"ẖ ǧ" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • GALICIA

    Pintor. Profesor na Facultade de Belas Artes de San Carlos, na Universidade Politécnica de València. Comezou a súa andaina artística participando nunha exposición colectiva no Mail Art Postmuseum de Estocolmo (1985). Durante a década dos oitenta recibiu varias bolsas para completar a súa formación. Durante a súa estadía en Nova York en 1994, empeza a desenvolver proxectos de pintura específica en relación cun lugar, sempre centrados nas múltiples relacións existentes entre a pintura e a fotografía. Desde os anos 80 realizou 24 exposicións individuais e participou en máis de 200 colectivas en todo o mundo. As súas obras estás en 33 museos e institucións, ademais de en numerosas coleccións privadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán postkantiano. Foi profesor en Sttugart desde 1790 ata a súa morte. O seu fundamento psicolóxico da metafísica derivou cara a unha especulación lóxico-ontolóxica ao xeito de Hegel. Entre as súas obras salientan Allgemeine praktische Philosophie (Filosofía práctica xeral, 1795) e Grundriss der ersten Logik (Esbozo da lóxica primeira, 1800).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada ao NL de Colonia (105.963 h [1998]). Ten unha igrexa románica do s XII e os castelos de Zwieffelsstrunden e Blegge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor dominicano. De nai galega e pai catalán, en 1939 fundou na clandestinidade o Partido Revolucionario Dominicano. Oposto á ditadura de Trujillo, viviu durante 24 anos no exilio. Foi elixido Presidente da República Dominicana (1963) e, deposto por un golpe militar, antes dun ano marchou da illa. Volveu máis tarde, sendo derrotado nas eleccións de 1966 polo conservador Joaquín Balaguer. De novo abandonou a illa ata 1970. En 1973 creou o Partido da Liberación Dominicana e nos anos 1974, 1986, 1990 e 1994 foi derrotado sucesivamente por Joaquín Balaguer nas eleccións presidenciais. Destacou como contista de temas rurais: Camino real (1933), La muchacha de la Guaira (1955). Escribiu novela (La mañosa, 1936), biografías (Hostos, el sembrador, 1943) e ensaios políticos (Bolívar y la guerra social, 1966; De Cristóbal Colón a Fidel Castro, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do estado de Bihar, na India, a uns 12 km da cidade de Gayā, onde segundo a tradición o Buda, baixo unha árbore pippala (Ficus religiosa), recibiu a iluminación. Desde moi cedo a árbore converteuse en meta de peregrinacións dos adeptos á nova relixión. Á súa beira, o Emperador Aśoka (s III a C) ergueu un stupa do que se conserva unha parte do recinto. No seu lugar, cara ao s VII, edificouse o Mahabodi, monumento visitado por gran número de peregrinos budistas de todo o mundo e que exerceu unha grande influencia sobre a arquitectura oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico alemán. Foi o normalizador da botánica taxonómica e xeográfica en Alemaña. A súa obra máis importante no campo da taxonomía é a monumental Die natürlichen Pflanzenfemilien (As familias naturais das plantas, 1877-1899), en colaboración con K. von Prantl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Quedlinburg, Saxonia 1724 - Hamburgo 1803) Poeta alemán. Publicou o primeiro volume de Der Messias (1751, versión completa, 1773), poema formado por 20.000 versos, no que domina un lirismo optimista e exultante que influíu en Goethe, Schiller e, sobre todo, Hölderlin. Contribuíu á introdución do hexámetro na poesía alemana. Os versos libres das Oden (Odas, 1771), de influencia pindárica, inclúen temas clásicos tratados cunha óptica nova, que anuncia o romanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Leinster, Irlanda (2.367 km2; 104.371 h [1996]). A capital é Loch Garman (10.330 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Investigou o comportamento das esferas e dos cilindros en rotación cando atravesan un corpo fluído. Estableceu con exactitude o coeficiente de dilatación dos gases (1/273), e estudiou tamén a condutividade de diferentes líquidos e gases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, marqués de La Fayette. Foi comandante da Garde National de París (1789) e liderou o grupo de políticos moderados que intentou, sen éxito, un compromiso coa monarquía. Finalmente, enfrontouse co pobo no fusilamento do Camp de Mars (17 de xullo de 1791), feito que lle fixo perder definitivamente a popularidade. Na época da Restauración, foi unha das cabezas visibles do liberalismo e interveu nas accións que levaron á Revolución de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Kien Giang, situada ao S de Vietnam, no golfo de Tailandia (141.132 h [1992]). É un centro industrial e exportador de arroz e ten manufacturas de esteiras de palla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido (497 km2; 245.641 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista alemán. Foi director do observatorio da Universidade de Dorpat (actual Tartu) e fundador e director do observatorio de Pulkovo. Dedicado ao estudo de estrelas dobres, débeselle un catálogo de 3.600, Stellarum duplicium mensurae micrometricae (Medida micrométrica das estrelas dobres, 1837). Tamén organizou e dirixiu numerosas operacións de triangulación no territorio ruso, observou a pasaxe do cometa Encke (1828) e mediu a paralaxe de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Erlangen, Baviera 1835 - Berlín 1917) Economista. Na lei Wagner estableceu unha relación entre o desenvolvemento económico e social e as actividades crecentes da administración pública. Escribiu Finanzwissenschaft (1877-1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Recibiu o Premio Nobel de Física (1982) pola teoría sobre os fenómenos críticos das transicións de fase.

    VER O DETALLE DO TERMO