"Compostelana" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución, primeira do seu xénero en Galicia, fundada por un grupo de estudiantes da Facultade de Leis da Universidade de Santiago de Compostela o 28 de xaneiro do 1731. O seu presidente foi Pablo Mendoza de los Ríos e o seu secretario Carlos Barreiro de los Ríos. Entre os seus obxectivos estaban o exercicio no debate intelectual e o perfeccionamento do estilo literario, organizando nas súas sesións debates sobre temas xurídicos e dando a coñecer producións literarias. Algunhas destas disertacións, así como textos en prosa de temática variada e sonetos, foron recollidas no volume Theatro Moral y Político de la noble Academia Compostelana (1731).
-
PUBLICACIÓNS
Publicación universitaria aparecida en Santiago de Compostela despois de 1950. Nela aparecen artigos de carácter científico, colaboracións e novas da Universidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral editada pola Universidade de Santiago de Compostela no primeiro trimestre de 1964 e na que colaboraron Ramón Mª Aller, Paz-Andrade, Vidal Abascal e Bermejo Martínez, entre outros. Contiña artigos científicos, notas, cartas ao director, resumes de teses doctorais, crónicas da vida universitaria e moitas colaboracións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista médica aparecida en Santiago en 1960 que deixou de imprimirse en 1966. Editada pola Academia Médico-Cirúrxica de Santiago, recollía actividades de cada curso. Colaboraron nela X. Rof Carballo, Ladrón de Guevara, Vázquez Añón e Varela Durán, xunto con outros. Despois de sacar sete volumes fusionouse coa Revista Médica de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en xaneiro de 1962 en Santiago de Compostela e promovida por Alexandre Álvarez Coira, Emilio Lavandeira Prieto e Xulio Cabo Rey. A idea xurdira en xullo de 1961 nunha homenaxe ao fotógrafo compostelán Luís Ksado. Trala súa fundación pasou a ser filial da Agrupación Fotográfica Gallega ata o ano 1963, no que se independizou. Formaron parte da súa xunta directiva, Luís Ksado, como presidente, Benxamín A. Lois Rial, Xulio Cabo, Roberto López Freire, Emilio Lavandeira, Cándido Masa, Santos López, Alexandre Álvarez Coira, Manrique Villafranca e Xosé Franco García. Organizou dúas exposicións locais de fotografía, unha monográfica sobre castelos de España, outra de temática relixiosa, tres a nivel nacional e o I Salón Ibérico de Fotografía, tamén coa participación de fotógrafos portugueses. No seu seo naceu en febreiro de 1965 o Cine-Club de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual editado pola Agrupación Fotográfica Compostelana. Incluía información sobre as propias exposicións e mostras de fotografía de diversos autores.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Santiago de Compostela en marzo de 1904. Foi dirixida inicialmente por Claudio Contreras Valiñas, na súa etapa de estudante de Dereito. Os seus contidos estaban dirixidos aos estudiantes da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo musical que polas súas características pode ser considerado como unha formación de cámara. Está constituído por nove compoñentes: soprano, tenor e contratenor na parte vocal, mentres que na instrumental consta de vihuelas, contrabaixo, teorba, órgano e clavecín. Un dos seus compoñentes, Francisco Luengo, é o director do grupo. Da súa discografía destaca o traballo editado en 1991, cun repertorio monograficamente reservado a composicións de José de Baquedano, mestre de capela da catedral de Santiago durante parte dos ss XVII e XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal que se editou en Santiago de Compostela dende outubro de 1876 ata xuño de 1877. O catedrático de Dereito Eduardo Mosquera Montes foi o fundador e director desta publicación cultural. Definiuse como o órgano dos que se dedicaban a estudar ciencias, e como a defensora dos intereses das provincias galegas. Colaboraron coa revista Xosé Mª Montes, E. Álvarez, Juan Barcia ou Antonio López. Destaca o estudo que editaron en maio de 1877 no que se falaba sobre o ano no que comezou a catedralicidade da igrexa de Santiago de Compostela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade de previsión social mediante o socorro mutuo fundada polos fabricantes de calzado de Santiago de Compostela no ano 1878 e que recibiu o apoio gobernativo en decembro de 1901. A súa principal fonte de ingresos eran as cotas dos zapateiros, aos que formaba na súa propia organización.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1860. Subtitulouse “Periódico quincenal”. Os seus artigos eran manuscritos e na súa redacción participaron estudiantes da universidade e do instituto.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Santiago de Compostela en outubro de 1867. Cesou a súa edición en marzo do ano seguinte. Editado por Antonio de Leiva, na súa redacción participaron Xosé Salgado Rodríguez, Xosé Mª Portal González, Félix Moreno Astray e Bernardo Barreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Fernando Pato. Foi un defensor dos intereses da cidade e incluíu composicións poéticas, artigos de apoloxía eclesiástica e referencias a temas sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1858. Subtitulouse “Periódico semanal de intereses materiales, publicado bajo la dirección de la Sociedad Económica de Santiago”. Cesou o 3 de outubro do mesmo ano (nº14). Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xacobe Souto. Incluíu información para a mellora da agricultura, as artes e a industria; outra relativa á Exposición; novas de interese económico e administrativo; artigos e informes da Sociedad Económica, e disposicións das autoridades locais.
VER O DETALLE DO TERMO