"Estévez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 32.

  • Liñaxe que se estableceu en Quiroga e que se estendeu por toda a Península. As armas da rama galega levan un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dous lobos de sable, andantes, armados e lampasados de goles e postos en pao; segunda partición, en campo de goles, cunha banda de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Tomou contacto co obreirismo organizado en Bos Aires, a onde emigrara moi novo. Cando traballaba de cargador no porto, participou en diversos conflitos laborais e integrouse na Federación Obrera Regional Argentina (FORA). En 1919, tralos sucesos da Semana Trágica bonaerense, foi deportado e trasladado a Tui. Na década dos anos vinte, como representante dos traballadores dos serradoiros, colaborou na conformación do Sindicato General de Trabajadores, que dominou a actividade societaria tudense ata a Guerra Civil; foi un dos fundadores do Sindicato Provincial de Aserradores, de carácter unitario e que reunía sociedades obreiras do ramo radicadas en Tui, Ponteareas, Vigo, Vilagarcía, Salvaterra, Caldelas e Guillarei. En 1922 foi encadeado no transcurso dos acontecementos de Sobredo e posteriormente deportado; trasladouse a Santiago de Compostela, onde residiu no período da Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Elixido deputado pola Fonsagrada en 1879, presentou a solicitude ao goberno para a construción do ferrocarril do NO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Especializada nas carreiras de fondo, foi campioa de España en 16 ocasións. Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 na proba dos 3.000 m, especialidade na que obtivo a medalla de ouro nos Campeonatos Iberomericanos (CI) de Ciudad de México 1988. Na distancia de 1.500 m gañou a medalla de prata nos CI de Manaos 1990 e nos CI de Sevilla 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Notario. Emigrou moi novo a Arxentina e estableceuse en Bahía Blanca, onde se formou na escribanía de Tomás López Cabanillas. En 1889 obtivo o título de notario e dous anos máis tarde foi titular da oficina do seu mestre. Fundou a revista Foro y Notariado (1912) e foi voceiro e presidente do Colégio de Escrivãos de Bahía Blanca. En agosto de 1920 foi elixido presidente da filial da Casa de Galicia de Bos Aires en Bahía Blanca e en 1936, trala desaparición desta institución, foi nomeado membro do Consello Superior da Sociedade Galicia. Entre os artigos que escribiu destacan “Los Gallegos”, publicado en Céltiga (1926). Escribiu, entre outras obras, Las donaciones ante el derecho canónico y la teología (1901) e Crítica Notarial (1926). En 1901 recibiu o Premio Vélez Sarsfield de dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Emigrado a Arxentina, foi procurador nos tribunais de xustiza. En 1856 elixírono concelleiro suplente no municipio de Barracas, onde exerceu tamén como xuíz de paz, administrador de correos (1859-1875) e presidente do Consejo Escolar. Foi alcalde do municipio e en 1880 iniciou a construción dun novo templo parroquial, da nova casa do concello, do teatro Ribadavia e do mercado. Foi comisionado da Asociación Protectora de los Inválidos, socio fundador da Sociedad de Socorros Mutuos de Barracas e simpatizante da asociación Libre Italia e da loxa masónica Hijos del Progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Estudiou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Foi administrador da beneficencia en Ourense e ocupou durante anos o cargo de primeiro auxiliar do bufete do ministro Gabino Bugallal Araujo, que o axudou a conseguir a acta de deputado polo distrito de Ribadavia, en representación do Partido Conservador (1914-1923). Especializado na temática foral, na lexislatura de 1914 formou parte da comisión de concentracións parcelarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou o tabernáculo da capela do Hospital Real e traballou nos retablos da igrexa da Ensinanza baixo a dirección de Bertomeu Fernández. Con este nome documéntase tamén outro pintor compostelán que realizou en 1766 unha imaxe da virxe do Rosario para Vimianzo e, entre outras obras, tres remates para un colateral e un frontal do altar da mesma igrexa e unha imaxe de santo Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto e político. Licenciado na Escola Tècnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1972), exerceu como profesional en Santiago de Compostela. En 1973 formou con outros profesionais o grupo interdisciplinar Oikos. Traballou en asociación con Pedro de Llano (1977-1983) co que realizou, entre outras obras, edificios de vivendas en Santiago e Ribeira, a casa Fernández Foxo en Esteiro e a casa Teixeiro en Teo; no eido do urbanismo e da rehabilitación arquitectónica o pavillón polideportivo e a facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela. Cómpre destacar os seus traballos “Notas sobre el desarrollo urbano de Santiago en la década de los 60”, en Ciudad y territorio (1977); “Santiago, un centro histórico en proceso de peatonalización”, en Galicia. A destrución e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de arquitectura galega (1981); “Santiago de Compostela. Spain” en Soft Urbanism. 15 projects. Artpolis’96 (1996); “Compostela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Emigrou á Arxentina e ingresou no convento de Santo Domingo de Bos Aires en 1858. Ordenado sacerdote en 1863, graduouse en teoloxía en Roma. Regresou a Bos Aires e ocupou os cargos de mestre de novicios e estudiantes e lector de teoloxía no convento de San Telmo. Foi prior no convento de Córdoba entre 1883 e 1886. Publicou La Devoción y la Cofradía del Santísimo Nombre de Jesús (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico musical. Pertenceu á xunta directiva das Xuventudes Musicais de Vigo e colaborou en distintas publicacións especializadas sobre temas musicais (Na Gaits, A Nosa Terra). Publicou Milladoiro. Moito máis que un grupo de música folk (1999) e Crónica do folk galego (2000), en colaboración con Óscar Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestra. A súa traxectoria teatral está ligada á compañía de monicreques Faba Na Ola, coa que realizou diversos traballos como adaptadora, manipuladora ou directora entre finais dos anos oitenta e principios dos noventa. É autora de diversos guións escénicos para teatro de bonecos, entre os que destaca A illa das sorpresas, e coautora do libro Como facermos títeres, sombras, carautas e cabezudos (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Licenciado en Belas Artes pola Universitat de València e diplomado en arquitectura técnica pola Universidade da Coruña. Desenvolve o seu labor nos ámbitos do vídeo, arquitectura, teatro e fotografía. Expuxo a súa obra en Donostia (1994), na Sala de Exposiciones da Universitat de València (1995), no IVAM de València (1996), na Fundació Antoni Tàpies de Barcelona (1996) e na VII Fotobienal celebrada en Vigo en 1996. Participou en diferentes festivais de vídeo, como os celebrados no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (1995), no Festival de Vídeo de Navarra (1995) e no Centro Galego de Artes da Imaxe (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico, pintor e gravador. Foi xefe de estudo gráfico da axencia de publicidade AHA (1983-1986), debuxante de GRAFORSA (1987-1991), director de arte do Grupo Córcega Galicia Comunicación (1997-1998) e de Edicións Espiral Maior (1998-2002). Realizou traballos gráficos para a Universidade da Coruña, Xunta de Galicia, concellos da Coruña e Sada, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Trofeo Teresa Herrera e diversas empresas coruñesas. Colaborou en Aetinape (1986-1996), La Voz de Galicia (1998-1999) e Obradoiro (1995-2000). No eido da pintura e do gravado, inclinouse pola abstracción aínda que tamén traballou a figuración deformada. As súas composicións caracterizáronse pola cor e o grafismo xestual con trazos fortes e vigorosos. Foi membro fundador dos grupos GALREXO (1974) e Galicia Estudio (1978). Realizou, entre outras, as carpetas de gravados Ortigas da memoria, con poemas de C. Sánchez (1984), Mulleres (1987) e participou na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Iniciou a súa actividade profesional en 1986 no grupo Ítaca e realizou diversos espectáculos coas compañías Uvegá Teatro (Trínguilin trángala, Freda Gómez) e O Moucho Clerc (A caza do Snark, O rousiñol de Bretaña). A súa carreira desenvolveuse posteriormente con traballos para o Centro Dramático Galego (O arce no xardín, A casa dos afogados, O incerto señor don Hamlet, Como en Irlanda, Lisístrata ou cando as mulleres reviraron, O peregrino errante que cansou ao demo, O Bufón d’El Rei, Memoria de