"Útica" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada no ano 1960 en París. Depende da Federación Internacional de Astronáutica e está encargada de organizar as actividades científicas da Federación e da publicación da Acta Astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecnoloxía que fai posible a construción e o voo dunha aeronave calquera. A aeronáutica trata do proxecto, a construción e o funcionamento de aeronaves e outros aparellos que se desprazan polo aire. Ten como actividades conexas a aerostación, que trata dos aparellos máis lixeiros ca o aire, e a aviación, que trata daqueles máis pesados ca o aire. As necesidades cambiantes da aviación encamiñaron o progreso da aeronáutica á mellora continua da potencia, velocidade, resistencia, manobrabilidade, autonomía ou capacidade das aeronaves. O desenvolvemento da aviación, a partir da Primeira Guerra Mundial, impulsou as buscas en direccións pouco ou nada traballadas ata entón e en campos tan diferentes como a aerodinámica, a meteoroloxía, a resistencia dos materiais, a propulsión, a condución e a navegación aéreas, as infraestruturas de terra, etc. Os materiais e as estruturas dos primeiros avións foron elixidos en función, sobre todo, do pouco peso. Combinouse a tea e a madeira,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade con sede en Barcelona dedicada principalmente á promoción e divulgación da astronáutica. Foi fundada no 1953 como sección da Sociedade Astronómica de España e América, posteriormente converteuse nunha entidade independente. Publica o boletín Astronáutica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de ciencias e tecnoloxías aplicadas ao estudo e ao desenvolvemento da locomoción de máquinas polo espazo extraatmosférico, como tamén á súa explotación científica, militar ou comercial. O único sistema para propulsar un vehículo polo espacio, á parte da hipotética vela solar, é o do motor foguete. Unha astronave obedece ás leis da mecánica celeste: se o camiño seguido é pechado e repetitivo chámaselle órbita e ao vehículo satélite artificial, mentres que se ten un punto inicial e un final, chámase astronave ou sonda cósmica, segundo estea tripulado ou non e o camiño é unha traxectoria. A técnica de voo utilizada consiste en situar o vehículo fóra da atmosfera, proporcionándolle unha compoñente de velocidade tanxencial á Terra. As velocidades (primeira velocidade, 7,73 km/s; segunda velocidade, 11,2 km/s; terceira velocidade 16,1 km/s) non deben ser demasiado elevadas mentres se atravesa a atmosfera, co fin de evitar un quentamento aerodinámico excesivo, nin deben ser obtidas mediante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
astronáutica.
-
-
Arte de interpretar os textos, especialmente os sagrados, para determinar o seu verdadeiro significado.
-
Método que se debe seguir para a interpretación dos téxtos bíblicos.
-
Teoría da interpretación de textos e do discurso filosófico. Adquiriu importancia trala Reforma, cando os protestantes tiveron a necesidade de interpretar a Biblia de xeito rigoroso. Aínda que o seu introdutor foi G. F. Maier, as obras que máis influencia tiveron foron as do teólogo protestante F. Schleiermacher. No s XX a importancia da hermenéutica veu determinada polos traballos de W. Dilthey, M. Heidegger e H. G. Gadamer. W. Dilthey foi quen estendeu a hermenéutica ao entendemento de todos os comportamentos e produtos humanos e quen postulou a existencia do círculo hermenéutico. M. Heidegger buscou o seu fundamento, posto que se a hermenéutica é o método das ciencias do espírito, é porque o seu sentido específico é a análise da existencialidade da existencia. En cambio, para H. G. Gadamer o acto de comprensión aparece como froito dunha dialéctica entre os prexuízos e o resultado do mesmo acto. Pódense distinguir as tendencias hermenéuticas positivas, como as dos seguidores...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
hidroterapia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método socrático que consiste en axudar o interlocutor, especialmente mediante a pregunta, e descubrir a verdade do seu pensamento.
-
-
Deporte de navegación con embarcacións a motor. A federación internacional recoñece baixo este nome as competicións de motos acuáticas, off-shore, catamaráns S-550, lanchas pneumáticas PR-550 e embarcacións de radio control.
-
-
Arte de navegar a motor.
-
Utilización deportiva de lanchas motoras. Regulamentada internacionalmente pola Unión Mundial de Motonáutica, con sede en Gante, hai recoñecidas nove categorías segundo a cilindrada do motor (intraborda ou foraborda) e as características xerais da embarcación. As carreiras son de distancia variable (entre 8 e 26 km) e dispútanse en augas tranquilas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
navegación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ensino preparatorio para o estudo dunha ciencia.
-
-
Parte da medicina que se ocupa do conxunto dos preceptos destinados ao tratamento das enfermidades.
-
Ciencia ou arte de curar ou aliviar distintas doenzas.
-
Conxunto de medidas que modifican as dietas específicas para tratar trastornos metabólicos e evitar ou paliar os síntomas en enfermidades condicionadas pola nutrición.
-
Tratamento con substancias que producen reaccións biolóxicas no organismo, como a vacinoterapia.
-
cirurxía.
-
Conxunto dos métodos terapéuticos de inspiración condutista encamiñados a modificar trastornos do comportamento.
-
Tratamento das enfermidades con medicamentos que a experiencia demostrou que son eficaces.
-
Tratamento con extractos de glándulas endócrinas ou con hormonas sintéticas.
-
Terapéutica que trata unicamente da acción e aplicación de medicamentos.
-
fisioterapia.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
. É un importante centro hulleiro da conca do Donbass. Chamado antigamente Cist’akovo, en 1964 modificou o seu nome en recordo do comunista francés Maurice Thorez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade púnica de África, situada á beira do Mediterráneo, ao NO de Cartago. Fundada polos tirios (1100 a C) na desembocadura do Medjerda, tiña dous portos. Tras a Terceira Guerra Púnica pasou aos romanos e converteuse na capital da súa provincia en África.