"Acis" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

    1. Relativo ou pertencente aos abacistas.

    2. Partidario do ábaco como instrumento de cálculo cando en Europa, dende o s XII, foi substituído de xeito paseniño por outros sistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo a mitoloxía grega, pegureiro de Sicilia dunha gran fermosura, amado pola nereida Galatea. O cíclope Polifemo, celoso, esmagouno cun penedo. Do seu sangue nace un río ao pé do Etna. Foi un tema literario e musical moi frecuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Acisculus. Este nome aparece xa en Boecio co significado de ‘martelo de pedreiro’. Probablemente na súa orixe foi un alcume de profesión que despois de referirse ao oficio de canteiro pasaría a nome gremial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acisclo Manzano Freire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián venerado xuntamente coa súa suposta irmá Victoria, coa que morreu decapitado. Unha parte das súas reliquias venéranse en Breda. A tradición galega faino irmán dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia. Acisclo, un dos santos máis antigos no culto hispánico, é titular das parroquias de Gullade (Monforte de Lemos) e Valadouro (Foz). A súa festa celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen está en contra do racismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Altar da paz de Augusto que foi mandado construír polo Senado romano para conmemorar a paz instaurada por Octavio Augusto logo da Batalla de Accium. Erixido no campo de Marte (Roma), entre os anos 13 e 9 a C, foi reconstruído preto da súa localización orixinal. Está concibido como un espazo de planta case cadrada (10,50 m por 11,50 m), a ceo aberto, que rodea unha ara situada no centro. As paredes, tanto a exterior como a interior, teñen relevos nos que se realiza unha auténtica glorificación da familia de Augusto e da sociedade romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario da casa de Austria durante a Guerra de Sucesión á coroa hispánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso fonético de igualación entre os fonemas /b/ bilabial e /v/ labiodental que tivo a súa orixe na evolución anómala de determinados vocábulos latinos no seu paso ao romance. Algúns estudiosos soteñen que no período preliterario, o galego-portugués distinguía entre o fonema oclusivo bilabial /b/ procedente de B-, BR-, BL-, -P-, -PR-, -PL-, -MB- e -BB-; o fonema /β/ e v ou u procedentes de -B-, -RB-, -BR-, -LB-, V-, -V- e -V- posconsonántico; pero tamén conflúen cos resultados do fonema labiodental sonoro /v/ procedente de -F-, -FR-, absorbidos polo /β/. A confusión xa se rexistra no galego-portugués do s XIII e foi común a todo o norte da Península Ibérica (catalán, español e galego-portugués) na lingua medieval. Na actualidade, o portugués consolidou esta evolución anómala dalgúns termos fronte ao galego que opta pola desfonoloxización da antiga oposición e a unificación nun só fonema /b/ que si presenta unha dobre realización: fricativa (en posición intervocálica)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronuncia defectuosa dos sons dentais [t] e [d].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ungüento composto de cera, colonia, aceite e esencias que se empregaba como depilatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronuncia erasmiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atril de grandes dimensións que sostén os libros de canto nas igrexas. Sitúase xeralmente no coro e adoita ser xiratorio; pode ter dúas ou catro caras, adoptando entón a forma trocopiramidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dificultade para pronunciar as consoantes velares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo en pendente que baixa dende o camiño cuberto ata o campo nunha fortificación.

    2. Forma de relevo caracterizada por ter unha topografía de pendente lonxitudinal (entre o 1 e o 5%) constante ou lixeiramente cóncava. Precisa, entre outros fenómenos, unha desnivelación morfotopográfica, ao pé da que se forma o glacis, e procesos de arroiada difusa ou manto e precipitacións esporádicas ou irregulares pero intensas. Distínguese entre glacis de erosión, formados sobre rochas brandas ao pé de relevos estruturais, e pedimentos, modelados sobre rochas duras e cristalinas. En Galicia, describíronse glacis datados no Cuaternario nas depresións de Maceda, Monforte de Lemos e Monterrei. Recibe tamén o nome de rampla de erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conversión dun son en iode.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erro de escritura producido, nos manuscritos gregos, pola substitución das vocais ou ditongos de igual son (ει, η, υ, οι), por un iota. Este fenómeno difundiuse a partir do s III a C e consolidouse cara ao s IX.

    2. pronuncia reuchliniana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arilo da noz moscada, de cor vermella, que recobre o endocarpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Acisclo Manzano, formouse como entallador na Escola de Formación Profesional Acelerada de Ourense e en 1958 ingresou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. De regreso a Ourense relacionouse con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e participou nas actividades do grupo O Volter. Durante as súas viaxes por Europa coñeceu a escultura clásica e a obra de A. Giacometti ou C. Brâncuşi. Iniciou, desde a década de 1960 a renovación da escultura galega, intentándoo desde posicións de vangarda, cunha simbiose entre o mundo mediterráneo e o atlántico. A vinculación co Mediterráneo provén da admiración pola Grecia clásica, a súa estancia en Eivissa e os materiais coma o barro; mentres que o seu atlantismo refírese ao seu sensualismo e un certo lirismo que acompaña as súas obras. Traballou nunha obra neofigurativa, que combinou figuración e abstracción, en esculturas onde a figura humana está sempre presente, de forma fragmentada (Torso de dama,...

    VER O DETALLE DO TERMO