"Śiva" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • Sociedade de agricultores e mariñeiros de Hío (Cangas do Morrazo) fundada en febreiro de 1923. Foi a primeira sociedade de mariñeiros que apareceu de xeito oficial na parroquia de Hío no período da extensión e consolidación do sindicalismo mariñeiro de clase (1910-1930), se ben a diversidade económica desa parroquia, na que alternaba a produción agrícola de autoconsumo cos labores, máis especializados, da extracción pesqueira, levou á agrupación de ambos os dous sectores económicos nunha mesma sociedade sindical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Publicou a escolma de narracións Skon som krigaren bar (O calzado que levaba o soldado, 1943) e as novelas Planbok berttappad (Carteira extraviada, 1943), Knekt och klerk (Soldado e crego, 1945), Du själv (Ti mesmo, 1946), Som svalorna (Como as andoriñas, 1950), Nätet (A rede, 1962) e Verkligen (Realmente, 1965) e Vías de auga (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída polas canles de televisión españolas co obxectivo de uniformizar os métodos de medición de audiencias do país e garantir a súa fiabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción ofensiva da defensa para contrarrestar o ataque inimigo. Ten unha grande amplitude e efectúana as unidades mecanizadas e blindadas co apoio da artillería e da aviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude que adopta unha das partes nunha loita ou nunha discusión cando só trata de defenderse. OBS: Emprégase na construción á defensiva e normalmente cos verbos estar e pórse/poñerse.

    2. Acto oposto á ofensiva mediante o que unha tropa se prepara para resistir os ataques do inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medio que se utiliza ou resposta que se dá para eludir ou evitar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Privilexio ou autorización pola que se permite que unha persoa física ou xurídica sexa a única que poida desenvolver unha actividade.

      2. Dereito exclusivo de venda ou explotación de algo.

      3. Información difundida unicamente por unha entidade.

    1. Produto que comercializa unha única firma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escrito que se lle envía a alguén para comunicar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mosaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de atacar.

      1. Acto ou situación do que ataca.

      2. Acción militar que consiste en efectuar un movemento de ataque sobre as posicións do inimigo coa intención de conquistalas ou destruílas.

      1. Comezar un ataque contra alguén.

      2. Situarse o primeiro nalgunha competencia ou pugna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación de recubrimento superficial dun cristal semicondutor mediante unha camada de material illante resistente aos axentes exteriores.

    2. Tratamento ao que se someten o ferro e outros metais oxidables, que consiste en somerxelos nun baño dun ácido oxidado, que, ao formar sobre a superficie da peza que se quere protexer unha finísima camada de óxido, impide que o ácido diluído os oxide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conferir pasividade a un metal.

    2. Efectuar un tratamento de pasivación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor indio. Considerado o principal escritor en lingua malaialam do s XX, escribiu máis de 40 novelas e 600 relatos, en que reflicte a sociedade do seu contorno e fai unha defensa especial das castes máis baixas. Destacou cunha colección de contos (1934) e coas novelas Thottiyude Makan (O fillo do basureiro, 1947) e Kayar (A corda, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates fósiles que está considerado por algúns autores como unha forma xemelga do xénero Ramapithecus e está situado na liña evolutiva que conduce aos orangutáns. Viviu a finais do Mioceno e era tanto de vida arbórea como terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO