"Bay" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 72.
-
LAGOS
Lago de Etiopía ao SO do país, na fosa tectónica do Rift Valley, a 1.169 m de altitude (1.261 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión oriental do Paraguai (12.933 km2; 99.860 h [1992]). A capital é Pedro Juan Caballero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Xeneral de brigada (1919), foi xefe superior da policía de Barcelona. A súa actuación represiva contra os movementos sindicais provocou o seu cesamento polo goberno de Sánchez Guerra (1922). Primo de Rivera encargoulle a dirección xeral de Orde Pública do ministerio de Gobernación (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Acadou a celebridade co Kitāb al-masālik wa-l-mamālik (Libro dos camiños e dos reinos, 1068). Foi o autor tamén dun dicionario xeográfico, dun libro sobre plantas e de diversos tratados filolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés da baía de Baoi.
-
REXIÓNS
Rexión de Somalia (39.000 km2; 450.986 h [estim 1980]). A súa capital é Baydhabo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa de xeo formada sobre as augas dunha badía e que é o suficientemente grosa para imposibilitar a navegación.
-
PERSOEIRO
Teólogo belga, tamén coñecido co nome de Michael Baius. Foi profesor da Universidade de Lovaina e director do Colexio Standonk. Interpretando a ensinanza antipelaxiana de santo Agostiño, afirmou que o pecado orixinal implica unha mutilación da natureza, que en todo momento queda sometida á concupiscencia. Pío V condenou 79 puntos da súa doutrina, condena repetida por Gregorio XIII (1579) e Urbano VIII (1641). Está considerado un precursor do Xansenismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Granma (antiga provincia de Oriente), Cuba, nunha chaira ao pé da Sierra Maestra (140.000 h [1995]). Fundada polos españois en 1513, o seu porto fluvial á beira do río Cauto acadou grande importancia comercial, pero declinou ao atuírse con sedimentos. A cidade foi escenario de varias accións de sona nas guerras de independencia da segunda metade do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Porto Rico, á beira do río Bayamón e ao S da Sierra de Luquillo, ao SO de San Juan (220.262 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista turco. En 1924 fundou o Banco Is, en 1932 foi ministro de Economía e entre 1937 e 1939 primeiro ministro. Logo de fundar o Partido Democrático (1945), foi elixido Presidente da República en 1950 e reelixido en 1954 e en 1957. Foi derrocado por un golpe de estado militar no 1960 e condenado a morte por alta traición en 1961, pena que lle foi commutada pola de cadea perpetua. En 1964 foi posto en liberdade e, en 1966, amnistiado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Creou un procedemento de papel negativo a base de ioduro de prata. Adiantou o daguerrotipo. Xa desde 1837 experimentaba coa cámara escura e con papel fotosensible, desenvolvendo un traballo semellante ao que facía Talbot. A partir de 1842 competiu cos calotipistas ingleses e en 1855 inaugurou un estudo fotográfico para retratos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cuarto Sultán mameluco bahrita. Escravo de orixe, destacou ao servizo dos aiúbidas, e a raíz da Batalla de ‘Ayn Ǧ ālūt (preto de Nazaret) apoderouse do Sultanato. A xesta heroica Sīrat Baybars e un conto de As mil e unha noites cantan o seu prestixio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa alemá de produtos químicos e farmacéuticos fundada no ano 1863 por Friedrich Bayer, con domicilio central en Leverkusen (Alemaña). No ano 1926 integrouse no consorcio IG Farbenindustrie AG (Química Farmacéutica Bayer e Agfa-Gevaert), do que saíu ao rematar a Segunda Guerra Mundial (1945). Chegou a España en 1899, cando se constituíu a sociedade Federico Bayer y Cía, empresa de colorantes. A partir de aí, organizouse a través da súa filial Unicolor (1924). Creou as súas propias empresas en 1966 co nome de Bayer Hispania Industrial e Química Farmacéutica Bayer; esta última integraríase en 1981 no grupo Bayer. Posteriormente, en 1986, logo dunha reestruturación accionarial, todas as compañías se concentraron en Bayer Hispania S A. A empresa encárgase da comercialización de polímeros, produtos químicos para a industria e produtos fitosanitarios. Os seus centros de produción en España localízanse en Barcelona, Tarragona e Quart de Poblet (València).
-
PERSOEIRO
Artista e deseñador gráfico austríaco. Fixo estudios de arquitectura, tipografía e pintura mural na Bauhaus, onde foi profesor entre os anos 1925 e 1928. Despois estableceuse en Berlín, onde traballou como grafista publicitario; neste eido cómpre destacar as experiencias que desenvolveu para lograr a plena integración da fotografía no campo da publicidade. No ano 1938 exiliouse nos EE UU e unha vez rematada a Segunda Guerra Mundial relacionouse co Institute of Humanistic Studies de Aspen (Colorado), do que proxectou o seu edificio. Dende 1953 preocupouse sobre cuestións do contorno, de xeito que concibiu algunhas obras (o Marble Garden, 1955, e o Grass Monument para o Instituto de Aspen) consideradas como as pioneiras do land art.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo alemán. Confeccionou o primeiro atlas celeste, Uranometría (1603), onde designa as estrelas cunha nomenclatura de tipo científico. Ordenou as estrelas dunha constelación segundo o seu brillo relativo. Estableceu doce novas constelacións austrais e unhas cincocentas estrelas máis das catalogadas por Tycho Brahe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Múnic en 1759 como Kurfürstliche Bayerische Akademie (Academia dos Príncipes de Baviera). Está dividida en dúas clases ou seccións e comprende trinta e cinco comisións científicas e institutos de investigación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa alemá con domicilio central en Múnic (Baviera, Alemaña) dedicada á fabricación de motocicletas de gran potencia e de automóbiles. As súas orixes remóntanse ao 1898; sen embargo, non comezou a fabricar motocicletas ata 1923 e automóbiles ata 1927, ano no que tamén deseñou motores para a aviación. En 1929 lanzouse o primeiro automóbil da BMW, o modelo Dixi 3/15. En 1932 desenvolveuse na factoría muniquesa o modelo 3/20 e, ao ano seguinte, o modelo 303, co primeiro motor de seis cilindros do mercado automobilístico. En canto ás motocicletas, a BMW R 12 foi a primeira cunha pinza de brazos telescópicos e amortecemento hidráulico, aparecida en 1935. Xa no ano 1994 comprou o grupo Rover, mentres mantiña unha relación directa coa compañía Rolls Royce para a fabricación de motores. En 1999, o grupo BMW estaba composto por BMW, Rover, Land Rover, MG, Mini e Rolls Royce. En canto aos automóbiles, a Nova serie 3, a serie 5 (520d de 136 CV e o 525d de 163 CV), o X5 e mailo Z8 de 400 CV, e as...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca fundada en Múnic a mediados do s XVI por Alberto V, duque de Baviera, co nome de Königliche Hof-und Staatsbibliothek. Conta cuns 6.000.000 de volumes, entre os que se atopa unha gran cantidade de manuscritos latinos.