"Cadena" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Liñaxe leonesa oriúnda de Aguilar de Campos, do partido xudicial de Villalón, en Valladolid. Estendeuse por León, Asturias, Galicia e Castela, e unha rama pasou mesmo a México. As súas armas levan un escudo acuartelado: o primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de prata e unha cadea de ouro pendurada da súa torre; o segundo e terceiro cuartel, en campo de ouro, cun espiño de sinople arrincado; o cuarto cuartel, en campo de prata, con dous lobos andantes de sable, postos un sobre o outro; bordo de azul, con seis castelos de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea radiofónica pertencente ao grupo de Radio Popular SA-Cadenas de Ondas Populares (COPE), implantada no ámbito estatal en xuño de 1992. Conta con 55 emisoras de Frecuencia Modulada e a súa programación baséase na “radio-fórmula cien”, na que inclúe música e apartados de información diversa, dividida entre contidos de ámbito local e nacional. Semanalmente ofrece a lista musical de éxitos que elabora o equipo de profesionais dirixido por Rafael Revert, nun programa especial emitido os sábados á mañá. Ocasionalmente emite concertos dos grupos máis destacados tanto nacionais coma internacionais. En Galicia posúe distintas frecuencias repartidas entre as vilas de Santiago, Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ribadeo e Pontevedra, dirixida por Fernando González Macías (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica fundada en 1966 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música e pioneira na “radio-fórmula”, elabora unha lista semanal cos corenta temas musicais de máis éxito no momento baixo o título de Los 40 Principales. Emite, amais, programas informativos musicais, concertos en directo, ou gravados, presentacións de discos e entrevistas a artistas e profesionais da música. Dirixida en Galicia por Anxo Botana (2000), conta cun coordinador en cada unha das delegacións e frecuencias, repartidas por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canal + e Canal Satélite Dixital emiten a mesma fórmula diaria nun canal temático denominado Cuarenta Principales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica fundada en 1990 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música en español, conta con delegacións e frecuencias que teñen, á súa vez, autonomía local, dirixidas e coordinadas en Galicia por Alfonso López Teijeiro, Olga Beberide Martínez, Jorge Hermida Aldao, Begoña Caeiro, Eugenio González de Haz e Cristina López Lazare. A ela pertencen unha serie de frecuencias localizadas nas cidades de Ferrol, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo e Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radio España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedad Española de Radiodifusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisora radiofónica im-plantada no ámbito estatal que iniciou as súas emisións en 1958 cando a Dirección General del Secretariado Nacional de la Comisión Episcopal de Cine, Radio y Televisión e os representantes das distintas dioceses españolas e das diferentes emisoras parroquiais, acordaron transformar a súa estrutura local e crear unha cadea de radiodifusión nacional. As emisoras pioneiras foron Radio Vida, chamada posteriormente Radio Popular de Sevilla, e Radio Popular de València. Un ano máis tarde nacían Radio Popular de Burgos, de Lleida, de Pamplona, de León e de Zaragoza, ata completar a cifra de 43 emisoras de Onda Media, 67 de Frecuencia Modulada e 49 de Cadena 100. En 1981, por imperativos legais, adoptou o nome de Radio Popular SA-Cadena de Ondas Populares. En febreiro de 1983, baixo a dirección xeral de José Andrés Hernández, ex-director de Radio Popular de Vigo, iniciou unha programación baseada na emisión de magazines, boletíns informativos, debates, coloquios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cineasta. Licenciado en Ciencias da Información e bolseiro da Academia de Belas Artes de Roma e da Fundación Juan March. Preocupado pola experimentación icónica   destacan as súas películas en super 8 dos anos oitenta. Dedícase preferentemente ao cine industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea privada de emisoras de difusión nacional. Como Cadena Ibérica foi a primeira emisora que comezou a funcionar en España, o 10 de novembro de 1924, baixo o indicativo EAJ-2. Emitiu desde Madrid ata o 5 de abril de 1925, data en que suspendeu as súas emisións. Reiniciou a programación a partir de 1927. Tras numerosas dificultades económicas, pasou a ser xestionada pola sociedade Unión Ibérica de Radio, sociedade titular de Radio España. O 20 de setembro de 2001, a sociedade xestora da cadea e Onda Cero chegaron a un acordo para a difusión da programación de Onda Cero a través das 19 emisoras de Radio España, complementando os seus contidos coa programación de Onda Cero Música e Europa Fm.

    VER O DETALLE DO TERMO