"Bertomeu" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. De orixe compostelá traballou no retablo maior da capela de santa Catalina, na Catedral de Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino procedente, a través do latín eclesiástico Bartholomaeus e do grego Bartholomáios (Bαρτο ϴ ολομάιος), do arameo Bar Talmai, forma composta por bar ‘fillo’ e Talmai, nome propio que algúns estudiosos identificaron co grego Ptolomeo. Outras variantes deste nome son Bartolo, Bartolomeu, Bertolameu; tamén se escoita Mertolameu, inda que se considera unha forma non etimolóxica. A forma hipocorística correspondente é Bértolo. San Bertomeu foi un dos doce apóstolos de cristo que posúe gran culto en galicia, onde é titular de 36 parroquias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
, san Apóstolo de Cristo, de vida bastante descoñecida e contraditoria segundo as fontes. Nos evanxeos sinópticos aparece citado con este nome, pero no de san Xoán atéstase co de Natanael. Seica predicou en Palestina, India, Mesopotamia, Etiopia, Arabia, Persia ou Armenia; neste último país, o Rei pagán Astiaxe, furioso trala conversión da súa propia irmá, ordenou o seu martirio. Segundo o martiroloxio romano, foi esfolado vivo, mentres que para a tradición oriental, morreu crucificado e decapitado. Como taumaturgo de posesos curou demos agochados nas imaxes de ídolos e nos corpos dos entarangañados. En Galicia é titular de 36 parroquias. Con santo Antón é avogoso do gando bovino, protexéndoo de enfermidades, e dos ataques dos lobos; con santa Bárbara é protector do raio, da faísca, da treboada e dos incendios. Protexe, tamén, os partos e os meniños, sobre todo os que choran asustados sen poderen durmir polas noites, así como os rebeldes e rebuldeiros: “Onde san Bertomeu for mentado /...
-
PERSOEIRO
Compositor. No conservatorio de Madrid formouse como director de orquestra con Pérez Casas e en 1955 ingresou no corpo de bandas de música da Armada. Dirixiu a orquestra de cámara de Xuventudes Musicais de Palma de Mallorca, a banda de música da Escola Naval (1968) e a Coral Polifónica de Pontevedra, cargo no que permaneceu ata 1976. A súa achega á música galega é notoriamente importante como compositor e como harmonizador de melodías. Acadou numerosos premios musicais dentro e fóra de España, e as súas obras son interpretadas por agrupacións sinfónico-polifónicas de varios países. Entre a súa produción coral destacan: Tres cantigas de Pontevedra, Estando cosendo, Aquel que saleu agora e Canta ti. Tamén harmonizou a melodía popular Ábreme a portiña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cartógrafo e navegante, irmán de Cristovo Colón. Cóidase que participou na expedición de Bartolomeu Dias en 1486. Colaborou co seu irmán na empresa descubridora cunha flota auxiliar ao mando da Española en 1494. Un ano máis tarde foi nomeado primeiro adelantado das Indias. Fundou a cidade de Santo Domingo en 1496, e exerceu o cargo de gobernador durante as ausencias de Cristovo Colón. No ano 1500 foi apresado e enviado á Península Ibérica porque se negou a recoñecer a autoridade de Bobadilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilalba. Construíuse entre 1882 e 1886 sobre unha edificación anterior. Ten planta de cruz latina con cuberta de madeira. Ás beiras do presbiterio, levantado sobre dous chanzos, engadíronse dúas sancristías. Na fachada principal destaca o arco arquitrabado e a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Empregou os pseudónimos El anfibio, El caricato habanero e El lindoro, entre outros, e publicou El látigo del anfibio (1836) e Sátiras (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Constructor italiano de instrumentos de teclado. Serviu na corte florentina de Fernando de Medici e dedicouse á elaboración de claves e pianos. A partir do 1720 as súas creacións incorporaron todos os elementos do pianoforte moderno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Pertencente ao círculo de Juan de Angés, cara ao 1598 rematou o retablo da Nosa Señora dos Remedios en Vilamaior do Val (Verín).