"BEM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1935 en Lugo. Era o órgano da “Asociación Católica de maestros de la provincia de Lugo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Na basílica cristiá, ábsida que contén a cátedra bispal.
-
En Siria, estrado onde está a cátedra bispal e dos concelebrantes, situado no medio da nave.
-
En Bizancio, presbiterio onde está o altar maior.
-
-
-
REXIÓNS
Rexión de Madagascar, entre a costa occidental e a rexión de Bongo Lava. É unha rexión de relevo de cuestas, carstificada, cunha vexetación de sabana e estepa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bembes ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo bembe.
-
Pobo do NO de Zambia e da zona fronteiriza de Katanga, no territorio que se estende desde a rexión do lago Moero ata a costa SO do lago Tangañica. A base económica do aproximadamente millón de bembes que a habitan é a agricultura de sabana. Adoptaron como forma de goberno tradicional a monarquía sacra. A súa lingua é o bembe.
-
Lingua africana falada polos pobos bembe, lunda e lamba. Pertence ao grupo bantú e presenta as formas máis achegadas ao bantú común; por esta razón, Malcolm Guthrie sitúa no territorio bembe o foco protobantú.
-
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e guionista. En 1979 trasladouse a Nova York onde estudiou teatro baixo a dirección de Lee Strasberg. De regreso á Arxentina, fundou e dirixiu o teatro Globo. Traballou con actores recoñecidos no ámbito internacional como Julie Christie e Marcello Mastroianni. Entre a súa filmografía destacan Momentos (1981), Camila (1985), candidata ao Oscar, e De iso no se habla (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de himenópteros da familia dos esfécidos, de abdome ancho e cun deseño en bandas irregulares amarelas e negras, semellante á típica coloración da familia dos véspidos.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de san Salvador. É a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da comarca do Bierzo, integrado no partido xudicial de Ponferrada, na provincia de León, e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Eclesiasticamente pertence á diocese de Astorga (11.104 h [1996]). O termo está drenado polo río Boeza, da conca do Sil. O principal sector de actividade é o secundario, destacando as explotacións mineiras dos xacementos de antracita, que foron o principal motor da súa economía. Ten tamén industrias de licores e de fabricación de cerámica tradicional. Está inserto na área de influencia de Ponferrada, cidade da que o separan 16 km. A estrada nacional N-VI (autovía A-6) é, xunto co ferrocarril, a principal vía de comunicación do municipio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Taboada. Do s XVI e posteriores, está feito en pedra de cantería, ten planta en forma de U con tres ás abertas a un patio interior estruturado amodo de claustro, cunha planta baixa con arcadas e unha planta alta con columnas; as tres ás están situadas ao longo dun corredor. Conserva a torre e tivo capela propia.
-
PERSOEIRO
Humanista. Secretario de León X. Latinista ciceroniano, historiador de Venecia e poeta petrarquista e neoplatónico. Destacou como filólogo coa súa obra Prose della volgar lingua (Prosa da vulgar lingua, 1525), onde defende o florentino como lingua literaria, fundamentándose nas obras de autores como Petrarca e Boccaccio. Con esa defensa da literatura en lingua vernácula no canto do latín, pretende alcanzar, no idioma italiano, a perfección lingüística que tivera a lingua clásica e que acadaran Cicerón e Virxilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Vigo. É de estilo románico de finais do s XII ou principios do XIII, xa que no templo hai dúas inscricións, unha de 1185, na que se nomea o posible mestre, Rodericus, e outra de 1223. Aparece mencionada en diferentes documentos: en 915 foi doada á igrexa de Santiago por Ordoño II e dona Elvira, doazón renovada por Afonso V en 1024; en 1196 houbo unha nova doazón de Afonso I de Portugal á diocese de Tui, e en 1179 Fernando I de León fixo doazón a Tui do couto de Bene vivere. Ten unha única nave con ábsida, poligonal ao exterior e semicircular no interior. A nave está dividida en treitos. O acceso ao presbiterio realízase por medio dun arco triunfal de directriz apuntada; no treito recto, a cuberta é unha bóveda de canón apuntada e no semicírculo absidial de esfera. A porta sur está tapiada, mentres que a portada principal está formada por unha dobre arquivolta apuntada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. De estilo románico, está datada a finais do s XII. Só conserva da antiga fábrica medieval a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur. Consta dunha nave, reconstruída en gran parte, e ábsida semicircular precedida dun tramo recto, do que a separa un arco faixón, e cuberta por unha bóveda de canón que remata en cuarto de esfera. O hemiciclo está dividido por medio de dúas columnas entregas de basas áticas e capiteis de decoración vexetal. O arco triunfal presenta un aspecto case de ferradura. Polo exterior da ábsida destaca unha fiestra con arco de medio punto sostido por columnas. Na fachada principal hai un rosetón posterior e no muro meridional ábrese unha porta rematada en arco semicircular sostido por dúas columnas, unha delas recuberta e con puntas de diamante nas acanaladuras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Signo (b) que indica que a nota ou as notas afectadas teñen que soar un semitón máis baixo ca no estado natural. Pode estar na armadura ou ben no curso dunha pasaxe. As notas afectadas polo dobre bemol (bb) teñen que soar dous semitóns máis baixos.
-
Nota afectada polo signo bemol que soa un semitón máis baixo ca no estado natural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está afectado por un bemol ou que ten as características dos tons bemois.
-
-
Acción e efecto de caber.
-
Espacio dun continente ou recipiente en relación co que é capaz de conter.
-