"Adana" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curtir unha pel de cordeiro ou de ovella converténdoa en badana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo, situada na ribeira do Seyhan, en Turquía (1.066.544 h [1995]). É o centro urbano, industrial (téxtil, tabaqueira e de bens de equipo agrícolas) e comercial (mercado cerealístico e algodoeiro) da chaira aluvial de Cilicia. É sede universitaria e nó de comunicacións (aeroporto internacional).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na costa mediterránea (17.562 Km2 , 1.945.600 h [1990]). A capital é Adana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
rata augadeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala do trono dos palacios dos reis persas aqueménidas, polo xeral hipóstila e con columnas coroadas por capiteis formados por prótomos de touros. As de máis sona son as de Persépolis e Susa.
-
-
Pel que ten o gando vacún por debaixo do pescozo.
-
Pel de ovella ou de carneiro, curtida con adobos vexetais, de moita flexibilidade e suavidade e relativamente delgada, que se emprega para forrar calzado, facer accesorios, e cando está máis acabada e tinguida, en encadernación e traballos de coiro fino.
-
Aleta ventral ou pectoral dos peixes.
-
-
-
Individuo que non coida o seu aseo persoal ou o seu xeito de vestir.
-
Persoa que non ten criterio propio ou que acusa falta de personalidade ou carácter.
-
Persoa que non ten vontade nin disposición para traballar.
-
-
REPUBLICAS
Estado creado ao S do río Po polo xeneral Napoleón Bonaparte o 16 de outubro de 1796. Reunía os ducados de Modena e de Reggio, e as legacións pontificias de Boloña e Ferrara. En febreiro de 1917, trala sinatura do Tratado de Tolentino, incorporou a Romaña ao seu territorio. Desapareceu definitivamente o 17 de xullo de 1797, cando Napoleón decidiu integrala na República Cisalpina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Campanario formado por unha parede que sobresae do tellado na fachada dunha igrexa e que adoita rematar nun frontispicio. Dispón dun ou de varios vans que acollen as campás.
-
-
Denominación popular que reciben os macrófitos de follas longas e apuntadas dos xéneros Typha e Iris.
-
Calquera planta coas follas en forma de espada.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista poética publicada en León (1944-1950) que tentaba aglutinar toda a produción poética española dende 1927, incluída a hispanoamericana. Así mesmo, buscou unha poesía renovadora menos tópica e máis realista; neste sentido chocaron cos membros da revista Garcilaso. Incluíronse todas as tendencias do momento, entre elas as formalistas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo onde abundan as espadanas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferramenta agrícola empregada para segar, que está formada por unha folla longa e curva, rematada en punta, e un mango tamén longo co que se vai manexando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe ou corte que se dá cunha gadaña ou cun gadaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segar coa gadaña ou co gadaño.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Coñecido como o penitente, foi ecónomo da igrexa de Adana (Cilicia). Deposto polo bispo, vendeu a súa alma ao demo e despois, arrepentido, acudiu á Virxe para que lla devolvese. A súa festividade celébrase o 4 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
Estado creado por Napoleón I tras a Batalla de Lodi (1796). Comprendía o Milanesado e parte dos territorios de Bérgamo, Brescia e Cremona. En 1797 uniuse á República Cispadana para formar a República Cisalpina.
VER O DETALLE DO TERMO