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Activo en Santiago de Compostela entre 1600 e 1631. En 1600 fabricou unha custodia para o altar maior da igrexa do convento de Santa Clara e en 1606 encomendóuselle a confección do retablo da igrexa de Santa María de Beán (Ordes), no que empregou columnas cos fustes de forma helicoidal. As imaxes foron realizadas por Gregorio Español. En 1611 entallou, en colaboración con Francisco de Bran, o retablo da parroquia de Santa María de Arcos da Condesa (Caldas de Reis), e en 1615 o retablo da igrexa maior de Muros (1615). En 1618 fixo o retablo de Santa María a Nova de Noia para acoller a imaxe da súa patrona; e a freguesía de Santa María do Camiño de Santiago de Compostela encomendoulle outro retablo de dous corpos, adornado con esculturas de Pedro Suárez. En 1624 contratou co convento de San Francisco da Coruña a elaboración dun cadeirado de coro adornado con esmaltes e táboas con relevos. Para San Pedro de Campañó (Pontevedra) fixo en 1631 un retablo, no que debían colocarse varias...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor, fillo de Antonio Fernández o Vello co que debeu formarse. Realizou as imaxes da Virxe da Asunción, san Xoán Bautista e san Xosé para o retablo maior de Santa María de Villestro (1801); o altar de Cristo coas súas imaxes en San Fiz de Solovio; o crucifixo da capela da Pastoriza; e o calvario de Santa María de Salomé. Atribúeselle un nazareno e a Virxe das Dores no convento de San Francisco; os catro retablos das cepas do convento da Ensinanza; e o altar maior de Santa María de Belvís.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Estudiou filosofía, teoloxía, leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que rematou en 1824. Ocupou diversos cargos políticos paralelamente aos gobernos do Partido Moderado. Foi alcalde de Tui (1844), intendente de Lugo e da Coruña, e en 1853 foi designado gobernador da provincia da Coruña. Foi deputado, na lexislatura 1844-1846 pola provincia de Pontevedra, e en 1857-1858 polo distrito de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Matanza de hugonotes que tivo lugar en París en 1572, a noite do 23 ao 24 de agosto, festividade de san Bertomeu. Actuou a plebe parisiense, fanaticamente católica, guiada polos homes do duque de Guise. Carlos IX de Francia ordenou a matanza de acordo con Catarina de Medici e cos Guise, e foi o pretexto para un complot protestante. Supuxo o reinicio da guerra entre católicos e hugonotes.
-
GALICIA
Arcebispo de Santiago de Compostela (1751-1771). Formouse en leis na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado na Real Audiencia da Coruña. Abandonou as leis e seguiu a carreira eclesiástica e obtivo a penitenciaría da catedral de Ourense, a doutoural da catedral de Lugo e ambos os dous postos na catedral de Santiago de Compostela, onde foi vigairo capitular e comisario xeral da cruzada. Tamén foi capelán maior do rei católico e da súa real capela, casa e corte; xuíz ordinario, notario maior do Reino de León e conselleiro real. En Madrid promoveu a Congregación de Naturais e Orixinais de Galicia en 1741. Nomeado arcebispo de Santiago de Compostela en 1751, realizou numerosas obras de caridade e mandou construír o Seminario de Confesores (sede do concello de Santiago de Compostela) e o convento da Compañía de María, reedificar a capela de don Lope na catedral de Santiago de Compostela e ampliar o pazo arcebispal. Ademais mandou edificar o pazo de Lestrobe a a reconstruír...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano de orixe galega. Tomou os hábitos no convento de San Esteban de Salamanca e foi predicador xeral (1512) e provincial de España (1526). Definidor nos Capítulos Xerais da súa orde (1523, 1531 e 1536), foi prior do convento salmantino.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa da costa atlántica situada fronte á punta homónima, que pertence á parroquia de Cambre (Malpica de Bergantiños).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa atlántica, situada entre as puntas dos Guichos e A Falcoeira, na parroquia de Cambre (Malpica de Bergantiños).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Noite de San Bertomeu.