"Fene" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • Éter aromático coñecido co nome comercial de fenacetina. Emprégase como antipirético e analxésico. Pode producir nefropatía e estivo considerada substancia canceríxena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de gaitas fundada en 1987 no concello de Fene polo gaiteiro Ramiro Couce Amado (Fene 1942 - 1997). En 1996, xa baixo a dirección do gaiteiro Miguel Doval González, Airiños de Fene acada o 1º premio no II Certame Galego de Grupos e Bandas de Gaitas na modalidade de “Grupos Tradicionais”. Dende 1988 son organizadores do festival de carácter anual Xuntanza de Xoves Gaiteiros, coa correspondente homenaxe a diversos músicos e grupos de gaitas polo seu quefacer. Esta entidade posúe así mesmo grupo de baile tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de defenestrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción popular ocorrida en Praga o 30 de xullo de 1419 na que os seguidores de Jan Hus botaron pola fiestra a sete conselleiros católicos do Rei Venceslao IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de estado protestante producido en Praga o 23 de maio de 1618. Un grupo de nobres bohemios calvinistas asaltaron o pazo real e tiraron pola fiestra dous conselleiros reais e un secretario. Un goberno provisional substituíu o consello do rei e as forzas protestantes ocuparon o país. Este feito foi unha das causas da Guerra dos Trinta Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar a alguén por unha fiestra.

    2. Retirar a alguén do posto ou cargo que ocupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Salvador que da nome ao concello de Fene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ferrol, na área urbana da Ferrolterra, situado na provincia da Coruña no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Neda (Ferrol), ao S cos de Ares (Ferrol) e Cabanas (O Eume)e coa ría de Ares, ao L co da Capela (O Eume), e ao O con Mugardos (Ferrol) e coa ría de Ferrol. Abrangue unha superficie de 26,3km 2 cunha poboación de 14.222 h (2007), distribuídos nas parroquias de Barallobre, Fene, Limodre, Magalofes, Maniños, Perlío, San Valentín e Sillobre. A capital municipal é a vila de Fene, situada a 43° 28’ de latitude N e 8° 09’ de lonxitude O, 6 km ao SL de Ferrol e 89 km ao N de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Ferrol e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O concello de Fene sitúase baixo o dominio climático oceánico húmido, caracterizado por unha notable suavidade térmica e unhas precipitacións moderadas. Aínda que pola súa localización litoral percibe a influencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político aparecido na vila coruñesa de Fene a partir de setembro de 1988. De tendencia socialista e nacionalista, recollía as principais reivindicacións do Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Fene. É unha construción de pequeno tamaño á que en 1713, segundo unha inscrición localizada na porta de acceso, se lle engadiu unha torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar de existir unha persoa.

    2. Rematar algo.

    3. Murchar un vexetal.

    4. Perder a forza e a enerxía unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raposo que conta cunha altura na cruz duns 20 cm, entre 36 e 41 cm de lonxitude dende a cabeza ao corpo, entre 18 e 30 cm de cola, e un peso de 1,5 kg. A cabeza presenta un fociño relativamente curto e grandes orellas triangulares, de ata 15 cm de longo, que lle serven, ademais de para captar os máis lenes sons, como superficie de irradiación do exceso da calor corporal. A pelaxe é longa e lanosa, de cor amarelada, máis escura no lombo, e ás veces cunha mancha escura na base da cola. Os pés tamén aparecen cubertos de pelo, feito que lle permite un certo illamento do solo. Habita nas sabanas e nos desertos de África setentrional e occidental, Israel, Kuwait e Omán. Aliméntase principalmente de rilladores, aves, réptiles, insectos e ás veces ovos, froitos e outras materias vexetais; ten unha gran capacidade para pasar longos períodos sen beber. Forman pequenas greas familiares de ata 10 individuos e as femias paren de dúas a cinco crías en tobos, que tapizan interiormente de pelo e plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, escritor e educador francés. Ordenado sacerdote cara ao 1675, en 1678 foi nomeado superior da institución educativa Nouvelles Catholiques. En 1694 pasou a ser bispo de Cambrai, e ademais encargouse da educación do duque de Borgoña. Defendeu a educación das mulleres, aínda que esta debera ir en consonancia co papel que cada unha delas ía desempeñar ao longo da súa vida. Escribiu Traité de l’éducation des filles (1687), Les aventures de Télémaque (1699), obra, moi difundida como libro de lectura, que estaba enchoupada de intencións morais e que criticaba as formas de goberno autocráticas, e Dialogues des morts (1712). Postumamente, publicáronse Lettre á l’Académie. Réflexions sur la grammaire, la rhétorique, la poétique (1716) e Dialogues sur l’éloquence (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e teórico da arte francesa. Fundador da Révue Indépendante (1833) e director da Révue Blanche (1895-1905), o seu libro Les impresiosinistes en 1886 converteuno, con P. Signac, no máximo teórico do neoimpresionismo, movemento ao que lle deu o nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relaxante da musculatura esquelética que se emprega no tratamento dos estados espásticos hipertónicos e hipercinéticos e como relaxante muscular en cirurxía, en substitución do curare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1984 na Casa da Cultura de Fene dedicado ao humor. É o primeiro no seu xénero en toda España e nas súas salas poden contemplarse máis de mil orixinais de humoristas gráficos de todo o mundo, entre outros, Chumy Chúmez, Fontanarrosa, Xaquín Marín, Siro e Mort Walker. Convoca anualmente os premios Curuxa do Humor nas vertentes gráfica, literaria e fotográfica, e organiza as Xornadas do Humor. Edita o boletín Sapoconcho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación cirúrxica da vea safena para o tratamento das varices.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Asia Menor, situada ao S de Armenia, entre o Tigris e o Éufrates, o Tauros e Antitaurus. Conquistada por Ciro (s VI a C), seguiu a sorte de Armenia. Foi disputada por capadocios, persas, romanos e bizantinos.

    VER O DETALLE DO TERMO