"Baños" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • Situado na parroquia de Merza, concello de Vila de Cruces, as referencias máis antigas sobre a utilización destas augas aluden ao seu uso polos monxes beneditinos de Caboeiro no s XI. Existen testemuños escritos de fins do s XIX nos que Taboada Leal incitaba aos empresarios a levantar un gran balneario, que non se conseguiu ata a rehabilitación do s XX. O actual balneario inaugurouse en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Carballo, semella que a utilización das augas sulfuradas termais se remonta á época romana; sen embargo, o seu uso moderno é de 1716, aínda que non se explotaron ata 1817. O antigo Balneario foi demolido e, na actualidade posúe un moderno complexo hostaleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello homónimo, as escavacións realizadas co obxectivo da mellora do manancial sacaron á luz a súa orixe romana. Na Idade Moderna escribíronse tratados onde o Balneario de Molgas está considerado como un dos mellores da Península Ibérica; importancia que foi en aumento ata chegar a ser declarado de utilidade pública en 1873, ano de fundación do actual balneario. En 1998 modernizou as súas instalacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Veiga baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria, segundo algúns investigadores de Monterrei e, segundo outros, da antiga xurisdición de Baños composta polas freguesías de Arcos, Baños, Carracedo, Cequeril, Couselo, Estacas, Montes, Moimenta, Morillas, Portela, Piñeiro e Troáns, próximas ao concello de Baños de Cuntis. Coa Reconquista espallouse por toda España: Soria, Logroño, Burgos, Bizkaia, Madrid, Sevilla, Granada e outras provincias de España. Os heraldistas reseñan outra casa de onde procede Benito de Baños, un dos guerreiros que participaron con Fernando III o Santo na toma de Córdoba aos mouros. De Galicia pasaron a San Esteban de Gormaz e, de aquí, a Colombia. A rama galega leva, en campo de goles, seis besantes de ouro (ou prata), colocados en dous paos. Os de Bizkaia traen, en campo de ouro, catro bandas onduladas de goles. Os de Pedrosa (La Rioja) levan, en campo de goles, un castelo de ouro; partido de ouro, cunha árbore de sinople sobre ondas de azul e prata e un lobo de sable, pasante, ao pé...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome orixinal do concello de Cuntis, constituído en 1813. Mantivo esta denominación nas sucesivas divisións municipais de 1821 e 1836 e durante todo o s XIX. A vila de Cuntis, que foi sempre a capital municipal, pertencía á parroquia de Baños e rematou por impor o seu nome ao concello e á parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, ao pé de Sierra Morena e drenado polos ríos Pinto e Grande (2.756 h [1996]). No seu termo está o encoro de Rumblar. A súa economía posúe un acentuado perfil agropecuario, destacando as producións dos cereais e das oliveiras. Tamén se explotan os xacementos de chumbo do seu subsolo. A vila de Baños de la Encina, situada ao S do municipio, recibiu en 1969 a cualificación de Conxunto Histórico Artístico, grazas á riqueza do seu patrimonio arquitectónico, especialmente o construído a partir do s XVIII. Dentro dela consérvase o castelo medieval de Bury al-Hamma, levantado no 968 por Alhakam II, Califa de Córdoba, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en xuño de 1931. A abundancia metalífera do seu subsolo (chumbo, cobre, prata, etc), atraeu primeiro os cartaxineses e logo os romanos, quedando multitude de evidencias arqueolóxicas da actividade mineira nesa época. Por outra banda, a súa localización estratéxica no paso entre a Mancha e Andalucía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Salvador onde está situada a capital do concello de Baños de Molgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Allariz-Maceda situado na provincia de Ourense (42° 14’ 35’’ de latitude N-7° 41’ 40’’ de lonxitude O). Limita ao NL co concello de Maceda, ao NO cos de Allariz e Paderne de Allariz (Allariz-Maceda), ao SL co de Vilar de Barrio (A Limia) e ao SO co de Xunqueira de Ambía (Allariz-maceda). Abrangue unha superficie de 67,6 km 2 cunha poboación de 1.922 habitantes (2007) distribuídos nas parroquias de Almoite, Ambía, Baños de Molgas, Betán, Cantoña, Coucieiro, Guamil, Lama Má, Poedo, Ponte Ambía, Presqueira, Ribeira e Vide. A súa capital é a vila de Baños de Molgas. Localizado a 36 km da cidade de Ourense e 147 de Santiago de Compostela, está adscrito ao partido xudicial e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O concello de Baños de Molgas está nunha área de transición ao dominio climático oceánico continental, feito motivado polo seu afastamento do mar e a súa elevada altitude, sempre por riba da cota dos 450 m. Os invernos son...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Arnoia na parroquia de Baños de Molgas, é unha ponte medieval con vestixios romanos, de arco lixeiramente rebaixado coa directriz non estritamente circular e coa bóveda abucinada e cimentada en rocha. Na marxe dereita, existen catro desaguadoiros e os paramentos de ambos estribos están executados con cantería pequena e bastante irregular. A súa liña de rasante é alombada. Segundo diversas opinións formaba parte da vía XVIII do Itinerario Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, drenado polo río Najerilla (1.845 h [1996]). A base da súa economía reside nas actividades agropecuarias, principalmente cultivos de cereais, vides e gandería, especialmente porcina. Tamén hai industrias transformadoras, fundamentalmente alimenticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista auditor e político. Foi concelleiro socialista en Vigo, director xeral de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e director do Instituto Galego de Vivenda e Solo da consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Así mesmo, foi parlamentario autonómico socialista. Ocupou o cargo de director financeiro nunha empresa viguesa do metal e director financeiro de Feve (2004-2005). Dende 2005 a 2009 foi Director Xeral de Transportes. 
