de capital para devolver en cada vencemento son crecentes e calcúlanse de tal xeito que sumadas aos xuros (que a cada período son máis pequenos) dean sempre a mesma cantidade.
-
-
Elemento lingüístico doutro idioma totalmente integrado no propio, de xeito que se incorpora ao sistema e xa non se percibe como alleo. Segundo o seu campo de acción, este pode ser fonético, morfolóxico, sintáctico ou léxico. Con todo, o máis frecuente nas linguas é o préstamo léxico, por medio da adopción dunha palabra foránea que se adapta á fonética e á estrutura morfolóxica da lingua que a recibe. Segundo a vía de entrada dos préstamos na lingua receptora, distínguense: a) Préstamos directos : aqueles que chegan a unha lingua por contacto directo con outra, como son os casos dos galicismos e provenzalismos durante o período trobadoresco ou, máis tarde, con palabras procedentes do castelán. b) Préstamos indirectos : aqueles que chegan a unha lingua a través dunha terceira, que actúa como intermediaria (por exemplo, xade, que pasou ao galego a través do francés (e)jade, procedente do castelán [piedra de la] ijada). No caso...
-
-
-
-
Título honorífico vinculado a unha sé arcebispal que comporta unha preeminencia sobre os metropolitanos ou bispos dun estado ou rexión. Na Igrexa Latina o título naceu por concesión papal e fundamentouse en razóns de orde histórica, demográfica ou política. A noción de primacía dos reinos hispánicos non foi ben definida ata 1088, cando o Papa Urbano II lla concedeu ao arcebispo da cidade de Toledo, amparándose no papel que tivera a cidade en época do reino visigodo. Esta concesión, que se mantén aínda, foi contestada en distintas ocasións por Tarragona (a partir de 1092) e polos metropolitanos de Braga (1143), Santiago de Compostela (1168) e Sevilla (1721). O Concilio Vaticano I (1869-1870) recoñeceu o título de primado ao arcebispo de Tarragona, sen prexuízo do de Toledo. Aínda que os documentos oficiais lle deron este título a Toledo, por acordo entre os dous arcebispos ningún deles usa o título nas relacións entre estes dous arcebispados. O arcebispo de Tarragona utiliza normalmente...
-
Autoridade de Pedro no seo do colexio apostólico, transmitida aos seus sucesores na sé de Roma. Calisto I (220?) reivindicou para el a autoridade dada por Xesús Cristo a Pedro, pero nos tres primeiros séculos do cristianismo non se traduciu nunha xurisdición sobre as outras igrexas. León I puxo os piares da doutrina da primacía papal a partir da tradición sólida dos sepulcros dos apóstolos Pedro e Paulo e da capitalidade do Imperio Romano. Os grandes pais gregos e santo Agostiño, entre outros, recoñeceron na sé de Pedro unha plenitude de verdade. O exercicio do primado aumentou en Occidente a partir da época carolinxia e da ruptura con Oriente en 1054. No momento da perda do poder temporal, o Concilio Vaticano I formulou a doutrina do primado universal de xurisdición sobre os bispos e a da infalibilidade. Esta doutrina recibiu co Concilio Vaticano II o contrapeso necesario grazas á da colexialidade.
-
Abade xeral da orde beneditina que representa as diferentes congregacións ante a Santa Sé e goza dunha xurisdición, sobre todo nos mosteiros que non están federados nunha congregación ou provincia.
-
-
antaxe ou superioridade que algo ten respecto doutras cousas da súa especie.
-