Antígona, Valle-Inclán 98 e Xelmírez ou a gloria de Compostela), Teatro do Noroeste (A grande noite de Fiz, Galileo Galilei, As vodas de Fígaro, Macbeth, Historias Peregrinas, Noite de Reis e A Celestina) ou Sarabela Teatro (O lapis do carpinteiro). Traballou con directores como Manuel Lourenzo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista e crítico de arte. Funcionario de Correos, posteriormente doutorouse en Dereito. Colaborador en distintas publicacións, como La Raza, Diario de la Marina, Mercurio, Universal Ilustrado, La Esfera, Mundo Gráfico, La Tribuna e Vida Gallega, fundou a revista Juventud Española e dirixiu Gaceta de Bellas Artes e Metrópolis. Da súa produción destaca El alma de Galicia (1922), Nuevo escenario (1927) e El arte Gallego (1930). Foi un dos organizadores da Exposición de Arte Moderna de Oslo (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Diplomado en estudios eclesiásticos, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid e doutorado en Historia pola Universidad de Deusto, onde foi profesor de historia moderna. Colaborou na Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco e en Deia, Gara e A Nosa Terra. Entre as súas obras destacan De la tripla alianza al pacto de San Sebastián. Antecedentes de Galeuzca (1991), Antología de Galeuzca en el exilio 1939-1960 (1992), Galiziako historia (Historia de Galicia, 1994), Impenitencias galeuzcanas (1992), Historia de Euskal Herría, Manuel Martínez Murguía. De estirpe vasca a berce do nacionalismo galego, Castelao e o Galeuzca (1994) e A lagoa da memoria. Recibiu os premios IV Anduriña de Prata (1995) e o Pedrón de Honra (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como Menca Estévez, licenciouse en Belas Artes na Universidad de Salamanca (1993) e realizou estudios de doutoramento na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Foi profesora de primaria e secundaria de educación plástica e visual. Na súa obra, con características do informalismo, dominan os tons ocres e sienas, a preocupación pola materia e unha presenza constante da memoria, entendida como imprescindible para construír a exacta idea da realidade. Destacan, entre outras, as series Recipientes de memoria, Terra seccionada, Constelacións e Signos da memoria. Participou, entre outras mostras colectivas, en diversas convocatorias de Arte Xoven Galega, na I Bienal Priego de Oliver (Ourense, 1995), no II Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1997), na III Bienal Pintor Laxeiro (1997) e na III Exposición Arte e Solidaridade, Proxecto Home Galicia (2000). Entre as exposicións individuais que realizou destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbióloga. Graduada en ciencias biolóxicas (1977) e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1979), doutorouse en Bioloxía nesta mesma universidade (1980). Ampliou os seus estudios en EE UU, nas universidades de Maryland e Oregon. Catedrática de Microbioloxía e Parasitoloxía da universidade compostelá dende 1991, desenvolve o seu labor investigador no eido da acuicultura, concretamente na patoloxía bacteriana e vírica, na patoloxía fenotípica, antixénica e molecular de microorganismos patóxenos dos peixes, no desenvolvemento de métodos de diagnóstico de patóxenos nos peixes, na epizootioloxía e na quimioterapia e vacinación. Ten patentadas tres vacinas empregadas en acuicultura: GAVA-3, para o control da vibriose en rodaballo e salmónidos; DI, para o control da pasteurelose en dourada e robaliza; e ET-2, para o control da estreptococcia en rodaballo. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais. Membro do comité de revisores de diferentes revistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director adxunto de Programas en TVE. Licenciouse en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid e graduouse en programación pola Escuela Oficial de RTVE. Colaborou na revista Triunfo e escribiu guións para radio e televisión. Foi correspondente diplomático de TVE, director da Área Nacional e da Área Institucional de RTVE, director dos centros territoriais de TVE e director de organización e de programas de investigación de Antena 3. Concedéronlle a medalla de prata en Nova York Festival pola súa reportaxe Así murió Franco e unha mención especial no FIPA de Francia polo documental Los campos de la muerte.

    VER O DETALLE DO TERMO