"Bade" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 105.

    1. Superior ou máxima autoridade dunha abadía ou mosteiro que está encargado do goberno da comunidade monástica sen dependencia ningunha doutra autoridade. Pódense definir tamén con este termo as dignidades dalgúns cabidos catedralicios ou as máximas autoridades de certas irmandades ou confrarías en certos territorios do ámbito ibérico. Nalgunhas parroquias de Galicia (sobre todo nas dióceses de Ourense e de Tui-Vigo), Asturias, Portugal, Navarra e parte de Catalunya desígnase o párroco co nome de abade, proceso que algúns autores relacionan coa grande expansión que as células monásticas tiveron nestes países. O cargo e o termo que o designa xorden en relación co nacemento das primeiras agrupacións de monxes, proceso que fai precisa a presenza dunha autoridade que goberne e dirixa os aspectos tanto espirituais como materiais da comunidade. Tendo en conta que os primeiros exemplos de vida monástica xorden no Oriente, o nome semella ter a súa orixe nas terras de Siria, sempre con connotacións...

    2. abade coadxutor

      Abade elixido polos monxes en vida do seu antecesor, debido á súa renuncia, senectude, enfermidade ou calquera outro motivo de incapacidade para exercer o cargo.

    3. abade comendatario

      Abade que acolle a encomenda total ou parcial das rendas dun mosteiro.

    4. abade exento

      Abade exento da xurisdición episcopal, coñecido tamén coa designación latina abade nullius.

    5. abade laico

      Durante o período carolinxio, segrar nomeado polo emperador coa finalidade de administrar as rendas dun mosteiro no que xa había un prior encargado da administración espiritual.

    6. abade mitrado

      Abade que usa insignias pontificais.

    7. abade nullius lat nullius dioecēsis

      Abade que goberna un territorio eclesiástico de xeito independente do bispo, é dicir, directamente suxeito á Santa Sé.

    8. abade presidente superior

      Xeneral de cada unha das diversas congregacións bieitas confederadas que se integran na Orde de san Bieito.

    9. abade primado

      Abade que preside todas as congregacións confederadas de bieitos negros que se integran na Orde de san Bieito.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Moeche baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Coruña. As súas armas levan, en campo de prata, a imaxe dun abade con báculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á abadía, ao abade, á abadesa ou a quen administre as rendas dunha abadía.

    2. Territorio propiedade dunha abadía ou suxeito á xurisdición dun abade ou dunha abadesa.

    3. Período durante o cal un abade ou unha abadesa exerce o seu goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo en forma de trenza que se emprega para suxeitar o cable ao virador e así protexer a base dos mastros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baltar baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Silleda, dedicado á Virxe dos Desamparados levantado en orixe baixo a dirección do mestre de obras Melchor Ricoi ao longo do século XVII. Edificio resolto cunha planta de cruz latina seguindo os ideais estéticos do Neoclasicismo. Destaca a súa concepción espacial e a torre campanario, onde se aprecia o tránsito do Barroco cara ao Neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superiora dun mosteiro ou convento de orde monástica ou coenxía feminina.

    2. Dona que gozaba das rendas dunha coenxía ou dun mosteiro feminino sen ser relixiosa nin pertencer a orde ningunha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe de corpo alongado que pode acadar uns 80 cm de lonxitude. Ten a mandíbula inferior sobresaínte, os ollos grandes e a liña lateral formando un S por riba das aletas pectorais. É de cor castaña verdosa no dorso, máis clara nos flancos e branca na parte ventral. Vive en augas costeiras sobre fondos duros e rochosos; de novos atópanse no litoral e de adultos en augas máis profundas ata 100 m. Aliméntase de peixes de menor tamaño.

    2. O procesamento industrial do abadexo, moi cotizado no mercado, foi, xunto co do polbo, dunha especial relevancia nas pesqueiras das Rías Baixas. A súa importancia comezou a partir do s XVIII debido ás guerras co Reino Unido, principal exportador europeo de bacallao, artigo moi consumido por todas as clases sociais antes desa época e un dos substitutos preferidos da carne en períodos de vixilia relixiosa. Ese feito levou as autoridades ilustradas a fomentar a transformación de especies con características semellantes, polo que se fixaron no abadexo. Xa no s XIX, os fabricantes das salgadeiras acompañaron a produción de sardiña coa transformación do abadexo, especialmente en épocas de escaseza de capturas. Esta substitución acelerouse despois da Guerra Civil Española (1936-1939), cando Galicia experimentou unha importante diminución das actividades extractivas de bacallau nos bancos pesqueiros internacionais por causa da Segunda Guerra Mundial. Posteriormente, a transformación do abadexo...

    3. Peixe que admite a salgadura, aínda que adoita consumirse fresco, ben cocido, fritido ou guisado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Baiona. As súas armas levan, sobre ondas de azur e prata, un abadexo .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Columna ou baqueta reforzada que se coloca no ángulo ou cóbado dun piar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de ferro oca que vai encaixada noutra e axustada a presión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quedar o ceo limpo de nubes, despexado e aberto no horizonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca dos cenobitas da Tebaida (Exipto), que levou unha vida senlleira no deserto. Xa vello, visitou a san Paulo o Ermitán, outro dos anacoretas da Tebaida, alimentado milagrosamente por un corvo. Santo Antón Abade, santo Antón de xaneiro ou santo Antón o Verdadeiro, amais de ser avogoso dos partos é, en Galicia, o patrón dos porcos (santo Antón lacoeiro) e, por extensión, de todos os animais; no resto de España a protección dispensada por este santo aos animais pasou ao patrón dos portugueses, santo Antonio de Lisboa ou de Padua. No seu día lévanse a bendicir porcos, vacas, cabalos e mesmo cans, gatos e paxaros. En Espasante e Celanova é tradición mercar entre os veciños un porco que anda ceibo cunha campaíña ao pescozo e que vai de casa en casa, onde lle dan de comer e tamén, en concepto de ofrenda ao santo, lle dan bo millo. Cando xa está ben cebado, póxano e cos cartos obtidos fanlle unha festa a santo Antón; este é o chamado “porco de santo Antón”. Na Estrada animan as xugadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficialmente constituída en 1894, sendo o seu principal promotor e organizador Alfredo Brañas. A de Cambados foi a asociación pioneira dentro do societarismo mariñeiro propiamente dito, e o seu regulamento foi a base de organizacións posteriores. Dun marcado carácter confesional, agrupaba no seu seo a pequenos armadores e mariñeiros (sociedade mixta). Xorde como resposta á desaparición forzosa dos Gremios do Mar (1864); reclamando e continuando a función benéfica e a ordenación dos recursos que os Gremios viñan realizando. A sociedade mariñeira de Cambados inaugurou un novo tipo de sociedade, adoptando funcións que anteriormente eran dos Gremios, tales como os servicios mutualistas, de cooperativa e de sociedade de crédito (para a compra de aparellos e demais útiles para a pesca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua afroasiática que forma parte do grupo chádico occidental xunto co enguicimo e o zarí. Fálana uns 32.000 nixerianos.

    VER O DETALLE DO TERMO