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Documentalista, produtor e director de fotografía. Foi un dos pioneiros do cine español a principios do século XX. Aprendeu o seu oficio na produtora Gaumont de París. En 1907 instalou un laboratorio de revelado e copias en Barcelona xunto ao seu irmán, o operador Ramón de Baños. Estreou a súa carreira coa rodaxe de escenas de zarzuelas e curtametraxes. Entre as súas realizacións destacan: La malquerida (1914), baseada na obra homónima de Jacinto Benavente, Sangre y arena (1916), versión da obra de Blasco Ibáñez, Don Juan Tenorio (1921), unha das primeiras adaptacións da obra de Zorrilla, e La gitana blanca (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario cinematográfico. A súa relación coa industria cinematográfica comezou en diversos cines de Vigo. Despois de traballar como ordenanza no Teatro García Barbón, rexentado por Victoriano Gil, desempeñou o labor de operador no cine Tamberlick, propiedade de Isaac Fraga Penedo. Máis tarde trasladouse ao cine Yeca de Chantada e logo a Melide, onde foi encargado das proxeccións no Capitol. Nesta última vila coñeceu o empresario Dignatario Cerdeira. Á súa volta a Vigo, traballou como operador en salas de barrio como a de Bouzas ou a das Travesas, e iniciouse como empresario no cine Avenida de Tomiño. A finais dos anos corenta, ingresou no sector da distribución coa súa empresa Baños Films. Os seus comezos están ligados a Arturo González -quen lle ofreceu as primeiras películas para a súa distribución- e a Isaac Fraga -quen lle comprou as primeiras fitas-. Deste modo, iniciou a súa traxectoria Baños Films, que vén de manter unha actividade continuada a carón das delegacións das principais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bande baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tempo moi frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao S de Aranjuez (1.711 h [2001]). Posúe agricultura, cunha produción predominante de cereais e gandería. Destaca a elaboración de viños. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas do castelo de Valdecarábanos (s XII) e a igrexa de San Nicolás de Bari (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa localizado na comarca de Valdizarbe (785 h [2001]). Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, e destaca a ermida de Nuestra Señora de Arnotegui, onde ten orixe a lenda do Misterio de san Guillén e santa Felicia. Segundo a lenda, a princesa santa Felicia de Aquitania decidiu abandonar o mundo á volta de peregrinar a Santiago de Compostela. O seu irmán Guillén, tratou de disuadila, e ao non conseguilo, nun ataque de ira, matouna. Arrepentido, peregrinou a Santiago de Compostela e ao seu regreso quedou en Obanos como penitente.  A Fundación Misterio de Obanos fai unha representación teatral da lenda coa participación dos veciños do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexemento voluntario de infantaría de liña creado en Bos Aires o 17 de setembro de 1806 por Pedro Antonio Cerviño Núñez, director da Escuela Náutica, para defender a cidade dun ataque británico similar ao acontecido meses antes. Constaba de 600 homes distribuídos en 8 compañías de fusileiros de liña e unha de granadeiros lixeiros, 10 tambores, 1 pito ou pífano militar e, completando a fanfarra musical, as gaitas tomadas como trofeo de guerra ao 71º rexemento de Highlanders de Escocia. Tivo dúas bandeiras de seda branca: unha coronela coas Armas Reais nun lado e a cruz encarnada do Apóstolo Santiago, o seu patrón, no outro; e unha batallona co escudo do Reino de Galicia por un lado e o escudo de Bos Aires polo outro. Foi destinado á Banda Oriental de Uruguay, unha vez ocupada esta a comezos de 1807, pero non entrou en combate pola inmediata caída de Montevideo. O 2 de xullo de 1807 enfrontouse nos Corrales de Miserere ás tropas do xeneral J. Whitelocke e, despois da xornada do 5...

    VER O DETALLE DO TERMO