"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Academia de Poetas que se tentou crear na Coruña a mediados do século XVIII. Parece que perseguía como obxectivo primordial a constitución dun grupo de persoas cultas e versadas coa finalidade de intercambiar as súas experiencias poéticas. O único que se sabe das mesmas é a través das obras de Diego Cernadas de Castro, o cura de Fruime, de quen conservamos unha carta dirixida ao militar Xosé Piñel, que era o secretario. Tamén se conserva documentación sobre o debate literario que, ao redor do ano 1761, mantivo Xosé Cornide cun membro desa Academia chamado Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo honorario fundado no ano 1879. Agrupa os científicos que fixeron unha contribución importante ao avance das ciencias e do ensino. Ten dúas seccións, unha de Ciencias Sociais e Humanidades e outra de Ciencias Naturais e Aplicadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparar unha carne, ou outro manxar, en forma de capón cebado.

    2. Quitar as plumas ás galiñas en auga quente para logo envolvelas nun pano antes de enfriaren e que tomen a cor do azafrán, algo semellante ao que se fai cos capóns de Vilalba ao seren preparados para a cea do Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal, fundado por Pío X no ano 1908, que publica os decretos pontificios. Substituíu á Acta Sanctae Sedis, publicada dende 1865.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afonso V de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1494-1495). Fillo de Fernando I e de Isabel de Chiaramonte. Tomou parte nas guerras externas e internas do reino; participou na reconquista de Otrant (1481) en poder dos turcos e reprimiu os baróns napolitanos. Cando Carlos VIII de Francia invadiu Italia, Afonso enviou unha escuadra a Nápoles; conquistou Rapallo, pero a flota napolitana tivo que abandonala ao chegar o Duque de Orleáns. O soberano abdicou no seu fillo Fernando II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos sitácidos de dimensións pequenas, cola curta e coloración xeral verde, agás a cabeza que toma distintas coloracións segundo a especie. Viven en África tropical. Estes papagaios reciben o nome de inseparables polo forte comportamento social que amosan en catividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza dianteira superior do calzón, usada polos campesiños galegos ata mediados do século XX, con dúas aberturas laterais. Desabotoada, tiña forma de pequeno mandil. Foi empregado tamén como vestimenta da mariña de guerra.

    2. Poxigo con tapa a nivel do solo que abre de abaixo para arriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Non apodíctico, indemostrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Maryland, nos EE UU, á beira da baía de Chesapeake (33.187 h [1990]). Fundada contra o ano 1649 polos puritanos, no 1783 foi ratificada no Tratado de París, coa que se rematan as hostilidades coa Gran Bretaña. Tres anos máis tarde, a Convención de Anápole preparou a futura Convención Federal de 1787.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Goiás, Brasil, ao SO de Brasilia (160.520 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Irmán de san Pedro e pescador coma el. Foi o primeiro seguidor de Cristo. Evanxelizou Escitia (na actual Rusia), e aínda que este apostolado está sen confirmar, si se admite que estivo no mar Negro e na Ucraína. Segundo a lenda, un anxo mandoulle visitar a Mateo, cego e preso na Etiopía. Finalmente volveu a Grecia, e estivo en Macedonia e no Peloponeso, onde sufriu martirio: atárono a unha cruz en forma de aspa, sen cravalo, para que a agonía fose máis lenta; así foi, agonizou durante dous días e expirou ao terceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do paralelismo que se manifesta nunha relación de simetría, directa ou inversa, entre dúas proposicións diferentes cun mesmo contido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán activo da illa de Mindanao, Filipinas, considerado o punto máis alto do arquipélago (2.953 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prefixo de procedencia grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘á parte de, separado, destacado, falto de’.

    2. Prefixo que designa un composto formado ou relacionado co composto ao nome do que está prefixado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punto da órbita dun astro secundario ou dun satélite artificial no que este se atopa á maior distancia do principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide presente na beladona e obtido tamén pola deshidratación da atropina con formación dun dobre enlace a partir do hidroxilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Revelación dos acontecementos da fin do mundo presente na tradición relixiosa xudeu-cristiá. O mito da apocalipse, que culmina coa Gloria de Deus, é propio da mentalidade do pobo xudeu, que debido ao seu carácter nómada vivía na espera do seu establecemento final na Terra Prometida. Así, se os padecementos individuais sufridos durante a vida terrea serían recompensados coa permanencia despois da morte a carón de Deus, os da humanidade toda rematarán despois da Apocalipse. Os textos que configuran a literatura apocalíptica teñen, xa que logo, un carácter consolador, contrastando o feito do advenimento do mal co triunfo final da Gloria de Deus e a Salvación. Nunha linguaxe simbólica e escura, fálase de revelacións divinas e acontecementos que han suceder nun futuro afastado. Fundamentalmente é unha visión optimista da historia: o futuro será mellor porque a vitoria será de Deus, do ben fronte do mal, e porque se establecerá un mundo mellor e definitivo. A literatura apocalíptica...

    2. Estado catastrófico, tremendamente problemático, ou de moi difícil resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Apocalipse.

    2. Que parece da Apocalipse.

    3. Que inspira un horror sublime.

    VER O DETALLE DO TERMO